Premios 20Blogs

jueves, 20 de febrero de 2014

Preguntas con e sen respostas

¿Por que o señor presidente da mancomunidade de montes en man común se afana tanto en querer reclutar veciños da parroquia de Trabada para seren comuneiros?
 Co diñeiro da conta dos comuneiros intentou o presidente salvar a SAT (da que casualmente, tamén é presidente) que está en quebra, e o único que fixo foi poñer a nosa comunidade na mesma situación, daí que agora ande polas portas invitándoos a ser comuneiros. Alguén terá que axudar a pagar os pratos rotos.

¿Que di o artigo 17 do estatuto? "Los gastos originados por la explotación del monte, se deducirán de los beneficios si los hubiere y en otro caso se prorratearán entre los comuneros". É dicir, que en lugar de participar nos beneficios que nos proporciona o monte por lei , teremos que pagar os desatinos que fixo o presidente, tanto na SAT como na comunidade, durante os 13 anos do seu mandato. Apuntar que este desatino non sabemos se é tal, ou é un desatino feito adrede...

E imos poñer un exemplo de "desatino": a subvención que concedeu a Delegación de Montes, sección prevención de incendios, na primavera do 2009, por un importe de 26.000 euros para desbrozar 19 hectáreas; e a compra que fixo o presidente dunha motoserra, unha desbrozadora, dous fouciños, unha pedra de afiar, uns mangos e dous traxes de auga. A finais de dito ano, rematado o desbroce manda a factura á Delegación de Montes xustificando os 26.000 euros, pero esta non respondía ao baremo da Delegación, que en lugar de mandala ao xulgado de garda por rondar case 6.000 euros de máis, abónalle 20.556 euros e aí remata todo. A pregunta é ¿fixo algo o presidente? Non recurriu, pero inflou a conta do 2010 no tema de explotación do monte.

¿Que débeda ten pendente a nosa comunidade coa Consellería de Medio Rural que ascende a varios miles de euros? ¿Por que non se falou nunca nas asembleas deste tema? ¿Por que o presidente se esconde e non asiste ás asembleas da Organización Galega de Comunidades de Montes?

Cremos que a nosa comunidade coas cortas feitas en 9 anos por un importe de 565.146 €, que traducidos a pesetas son uns 93.814.236, non tería por que ter débeda algunha e deberíamos estar exentos de que ninguén, e moito menos unha empresa á que lle teríamos que pagar, nos administre o que é noso.

SR PRESIDENTE, o seu silencio, estao a traicionar!

17 comentarios:

  1. este acaba con todo, hai os cartiños, ben sabemos todos por onde andan, e a xentiña sabe o que se debe? creo que non,

    ResponderEliminar
  2. Este pájaro acabó con todo el pueblo, los negocios cierran, se van, o se traspasan.....adios adios TRABADA...ya os falta poco para quedar solos.

    ResponderEliminar
  3. tiene razon "se fué",adios,adios,adios....Trabada querida,ya se quedaron solos,ya consiguieron sus objetivos,ya nadie coherente lleva la contraria,ya nadie con criterio opina,ya no queda una sola luz que no sea la de sus intransigencias, miserias y egoismos, otra vez adios Trabada adios...

    ResponderEliminar
  4. Chao chao Trabada, tu o quixeches asi.

    ResponderEliminar
  5. QUE PENA.Dan ganas de chorar nosos fillos marchan da famosa Trabada quedan catro vellos AXUDA AXUDA

    ResponderEliminar
  6. Pero vamos deixarnos de folga de brazos caídos e de dalo todo por perdido, algo se poderá facer, ¿ou non? Xa sei que hai pouco con quen contar, pero segue habendo moita xente que quer loitar e cunha pouca de axuda... Non esperemos a que morra o can, que despois vai ser tarde. Ánimo, que xuntos podemos!!!! Arriba Trabada!!!!!

    ResponderEliminar
  7. Ao mellor é mellor deixar que acaben co pouco que queda, cando xa estea todo perdido e non haxa nada que comer ,os bichos marcharan, a partir de ahi e cando pode rexurxir Trabada, cando non haxa nada, cando teña libre de mamoneos , e veña alguén con aires novos que levante este pueblo.

    ResponderEliminar
  8. Esa xentiña q quiso axudar anos atras e q lles foi imposible vencer a estes altos cargos volvei volvei vide votar unha man.temos q facer forza.GRACIAS.GRACIAS

    ResponderEliminar
  9. 55132 visitas a este blog, en este momento,y solo escriben de 5 a 10 personas a lo sumo, la mayor parte anonimamente,¿por que no escriben los demas visitantes, aunque sea anonimamente?,se esta solo , para ver este pueblo en las ultimas y ni tan siquiera se opina,se tiene tanto miedo incluso a que controlen la IP y nos reconozcan, no lo entiendo, tanta gente y mirando y sin decir nada, ¿como se va a conseguir algo?, a sabiendas y me consta que a muchos, como a mi,de todos los colores , le duele mucho la muerte del pueblo en donde nacimos,nosotros, nuestros padres , nuestros abuelos...por favor opinen,opinen con rigor,sin contemplaciones desde donde esten, aqui, o fuera este pueblo lo necesita...es lo minimo que se puede pedir
    gracias a tod@s

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. e digo eu... por que sabe vostede que só escriben de 5 a 10 persoas? por que critica que o fagan anónimamente se vostede mesmo o está a facer? por que non opina vostede con rigor, sen contemplacións...? aplíquese o que está a reclamar.... Para que se saiba quen escribe fai falta moito latín e grego... non é tan sinxelo averigualo

      Eliminar
  10. perdone, pero no estaba criticado a lo sumo autocriticando, por el anonimato,y la verdad no se el numero de personas que opinan , era pura intencion, solo queria motivar que escribieran alguno mas, con rigor o sin él, yo trato de escribir con rigor y sin contemplaciones, algunas veces con mas acierto y otras con menos...aunque me gustaria , a poder ser, que se opinara mas del hecho(TRABADA MUERE, TRABADA DESAPARECE...)que de la forma de decirlo
    gracias

    ResponderEliminar
  11. Trabada morre e todos somos culpables. Os que comulgan co alcalde e con Daniel, por facelo, e os que se fan os indiferentes, por non facer nada, os falsarios por apoialos por un lado e parecer que non polo outro, e os indignados porque parece ser que demos en tolos. Pro tamen é verdade que o tempo pon as cousas no seu sitio e en Trabada está a tardar e eu négome a que sexa imposible. Controlar as IP? Co que nos costa en Trabada ir ao xulgado, quen o vai facer?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. home non ooooooo, non morras.

      Eliminar
  12. A Trabada hoxe non hai nada a que ir soamente ver a familia, como se levanta un pueblo? Luchando contra o caciquismos e os seus ... Fagamos contas? A como toca? 1 indignado contra 10? ( creo que me quedei corta )Uff.... Merece a pena?. E que facemos si a resposta é afirmativa? Intimidamos? Falamos? Criticamos? Escribimos no blog ? ....

    ResponderEliminar
  13. Merece a pena, claro que si. Falamos, convencemos, escribimos no blog (que tamén axuda). E non perder a ilusión de poder demostrar no que cremos, no que contamos, no que queremos conseguir.. Este pobo acabará dándose conta e perderá o medo os indeseables que o gobernan.

    ResponderEliminar
  14. Estades a dar unha vision en exceso tremendista de trabada. Non digo que sexa un pobo en auxe pero tampouco esta perdido no deserto. Este tipo de declaracions vitimistas fan moito mal e so propagan o desalento. A mision dos indignados debe ser toda a contraria. Non gosto nada da direcion que esta a tomar o blog.

    ResponderEliminar
  15. amigo, penso que o primeiro e recoñecer a realidade, e realidade e a que e, todo o que se dixo non e tremendismo e a pura realidade, eso non quer decer que a xente coma ti ,ou coma min se desanime, nin moito menos, e coma pedian escribir, aportar, criticar, contar cousas en positivo, aportar ideas, facer algo... e non decer coma o alcalde decer que Trabada ten futuro, que se fan montes e moreas, sen facer nada nada mais ca meterse con quen ten ideas ,sempre adoraron os lame.., os arrastrados, os aduadores...senon esto pecha e non e catrastofismo

    ResponderEliminar