Premios 20Blogs

martes, 4 de febrero de 2014

A nova lei de montes pretende entregar o monte veciñal á empresa privada



Artigo aparecido na Revista “O Común dos Veciños”. Ano 15. Número 12. Xaneiro 2013

“A Xunta de Galicia quere entregar o monte veciñal con consorcio ou convenio á empresa privada”

O artigo 123 da Lei de Montes de Galicia establece: “A Consellería competente en materia de montes poderá asinar contratos voluntarios de xestión pública con aquelas comunidades de montes que carezan de recursos económicos e financieiros suficientes e cuxa sustentabilidade económica, social e medioambiental non estea garantida”. Máis adiante tamén di: “A xestión ou execución destes contratos temporais de xestión pública poderá realizalos directamente a Admistración Pública ou por terceiras persoas físicas ou jurídicas”.
Deste xeito o Partido Popular quere preparar o terreo para sacarlle os montes veciñais á veciñanza comuneira en entregarllos ás empresas privadas. Estes contratos serán obrigatorios para os montes veciñais que estean mal xestionados, segundo o criterio da Consellería. E tampouco establece un prazo ás comunidades de montes para poder corrixir esa suposta “mala xestión” do monte veciñal. Pero en cambio especifica claramente que eses contratos de xestión pública poden ser ejecutados por empresas privadas. Isto é, van ser xestionados polas sociedades de fomento forestal (as sofor), que con esa intención foron creadas, por máis que a Xunta o negara. Estamos ante un novo intento de usurpación do monte veciñal.
O Partido Popular quixo asegurar máis esta usurpación e nesta funesta Lei de Montes incluíu a disposición transitoria novena, que di: “Nun prazo de 4 anos, contados a partir da entrada en vigor desta lei, os ontes veciñais consorciados ou convenidazos coa Administración Pública, terán que asinar un contrato de xestión temporal. No caso de non asinar este contrato, as comunidades de montes terán que pagar a débeda do consorcio ou do convenio. De non facelo, o monte veciñal non recibirá ningún tipo de axuda nin subvención”.
Así a posibilidade convértese en obriga. A Xunta pretende arrebatarlle a xestión dos montes consorciados ou conveniados ás comunidades de montes para entregarllos ás empresas privadas, que previamente constituirán sociedades de fomento forestal (sofor) con subvencións do 100% da Xunta de Galicia. Case a metade do monte veciñal galego, unhas 250.000 has. van pasar das mans dos comuneiros ás empresas privadas. Aínda máis, as comunidades de montes terán que pagarlle ás empresas privadas o custo da xestión. Está claro por que o Partido Popular non aceptou a proposta da Organización Galega de Comunidades de Montes de condonar as débedas dos consorcios e dos convenios.
Ante este roubo a favor das empresas privadas, as comunidades de montes non podemos baixar os brazos e ficar parados. Temos que organizarnos e loitar pola defensa das nosas terras comunais. Temos catro anos para impedir este espolio, para esixir diante do Parlamento de da Xunta de Galicia que se condonen as débedas dos consorcios e dos convenios, para denunciar os seus incumprimentos: ocultismo nas contas que fai a Xunta, porque estas contas foron feitas de parte, sen informar ás comunidades de montes; non ter elaborado a Consellería os plans técnicos e de ordenación, non crumprir o disposto no asinado nos convenios e nos consorcios, nin o establecido nos plans de traballos anuais e no tipo de plantacións. Todos estes imcumprimentos supoñen xa de feito desde hai anos a anulación dos consorcios e dos convenios.
Catro anos é tempo suficiente para evitar esta usurparción. Pero cómpre irse movendo. A Organización Galega xa está a preparar reunións e charlas informativas por toda Galicia, en colaboración coas mancomunidades de montes. Porque desta vez tampouco nos van quitar os nosos montes.


E aquí remata o artigo. E mentras en Trabada andamos de Xulgados pelexando por ser todos comuneiros, o presidente non foi á charla que organizou a Organización Galega o día 31 de Xaneiro, en Foz, ás 6 da tarde, na Casa do Mar. ¿Quizáis porque pertence a unha empresa privada que quizáis está interesada na xestión deses montes? E que por riba… lle teremos que pagar pola xestión. E si, alí estábamos algúns dos indignados, alucinados pensando no listo que é o noso presidente, que está a ocultar esta información a tódolos comuneiros, indignados ou non, e alargando os temas, para xustificar a necesidade de xestión da comunidade por unha empresa privada. ¿Facemos apostas? ¿Que empresa privada forestal será a adxudicataria da xestión dos montes de Trabada? E entón, ¿que diredes os non indignados que tanto o defendestes? Porque ides perder moito máis que os que entramos por sentencia judicial, ¿ou non?

20 comentarios:

  1. aquí a xente con tal de ver o presidente ben cheo de todo é capaz de calquer cousa hasta perder todo o que ten un, manda carallo co presidente, a xunta, e todo o que contades e o que mais jode que nas reunions a xente riese e dicelle amén a todo o que expón. CLARO rapaces o final a culpa vai ser dos indignados......teis a cabeciña chea de páxaros e despois non hai remedio.
    TRABADA UNIDA JAMAS SERA VENCIDA

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Está visto que temos o que merecemos nesta Trabada... pero eu confío en que o burro rebente cunha sardiña...
    O presidente éche moi listo e a xente que ten ao redor que lle dá os votos, non teñen nin idea do que fan e cando se decaten vai ser demasiado tarde...
    Machacade ben aos indignad@s por sacaren á luz as verdades e seguide ponderando ao que vos están a chupar o sangue e veredes como acabaredes

    ResponderEliminar
  4. Agora eses que dicen que teñen documentos, que se movan. A lo mellor a eles non lles din eso de " quereis vir comer o que é noso" Un consello pa os indignados; cuando non se pode co inimigo, o mellor nestes casos é unirse a él. Xa lo dice el refrán. É que estes que naceron da ponte da Escanarega pa arriba, róncalle o pertigueiro con iles.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Unirse a quen? Pero ti en que pensas? Vamos, que está a engañar a todo Trabada (amigos e indignados) e encima dis que nos unamos a el, para que? Para que remate con todos sin facerlle frente? Manda carallo con algún comentario!

      Eliminar
  5. e un dato máis a ter en conta.... de quen son todas as fincas que están arredor dos montes de man común? q casualidade.... do actual presidente

    ResponderEliminar
  6. En algún momento da sua vida este señor tería vergoña,quizás cando foi neno, porque eu desde que o coñezo no na ten.Si mal non recordo nunha Asamblea da SAT os socios plantáronlle cara,dixo que dimitiría,salíu a noticia publicada na prensa, (o Progreso),e está no mismo sitio e da misma forma.Este é o perfil de esta persona ,si nos deixamos engañar é problema noso.Eu pregunto:¿què máis vos ten que facer para que vos déis conta do qué vos pode pasar?.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu penso que o que tendes os indignados é envexa.... Xa me gustaría vervos presidindo, igual aínda tiñamos menos do que temos e nin siquiera xuntábades aos veciños unha vez ao ano, nin tiñades detalles cos comuneiros, nin lotería... É moi bonito falar sen traballar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Faime gracia o que che pode facer a ti,tou vendo que a ti deuche máis que lles deu os outros,aproveitate que sin f_ _ _r non quedas.

      Eliminar
    2. Pero tí non eres ben. ¿Que detalles? si os "regaliños" compros cos cartos de todos. E os indignados reunimonos bastantes mais veces das que reúne Daniel os comuneiros. Dille a este pobo que probe a cambiar de xunta rectora. Por mal que nos fora , peor ca con esta ,imposible.

      Eliminar
  8. alguen podeme decir o que pasou no xulgado, dase a entender que a sentenza non foi positiva, gustariame saber os pormenores e que non se oculte, para min dame igual co diga un xuiz ou maria santisima, que e comuneiro e quen non sabemolo todos, pero tamen se ten que recoñecer se ouvo o no ouvo erros no procedemento
    saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esa insistencia en preguntar o que pasou coa sentenza só pode ser porque xa sabes que pasou. Escribiremos un artigo relativo ao caso pero agora mesmo pareceunos máis importante para todos, comuneiros e indignados, falar da situación actual da nosa comunidade de montes e o seu futuro en mans da xestión privada.
      O recurso en Lugo foi desestimado. De momento non imos dicir nada máis que xa bastante sabe quen non debe do que estamos a facer grazas a uns poucos que non deben ter moi claro a que andan.

      Eliminar
    2. este anónimo que primeiriño volte ao colexio a aprender a escribir sen erros ortográficos que danan á vista

      Eliminar
  9. seredes ignorantes !!!! a semaniña enteira antes se sair a sentencia o voso presidente non saío de LUGO, teredes claro o que fixo .....bueno dallede caña como si hai que chegar a Madrid , ca verdad por diante sempre se puido abrir portas e ben sabedes e mellor perder batallas se o final se gana a guerra.

    ResponderEliminar
  10. por favor, perdoen os meus erros, tendo en conta que cando fun a escola non fun tan afortunado coma vostede de que me enseñaran a miña lingua, senon que me castigaban si a falaba, entendeme, e perdoe si lle dana a vista, recoñezo o meu erro, vale!,soio coma seguidor deste blog, queria saber o que pasou,si se pode, e senon non pasa nada, pero non se ofendan conmigo,non era a miña intencion molestar a ninguen,pero si falamos do monte, pareciame pertinente a pregunta
    saudos a todos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cada un escribe como pode ou como sabe, penso que ninguén en Trabada ten un galego perfecto, así que o de menos son as faltas de ortografía e o importante é participar no debate dun xeito correcto. Grazas.

      Eliminar
    2. non se preocupe pasandoentrabada, escribirei mil veces TIVO, TIVO, TIVO....asi se aprende ben o saben os vellos do lugar....
      saudos

      Eliminar
  11. vou a dar a miña opinion, teño que decir,non suficientemente contrastada coma debia ser, polo que de ante man, entendo a criticas.Partindo dos principios de indivisibilidade, imbargabilidade, e inalienabilidade en que se fundamentan os montes en man comun, non tiña porque ser un problema que unha sociedad privada levara a xestion, no caso que a comunidade non fixera unha correcta xestion do monte.
    ¿por que?os mesmos comuneros forman unha sociedad, sexa SAT, SOFOR, COOP.,SL SA, ou o que queiran.
    ¿por que?si non o fan xestionan ben a comunidad vecinal
    o problema, o meu entender non esta no modelo societario, o problema esta na direccion da sociedade, se pode xestionar mal , e ser un ladron en unha comunidade vecinal, e para mostra un boton,ou en unha sociedade privada.
    trabada, coma moitas comunidades veciñais, esta rexida por aproveitados, e mentras a xente non tome conciencia das suas obrigas coma ciudadan, que e velar por os seus intereses e se son comunales mais ainda , non temos nada que facer... e o meu criterio, aqui aparecera un Villapol de turno, en Ove, en valboa, en Abadin, e en moitos mais ....de pena..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O problema meu amigo é que ata o de agora estívose xestionando mal a comunidade para que teña máis de 40.000 € de perdas, o que fará, se non poñemos remedio que a Xunta lle asigne a xestión a unha empresa privada á que todos os comuneiros lle van ten que pagar pola xestión. Vamos a ver se nos decatamos todos do que está a pasar... xestiónase mal de xeito interesado porque o que interesa a quen manda é xestionala despois previo pago, así gaña sempre, e burriños somos se nos seguimos deixando enganar...

      Eliminar
    2. non son comuneiro, logo tampouco sei o que ten esta comunidade ni o que debe, eso deberian sabelo os comuneiros, eso seria o normal en unha comunidade normal, non se sabe si se teñen 100. 000 euros ou se deben 40.000......de pelicula.... pero volvo o fondo da cuestion si os veciños non queren,nunca se podera levar a diante, sempre teremos aproveitados, xente que se vende por miserias, xente que non da a cara,e imposible axudar a quen non quere que lle axuden,os enanos non medran, este e o futuro de trabada e moitos pobos de galicia,que queres que mais che diga meu amigo...

      Eliminar