Premios 20Blogs

miércoles, 18 de diciembre de 2013

El origen de los montes mancomunados

Los montes comunales tienen su origen en la Edad Media, consecuencia de la Reconquista. En dicha época, para repoblar las zonas próximas a la frontera o aquellas otras consideradas básicas para futuras acciones guerreras o de conquista, el "señor con tierra", laico o eclesiástico, para atraer o fijar a la población, asignaba unas tierras que serían disfrutadas en común por aquellas familias que se asentasen en dichas regiones, eran atribuidas a los moradores del lugar que originaban, tanto a fundarores como a los que habían de venir después.
Sobre ellas van los vecinos realizando poco a poco apropiaciones individuales, normalmente en las tierras más fértiles, que el tiempo consolida ("presuras" y "escalios" de otras regiones, llamadas aquí "cerradas" y "alargos"), pero continúan siendo del común de vecinos aquellas otras tierras no aptas para el cultivo rentable, que quedan "abiertas" dedicadas a pastores y monte bravo.
La propiedad del monte pertenece, en régimen de comunidad germánica o en mano común, al común de vecinos que regulan de mutuo acuerdo a los aprovechamientos del monte, presentes y futuros, teniendo en cuenta usos y costumbres anteriores, generalmente aceptadas y exigibles, entre los que nunca falta el pastoreo comunal de todo el monte abierto.
A partir del siglo XIII, como consecuencia de la recepción del Derecho Romano que niega a estas agrupaciones sociales personalidad jurídica, esto es, capacidad para ser titular de derechos y obligaciones, estas comunidades de vecinos se encontraron en el peligro de ver suplantada su titularidad sobre los montes por una persona jurídica que podía venir a ocupar su puesto - consejo o municipio- para eludirlo, estas comunidades de tipo germánico tuvieron que ampararse en una institución de procedencia romana, el censo enfitéutico. Siguiendo alguno de estos caminos, a través del censo enfitéutico, estos montes pudieron llegar por derivación al "foro", tan importante y difundico en la Galicia de épocas pasadas. Estos foros se constituían, muy frecuentemente, comprendiendo todo el ámbito territorial de un "lugar" o de una "parroquia" ("... con sus casas y corrales, entradas y salidas, montes y fuentes, bravos y mansos, y heredades de montes de caba y tallo, sitos en la jurisdicción..."), pero la "carta foral" era otorgada a favor de un solo vecino "cabezalero", y ello con un doble fin:
- como medio de "personalizar" a la comunidad vecinal, carente de personalidad jurídica.
- el "cabezalero" se responsabilizaba de recauda las fracciones de renta entre los miembros de la comunidad que "encabezaba", para entregarlas íntegramente al dueño del dominio directo del foro, en las condiciones establecidas en la "carta foral".

Sirva esta pequeña introducción al origen de este tipo de monte, para todos aquellos que desconocen cómo y por qué se explota el monte mancomunado y dejemos para otro capítulo, que lo hay, la historia concreta de los montes de Trabada.

martes, 10 de diciembre de 2013

E que se escribe nunha acta dunha asemblea xeral? O baile de número de votantes, o ladronicio...

E como ben dixemos a semana pasada, imos continuar coas actas, desta volta coa da asemblea xeral ordinaria do 21 de agosto do 2011.
O señor presidente comeza comentando que varios comuneiros pediron por escrito que na orde do día de dita asemblea se incluísen certos puntos, pero como xa se confeccionara esta orde do día cando recibiron a petición, pois que se traten no apartado 9 de "ruegos y preguntas".
Dáse lectura á acta da asemblea por parte dese enxeñeiro técnico forestal (sen que ninguén a vexa) e unha vez remata de ler, o presidente pregunta se hai alegacións a dita acta. Aí  Manuel Fernández Gómez comenta que se saltou o punto 1 sobre a aprobación da orde do día e que, personalmente non está dacordo na aprobación da acta da reunión. O presidente explica que é a acta da asemblea anterior do ano 2010 e non a deste ano, e que unha vez se vote a aprobación da acta da reunión anterior, votarase a aprobación da orde do día. Propón a votación a man alzada da aprobación da acta da asemblea anterior e faise, quedando así o resultado:

  • votos a favor da aprobación: 32
  • abstencións: 2
  • votos en contra da aprobación: 21
Comenta que os votos anteriores incluén delegacións, hai maioría e apróbase a acta.
Manuel pide que na acta conste quen votou a favor, quen en contra e quen se abstivo. O presidente explica que o voto pode ser segredo (curioso que sexa así, se a xente vota a man alzada, á vista de tod@s), engade que se un comuneiro quere que conste na acta o seu voto, que así se fará. E claro, como non sei quen era o secretario/a nese intre e esa era unha ardua tarea, mellor deixala para o final, e que @s que queiran que conste o sentido do seu voto se queden para tomar nota.

A continuación, o Presidente propón a votación a man alzada da aprobación da orde do día desta asemblea, quedando así o resultado:
  • votos a favor da aprobación: 36
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Outra vez os votos inclúen as delegacións e hai maioría, apróbase a acta.
E aquí aparece unha gran questión... Entrou máis xente na asemblea trala primeira votación? Porque na  primeira resulta que se sumámolos votos, temos 55 votos en total, e na segunda 61. E se entra máis xente, ¿por que non consta en acta? ¿Por que non se explica esta diferenza de votos totais entre unha e outra votación? ¿Ou estamos ante o miragre dos pans e os peces?

Claro, na acta non se explican estas diferenzas pero si se reflexan outras "tonterías" que deben ser moi importantes para @ secretari@, como veremos a continuación, cando se fala das contas.

O presidente explica que as contas anuais as fai a asesoría oficina contable tributaria de Lugo, le cobros, pagos, di que hai deudas pendentes e que se están intentando poñer ao día, estarían "trabajando en ello" como dixo Aznar.
De novo, Manuel Fdez. toma a palabra para dicir que hai moi pouca información sobre as contas e que cre que se deben ensinar as contas e pregunta por que hai tanto rexeitamento a que se faga unha auditoría. Aí o presidente di que calquera comuneiro as pode consultar cando queira, pero que deben firmar un compromiso de non facer un mal uso dos datos facilitados, pois a obriga da comunidade é presentar e aprobar contas oficiais. E digo eu, ¿por que non se levan á asemblea para que o comuneiro que o desexe poida botarlles alí mesmo unha ollada? ¿Por que hai que ir a unha oficina dunha empresa privada?

E o que nunca debe faltar nunha acta e é importantísimo que apareza: Jesús Aenlle expón que el quere cartos e non regalos e comenta que os da Vilapena administran a comunidade moi ben. Ao que literalmente Rogelia Rocha engade porque non hai ladronicio por medio. 

O presidente pregunta se hai alegación ás contas e José Fernández Puga di que non entende as contas que se enviaron á casa previamente. O presidente pregúntalle se o que se expuxo o entendeu, ao que responde que según el, gastouse moito nunha comida e no tratamento e que se debera especificar canta xente foi comer e canto custou cada prato.... E non se debeu contestar a esta pregunta, xa que na acta non consta... pero si o do ladronicio.... 
Jesús Aenlle volve a intervir dicindo que houbo cortas e unha subvención, e pregunta por ese diñeiro; ao que o presidente responde que a subvención foi para limpalo monte e que se gastou máis do que lles deron, coma sempre. Engade que a lei de montes de man común obriga a invertir parte dos beneficios no monte. Ben, parécenos moi ben que se reinvirtan os beneficios no monte, pero outra pregunta sen resposta, onde van os cartos das cortas?
E hai unha nova intervención, Valentín Lino Fernández Fernández pregunta quen controla a limpeza de pistas e os tratamentos, xa que moitas veces están parados e non o aplican. O presidente responde que a limpeza é por kilómetro e o tratamento por hectárea, é dicir, que non é por día de traballo senón por unidade e que todo se revisa, que incluso nese ano tiveron que volver porque quedaran zonas nas que o tratamento non foi efectivo, e que posteriormente dáse o visto bo e se procede, finalmente págase. Engade o presidente dirixíndose ao comuneiro José Fernández Puga, que si el o fai máis barato, non hai ningún inconvinte en que el mesmo aplique o tratamento. Que nos caen as bágoas da emoción, que o presidente quere deixar os cartos no pobo e que saian para riba os seus veciños, aínda que concretamente a este non lle deixou entrar de primeiras na comunidade porque o descoñecía e vivía en Sante... Pero que irónica é a vida, o presidente non, por Deus!
Entón José María Amor Ponlla di que nalgunhas zonas o tratamento non foi efectivo. E o presidente responde que se a asemblea decide non realizar o tratamento non se fará. Jesús Aenlle pregunta por que a comunidade ten que pagar o tratamento do resto, e o presidente responde que se acordara así e que parte do tratamento é en monte veciñal e outra en montes particulares e repite que se se decide non aplicar, non se fará. Jesús Aenlle di que se leve a votación.
O presidente propón a votación a man alzada das contas, que resultan:
  • votos a favor da aprobación: 35
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Outra vez se inclúen as delegacións e apróbanse as contas por maioría.
Vaia, de novo se sumamos, agora hai 60 votos... Nada, alguén se debeu aburrir de oír tanta tontería e marchou... pero vemos que non se deben de tomar nota das entradas e saídas, algo que debería de ser fundamental, para saber en cada momento cantos votantes hai... por que, ¿quen nos asegura que se manipulan os datos e de repente aparecen mans que non deben?

Seguinte punto da reunión, a lectura e aprobación, se procede, dos orzamentos para o 2011. O presidente le os gastos e ingresos previstos e comenta que para o vindeiro ano, o saldo será negativo, de -49.669,63 €. Comenta que  hai pendente a venda de dúas partidas de madeira de piñeiro, pero que non é boa época para a venda. Pregunta se hai alegacións ao orzamento. Manuel Fernández Gómez di que a xunta reitora ten a obriga de informar a todos e debería mandar fotocopias de todo. O presidente di que o gasto sería enorme e que os papeis están a disposición de todo o mundo previa solicitude. E propón de novo votación a man alzada para aprobar o orzamento, resultando:

  • votos a favor da aprobación: 36
  • abstencións: 0
  • votos en contra da aprobación: 25
Buf! Canto hai que comentar aquí... resulta que o aburrido debeu volver, porque volve a haber 61 votos, que mo expliquen, que non debo ter boas luces e non entendo que en cada votación haxa un número distinto de votantes...
E digo eu, como pode ser que no ano anterior o total patrimonio neto e pasivo fose de 146.339,71 euros e agora sexa negativo? E engado un: que ben calcula, imos ter que mandalo de ministro de economía, que ata nos da un negativo aproximado con decimais... 

E continuamos coa presentación de inclusión como membros comuneiros de tódolos solicitantes. Aquí o presidente comenta que catorce das solicitudes son de persoas ás que a sentencia de Mondoñedo lles denegou a condición de comuneiros. Explica que as condicións de esas persoas son as mesmas que no momento do xuízo. A xunta reitora pediu un informe a un avogado que dicía: "...siendo firme y cosa juzgada la desestimación del reconocimiento de la condición de comunero de los solicitantes, tal desestimación resulta vinculante tanto para la comunidad, como para los propios solicitantes, como para el propio Juzgado, y excluye un nuevo proceso sobre el mismo objeto; por tanto la Comunidad no debe entrar de nuevo a examinar y decidir si los solicitantes cumplen o no los requisitos para ser admitidos como comuneros, porque ya una sentencia firme decidió que no los cumplían y a esa decisión firme hay que estar en todo caso... La desestimación de la condición de comunero es cosa juzgada en sentencia firme y la comunidad no puede ni debe contradecirla en la asamblea a celebrar". Vamos, que as condicións das persoas non cambian... imaxinen que chego a Trabada a vivir, ao mes solicito vía xudicial ser comuneir@, denéganmo, pero ao ano, que realmente sería cando cumplo os requisitos, xa non podería volver a solicitalo, porque foi "cosa juzgada".... Sr. presidente, que nos fai chorar da risa. De nada serviron eses días as réplicas de Manuel Fernández Gómez, María Teresa Teijo Miranda e José Fernández Puga... por un oído me entra e por outro me sae. Como engaden algúns comuneiros: o presidente gasta en avogados os cartos de todos.
Hai que dicir, que despois de moito debate conseguiuse que se sometese a votación a entrada desas solicitudes, e desta vez en urna e con voto segredo... como non, tod@s saen con 32 votos en contra, 28 a favor e 3 en branco... Anda! Que agora houbo 63 votantes!!! Que son, aburridos do principio que voltaron, xente á que se chamou para que viñesen votar.... De que vamos?!?! Isto parece unha tomadura de pelo...
E ben, esta tomadura aumenta cando por unanimidade entran de golpe uns veciños que solicitaron entrar por ciencia infusa (ai non, que algúns deles fixeron a solicitude a golpe de chamada telefónica do presidente e non porque se lles ocorrese a eles), e entre eles os fillos do presidente!

E nada, a acta da asemblea desta volta remata co apuntamento das persoas que fixeron os votos en contra cando se fixeron as votacións a man alzada... Orgullosos debemos estar deles e da súa loita!!!

jueves, 5 de diciembre de 2013

E que se escribe nas actas das xuntas da xunta reitora e nas da asemblea xeral?

Se algún de vostedes é comuneiro/a, saberán do que vou a falar. É de risa ver como se levantan as actas das xuntanzas da comunidade de montes: alí está o señor Alejandro cunha libretiña, coma as que se usaban antigamente no colexio, exercendo, ademais de técnico, de SECRETARIO… Por Deus, a saber o que cobra tamén por iso! Despois estrañámonos de que a comunidade estea en números vermellos…. Pero imos por partes, que isto vai dar que falar e que ler, temos para varios artigos:

-Acta da reunión da xunta reitora do 3 de marzo de 2010:
Saldo das contas bancarias: 137.951,52 €, dos cales hai que descontar avogado e procurador, o primeiro cobra á comunidade 3.000 € e o procurador non se sabe. Tamén di que se cobrará en breve a subvención de incendios, que será inferior ao importe concedido nun primeiro momento, xa que (meu pobre), non se puido xustificar a totalidade da mesma.
Tamén se fai referencia aos novos/as comuneiros/as trala sentenza xuízo ordinario nº 225/09.
Lese a lista actual de comuneiros e matizan o estado dalgún deles... Unha que marchou fai seis meses a residir a outro domicilio e que lle van a esperar máis tempo para botala fóra, outra que tampouco cumpre co tempo establecido residindo fóra da parroquia e tres falecidos, dos cales hai que falar coa esposa dun deles para saber se vai seguir vivindo na parroquia. Gustaríame que aquí se pronunciase a xente neste mesmo caso, a ver se se contacta con tódolos/as viúvos/as para saber se van continuar vivindo na parroquia?!?!?
E o que xa da a risa, que a xunta reitora quere preguntarlles aos demandantes que é o que pretenden e que lles parece incluír como comuneiros a outras persoas da parroquia que están na mesma situación que eles pero que non demandaron á comunidade. Pois creo señores e señoras que isto vai ter fácil resposta... uns teñen que ir ao xulgado para entrar, e outros van entrar de “rositas”, ja,ja... Pero de que vamos?

-Acta da reunión da xunta reitora do 26 de maio de 2010:
Daquí destacamos que ante a solicitude verbal realizada por varios veciños da parroquia para entrar a formar parte da comunidade, o presidente pregunta como se debe actuar e trala intervención de varios membros desta xunta reitora, acórdase por unanimidade que presenten solicitude escrita avalada por dúas testemuñas que declaren que o solicitante ten residencia habitual e independente na parroquia. Solicitude que se estudará e elevará á Asemblea Xeral para a toma de decisión. Vaia oh! Uns a Mondoñedo con recibos de auga, luz, teléfono e se me descoido ata as bragas teñen que levar para demostraren que viven na súa casa, e outros con dúas testemuñas chega. Xurarían pola súa conciencia e honor polo menos? E o da solicitude verbal outra risa... Se o señor presidente se dedicou a chamar por teléfono e ir ás casas dalgúns para facelos comuneiros e así que lle desen o voto... Que neste pobo todo se sabe!!!
E as contas bancarias, nas arcas 154.517,36 €. Que pouco van a durar eses cartiños.... Debían estar estes cartiños en subordinadas ou preferentes!!!

-Acta da reunión da xunta reitora do 13 de xullo de 2010:
Volve a alma caritativa da xunta reitora... vexan, vexan a xunta reitora por unanimidade decide informar a tódolos outros veciños que están a pedir formalizar solicitude para entrada na comunidade cunha reunión.
Chegan á conclusión de que se teñen que informar da continuidade dos comuneiros falecidos... Podían expresalo algo mellor... Os falecidos non van continuar, serán os familiares...
E xa o colmo a xunta reitora intercambia opinións sobre o menú da comida da asemblea xeral ordinaria... Eu creo que non sabían se percebes, lagosta ou lumbrigante....
E moi importante que quede constancia nunha acta: o sr. Presidente vai expoñer as contas o día da asemblea mediante proxector. Nunca tal se viu!!!

-Acta da reunión da xunta reitora do 2 de maio de 2011:
Veña, que seguimos cos comuneiros indignados... Hai que solicitarlle a Dña. Gloria Bermúdez e ao pai xustificantes que demostren a independenza (de vivendas se entende). Conclúen que ela e o resto de solicitudes dos solicitantes que teñen sentencia denegatoria firme, vanse ter que ater para informar á asemblea en base aos informes que lles deu o avogado. E no que se refire aos solicitantes que non foron a xuízo, que cumpren as condicións para ser comuneiros por analoxía cos aceptados co xuíz na sentencia citada... De risa.
E ben, facer referencia  a que se solicitou información por parte de varios comuneiros das contas, actas, certificacións de altas e baixas de certas datas... que se elaborou pero cando un deles foi a buscalas e se lle pide que pague as fotocopias, este négase, co cal renunciou a recollela... Pero que poden ir á oficina da empresa privada do sr. Presidente a lela... Igual que se paga un avogado, tamén se poderán pagar unhas copias cos cartos da comunidade, ou non? E se hai que ler todo iso na oficina, vana ter que ter aberta varios días, leven café e igual ata chupito, que así igual se entenden as contas. Que nesa data ascendían a 131.427,90 €.
Anda... e aquí aparece o salario do técnico, que se lle calculou o custe horario e saíu a 13 € a hora, gasto que se cargará polas horas que dedique á comunidade. Esperemos que non dedique 8 ao día, porque 104 € serían por un día e por vinte que ten o mes... 2080 € serían... salario de deputado case.

-Acta da reunión da xunta reitora do 2 de agosto de 2011:
Alí a xunta reitora acorda que un avogado de prestixio vaia asesorar á xunta directiva na seguinte asemblea xeral, pero os comuneiros/as non poden levar un letrado a que os asesore …
Tamén acordan poñer os pagos ao día e lense cousas como que o presidente foi á delegación provincial de Lugo da Consellería de Medio Rural e lle facilitaron o saldo do convenio actualizado a 28 de xullo de 2011 da comunidade con ese organismo e resulta ser de -39.170,93 €… Ai que estamos en números vermellos!!!
Outra lindeza, o presidente informa que puxo o día 21 de agosto por disponibilidade de Emilio para servir a comida… De risa, vamos, o catering marca o día da comida… Nin que non houbese empresas dispostas a facer ese traballo… Paren, que me esquecía, que é por dárlle ganancia ao pobo!!! Pero esperen, que o do catering non pode mercarlle o pan aos panadeiros de Trabada porque o señor alcalde está de mal con eles… INCONGRUENCIAS da vida… Que non todos os do pobo poden medrar por igual, non vaia ser….
E para finalizar con esta acta, resulta que a xunta reitora por unanimidade conclúe que a documentación de Dña. María Gloria Bermúdez non é toda a que se lle pide, así que claramente se entende que non acredita vivenda independente. Vaia por Deus…. As unanimidades desta xunta xa se saben….

E deixemos para outro artigo unha acta dunha asemblea xeral!