Premios 20Blogs

martes, 10 de diciembre de 2013

E que se escribe nunha acta dunha asemblea xeral? O baile de número de votantes, o ladronicio...

E como ben dixemos a semana pasada, imos continuar coas actas, desta volta coa da asemblea xeral ordinaria do 21 de agosto do 2011.
O señor presidente comeza comentando que varios comuneiros pediron por escrito que na orde do día de dita asemblea se incluísen certos puntos, pero como xa se confeccionara esta orde do día cando recibiron a petición, pois que se traten no apartado 9 de "ruegos y preguntas".
Dáse lectura á acta da asemblea por parte dese enxeñeiro técnico forestal (sen que ninguén a vexa) e unha vez remata de ler, o presidente pregunta se hai alegacións a dita acta. Aí  Manuel Fernández Gómez comenta que se saltou o punto 1 sobre a aprobación da orde do día e que, personalmente non está dacordo na aprobación da acta da reunión. O presidente explica que é a acta da asemblea anterior do ano 2010 e non a deste ano, e que unha vez se vote a aprobación da acta da reunión anterior, votarase a aprobación da orde do día. Propón a votación a man alzada da aprobación da acta da asemblea anterior e faise, quedando así o resultado:

  • votos a favor da aprobación: 32
  • abstencións: 2
  • votos en contra da aprobación: 21
Comenta que os votos anteriores incluén delegacións, hai maioría e apróbase a acta.
Manuel pide que na acta conste quen votou a favor, quen en contra e quen se abstivo. O presidente explica que o voto pode ser segredo (curioso que sexa así, se a xente vota a man alzada, á vista de tod@s), engade que se un comuneiro quere que conste na acta o seu voto, que así se fará. E claro, como non sei quen era o secretario/a nese intre e esa era unha ardua tarea, mellor deixala para o final, e que @s que queiran que conste o sentido do seu voto se queden para tomar nota.

A continuación, o Presidente propón a votación a man alzada da aprobación da orde do día desta asemblea, quedando así o resultado:
  • votos a favor da aprobación: 36
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Outra vez os votos inclúen as delegacións e hai maioría, apróbase a acta.
E aquí aparece unha gran questión... Entrou máis xente na asemblea trala primeira votación? Porque na  primeira resulta que se sumámolos votos, temos 55 votos en total, e na segunda 61. E se entra máis xente, ¿por que non consta en acta? ¿Por que non se explica esta diferenza de votos totais entre unha e outra votación? ¿Ou estamos ante o miragre dos pans e os peces?

Claro, na acta non se explican estas diferenzas pero si se reflexan outras "tonterías" que deben ser moi importantes para @ secretari@, como veremos a continuación, cando se fala das contas.

O presidente explica que as contas anuais as fai a asesoría oficina contable tributaria de Lugo, le cobros, pagos, di que hai deudas pendentes e que se están intentando poñer ao día, estarían "trabajando en ello" como dixo Aznar.
De novo, Manuel Fdez. toma a palabra para dicir que hai moi pouca información sobre as contas e que cre que se deben ensinar as contas e pregunta por que hai tanto rexeitamento a que se faga unha auditoría. Aí o presidente di que calquera comuneiro as pode consultar cando queira, pero que deben firmar un compromiso de non facer un mal uso dos datos facilitados, pois a obriga da comunidade é presentar e aprobar contas oficiais. E digo eu, ¿por que non se levan á asemblea para que o comuneiro que o desexe poida botarlles alí mesmo unha ollada? ¿Por que hai que ir a unha oficina dunha empresa privada?

E o que nunca debe faltar nunha acta e é importantísimo que apareza: Jesús Aenlle expón que el quere cartos e non regalos e comenta que os da Vilapena administran a comunidade moi ben. Ao que literalmente Rogelia Rocha engade porque non hai ladronicio por medio. 

O presidente pregunta se hai alegación ás contas e José Fernández Puga di que non entende as contas que se enviaron á casa previamente. O presidente pregúntalle se o que se expuxo o entendeu, ao que responde que según el, gastouse moito nunha comida e no tratamento e que se debera especificar canta xente foi comer e canto custou cada prato.... E non se debeu contestar a esta pregunta, xa que na acta non consta... pero si o do ladronicio.... 
Jesús Aenlle volve a intervir dicindo que houbo cortas e unha subvención, e pregunta por ese diñeiro; ao que o presidente responde que a subvención foi para limpalo monte e que se gastou máis do que lles deron, coma sempre. Engade que a lei de montes de man común obriga a invertir parte dos beneficios no monte. Ben, parécenos moi ben que se reinvirtan os beneficios no monte, pero outra pregunta sen resposta, onde van os cartos das cortas?
E hai unha nova intervención, Valentín Lino Fernández Fernández pregunta quen controla a limpeza de pistas e os tratamentos, xa que moitas veces están parados e non o aplican. O presidente responde que a limpeza é por kilómetro e o tratamento por hectárea, é dicir, que non é por día de traballo senón por unidade e que todo se revisa, que incluso nese ano tiveron que volver porque quedaran zonas nas que o tratamento non foi efectivo, e que posteriormente dáse o visto bo e se procede, finalmente págase. Engade o presidente dirixíndose ao comuneiro José Fernández Puga, que si el o fai máis barato, non hai ningún inconvinte en que el mesmo aplique o tratamento. Que nos caen as bágoas da emoción, que o presidente quere deixar os cartos no pobo e que saian para riba os seus veciños, aínda que concretamente a este non lle deixou entrar de primeiras na comunidade porque o descoñecía e vivía en Sante... Pero que irónica é a vida, o presidente non, por Deus!
Entón José María Amor Ponlla di que nalgunhas zonas o tratamento non foi efectivo. E o presidente responde que se a asemblea decide non realizar o tratamento non se fará. Jesús Aenlle pregunta por que a comunidade ten que pagar o tratamento do resto, e o presidente responde que se acordara así e que parte do tratamento é en monte veciñal e outra en montes particulares e repite que se se decide non aplicar, non se fará. Jesús Aenlle di que se leve a votación.
O presidente propón a votación a man alzada das contas, que resultan:
  • votos a favor da aprobación: 35
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Outra vez se inclúen as delegacións e apróbanse as contas por maioría.
Vaia, de novo se sumamos, agora hai 60 votos... Nada, alguén se debeu aburrir de oír tanta tontería e marchou... pero vemos que non se deben de tomar nota das entradas e saídas, algo que debería de ser fundamental, para saber en cada momento cantos votantes hai... por que, ¿quen nos asegura que se manipulan os datos e de repente aparecen mans que non deben?

Seguinte punto da reunión, a lectura e aprobación, se procede, dos orzamentos para o 2011. O presidente le os gastos e ingresos previstos e comenta que para o vindeiro ano, o saldo será negativo, de -49.669,63 €. Comenta que  hai pendente a venda de dúas partidas de madeira de piñeiro, pero que non é boa época para a venda. Pregunta se hai alegacións ao orzamento. Manuel Fernández Gómez di que a xunta reitora ten a obriga de informar a todos e debería mandar fotocopias de todo. O presidente di que o gasto sería enorme e que os papeis están a disposición de todo o mundo previa solicitude. E propón de novo votación a man alzada para aprobar o orzamento, resultando:

  • votos a favor da aprobación: 36
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Buf! Canto hai que comentar aquí... resulta que o aburrido debeu volver, porque volve a haber 61 votos, que mo expliquen, que non debo ter boas luces e non entendo que en cada votación haxa un número distinto de votantes...
E digo eu, como pode ser que no ano anterior o total patrimonio neto e pasivo fose de 146.339,71 euros e agora sexa negativo? E engado un: que ben calcula, imos ter que mandalo de ministro de economía, que ata nos da un negativo aproximado con decimais... 

E continuamos coa presentación de inclusión como membros comuneiros de tódolos solicitantes. Aquí o presidente comenta que catorce das solicitudes son de persoas ás que a sentencia de Mondoñedo lles denegou a condición de comuneiros. Explica que as condicións de esas persoas son as mesmas que no momento do xuízo. A xunta reitora pediu un informe a un avogado que dicía: "...siendo firme y cosa juzgada la desestimación del reconocimiento de la condición de comunero de los solicitantes, tal desestimación resulta vinculante tanto para la comunidad, como para los propios solicitantes, como para el propio Juzgado, y excluye un nuevo proceso sobre el mismo objeto; por tanto la Comunidad no debe entrar de nuevo a examinar y decidir si los solicitantes cumplen o no los requisitos para ser admitidos como comuneros, porque ya una sentencia firme decidió que no los cumplían y a esa decisión firme hay que estar en todo caso... La desestimación de la condición de comunero es cosa juzgada en sentencia firme y la comunidad no puede ni debe contradecirla en la asamblea a celebrar". Vamos, que as condicións das persoas non cambian... imaxinen que chego a Trabada a vivir, ao mes solicito vía xudicial ser comuneir@, denéganmo, pero ao ano, que realmente sería cando cumplo os requisitos, xa non podería volver a solicitalo, porque foi "cosa juzgada".... Sr. presidente, que nos fai chorar da risa. De nada serviron eses días as réplicas de Manuel Fernández Gómez, María Teresa Teijo Miranda e José Fernández Puga... por un oído me entra e por outro me sae. Como engaden algúns comuneiros: o presidente gasta en avogados os cartos de todos.
Hai que dicir, que despois de moito debate conseguiuse que se sometese a votación a entrada desas solicitudes, e desta vez en urna e con voto segredo... como non, tod@s saen con 32 votos en contra, 28 a favor e 3 en branco... Anda! Que agora houbo 63 votantes!!! Que son, aburridos do principio que voltaron, xente á que se chamou para que viñesen votar.... De que vamos?!?! Isto parece unha tomadura de pelo...
E ben, esta tomadura aumenta cando por unanimidade entran de golpe uns veciños que solicitaron entrar por ciencia infusa (ai non, que algúns deles fixeron a solicitude a golpe de chamada telefónica do presidente e non porque se lles ocorrese a eles), e entre eles os fillos do presidente!

E nada, a acta da asemblea desta volta remata co apuntamento das persoas que fixeron os votos en contra cando se fixeron as votacións a man alzada... Orgullosos debemos estar deles e da súa loita!!!

79 comentarios:

  1. Que verguenza TODO!!! E os fillos non sei como nos lles cae a cara de vergonza!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os fillos?.Un,nada de nada. A outra eche peor ca el e seguramente a sua sucesora.

      Eliminar
  2. Este señor presidente por decir algo ta deixando a familia a un nivel Ben alto

    ResponderEliminar
  3. Os voy a comentar que los votos salen según se hagan las preguntas:
    Estando todos reunidos y sentados por orden del Presidente , el Presidente formula la siguiente pregunta: ¿Quién está a favor de aceptar las cuentas y los que estén en contra que digan el motivo?
    Bien hasta aquí todo medio bien , ya que el motivo creo que sobra doy el voto y punto, ya que dar un motivo encontra del presidente y a la cara por las cuentas hay que tenerlos muyyyyy grandes.
    P E R OOOOOOOOOOOO..........
    si la reunión va alcanzando la hora y cuestiones importantes pues la gente se va cansando y se levanta fumar un cigarrito , al servicio, otra marcha etc.......
    entonces muy fino el Presidente como los que están fuera son los de él formula la pregunta al revés ¿Quién esta en contra de las cuentas? cuenta los votos y prepáense esto es lo bueno 20 en contra, a favor los demás , y suma toda la gente que hay fuera.
    Daniel Daniel.....menudo plumero tienes

    ResponderEliminar
  4. Arre hostiaaa........ Flipo con esto último... Nunca lle escoitara a meu pai nada disto de que se contan os votos que están fóra.... pero eu sigo sen entender ese baile de números, porque por exemplo, nesta reunión dunha vez hai 61, despois 60 e despois 61.... que pasou, esqueceuse de contar o que estaba a fumar ou no baño?

    ResponderEliminar
  5. Este presidente ten muita escuela do negro faiche ver blanco

    ResponderEliminar
  6. En canto ó artigo: Despois de a citada Asamblea donde Daniel dixo "que era cosa juzgada"e que non podían entrar de comuneiros os que non foran admitidos na sentencia anterior; fomos outra vez o xuzgado e como era de esperar , Su señoría, como é uso e costume deulle a razón. Apelamos a Audiencia Provincial e déronnos a razón a nos:. NON ERA "COSA JUZGADA". De novo xuizo en Mondoñedo e de novo , Su Señoría ,decide que só reunen os requisitos pa ser comuneiros cinco personas. Así decide que Adolfo e Celina, por poñer un exemplo, poden ser comuneiros pero Chorra ou Angel do Pacheco, non. A xuiza non coñeze a ningún deles pero si os fai comuneiros a todos ós que presentaron a demanda, Daniel perdería a maioría, ¿e cómo se vai consentir iso?. E outra vez apelamos a Audiencia, tamos esperando a sentencia. Nos, os indignados, pagamos con os nosos cartos. Daniel con os dos fondos de man común porque moitos dos comuneiros llo permiten. E despois quereis que non se escriban comentarios con "insultos" e que todo mundo se leve de maravilla. E hai moito mais que contar ainda.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois containo todo, xa que estamos a eso. Eu sei como se as gasta este señor pero aínda así sempre me sorprende, hai que reconocer que inteligente é muito, porque mira que lle da a cabeza a este hombre.

      Eliminar
  7. eses sistema de votación son reglamentarias, aplicas Lendoiro nas Asambleas do Deportivo, e de momento vaille ben que sigue de presidente

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pensei que non eras tanto non sei como parache de entrenar que tiñas futuro

      Eliminar
    2. Dios algún taba ben mellor ca boquiña pechada ou mellor dito cos dediños parados

      Eliminar
    3. poñedevos en modo FACER POLO CHOLLO, je je

      Eliminar
  8. A verdade non ten mais que un camín, si este elemento en cuestión usase a intelixencia que ten, pa facer cousas realmente importantes pa un colectivo ó cal representa, e non a situación de división á que levou a este pobo, estaríamos diante de un ser de unha categoría igual a de calquera personaxe digno de rendirlle un homenaxe. Pero como solo busca o lucro personal pois, tamos diante de un ser que nun futuro os seus familiares, xa sean netos, ou bisnetos tratarán de esquecelo por ter un antecesor tan indeseable e pouco persoa como é o sr Daniel Villapol Valea. Eso si, conta co beneplácito de outro personaxe ilustre como é o sr alcade ( José Manuel Yanes Ginzo), outro que sen ningunha dúbida, tamen pasará a os anales da historia sobre todo po la sua prepotencia entre outras cousas. ........Tamos amañaos!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. OPOSICIÓN OPOSICIÓN DONDE ESTÁIS............PSOE PSOE PSOE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. que queres que che diga.... oposicion alabar a besteiro para si cae algo, trabada no lle interesa a ningun dios....de PENA DE MOITA PENA...,e vergonzoso o "clan ", pero que decir da oposicion ustedes xulguen...


      Eliminar
    2. Como membro da oposición vamos a falar da actualidade, dende o meu grupo político, o PSdG-PSOE nos últimos seis meses, entre outros temas, presentamos as seguintes mocións:
      -Relativa a favor do rexeitamento á resolución tomada polo goberno do PP, sobre a estructura e organización territorial da Axencia Tributaria, que na provincia lucense supón o desmantelamento das oficinas de Foz e Monforte.
      -Relativa a favor do rexeitamento ao novo modelo de prezos públicos que a Xunta quería aplicar aos comedores escolares.
      -Relativa a favor do mantemento dos xulgados de Paz e a gratuidade dos rexistros civis.
      -Relativa a favor do restablecemento das indemnizacións por parte da Xunta de Galicia polos danos ocasionados neste Concello polo Xabarín e a elaboración dun plan de control da especie.
      -Relativa a favor do rexeitamento ao repago hospitalario para patoloxías graves e enfermidades crónicas.
      -Relativa a favor do rexeitamento da proposta do incremento do canon polo tratamento de residuos.

      Todas estas propostas foron votadas en contra polo goberno do sr. Yanes ginzo, ben porque considere que son xenéricas e que os incrementos non son importantes. Non o serán para él. Pero como lle dixen eu, hai persoas que ou comen ou pagan os medicamentos ou o comedor dos nenos. É así de simple. El non se dará conta porque vai seguir mantendo a súa dedicación exclusiva no Concello, pese a que tamén é Deputado Provincial... Pero dixo que eso era un tema persoal. Ós veciños non ten que importarlles que non poida atendelos como algún día presumiu de que era alcalde 24 horas e 365 días ao ano, porque mentras está en Lugo non está en Trabada.
      Pero mentras que nos suben eses impostos o goberno de Rajoy e de Feijoo, o noso alcalde aproveita para aumentar os impostos de tódolos veciños, tales foron, as tasas pola recollida do lixo, polo suministro de auga, o ICIO, o SAF (Servizo de Axuda no fogar), O Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.. ou o canon da auga establecido por Feijoo. E fronte a isto, nin tan sequera efectúa o pago pola luz pública que están sostendo os veciños, cada un na súa vivenda en particular.

      E eu como portavoz da oposición organicei aínda a semana pasada unha charla informativa sobre os abusos das eléctricas. Anteriormente realizaramos outra charla informativa sobre a Política Agraria Común.
      Ademáis colaboro sempre cos meus veciños, e para mostra, eu mesma pedin copia do Proxecto do Tanatorio que estaba a exposición pública no Concello, xa que ós veciños dende o Concello non lle las quixeron dar. E paguei as fotocopias porque non era documentación de pleno, eso sí, a min déronmas e claro que tiñan obriga de dárllelas ós veciños, según mas deron a min. E debido a eso, os afectados puideron presentar as pertinentes alegacións e modificar o proxecto. ¿Cal era o interés de non mostrárllelo?
      Eu estou disposta a colaborar e axudar a tódolos veciños no que poida como portavoz do PSOE.

      Hai temas civis que o alcalde resolve, sen embargo, algún presentados por nos, ou por exemplo, o tema que se trata neste blog, non toma parte.

      O que está claro, e o que nos diferencia é que defendemos uns servicios públicos e de calidade. Como vedes a este alcalde non lle interesan porque todas as propostas as vota en contra. É a ideoloxía do PP. Centralizar todo e acabar cos servicios públicos.

      Volvo a repetir, que como portavoz da oposición estou disposta a colaborar no que os veciños necesiten, pero ben sabedes que as posibilidades son poucas. Eso sí, incrementaríanse se se deixaran de antepoñer os intereses persoais os de todos. Evidentemente, pasa como con Daniel, hai xente que prefire estar ó lado dos que teñen o poder ben sexa por medo ou por favores. Poucas e malas gracias, que o que se fai, faise cos cartos de todos e cada un de nós, a traves dos nosos impostos.

      Esta é a miña valoración. Paréceme moi ben que valoren parte da oposición... Pero valoren tamén o Goberno.

      Eliminar
    3. E valoren os investimentos que fixo a Diputación neste Concello fronte a Xunta... que cos plans de Cooperación serven sempre para contratar os mesmos. A esidencia non a fai o alcalde, e a Diputación a que invirte un millón douscentos mil euros, a maiores os POS, dotación de equipamento informatico, dotación de banda ancha ou satélite, dotación as escolas deportivas (que dudo do seu funcionamento) en perjuicio dos nenos de Trabada, e ainda ahora botaron sal nas carreteras provincias... Como para non ser afín o seu equipo de Goberno.

      Eliminar
    4. queda completamente claro, o governo nada de nada, e a oposicion fixo o que di a portavoz,todo correcto, unha cousa ,eu pensaba que as eleccions foran fai dous anos e medio , un pequeno detalle sen importancia...

      Eliminar
    5. Eu expoño as miñas propostas desde que son portavoz. Pidolles que asistan os plenos e contrasten a información con datos. Claro, non poden ir de forma anónima, outro pequeno detalle sen importancia.

      Eliminar
    6. Claro, porque hasta ahora los políticos profesionales tenían el monopolio del poder. Fíjese qué problema, ahora tienen que compartirlo con la gente ¡Nunca habían contado con esto! Ellos pensaban que a los ciudadanos les contestabas un poco con cuatro cosas y de vez en cuando había una alternancia, pero se ponían de acuerdo entre ellos en lo esencial: que monopolizaban el poder. Por lo tanto, ahora hay pánico y si pudieran suprimir Internet lo harían, pero ya es muy tarde.
      (Hoy la voz de galicia)

      Eliminar
  10. O señor Daniel vaiselle a "pinza",os anos non perdoan,non sempre vai ter os mismos reflejos e a" larga ou a corta"o mundo pon a cada un no seu sitio.Non desistir,que a éste cada vez lle falta menos.Nin pola imaginación se lle pasóu estar nesta situación,pero ten que saber que os demáis tamén teñen orgullo,e que resulta cansino que se ría de todos,xa veremos quen ríe último,que torres máis grandes caeron e a él xa lle revolveron os cimentos.Aaaanimo e a seguir así,un saludo.

    ResponderEliminar
  11. Viva Trabada!!! Vivan sus Gentes!! Viva o Señor alcalde por facer pola xente nova: "Tanatorio, centro de día, Xeriátrico" Por meter cartos nun campo de fútbol sin ter equipo, e encima gasta mais cartos nunhas gradas, e o xinasio sin monitor...Nin pes nin cabeza!!!...En Trabada por non haber nin hai nin pinchos de xeito nos bares!!! Trabada está nas últimas, pero ten o que merece, non hai mais que cotillas, evidiosos e lambecús, por non falar da desunión e das malas caras, bueno, boas caras por diante, que por detrás metenche un cuchillo de matar ata a médula. Non me da unha pena!!! "Recóllese o que se sementa"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Home, en Trabada hai de todo como en todas partes, se non, ninguén faría o que se está a facer co monte. Tampouco fai falla despotricar contra todo. Si que é verdade que hai pouca visión de futuro, pero a un quítanselle as ganas de intentar calquera cousa, pónenlle a un tantas trabas se non eres dos deles. Se vos contara o que nos andan a marear no concello por defender a un dos deles frente a nós. Pero claro, nós non somos de lamber cús, vai estar aí o problema. Ogallá deixasen facer e actuar aos que teñen gañas, pero non fan máis que afogar aos propios empresarios que montan algo, non fan nada para aumentar o turismo... ninguén sabe xa que o Camiño Norte pasaba por aí nin se explota que vaian peregrinos porque ao non haber albergue... E os bares e os supermercados terían algo máis de negocio, pero non, vaia a ser que se fagan máis ricos ca eles. A este paso quedarán sós, e a ver se entón entre eles, se entenden. Unha lástima, é unha lástima.

      Eliminar
    2. saludos vecina

      Eliminar
  12. Pois como dixen xa unha vez " que lles aproveite". Teñen o que merecen, unha Trabada deserta.

    ResponderEliminar
  13. Trabada hai moitos anos que sofre o caciquismo e aínda que morreu Rego Corto, sempre hai quen herde as súas formas de actuar. Un pobo que só pensa en subvencións, que non se lle deixa medrar, que non xera emprego, remata sendo unha gran residencia de anciáns e está abocado a desaparecer como Concello. Pero todo ten un principio e un fin e non hai mal que cen anos dure, polo que en calquera momento virá unha solución malia os caciques que o controlan.

    ResponderEliminar
  14. VAMOS FACER UNHA PROPOSTA DE SOLUCION O CONFLICTO
    A miña proposta a todolos comuneros e a siguinte( eu non son comunero ni teño ningun interes en selo)
    Acordar a celebracion de tres asambleas xerales en datas diferentes
    primeira asamblea
    1- acordar a entrada de todos os veciños que soliciten a entrada co cerificado de empadronamiento e do s. alcalde de que vive nesa casa sendo a vivienda habitual
    2-acordar o pago dos gastos os comuneros que solicitaron a sua entrada por via xudicial
    3presentacion das contas dende o ano 2000 detallando os gastos e ingresos(non se vai analizar se foron be ou mal gastados pero saber donde)
    segunda asambea
    1-validar un a un, ca votacion de todolos asistentes de os comuneros si cada comunero lle pertece ser comunero ou non(aqui xa estan todos e a votacion seria mais obxetiva, o que non se aceptara teria a opcion de reclamar
    2-dimision da xunta rectora e o seu presidente e convocacion de eleccions
    terceira asamblea xeral
    1-eleccions ca participacion de todolos comunero validados, elixindo por orden un a un de forma secreta , presidente, secretario, e vocais
    cada comunero podese presentar o posto que queira
    E POSIBLE O FIN DA LOITA PERDENDO TO UN POUCO DE EGO, UN POUCO DE ORGULLO E MIRANDO PARA DIANTE, SIN DEIXAR PASAR A MAIS MINIMA PERO TAMPOUCO PASARSE DE FREADA
    saudos este anonimo esta de forma "anonima" a disposicion de todos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Señor anónimo, como vostede sin ser comuneiro pode facer esta clase de oferta? Xa sabe que se non quer dar o seu nome de forma pública, ten a dirección de correo para dirixirse a nós. Unha oferta así, non se fai de xeito anónimo.

      Eliminar
  15. en primeiro lugar,eu non fago unha oferta de nada, valgame dios,solo fixen unha humilde proposta de alto o fogo,pero tampouco me importa si non ten exfecto eu fagoa da mellor vontade.
    quemais da quen sexa, si o que queremos e solucionar o tema,os que se teñen que posicionar son as partes sobre o que non se acepta, o que non gusta, o demais que importancia ten, coma os que controlan o blog, a min que mais me da o imoportante e que sirva para o que sirve para SOLUCIONAR DESDE O COÑECEMENTO DAS COUSAS E A VERDADE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Amigo anónimo, calquera dos visitantes diste blog e despois de ler as súas manifestacions, non nos queda a mais pequena dúbida de que vostede está moito o dia nos asuntos que mencionas. Permítalle decirlle que, os seus comentarios teñen cando menos, un forte cheiro a "TUFO"; non sei se me entende pero, vou comentarlle unhas cousiñas:
      Se vostede non é comuneiro nin quere selo, vostede non ten nin zorra idea de como as gasta o sr Daniel Villapol Valea nas Asambleas.
      Se vostede non sendo comuneiro nin querendo selo, ten tanto interés en que isto se amañe, reúnase vostede co sr Presidente que foi o que montou todo este lío ( co visto bó do sr alcalde).
      E se vostede non é comuneiro nin quere selo, quero que sepa que todo este "lio", cústalle a moita xente moitos mareos de cabeza, tempo e cartos ( eso sí, o sr Daniel gasta os de todos e naide dí nada).
      E se vostede non é comuneiro nin quere selo, infórmolle de que, detras de todo isto está moita xente,e moi interesada en facerlle rendir contas ao sr Daniel Villapol Valea; e non vai parar ata conseguilo. Mais cedo ou mais tarde acabará donde ten que acabar.
      Tamén lle digo que ó sr Daniel V.V.nunca se lle pasou pola cabeza a dimensión que pillou todo isto, nin que se lle subise as "barbas" como se lle está subindo (e siguen subindo); e que, como vostede non é comuneiro nin quere selo, pois.............
      E, non se tira a pedra e despois se esconde a man, vale?; é que, unha solución salomónica deste tipo feita dende un anonimato pois,...... como que non pega .

      Eliminar
    2. Non poderíamos estar máis dacordo coa resposta de Tracatrá...

      Eliminar
    3. E que, o Tracatrá iste, é moito Tracatrá de nuestro señor !!!! Que Deus lle siga dando moitos ánimos pa seguir pra diante. E o resto, tamén moito ánimo, e sobre todo non deixarse levar pola comodidade de que, mentras axa alguén que tire do carro pois, eu bou ben nel. Todos unidos(e cantos mais, mellor) pa chegar con todo ata o final. Que como dicen estes miserables de polítcos que temos, empeza a verse a luz ao final do tunel.( ou polo menos parece que ai algo mais de claridade)

      Eliminar
  16. Carai, a min eso soname a peloteo. Seica hai un cambio de estrategia. jajaja...

    ResponderEliminar
  17. Sr. trakatra(anonimo coma min), voulle contestar unha por unha as afirmacions que fixo
    primeiro.respecto a que non teño zorra idea, pode ser , non o discuto, cada cal ten a idea que ten eu non valoro a sua,a miña podese mellorar
    segundo,dice que me reuna co presidente(quen son eu para xuntarme con ninguen), creo que non me expliquei, a miña e unha humilde proposta para ambas partes, sen condicions
    terceiro, di que gastaron tempo e cartos(e certo), na proposta ia que se pagaran ditos gastos
    cuarto, quere que se rindan contas , na proposta ia apresentacion de contas do 2000 ata de agora, sen condicions, e si existen ilegalidades dspois seria o momento de xulgalas
    quinto,fala da dimsion do presidente, na proposta ia a dimision da xunta rectora co seu presidente e convocacion de eleccions de todos e para todos
    sr. trakatra,con todo o meu respeto para vostede,fagolle unha pregunta , si o presidente(xa sei que casi imposible) e axunta rectora estiveran dacordo, DIGA NO QUE VOSTEDE E OUTROS PERXUDICADOS NON ESTARIAN DACORDO
    PD.non traten saber quen son, perden o tempo, e tamen non ten a mais minima importancia,son un ciudadano que lle quere a trabada
    saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Señor anónimo, acláreme un punto, ¿como pretende poñer dacordo a dúas partes se só se dirixe á nosa?, ¿falou vostede co presidente?, ¿sabe se está disposto a chegar a algún tipo de acordo? Perdoe que non consideremos nin sequera a súa proposta porque:
      1. Non se identifica, polo cal, algo ten que ocultar.
      2. Non establece como se pode establecer o acordo nin cales van ser os pasos.
      3. Non estamos dacordo con todo o que establece, pero non imos dar pistas aquí que non sabemos a quen nos diriximos.
      E non quede como que parece que quer facer algo, o que quer facer algo, móllase, somos moitos os que estamos empapados agora mesmo.
      Xa sabe, se quere contactar do xeito que se debe facer, escríbanos a estapasandoentrabada@gmail.com, e despois non teremos inconveniente, se vemos que é vostede unha persoa legal, en contar aquí públicamente que estamos a facer. Grazas!

      Eliminar
    2. Pois a min tamén me gustaría saber quen é ou son: estapasandoentrabada
      Non estaía mal, posto que tamen ustedes falan dende o anonimato.

      Eliminar
    3. Os do blog somos todos aqueles que estamos en contra das inxusticias que se están cometendo en Trabada, por ios agradecemos a colaboración de cantos máis mellor, con artigos para publicar, con comentarios e con calquera outro tipo de iniciativas que recibamos de forma transparente e de boas formas. Non podemos, nin debemos dar un nome, que somos moitos.

      Eliminar
    4. Enton dean os nomes de todos os que formaron o blog ou? Ou se tanto medo decides que hai na xente de Trabada, empezade vos a mostrar valentía...

      Eliminar
    5. Se ganáramos algo dando os nomes... O que pasa é que empezarían as presións, as manipulacións, os comentarios... Non señor, non chegou aínda o momento de dicir quen somos, ese momento chegará cando caiga quen ten que caer.

      Eliminar
    6. Para que? Por se sae ben, levarse os méritos e se sae mal permanecer no anonimato? Sinto discernir con esto, dar a cara dende o principio, con valentía, e se todo o posto por aquí e verdade adiante!! Eu dende aquí animovos, eso si, sin dar nomes...de momento.

      Eliminar
  18. Respondendo o blog,aclaolles todo o que sexa necesario, sobra decir que valoro moito este blog, quiza fose unh das cousas mellor feitas que se fixeron en trabada, poder expresarse desta forma, sen etiquetas, que se sepa o que pasa, por iso sobra decir o meu agradecemento, independientemente de quen sexan , incluso , faltaria mais si non concordan co que digo, pero indo o asunto,eu no me dirixo a unha parte dirixome as duas, ou vostedes pensan ¿que a outra parte no lee o blog?, pregunta si falei co presidente pois claro que non, nin ai ningun acordo, solo e unha proposta mellorable,tamen di que non digo os pasos, penso que os marquei, pero podianse correxir o que houbera.respecto a que non me identifico, pregunto¿para que?, para situarmenun bando ou no outro, falar de min e non do problema.
    finalmente,grazas os do blog,e tamen sen ningun problema abandono esta proposta, que nadiña me importa e si tedes outras mellores ,chapeau!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Después de ver los últimos comentarios suyos (amigo anónimo), hemos llegado al pleno convencimiento de que, nos encontramos ante la evidente "reencarnación" del mítico, histórico e irrepetible Nelson Mandela.

      Eliminar
    2. O anónimo este, van ter que adicarlle unha calle ou ben unha plaza. Tome nota sr alcade, que non lle esqueza !!!!!!!

      Eliminar
  19. Que bueno o de Mandela!! Sodes buenisimos...

    ResponderEliminar
  20. O anónimo este parece que parou de escribir no seo muro do facebook,(bueno de contar a vida, porque o que e parar ainda non) e agora dalle por comentar aqui... jajaaja

    ResponderEliminar
  21. parece, que a miña proposta, mais un comentario que outra cousa, por agora non gusta a ninguen ,este comentario(proposta) ia para os que provocaron o dano, mais que para os que o sofriron,sei distinguir, como no terrorismo as victimas e os asasinos, pero parece ser que uns no o len(si co leen), e outros non lles gusta e se dedican a falar do anonimo(disparar contra o mensaxeiro), e non decir un palabra do contido.
    aclaro, para aviso a navegantes, que fixen este comentario, por que aproveitandome desta arma que e o blog, decir o que penso, cando en trabada non temos alcalde, cura,fillos adoptivos, predilectos, persoa decente e sensata,etc. que poña fin a este fracaso social, quiza un "anonimo"podia aportar algo, e o anonimo non merece nada, si alguen o merece e este medio que o permite
    saudos a todos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sr anónimo,si os comentarios que estás a facer neste blog se che ocurre facelo en calquera rede social (facebook, twiter, etc.), ninguén deste mundo dubidaría de que estás "mediando" nun conflicto semellante ó de Siria ou algo parecido. É que, poñerse a mezclar o terrorismo, as víctimas, un fracaso social con un problema que temos coa xestión dun monte de man común, non ten moita explicación, xa me dirás tú o que ten de semellanza unha cousa con outra. Neste tema, me parece que te pasaches de freada amigo; ou ben, se che foi un pouco a pinza,.... non o sei. Aquí neste pobo solo temos un problema, e tú como non eres comuneiro nin pretendes selo, pois igual non o entendes, por iso vamos explicarcho da forma mais sinxela que se poida. O problema é o seguinte: O presidente da Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Trabada, chamado Daniel Villapol Valea, leva facendo e desfacendo o seu antoxo na xerencia desta Comunidade dende a súa creación; e como non todos os veciños desta parroquia están dispostos a seguir aguantándolle as súas "brabuconadas", pois supoño que, por iso tú o "mal calificas" de conflicto. Nada mais, só intento explicarche que, esa xente (indignados según él) non é parte do problema, sinón que son parte da solución. Ou polo menos,..... iso é o que intentan. Un saúdo amigo anónimo.

      Eliminar
  22. sr. trakatra,non tome mal as miñas palalabras, o do terrorismo e as victimas era para entendernos, por favor, aunque o final ustede fala de que son a solucion non o problema , totalmente de acordo.respecto a que solo e un problema de xestion do monte, no o creo,non fai falta mais ca ir por trabada e darse conta de como esta a xente, e eso e un problema social,e non meto no mesmo saco os co causaron cos que o sofriron, pero volvo a repetir solo fixen unha proposta FALESE DELA,en non solo vostede, senon algun representante da xerencia do monte, si quereis ou queren, e si non mala sorte , coma dixen aparte do cariño por trabada, non teño ningun outro tipo de interes, e si tedes outra formula chapeau!

    ResponderEliminar
  23. vamos haber que pasa que una persona nos dan una idea¨ que no esta mal¨ y tenemos que desconfiar y atacar? yo pienso que este blog es para dar opiniones y buscar soluciones y lo que veo es que se ataca. Asi vais a cerrar el blog porque van a empezar a no leerlo porque solo es criticar y insultar a los que lo leen saludos.

    ResponderEliminar
  24. Para YO. Xa estamos outra vez cos insultos as voltas, por mais que leo e volvo a ler, non atopo insultos por ningún lado. Vexo comentarios, críticas, opinions, que pa eso foi creado o blog,non ? Si pa túa opinión, chamarlle a unha persoa polo seu nome, é insulto,....que queres que che diga. E aquí, tampouco se ataca a naide nin se desconfía de ninguén, solo se invitou a esa persona que espuxo a súa " idea" a dar a cara, e nadamais. Pa amañar esto non fai falta ningún Salomón, nin Mandela, nin Ban Ki-moon, con un pouco de "consenso" chega de sobras; pero por desgracia aquí neste pobo, nin o temos nin sabemos o que é. Igual vós o atopais, ojallá.

    ResponderEliminar
  25. Señor tiramillas, vexo que se meteu tarde no blog, porque xa borraron uns cantos insultos, infórmese mellor. Trabada está cheo de maldade, inxustiza, envidias...Trabada está morrendo pouco a pouco, e iba decir que e unha pena, pero no. Temos o que merecemos, nin mais nin menos, unha Trabada partida e corrompida por señores que se creen mais cos demais por lebar corvata ou estar nunha oficina.

    ResponderEliminar
  26. Os do blog non é que non queiramos facer caso das aportacións que nos dan, sinxelamente é que desconfiamos, penso que non é de extrañar visto que hai xente que por diante nos di unha cousa e por detrás fai cousas en contra, que hai xente mala que usurpa identidades para facer dano,... simplemente, estamos dispostos a escoitar ideas para solucionar o conflicto, pero tendo claro sempre, de onde veñen, que doblada, xa no la meteron varias veces... :-)
    E sobre os insultos, penso que xa está ben de sacar o tema unha e outra vez. Fai días que non os hai, e se os hai, borrámolos porque o obxetivo deste blog, desde logo, non é insultar á xente, é denunciar as inxusticias. Grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero entendede que cando menos resulte curioso que se desconfíe das aportacións anónimas desde unha aportación anónima.

      E básicamente creo que estades errados de base, o que o Sr Anonimo dicía nin siquiera é unha proposta. Non é máis ca a súa opinión, non vai máis aló. Pero ás veces presta máis discutir polo cómo que polo qué. Unha pena!

      Eliminar
    2. Naide está a discutir nin insultar a ninguén, non empezemos agora a estrapolar as cousas, que aquí polo que se vé, non tamos dacordo con nada; ó sr anónimo solo se lle dixo que dera a cara, ou pola contra, que mandase un correo electrónico a dirección o blog, e nadamais. Pero iso como ben debes saber, ten un problema........... Tou totalmente dacordo coa resposta do blog.

      Eliminar
    3. dacordo co anterior anonimo, un anonimo que da unha idea, en un blog anonimo,sen preguntar quen esta detras,¿por que ten que dar a cara?, discutir si e mala idea como se ben do KKK, pero da mais xogo mallar o presidente,de boquilla,e non aportar nada

      Eliminar
  27. Ahora mirar a lo q se dedica El cuerpo de policìa jodeeeeeeee

    ResponderEliminar
  28. srs. de estapasandoentrabada,non confien nin descofien, analicen, imaxinense que son o presidente(non o son, nin falta que me fai), e repito a proposta:admision dos veciños, entrega de contas,indemnizacion de gastos xudidiaciais os afectados,posterior validacion por todos dos veciños de ser comunero, dimision da rectora e convocacion de eleccions;todo esto sen condicions e as responsabilidades incurridas serian posteriormente adoptadas si fora o caso.
    seguro que o presidente non esta dacordo, e si esta¿ que pasa?
    ¡ojo!, esta non e unha negociacion, aqui non se ten nada que negociar , solo cumplir a lei, nin mais nin menos
    saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pregúntalle logo antes o sr Presidente si está dacordo e despois, escribe o que se che ocurra. Levas de conta canto tempo e tinta levas gastado de valde?. Si empezaras as cousas por donde ai que empezalas, seguro que tiñas avanzado algo mais. Estás "predicando" no deserto amigo anónimo. Poida ser que, si deixas de esconderte detrás do anonimato, seguro que che fan mais caso; nin mais nin menos.

      Eliminar
    2. Dadas as circunstancias, mellor empezamos pola dimisión da xunta rectora e despois xa falamos de todo o demáis, que seguro que saen moitas cousas soas, con transparencia e sobre todo, con xustiza.

      Eliminar
    3. para todos, este anonimo despidese, non gasto mais tinta, que teñades moita sorte. esto tamen valeu para saber(quiza non o soupera , coma xa se me dixo) como estan as cousas,sinto se me intrometin no que no me importaba,que teñais moita sorte, disculpas e bye, bye,bye... a darlle

      Eliminar
  29. Ante todo moi boas a todos e a todas. Vaia unha de carallo que tedes montada nese concello. Pero bueno non deixa de ser, lo normal que pasa en moitos dos lugares deste pais. E unha disgracia ver como el abuso de poder aino en todos os lados. Como moitos con amigos fan e desfan o seu antoxo sen que o peso da xusticia caiga sobre eles. (ese e o poder do dineiro, ou o poder dunha boa cea cos cartos de outros) .Pero por disgracia asi se coce o poder e grandes suculentos beneficios para moita xente, eso e asi.Tedes moito que facer e oxala consigades que esa xente de as explicacios oportunas, polo ben do pobo e si o final fose necesario que a xusticia caiga sobre eles con todo o seu peso, si incurriron nalgun delito

    ResponderEliminar
  30. Non sei si a proposta é viable ou non, eso teriano que decidir os interesados, pero na miña humilde opinión podía ser unha maneira de ir acercandose as dúas partes. Outra cousa e que se queira ir moito máis lonxe e non chegue con iso.... (que queiramos cortar cabezas)( que tampouco non era mala idea)

    ResponderEliminar
  31. estou con sonia, a cortar cabezas que estamos no tempo, seguro que collen ben o sal

    ResponderEliminar
  32. nada de dialogo, lo mejor quemarlo

    ResponderEliminar
  33. antes de queimalo colgalo polas gonadas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. carallo,que delicado, para que digan que se insulta,roncalle o pertigueiro,chamarlles "gonadas" os collons este blog aparte de informatizar trabada, tamen a culturiza¡VIVA O BLOG!

      Eliminar
    2. Este é moi bon. Algo de humor non está mal. Noraboa e seguir así.

      Eliminar
  34. Sinto discrepar con eso de acercar posturas non estou de acordo. Ese señor mais todos esos que ye tenden a man e botan nas asambleas o seu favor, coma os altos estamentos dese concello(que son tan culpables coma el, un señor solo sin o apollo de toda esa xente non podia andar facendo eso o seu libre albedrío).Dito esto chego a facerme miles de preguntas. ¿Pq ese señor non pon todas as contas a vista de todo o pobo? ¿Pq non dimite e aclara todo? ¿Pq os altos estamentos do concello non toma cartas no asunto? Coma estas miles de preguntas as que polo ben do pobo e desa xente deberian ser contestadas por todas esas persoas implicadas no asunto. Pero si sin tapujos nin censura e coa verda por diante.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. sr.puntilla, o anonimo propositor, xa poia que se puxeran as cartas encima da mesa,que dimitiran e mais puntos,referidos o monte,respecto a altos estamentos do concello fagome unha pregunta ¿vostede vive en trabada?,para facer esa pregunta ou non sabe quen manda,o xefe ou o titere

      Eliminar
  35. al tipo ese habia que colgarlo en la plaza del pueblo y asarlo al espeto

    ResponderEliminar
  36. o de gonadas soame a latin, para min o que escribeo foi un cura

    ResponderEliminar
  37. Aquí parece que todo el mundo pasa de todo , si pasa de todo menos el señor Presidente Daniel Villapol que no da puntadita sin hilo , este señor es maligno hasta para él si puede fastidiar al vecino, lleva al pié de la letra lo siguiente:

    Caminaba Daniel Villapol por los montes comunales de Trabada cuando por casualidad tropieza en una rama de las que no limpian las pistas y si les pasa a la comunidad los gastos de limpieza, y entonces se le aparece un duende "un duende alto, fuerte, con ojos grandes y gran poder de conceder un deseo"
    Dicho duende le dice a Daniel : Señor Daniel , tiene usted un unico deseo por liberarme y encontrarme en este maravilloso monte de los ciudadanos de Trabada"aunque usted no lo considere" pero tenga en cuenta una cosa que lo que pidas para tí tu vecino tendrá el doble.
    Entonces...........DANiEL empieza a pensar y a pensar , a pasear y a pasear y dandole vueltas al asunto no sabe que pedir, por que si pide dinero el vecino le gana, si pide mas poder al socio le pasa por delante, si pide mujeres el vecino se hincha, si pide propiedades pués el vecino.......y así pasó parte de la tarde .....después de liberar, pasear y pensar le dijo al duende !!!! Ei !!!!!!! aja...ya sé .... lo que te voy a pedir AMIGUITO.....
    sacame un ojo por que así al vecino lo dejarás ciego.

    no me digan que este señor no hace lo que os acabo de contar , tiene o tienen un morro que se lo pisa o pisan.

    saludos

    ResponderEliminar
  38. si señor genial , viva el humor

    ResponderEliminar
  39. O señor D V. V vay ter que contratar un guarda espaldas esto tase poñendo critico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non lle fai falta guardaespaldas,somos tan ignorantes,que seguro que ten veciños dispostos a pararlle os golpes.

      Eliminar
  40. Hola a todos, vou ir cambiando de modo, vou pasar de modo FACER POLO CHOLLO, a modo HABER SI ME TOCA A LOTERIA, saludos a todos e haber si tedes sorte

    ResponderEliminar
  41. Desde logo que se poñerian no medio pa que non ye pasase nada.(vas me decir que tu matarias do teu galiñeiro a galiña que mais ovos pon).Por disgracia todos teñen taj

    ResponderEliminar