Premios 20Blogs

miércoles, 18 de septiembre de 2013

QUEN SE ENCARGA DE QUE A NOSA VERDADE NON SAIA Á LUZ?



              MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN  “ MONTE PICATO” DE TRABADA

Clasificado como monte veciñal  en man común o 22 de setembro de 1986.
O 28 de agosto do 2000 créanse os primeiros estatutos para regular o goce e aproveitamento do monte Picato – Trabada ao amparo da lei do Parlamento de Galicia do 10 de outubro de 1989 e do Decreto do 4 de setembro de 1992 polo que se aproba “ o regulamento para a execución da lei” .
Comeza así una asociación manexada polos caciques do pobo ; só son comuneiros algúns dos veciños que a eles lles interesan e por suposto eles mesmos e as súas familias .
Segundo a lei anteriormente citada, os veciños comuneiros tiñan que estar relacionados co aproveitamento do monte, ademais de ter “ casa aberta” na parroquia de Trabada .
 O 14 de Xuño de 2006 modifícase a lei e xa non é necesario ter relación directa co monte.
No 2009 nunha Asemblea Xeral sométese a votación a petición de 43 veciños para ser comuneiros ; a maioría dos asistentes dirixidos e manipulados polo seu presidente vota en contra. A partir desta decisión, unha gran maioría dos peticionarios decide acudir aos tribunais.
En sentenza do 17 de decembro do 2009 o Xulgado de Mondoñedo declara comuneiros a 23 dos demandantes e non admite como tal a outros 20 por non aportaren a documentación suficiente que demostrase que vivían en Trabada.
Tanto os novos comuneiros como os que non foron admitidos deciden unirse polo que consideran que e o seu dereito: “ ser comuneiros do monte veciñal en man común de Trabada”. E comeza a “ Guerra “: O presidente Don Daniel Villapol apoiado pola súa Xunta Rectora non respecta xamais nin a lei nin os seus propios estatutos nas asembleas pero para mais “ inrri” crea un malestar no pobo que leva incluso ao enfrontamento entre veciños  ; failles crer “aos seus” que el mesmo lles repartirá o monte en parcelas a cambio loxicamente de que o sigan apoiando.
Estamos falando de moitos miles de euros , destes montes saíron toneladas e toneladas de madeira, algún dos antigos comuneiros percibiron míseras cantidades , eso si, o presidente fíxolles algún regalo tales como : paraugas , toallas, chandals, etc... E cada ano unha comida que por certo neste pobo faise no comedor escolar servida claro esta por una empresa privada dos deles. Tamén se lle ocorreu andar polas casas regalando un queixo que ¿como non? comprou cos cartos de todos.
Nalgunha asemblea que deu algunha conta póñenselle a calquera os pelos de punta co que custaron tanto os regalos como  a comida.
Falando de contas as que envía por carta os comuneiros non son entendibles nin por economistas. ¿ A súa estratexia? : Pasen a velas que están na miña oficina , no meu local, na miña casa ; é tampouco pidan moito por aquelo da protección de datos.
O 9 de Xaneiro de 2013, 14 veciños dos que a anterior sentencia lles negou a condición de comuneiros deciden acudir de novo aos tribunais. Sae a sentencia o 19 de Marzo de 2013 na que a Xuíza Ana Maria Bande Ramudo declara comuneiros a cinco dos demandantes, negándolles  tal condición a outros nove ; a sentencia esta a súa disposición e  asegúrolles que e digna de ler por que queda claramente demostrado a parcialidade da xuíza. Na actualidade estase pendente da apelación que se presentou na Audiencia Provincial.
A última asemblea xeral foi no 2011 . No 2012 tocaba reelección da Xunta Rectora e intentouse dúas veces levar a cabo dita asemblea pero como o Sr. Presidente sigue sen respectar a lei e os estatutos, parte dos comuneiros impedimos que se celebre. Chegou incluso a traer a Garda Civil para meternos medo pero como somos cidadáns pacíficos nin a Garda Civil puido facer nada para que el se saíra coa súa.
Unha destacada persoa deste pobo dixo no seu día :” Un pobo que se prece non  trae a Garda Civil “. Pero o Sr. Daniel non aprecia a ninguén, só aprecia o diñeiro e nunca ten suficiente.
Na última convocatoria de fai uns días tampouco se celebrou a asemblea , este señor  está acostumado a facer e desfacer segundo lle conveña e somos xa moitos os que dixemos BASTA.
En canto aos medios de comunicación desta nosa terra non teñen gran interese por informar do que está pasando ; só lles interesa a opinión de Daniel e do Alcalde . A persoa que esto escribe  intentouno varias veces, pero os medios escritos contactan con el e ( fin da noticia). Dóenos a moitos pensar que ten mais poder nos medios que a Ana Botella .
Porque si, ultimamente está a presumir en tódolos medios que en Trabada non hai lumes grazas a el e ás concentracións parcelarias que el fixo, como se o resto de veciños non fixeran nada. E digo eu, fai anos había moitos lumes naqueles montes, de repente, concéntrase e medio pobo é deles, así como a xestión dos montes de man común.... Igual se non hai lumes é porque non quere ver arder o seu monte, non? Que os seus intereses terá...
Temos máis información e sempre dispostos a dárllela a vostedes. Todo o que dicimos é certo e pode comprobarse , sen contar co que nos calamos porque de momento non podemos demostralo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario