Premios 20Blogs

lunes, 28 de octubre de 2013

AS COMPETENCIAS DA XUNTA REITORA



Vexamos como a xunta reitora cumpre coas súas competencias. Algúns exemplos:
Un comuneiro que foi testemuña no preito dos veciños da parroquia de Trabada para poder ser comuneiros como os que ti nomeas a dedo, ao preguntarlle a titular do xulgado que entende deste caso, se era comuneiro, despois de pensalo, contestou que facía 6 meses que o cesaran. Esta declaración emitiuse en xaneiro de 2013, así que o cese debeuse producir a mediados do 2012. E nesta data sendo ademais vogal da xunta reitora, levaba residindo fóra da parroquia de Trabada 8 anos. En xullo do 2007 dáse aos comuneiros un adianto de 1.013 euros da conta das cortas e a ese comuneiro que non lle correspondía participar dela, é de supoñer que a collera. Ese cese non se comunicou á asemblea xeral, que é a competente para cesalo (artigo 24, apartado 2º); e en substitución o sr. Presidente dá de alta a unha irmá, á que tamén lle é de aplicación dito artigo, así como os artigos 7 e 24 apdo 10º de dito estatuto. Este apartado está moi claro, a xunta reitora propón e a asemblea xeral dispón como di dito apartado: “ratificar ou rectificar os acordos e actuacións da xunta reitora”, e esta baixa e esta alta prodúcese porque o secretario da xunta reitora, parece ser, foi baixa sen dar conta á asemblea xeral (art. 19 do estatuto). E entón o presidente, que opta polos titulados, para substituílo, elixe á citada irmá do vogal, a Sra. Loureiro López, que como queda dito, nin é comuneira titular nin foi nomeada pola asemblea xeral (art. 24º.1). E para máis inri é profesora de primaria nun colexio da Lama en Pontevedra, co cal non podería ser comuneira. ¿Esto é levar a cabo as xestións encomendadas á xunta reitora?
A xunta reitora ten unhas competencias moi limitadas e todas elas teñen que pasar o filtro da asemblea xeral, como tamén, o deberían de pasar tres persoas que, sen ser comuneiras titulares, están sentadas na sala para votar xunto coa esposa do presidente (artigo 4º do estatuto).  Outra usurpación de funcións pola xunta reitora, é o autorizar e pagar obras sociais e minutar de avogados e procuradores competencia da asemblea xeral (art. 24º.5 do estatuto).
O presidente nas tres últimas asembleas xerais, como ve tremer a súa maioría, suspéndeas e así, co mandato da xunta reitora esgotado fixo un ano en agosto de 2013, e aínda así, segue tomando acordos sen pasar pola asemblea xeral (art. 24º.10).
Esperemos que no sucesivo se mellore a xestión e se aclaren as contas.

Aquí achegamos os estatutos para que vexan que non mentimos na súa redacción:










31 comentarios:

  1. Esto es casi imposible realizarlo peor! pero señores como tienen a ese señor si se le puede llamar así en el poder? Quién es el que le apoya para realizar tanta irregularidad? Cómo no se dan cuenta los propietarios antiguos que la lucha tiene que empezar primero por mirar todo lo que falta en la comunidad y después decidir lo de los nuevos comuneros?,Es imposible realizarlo peor , si sabemos que hizo cosas por los montes ,pero visto lo visto creo que de corazón nada, todo fué de bolsillo. Señores llamar a la prensa, televisión lo que haga falta, yo os podré ayudar en algo solo pedirlo por este blog e intentaré mover algún hilo. Que todo sea por TRABADA. saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa está chamada a prensa, a tele, mandado a medios locais... que deben estar manipulados tamén, está claro polo caso que nos fan. E os medios nacionais ven que Trabada é un sitio moi pequeno co que poden sacar pouco partido do tema. Iso é o peor.
      Pero a xente de Trabada debería ver o que está a pasar, que hai un señor que goberna un tema ao seu antoxo e que rouba coma ningún co apoio dalgúns que leva polo cabeceiro, porque se tuveran media cabeza, non se deixaban manipular da maneira, pero se non ven o que perden, só pode ser por iso, porque pertencen á familia pollina...

      Eliminar
  2. DIGO EO: xq non pensades en fachere unha manifestasione polo pueblerino pa madare o caciquín tomar por cuín, manda carallín con este paisanín que por algo lle cae todo o pelín.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non iba haber xente nin para sujetar a pancarta!!!

      Eliminar
    2. Neste entrañable pobo non sabemos dar a cara defrente , como podes observar, a gran maioria anda as escondidas. ASI NOS VAI . Parece como si a xente estuvera baixo un REXIMEN DE REPRESION dende fai moito tempo, non te das de conta ???. De verdade que é unha pena, que no ano 2013 ainda teñamos esta LACRA neste pobo tan humilde. Parece que ainda tamos na DICTADURA. Esto fai unhos anos foi a "OSTIA" como te podes dar de conta. E algunhos queren seguir nese plan, pero.............estase a esgotar a paciencia !!!!!!!

      Eliminar
  3. Que pena de pueblo, están acabando con él. Ya casi no queda nada a que ir ...

    ResponderEliminar
  4. cada día me convenzo máis de que Trabada ten o que se merece, se a xente non esperta e se se tacha aos q reaccionan de malos, calaña, vingativos... que cabe esperar dun pobo así? nadiña... hai anos que oín unha frase na que alguén dicía que querían apoderarse de todo e que acabarían mandando neles mesmos, porque chegará un momento no que a poboación maior acabe morrendo e a nova seguirá marchando... ese día, serán felices...
    Iso si, debe ser que son doutra pasta, porque para min a felicidade está en compartila con amizades, familia... e non cos dous primos que me bailen as augas... A felicidade está en dar sen esperar nada a cambio, en intercambiar opinións, en respectar, en dialogar, en poder expresarse libremente, nun nisto tes ti razón, pero no outro é miña.... E diso, o sr. Presidente non sabe....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes muita razón, alegrame saber que hai mais xente que pensa coma mín. Trabada xa esta agonizando desde fai tempo, pois que lles aproveite!!!

      Eliminar
  5. Preguntiña con maldade... ¿será que a srta. Loureiro López ten reló novo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. seguramente. A esta señora a cara tapalle a..... Pero non hai mais que vela o pé de Daniel nas asambleas. Polo menos e feliz.... .Pobres alumnos os que lles tocou de maestra.Pero algun pai haberá que lle faga un favor (cerra os ollos ou tapalle a cara).

      Eliminar
  6. Alguen me pode decir quer forma a Xunta Rectora?

    ResponderEliminar
  7. Presidente: D. Daniel Villapol Valea con 18 votos
    Secretario: D. Jesús Amor Ponlla con 10 votos
    Tesoureiro: D. Eladio López Franco con 12 votos (DEP)
    Vogal: D. José A. Loureiro López con 15 votos
    Vogal: D. Cosntantino Rey Barcia con 7 votos
    Vogal: D. Raúl Felpete Seivane con 10 votos
    Vogal: D. José Eladio Rey Otero con 11 votos
    Vogal: D. José Seivane López con 10 votos

    Iso si, houbo cargos que se cambiaron, se non estou mal informada sen pasar por asemblea e se nos remitimos aos estatutos....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias. Supoño que haberá novo tesorero. E jose antonio non vive en Trabada, ou? Ou tou equivocado, non vive desde fai mais de dez anos en Couxela?
      Esto non hai quen no entenda, hai xente que vive en Trabada e non pode ser comunero, e outros que non viven ali poden formar parte da Junta Rectora... Pero como pode ser eso?

      Eliminar
    2. Se podedes mostrade o ano da votación en foi elexida a última Xunta Rectora

      Eliminar
    3. Pois voume a informar se podemos publicar iso, pero a data é do 10 de agosto de 2008, suponse que por catro anos...

      Eliminar
    4. non sei o caso destes sres. pero constame que se non participas no que o sr. presidente dice... unha das ameazas é .... como non axudes votamoste dos montes comunais

      Eliminar
    5. Comooooo? Pero que dices, en serio??? Esto e mui gordo de ser certo.

      Eliminar
    6. O malo é que a xente o crea, porque iso, según os estatutos, non pode facelo. ¡Canta ignorancia!

      Eliminar
    7. Digoo en serio constame que a unha comunera lle dixeron iso... senon colaboras botamoste do montes comunais... e tamen me consta que o creeu... tamen teño que dicir que abriu os ollos xa hai tempo

      Eliminar
  8. E esta xente saberá que poden ter responsabilidad en todo esto. Non creo que sepan nin o que firman.

    ResponderEliminar
  9. Este pueblo ta cheo de boas personas!! Eu na miña vida vin cousa a maneira. Xa lles deberia dar verguenza a esa pila de ladros. Ta a morte ben ocupada oh! Iballa facer boa limpieza o pueblo. Pa que vexais o ben que vos quero ( refierome a xunta rectora e a demais caciques ,lambecus falsarios e VIRACHAQUETAS) e esa raza toda que abunda neste bonito pueblo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. explicar, explicar..... expoñer, dar razons, falar con esos directivos cantas veces sexa para que se dian conta de cos enganaron, manipularon , roubaron dabondo e se pasaron con eles, todos cometemos erros , eles son de dar pena,polo que o mellor en ved de insultalos, entendelos, todos sabemos como se manipula en trabada, e o facil que e xogar cos sentimentos dos antepasados(decir cos montes eran de casa de... e non de fulano de...) todo iso si o queremos e apartar os verdadeiros cerebros desta desfeita social e non disparar contra esa rea de incautos pol ben deste pobo que esta agonizando

      Eliminar
    2. Pois agonizando estará, pero como é posible que unha gran maioria de comuneiros non se dia de conta que" algunhos LISTOS" roubaron semellante cantidade de cartos e non recapacite pa poder poñelos onde corresponda (no xulgado) ? Limitanse a decir que a xente que quere ser comuneira quere comer o "deles" e non se dan de conta que xa está todo comido. POR FAVOR, POR FAVOR !!!!!! SALSA CON GUSTO NON PICA !!

      Eliminar
  10. Temos que rectificar unha información aparecida neste artigo e pedimos disculpas por iso... A esposa mencionada non é comunera e polo tanto, non asiste as asambleas. Non contrastamos a información a tempo pero rectificar é de sabios.

    ResponderEliminar
  11. me pregunto yo cuando le toca al señor presidente de salir do cargo? y si ahora los que entraron son mayorias que los lameculos o no para podrerlo echar?

    ResponderEliminar
  12. no se puede hacer un golpe de estado para hechar a todos esos?

    ResponderEliminar
  13. Que golpe de estado ?lo que necesita e unos buenos trancazos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. TRABADA, TRABADA, TRABADA, ....toda unha historia de lenda, de trestura,de pena,de noturnidade, unha longa noite de pedra.....
      ano 1906 os caciques bicotean un mitin na finca do Sr. Maseda, nos anos 20/30 os caciques do Rego Corto avasallan os labregos, levan a carretera pola sua casa e incomunican Sante,a volta do Capricho,nos 50 os crimenes...,nos 70 as primeiras eleccions municipais, roubanse(120 votos por correo) e comprase o xuiz da Coruña(sr.Villanueva, ainda vive), no 90 a oposicion ten que dar un mitin debaixo de un arbre(Dr.Sanchez Castiñeira e o catedratico Novo Cazon, dous autenticos extremistas...)neste seculo os montes , a SAT, Belinda,quereis mais, no temos material para un serial, todo isto para os xoves para que pregunten , indaguen, aclaren os poucos vellos que quedamos, para conseguir o futuro e necesario coñecer o pasado

      Eliminar
    2. os caciques sempre superandose....non seria mellor que desapareceramos todos, matar o can desapareceu a rabia

      Eliminar
  14. quedouche caciques do bizarro !!!

    ResponderEliminar