Premios 20Blogs

viernes, 18 de octubre de 2013

¿Por que non queremos renunciar?


Desde que empezamos esta aventura, recibimos comentarios de todo tipo según é a xente de Trabada, porque cada un é cada un e ten a súa opinión:

-          Os caladiños: son eses que non queren entrar en conflicto con ninguén, que non se sabe se van ou se veñen porque así, poden ser amigos de todos e non ter problemas nunca. Non sabemos se son moitos ou poucos porque é difícil que nos conten. Eses, dixéronnos polo baixiño “moi ben, moi ben, dádelles caña”. Esto non está mal, porque sabemos que aínda que están caladiños, pensan que se somos xustos, debemos ser todos iguais. Queremos pedirlles que aínda que non berren coma nós, que actúen e que cando haxa asamblea ou eleccións, falen como deben falar.

-           

-          Os indignados: somos nós, os que escribimos por aquí e moitos máis. Empezamos esto pensando que ao mellor non facíamos nada, pero recibimos o voso alento para seguir loitando, así que, mentras haxa forza, seguiremos. Nós xa falamos nas asambleas, nos bares, en internet, e alí onde haxa alguén que queira escoitar. E ademáis de nós, hai máis loitadores que non están implicados na nosa causa pero teñen outras, todas pensando no ben de todos os veciños, así que os animamos a seguir loitando.

-           

-          Os aliados: son os caciques e os seus amigos. Os caciques pensan que poden manter un sistema do século XIX e manexar o pobo según lles peta. Para iso, alíanse con xente que lles da a maioría sen poñer problemas porque pensan que as relacións son importantes e que hai que estar a ben co cacique vaia a ser... “Vaia a ser, ¿que?”.  Mirade de pedirlle un favor ao cacique do que el non saque nada, a ver se volo fai, e entón preguntádevos, se merece tanto o voso apoio. Tamén están os que viven baixo a ameaza… “se non me apoiais nesto vaiche pasar aquelo”. Esta forma de vivir, baixo o medo, é unha maneira moi difícil de vivir, pensando sempre en que facer ou non facer non vaia a ser. Está claro que hai que ter carácter para aguantalo, porque como sexas un pouco rebelde, non pasas polo aro. Podemos entendelo pero non respetalo, porque como fósemos todos así, comíannos polos pés. E sabemos que hai maneiras para rematar con isto… Imaxinade por un momento que non gañan os mesmos as eleccións de Trabada, aí, o voto é secreto, ninguén tén por que enterarse de a quen votastes e ao mellor nos sorprendemos e pasa algo para ben. Só vos invitamos a reflexionalo e poñelo na práctica cando teñades a oportunidade.

-           

-          Os defensores: son aqueles que buscan calquera excusa, pasada ou presente para ir en contra de todo aquelo que supoña un cambio ou unha innovación. ¿Para que van evolucionar se estamos ben como estamos? Mentras tanto, con esa actitude, van apoiando o que xa hai, eles están ben como están e o que lles pase aos demáis, dalles igual (é a famosa filosofía de “estando yo bien, está todo el mundo”). ¿Por que o fan? Seguramente polo seu propio interés, non buscan a igualdade, está claro.

-           

-          Os independentes: dalles igual unha cousa ca outra, nin se pronuncian para un lado, nin para o outro, nin o van facer. Están ben como están, non queren líos, queren vivir tranquilos sin molestar a ninguén. Se poden pasar desapercibidos para os caciques mellor que así non os molestan nin lles piden nada, e para o resto, igual. Viven na súa nube, na súa tranquilidade, esperando que non pase nada que lles faga ter que andar. E se pasa algo… haberá que ver en que grupo se colocan.

-           

-          ¡Ai! Perdón, que me esquecían os falsarios… porque grazas a Deus son poucos. Son aqueles que parece que están cos indignados pero o que fan e pasarlle información aos caciques para que se poidan adiantar a calquera movemento. Non nos facedes falla, ide onde vos dicte a vosa conciencia, pero non estaría demáis que tiverades unha pouca de honestidade porque, ¿sabedes?, cóllese antes a un mentiroso ca un coxo.

Por uns e polos outros, e por nós tamén, non imos renunciar á nosa loita polo menos polo de agora, porque pensamos que é xusta ao buscar igualdade para tódolos veciños.

Os que poidades e queirades, podédesnos axudar. Os que non queirades, non pasa nada, ninguén vai obligar a ninguén. Só aos que sodes contrarios vos pedimos unha cousa: reflexionade. Grazas.

10 comentarios:

  1. la verdad es que conoceis bien al pueblo pero siento comunicaros que os falta un grupo en el cual estan dos personajes " los chupatintas "

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E quen son eses dous personajes?

      Eliminar
    2. E quen e o outro??? Jejeje

      Eliminar
    3. E quen e o outro??? Jejeje

      Eliminar
    4. O alcalde e Daniel? Non merece a pena fallar daqueles que conocemos tan ben

      Eliminar
  2. que a lo mellor sodes vosoutros, que queredes chupar, o que por moita lei que haxa, no era voso ese monte.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E cantos entraron sin ter nada no monte !!!! E van entrar os que faltan tamen, XA O VERAS !!!!!!!! E sin tardar.....

      Eliminar
  3. Que sabereis quen ten ou quen non ten!???? Os que entran entran por lei porque o dice un xuez ou porque quere o presi. Mais que vos rouba o presi non vos van roubar os socios ou novos socios. Manda a lei non o presi nin os socios " lambe cus falsarios e malas personas"

    ResponderEliminar
  4. Como decia un profesor meu: "Ni estan todos los que son, ni son todos los que estan".

    ResponderEliminar
  5. Queremos chupar dices?.Sendo propietario do monte como te consideras,sabrás con detalle o estado de contas,repartiría os benificios,e si non é así, pensa antes de escribir quen é o que chupa.Si tés aceso as contas e estás contento así, no me cabe duda que eres o "presi" ou algún cómplice.

    ResponderEliminar