Premios 20Blogs

viernes, 22 de noviembre de 2013

Que nos di a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1986 do XURADO PROVINCIAL de montes veciñais en man común?

Imos comentar a resolución do 22 de setembro de 1986 do Xurado Provincial de montes veciñais en man común, denominado "Picato", e demais exposicións e leis específicas para os mesmos, sobre aproveitamento e titularidade deles.
A primeira das resolucións adoptada por dito xurado provincial tramitouse observando tódolos requisitos legais, entre eles, a aportación da certificación da Administración Forestal, sinalando que no monte referido figura incluído no catálogo dos de utilidade pública desta provincia, e que outra do concello de Trabada, na que se fai constar que o monte mencionado, figura consorciado coa Administración forestal, e informando igualmente que o edicto, estivo exposto ao público no taboleiro de anuncios do concello por espazo de 15 días; que no referido expediente se presentaron escritos formulados por María Santos Maseda, Josefa Maseda Fernández, Carmen Rocha; José Valle Rey, Delfina Estua Martínez, Amadeo Fernández Novo, Eladio Barrera Fernández (hijo de Ramón Barrera Villarino), rectificándose nos escritos de reclamación e documentais aportados; Daniel Villapol Valea, José Otero Debén, Jesús Amor Ponlla, Ramón López Amor y otros, Ramón Rodríguez Amor, Segismundo Loureiro Fernández e tres máis, que o fan en tempo e forma, nos que a súa síntese se opoñen á clasificación de veciñal en man común e se lles recoñece a título particular as fincas das que din ser os seus lexítimos propietarios.
Segundo a certificación da xefatura da producción forestal, os aproveitamentos realizados no monte de Trabada a partires do Consorcio subscrito co concello a través da Deputación Provincial baixo a denominación de "Monte Picato", no expediente de Trabada, ata os nosos días, ven sendo de leña, esquilmos e pastos de forma indivisa e mancomunada polos veciños da parroquia de Trabada, e que os aproveitamentos madeirables procedentes de cortas realizadas no citado monte, foron entregadas ao concello, de conformidade co establecido nas bases do consorcio.
A lei do 10 de outubro de 1989, de montes veciñais en man común establece que os montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, son de natureza privada e colectiva, correspondendo a súa titularidade e aproveitamento ao conxunto dos veciños que a integran en cada momento, e que a comunidade veciñal propietaria dun monte veciñal en man común terá plena capacidade xurídica para o cumprimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos sobre o monte e os seus aproveitamentos . Pese a isto, o concello seguiu a facerse cargo dos ingresos por cortas ata o ano 2000, que o tomou a comunidade.
A resolución citada do xurado provincial, no expoñente referido, clasificou como veciñal en man común o monte referido, cunha superficie de 446 hectáreas, e pertencente aos veciños da parroquia de Trabada, ordenando emítese certificación da resolución firme deste xurado ao Rexistro da Propiedade, para a inscrición do monte a nome da comunidade propietaria do mesmo.
A resolución non foi impugnada, declarándose firme; é dicir, a personación non recurriron a mesma.
Os veciños dos lugares de Mozandeo, Cima de Vila, Villapercide e Cabana. Tamén se personaron en el expediente referido, manifestando que son propietarios de un monte incluído dentro do perímetro do consorcio denominado "Picato", e que desexan que dito monte sexa clasificado como en man común da propiedade dos mesmos. Non aportaron títulos, e quedou como monte veciñal de man común tampouco recorreron o acordo do xurado.
A actual lei de montes do 23 de xullo de 2012, no seu artigo 89 di que os montes de titularidade dunha entidade local, rexeranse pola súa lexislación específica, neste caso é a Lei de montes veciñais do 10 de outubro de 1989; e a primeira citada do 2012 na súa disposición cuarta, modifica o artigo 25, da do 1989, e tamén o artigo 125 da de 2012, en parte modifica o artigo 23 da de 1989, ao establecer que o 40% de todos os ingresos dos montes veciñais en man común, son para mellorar a protección forestal do monte. En todo caso os estatutos da comunidade veciñal, poderán fixar unha cota de revestimentos superior. Os ingresos sobrantes, apartado d) de dito artigo en repartición total ou parcial en partes iguais entre todos os comuneiros.
A resolución do xurado de montes veciñais en man común, produciuse fai 26 anos, sen ser recorrida, pese a estar personado en dito expediente o experto Daniel Villapol.
E na década dos anos 40 o monte mencionado xa figuraba incluído no catálogo de utilidade pública pola Administración forestal da nosa provincia.

27 comentarios:

  1. jajajajaja que bueno ya no saben donde meterse, el presidente, el de los ojos saltones y su dama. Cree que con cuatro comentarios en boca de cuatro carretacuentos matinales nos van prohiir que digamos la verdad, Que lo sepas estás arrimado a tu perdición y cuando dejes de ser lo que eres "ALCALDE" recuerda que los que tienes como amigos no te van ni mirar a la cara "compadres tuyos les pasó lo mismo" por eso que tú siembra incertidumbre, arrimate al poderío y pon de lado a los que verdaderamente son amigos tuyos ,votantes y familiares , y al final tendrás lo que te mereces "nada".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si o final todo se sabe...

      Eliminar
    2. ???????? ¿Algún dato que aportar?

      Eliminar
    3. Na miña humilde opinión, o culpable mais grande de todo isto que está a pasar neste pobo, é o Alcalde por non poñerse no seu sitio e acabar de unha vez por todas con iste conflicto. Cada vez se lle ve mais o plumero, e cada vez deixa mais ao descuberto a súa condición de SIERVO incondicinal da saga villapol e curras. Non ten consideración de ninguén que non lles interesen a esas duas familias; amigos amigos apenas lle quedan, solo aqueles que se poden lucrar dél, que ao final tamen o mandaran a paseo como fixeron os verdadeiros AMIGOS que realmente tiña; igual que o mandaron tamen unha boa parte( ou toda) da sua propia familia. Como dí o refran: Detrás de un bon elemento(coma iste) sempre hay unha gran..............(primeira dama)

      Eliminar
    4. Cada pobo ten o que se merece. Conta catro mentiras,promete momtes e moreas e xa consegue os votos. Neste pobo calquera que se precie trata con cariño os seus vellos e o que non o fai poñemolo pingando. Pois mirade o que fai el, que desprecia a súa nai cada vez que ten ocasión. Canto mais chulo é mais votos saca. Pero a xente de Trabada perde facilmente a memoria. Este tipo sempre foi bastante corto, iso xa cando era novo. Senón tivera dirixido ainda nos ia ir peor.

      Eliminar
    5. amigo alcalde, cuerpo a tierra "cuidado vienen los nuestros"

      Eliminar
  2. E espera lo que te rondaré morena esto ta empezando

    ResponderEliminar
  3. Morena si, este rondea morena ou rubia , alta ou baixa, guapa ou fea, gordiña ou delgada, ei igual eche de boa boca, come afeito ,claro, sempre que teña algo pa traer pa casa.
    Tirou varios tiritos e algún saliolle ben e outros escopetearono, jaja pensa que todo e chao.

    ResponderEliminar
  4. Lendo este artigo eu penso que a cousa ta clara ¿non?."ordenando emítase certificado...........ao Rexistro da propiedade a NOME DA COMUNIDADE PROPIETERIA DO MESMO". E dí comunidade que non dí Daniel. Pois ahora que o alcalde vai ler isto porque seique comprou un ordenador con internet e 5G,e xa sabe manexalo que lle ensinou a segunda dama;vaise ter que postular a favor dos indignados. Mamaiña! o que poden facer as novas tecnoloxïas. Seguramente ta decindo "chegáballes ben un candil".jejeje

    ResponderEliminar
  5. ¿ Imaxinaisvos a cantidade de cartos que foron parar o concello dende o1989 ata o2000? ¿En que se invertirían?

    ResponderEliminar
  6. AVISO A NAVEGANTES ESTASE A FACER UNHA OPERACION PARA DESMONTAR O BLOG, CUIDADO, CUIDADO!!!!!!!!!,FACER COMENTARIOS CON DATOS E SEN NOMES, ESO QUER DECIR QUE FAI DANOOOOO...

    ResponderEliminar
  7. venga chicos y chicas dar toda la caña que podais, escribir con todas vuestras fuerzas que estes personajes tienen que pagar por todo lo que le hicieron a la gente del pueblo de trabada.
    Sólo y únicamente eran ellos y nada más que ellos , pero claro llegaron los indignados con las dos chiquillas del vilar( que madre de dios , no creo que sean personas gratas en este ayuntamiento) y pusieron los puntos sobre las i.
    No sabeis donde meteros, seguir mandando a esas cuatro personas tomar café al bar para que os lleven los cuentos, sereis lameculos , rastreros y no os dais cuenta que cuando marchais de junto de ellos se ponen a hablar de vosotros y os ponen a pan pedir.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As chiquillas do Vilar, como ti dis, desgraciadamente heredaron a loita de seu pai, e digo desgraciadamente porque ogallá noso pai estivera aínda loitando. E aproveitamos os amigos que temos para darlle outro enfoque e outra visibilidade a isto, nada máis. Antes ca nós, e con nós, hai moita máis xente, non queremos apuntarnos méritos que non son nosos.

      Eliminar
  8. Non sei se o alcalde comprou un ordenador 5G. O que sei é que levou documentación das redes sociais ó pleno extraordinario deste xoves no que se trataba o plan de emprego que convocou a Deputacion de Lugo.(que me gustaria que miraseis as bases porque dende logo son totalmente transparentes e corrixen o sectarismo do PP). Pois miren ata que punto se chega... dime: "Vexoa moi activa nas redes sociais" e enton saca un folio que tiña coa documentación do pleno donde estaba impreso un artículo que publiquei no meu perfil de Facebook sobre a Deputación con un comentario que a parte de ser a realidade é algo persoal. E sí. Reitero. A Deputacion de Lugo é un exemplo para outras administracións. Goberna para todos e non só para uns poucos previlixiados como fai a dereita. E comento esto porque me parece que atentan contra a libertade de expresión de cada un... incluso creo que tamen o fan cando te invitan a sair do pleno...pero algo que me fai pensar é se o Concello reinvertiu eses cartos que cobrou ata o 2010 no Monte... porque se o cobraba a pesar de que os ingresos deberían ser para os veciños da parroquia de forma colectiva... era o mínimo que podería haber feito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero invitoute a sair do pleno? El e Daniel foron a misma escola , a min o señor presidente tamén me "invitou" a salir dunha asamblea porque lle levaba a contraria. Esto xa non é fachismo esto é cachondeo.Perden os papeis totalmente.

      Eliminar
  9. http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/foro-sector-forestal-organizado-grupo-correo-gallego/idGaleria-7535/?int1=838689
    PARA QUE VOS CHINCHEIS,POBRES INFELICES,POR QUE DESPRECIAIS UN GENIO QUE TEDES NA CASA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Geniooooooo!!!!!! Claro q è un genio en aumentar o patrimonio a conta dos burriños do pobo (que somos a maiorìa).

      Eliminar
    2. Que silencio... Parece que impresionaron moito as fotos.

      Eliminar
    3. preparaibos indignados,ca que vos bai a caer, darriba,dabaixo e do lado,van vos dar por todalas partes xa vedes como as gasta, e con quen o catedratico, ahora si que vos vais quexar por algo...en non de vicio

      Eliminar
    4. nosoutros estamos ca conciencia tranquila non como a del nin a túa, a del x q xa vemos como se as gasta coa xente e mais co tema do monte e tí x facerlle caso e votar pola xente de trabada en contra sabendo de sobra que somos de aquí, co cal cuidadin cuidadin que o lle pode caer de todos os lados e a vosoutros.

      Eliminar
    5. Pero vamos a ver, que ten que ver as fotos con esto, nin que salira en bikini!!! Son unhas fotos normales de unhas jormadas, feitas os conferenciantes. O mellor é que te impresionas facilmente ou que non tas mui habituado a estos temas, pero as fotos por máis que as mirei, non me impresinaron nadiña. Esto máis ben parece unha versión cutre de Bienvenido Señor Marshall...
      Entérate, aquí esas presións non funcionan, funcionaran entre xente como tú nada más.

      Eliminar
    6. Eu non sei a que ven esto das fotos. Guapo non saíu, a verdade, pero en bikini taría peor. Pero cal é a foto normal? na que sae el sólo?. Porque as outras ben pero esa... parece que ta escondendo os colmillos

      Eliminar
  10. Vamos o artigo:
    -A resolucion e do 22 dde septembro do 1986
    -Que era o alcade(ramon), quen mandaba (celso),que ideaba o que se facia(daniel),quen escribia o dictado, outra cousa non sabia(ginzo) quen era o xefe provincial(garrido), quen era o presidente da deputacion(caharro)quen era o presidente da xunta(albor)
    -que fixeron para solucionar o problema(nada)
    -por que enganaron en non recorriron a resolucion(por que era mellor en "mau comun"(na mau deles, vaia breva)
    - que fixeron polos veciños de vilapercide , mozandeo(nada,perdon enganalos)
    -por que fixeron a comunidad veciñal ,en vez de recurrir a resolucion
    - por que dicen que van recurrir ahora, un monte no Rexistro da Propidade,despois de 26 anos,sin recurrir e mais de 80 sen usar, SABENDO que e imposible
    PODESE SER MAIS FALSO, PODESELLES MIRAR A CARA ,PODESE SER TAN RUIN PARA ENFRENTAR A XENTE(A SUA BOA XENTE) CON MENTIRAS
    -PD por favor todos nos conocemos e distinguide,e disculpade os imbeciles, que xa teñen dabondo, cos culpables

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Noraboa!!!!! Olé, olé, olé!!!!!!! Deixasme totalmente abraiado co teu comentario. Vaia ............... mais ben postos que tés. Onde carallo andarán os prensa que non lles interesa tampouco isto. Esta visto que tanto o Progreso como a Voz de Galicia hay que darlles da menciña que piden: que naide lles compre o diario e que limpen o cú co papel alque lles sobre. Ahora ben, vaia banda (sete nada menos) de "ilustres" nos tocou e nos toca de aturar neste pobo. No me cabe a mais pequena dubida de que a maioria da xente deste pobo nin ten sangue, nin collons, nin ovarios, nin nada que se lle pareza, damos vergoña fora de aquí; e aquí pois xa veis, mexan por nos e decimos que chove, non nos queda outra. E pra rematar , teño unha pregunta pa quen a poida contestar: Como se lle poñeran os ollos o alcalde cando lea todo isto nesa locomotora de ordenador 5G que mercou (seguro que é po concello) Seguo que llo tivo que deixar a primeira dama pa enrriquecer a sua biblioteca cerebral ; vaia exemplar, miña madriña! E o da AMEIXA BABOSA GALEGA , xa tará entre nos ou quedarianse con él por aló?? Ojallá, lle fagan boa vida por aló e deixe de comer tanto por aquí, que xa non queda moito.Saudiños pa todos.

      Eliminar
  11. as malas linguas din que van a cerrar este blog, seica o alcalde co seu 5G ordenata contactou con BillGates, e xa non hai volta, acabouse o blog, os gastos pagaos o señor daniel con fondos da comunidad de montes

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que ganas non lle faltan. Se puidera...

      Eliminar