Premios 20Blogs

jueves, 6 de marzo de 2014

¿Por que a comunidade de montes de Trabada non pertence a ORGACCMM?

A Organización de Montes de Man Común naceu xa fai máis de 10 anos co obxectivo de poder axudar a tódalas asociación de montes de man común a conseguir diferentes beneficios dun xeito organizado fronte á Xunta de Galicia. A maioría das asociacións galegas pertencen a mesma, tendo unha cota anual de 150 €, que tampouco é tanto.

¿Cales son os seus principios?

Os montes veciñais en man común son terreos de titularidade colectiva. A súa propiedade atribúese á comunidade veciñal, independentemente dos membros que a formen en cada intre. A veciñanza é a única condición para ser copartícipe dos dereitos sobre estas terras, que non poden ser transmitidas individualmente.
Os montes veciñais en man común conforman unha propiedade de carácter xermánico, con ausencia de cotas e, xa que logo, inalienabel, indivisibel, imprescriptibel e inembargabel.
Os montes veciñais en man común son espacios xeográficos que deben cumprir, para un uso sostibel, as tres funcións tradicionais (social, eclóxica e productiva) de xeito compatibel e integrador.
Os montes veciñais en man común, unhas 2.900 comunidades de montesexténdese por 248 dos 316 Concellos de Galiza ocupando un 25% do territorio galego aproximadamente.
---oooOOOooo---
As Comunidades de Montes están constituidas polos veciños e veciñas comuneiros, os cais, reunidos en Asemblea Xeral, deciden democraticamente a xestión e administración dos seus montes. Soamente ós veciños comuneiros corresponde a decisión sobre os usos e aproveitamentos destas propiedades, sen interferencias alleas de ningún tipo.
---oooOOOooo---
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) é unha Asociación composta exclusivamente de comunidades de montes o ó servicio delas. Pretende ser a voz dos comuneiros e comuneiras galegos en todos os temas que atinxan ós montes veciñais en man común.
A ORGACCMM é, xa que logo, a unión das comunidades de montes para xuntar esforzos e experiencia na defensa do monte veciñal en todos os eidos e para traballar no desenvolvemento de todas as potencialidades dos montes.
A ORGACCMM é actualmente a única entidade de comunidades de montes de ámbito galego con recoñecemento legal ó abeiro da Lei de Montes Veciñais en Man Común.
---oooOOOooo---
Para integrarse na Organización, as comunidades de montes deben aprobalo na súa Asemblea Xeral. Tamén poden tomar o acordo na Xunta Rectora, co compromiso de levalo á seguinte Asemblea Xeral para a súa ratificación. 
---oooOOOooo---
Os Obxetivos da ORGACCMM son:
  •  A defensa do monte veciñal como propiedade xérmanica e como realidade singular de Galiza.
  • A esixencia a todos os organismos públicos e privados, e especialmente a Administración Galega, do comprimento da lexislación vixente sobre o monte veciñal.
  • A toma de decisións en común diante dos problemas de todo tipo que afecten á propiedade veciñal.
  • O posicionamento común fronte as iniciativas políticas, lexislativas, sociais ou económicas que incidan hoxe ou o fagan no futuro sobre as terras veciñais.
  • Servir de voz unida das comunidades de montes ante os organismos públicos e priovados en todos os asuntos que sexan de apricación ó monte veciñal.
  • Traballar para acadar a completa devolución dos montes veciñais en man común ós veciños, os seus lexitimos donos.
  • Favorecer a criación da Mancomunidades de Montes.
---oooOOOooo---
Os servicios que presta a ORGACCMM son:
  • Facilitar asesoramento legal, xurídico, administrativo e técnico ás comunidades de montes.
  • Favorecer o intertroco de experiencias que axuden á formación técnica das xuntas rectoras das comunidades de montes e á concienciación social dos veciños comuneiros.
  • Organizar xornadas monográficas sobre cuestións que atinxan ó monte veciñal: fiscalidade, xestión administrativa, usos e aproveitamentos do monte
  • Edición dunha revista informativa periódica: "O Común dos Veciños".
  • Manter unha páxina web, www.orgaccmm.org , que axuda á información, instrucción e comunicación entre e para as comunidades de montes.
  • Organización dos Congresos Galegos de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

    Pero en Trabada vivimos fóra desta asociación, que se está a mover para evitar a asignación á empresa privada da xestión dos montes de man común. Xa sabemos por que, está claro que a alguén lle interesa que esteamos fóra. Temos que dicir que grazas a ela, estamos a ter moita información, e fano de xeito desinteresado polo que vemos que polo mundo non só existe xente con afán de aproveitarse dos demáis, pero, trabadenses, ¿a cando imos esperar para entrar no século XXI e saír un pouco de Trabada para ver máis mundo? Se o pensamos moito, se cadra vai ser tarde...

54 comentarios:

  1. Tienes bien poco que hacer, parece que no trabajas nada o bien que te pagan por no hacer nada, serás PESADA.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jeje la verdad jode

      Eliminar
    2. Jeje la verdad jode

      Eliminar
    3. Pesada o pesado, si no quieres, no leas, esto no es obligatorio para nadie. Sencillamente tenemos una lucha en marcha, legítima como las luchas de otros, así que actuamos en consecuencia. Y creo que con casi 60.000 visitas en el blog, este tema interesa.

      Eliminar
    4. sempre fala @ máis indicad@... se entras no blog igual é que ti tampouco tés que facer ou che pagan por non facer nada

      Eliminar
    5. Carai como escoce, cando non hai argumentos solo queda a pataleta.
      Por outro lado, non me imaxino a razon de non asociarse con esta organizacion (digo con ironia evidentemente). En Trabada manipular e facil pero mais si naide de fora se entera.

      Eliminar
    6. Tas doida? Daniel non te pode atender? . Pois vas ter que pasar os últimos "celos" jodida e sin joder.

      Eliminar
    7. Ti eres a que non fas nada. Bueno, fas, fas........ polo menos das a lengua contando mentiras. Tu dalle ´dalle , que de algo hai que vivir.

      Eliminar
    8. Pensa o ladron, que todos son da sua condicion

      Eliminar
  2. Moi boa a información. Pero...Que pena de comentarios tan vulgares!!! O único que fan é desprestixiar o blog. Ánimo e grazas por ternos informados ainda que pola miña parte non saiba como axudarvos.

    ResponderEliminar
  3. O blog estase a desprestixiar moitisimo. Uns din vulgaridades e o que resposta vulgaridade o cadrado. E unha pena que se caia tan baixo e que nin se traten os temas que se deberian de tratar. Non me gostan nada estes ultimos comentarios ofensivos que nada aportan a materia tematica. Asi vai haber que pechar.

    ResponderEliminar
  4. Non sei que manía con que se desprestixia ou se deixa de desprestixiar... Creo que blog naceu cunha fin: INFORMAR das IRREGULARIDADES que se están a cometer neste concello. Creo que a liberdade de expresión é unha das vías que existen nunha democracia, así que todo mundo terá dereito a opinar... Os xestores do blog xa pediron que non se insultase nin faltase ao respecto de ninguén, que algúns/algunhas indignad@s xa nos postulamos en contra das faltas de respecto... Polo demáis, dar unha opinión a favor, en contra, para min non é desprestixiar... é dicir o que unha persoa pensa, como individuo dunha sociedade libre.
    Non estar dacordo coa opinión dalguén creo que non debe supoñer a crítica ao blog, criticade á persoa en concreto, pero non vos vaiades cun ataque a un blog que está a expoñer as verdades dun pobo, cunha seriedade incrible en cada un dos seus artigos, sempre documentados e sen medias tintas...
    E si, bótanse en falta comentarios serios como os de Trakatrá, pero deben ter cabida sempre as diferentes opinións sempre e cando se manteñan as composturas.
    Un saúdo e boa finde

    ResponderEliminar
  5. A obriga dos xestores do blog e retirar de inmediato os comentarios ofensivos, a non ser que sexan eles mesmos os que os poñen. Ademais teñen pouca gracia.

    ResponderEliminar
  6. Os xestores do blog do que nos ocupamos e preocupamos é de publicar información contrastada e verdadeira, e cando publicamos algo facémolo en nome do blog, xamais como anónimos ou con seudónimos. Eliminar comentarios ás veces parece que tamén molesta a algúns que nolo reprochan, e como non somos adiviños a tarefa está difícil, non sabe un como acertar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero...quen son os xestores do blog??? Teño entendido que se non poñedes nomes e apelidos, o blog e ANÓNIMO ou?? A que tendes medo? Porque non dades a cara??? Sabedes que con tan solo un insulto hacia unha persoa, o blog pasa a mans dun maxistrado non? sabendose así que está detrás de todos e cada un dos anónimos....ahí o deixo....

      Eliminar
    2. De verdá cres que hai insultos ou non tes claro o significado desa palabra? Efectivamente houbo comentarios subidos de tono e algunhos en demasía,pero os xestores do blog xa se encargaron de borralos tan pronto os leron. E os magistrados teñen dabondo que facer, sen ocuparse disto.; si fora así , cada vez que se lle levanta unha calumnia a unha persoa, (e saberás que sucede con frecuencia,) e a calumnia é moito peor có insulto, acudiriamos os maxistrados; e por suposto perderíamos o tempo. Si eu a usté lle chamo burra , imbécil ..todo o que se me ocurra , parécelle que "su señoría" me vai mandar o cárcere ¿ou qué). A Feijoó chamaronlle narcotraficante ¿pasou algo?. Xa dixen noutra ocasión , que cada un debe ser responsable dos seus comentarios. Os xestores do blog non tan "pa educar"a ninguén.Asique non ameace vostede os comentaristas e moito menos os xestores,porque non hai ,de momento, ningún comentario tan grave como pa chegar os tribunais.

      Eliminar
  7. Estamos todos muy delicados,si nos deixaramos todos de tanto rifi rafe,mellor nos iría.Conocémonos todos e sabemos de que pé coxeamos,pero teriamonos que preocupar todos de mirar polo noso monte e non que xa no lo den mirado,que esto non pinta ben pa naide,(sólo pa él).

    ResponderEliminar
  8. ´´No temo al enemigo q me ataca sino al falso q me abraza``

    ResponderEliminar
  9. Temome que o tema vai a menos, non sei se polo farragoso da nova lei de montes, se porque a xente xa esta cansa, ou polas saidas de tono dalguns administradores do blog que defenden o insulto e a vulgaridade en aras da liberdade de expresion . Isto dicia o outro dia Lucia, coido que unha das administradoras, argumentando que o blog naceu para denunciar as irregularidades do concello e que os insultos eran algo secundario e que eles facian todo o que podian para que non se insultase a ninguen. Falso, siguese a insultar de xeito mou vulgar e non pasa nada. Logo nob vos queixedes que o blog vai a menos. Hai a xente que non lle gustan as formas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme que vas ter que voltar á escola e ler ben o que eu escribín... eu non defendo os insultos, non os defendín nunca nin o fago, non vou dicir que nunca o farei, porque son moi prudente e non digo desta auga non beberei...
      E nos comentarios deste artigo non vexo onde están os insultos... pero xa me aburro deste tema, uns ven vaso medio vacío e outros medio cheo....
      Que sorte teño que agora ascendín a administradora dun blog!!!

      Eliminar
    2. tí o que queres e que se acabe, porque a verdade doe, ou será que tes moito traballo levandolle os contiños o señor presidente?
      ou será que non das feito xuntas pra tratar temas do blog?
      ou será que non sabedes por onde esconder o desfalco que hai e queredes que os demais calen a boca?
      anda xa ....señores do blog seguide asi que non hai ningún tipo de insulto o que hai e xente que vos quere facer calar .
      un saudo

      Eliminar
    3. Imos a ver se nos explicamos con este tema por última vez, porque non imos seguir dando que falar dun tema completamente alleo ao do blog. Tampouco nos parece ben que se especule con quen é administrador do blog ou quen non o é, os administradores falamos como administradores, e o resto falan co seu nome, con seudónimo ou de forma anónima.

      Non estamos dacordo cos insultos, pero darlle voltas ao tema de forma recurrente só desvía o tema do importante. ¿Que é o importante? As continuas neglixencias en contra de todo un pobo por parte do presidente e a xunta reitora elexida a dedo para a xestión da comunidade de montes de Trabada.

      Se vos decatades, cando alguén insulta, inmediatamente hai alguén que contesta, como se estuveran xuntos, ou mesmo, como se se tratara da mesma persoa, porque non digades que non parece que se coñecen entre si. E si, con esto, estamos a especular.

      Por iso, e porque estamos cada día máis convencidos que se trata de unha estratexia feita adrede para desviar a atención, non imos volver a entrar ao trapo neste tema. Se o insulto é moi gordo, borrarémolo, neste caso, como parece unha conversa entre coñecidos, non imos facelo, non se trata de darlles ás para que o sigan facendo.

      Que non é a estratexia correcta a seguir, pois pode ser, admítense suxerencias, iso si, feitas cunha pouca de cabeza e non de forma gratuita para seguir dándolle voltas a un tema coma este que non nos leva a ningures.

      Grazas. Calquera cousa, coma sempre, podedes escribir a: estapasandoentrabada@gmail.com

      Eliminar
  10. non, si falar falas moi ben.....estudias ou traballas? tes que ser un bo partido

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja. Touché. A ver, que isto non é unha páxina de contactos e imos dunha a outra... Este partido xa está gañad@. Síntoo.

      Eliminar
    2. xa pero o partido podese ganar xogando ben ou xogando mal.
      verdá administradora?

      Eliminar
    3. Deixémolo en xogo limpio, que nos gusta máis, ou polo menos é o que intentamos.

      Eliminar
  11. Que mentes tedes os administradores. Unha estratexia feita adrede. Se non se escribe o que vos gosta a vos saides enseguida a palestra para que a xente non se saia de nai e non se escriban cousas que molestan. Os que criticamos todas estas caralladas temos que volver a escola segundo a non administradora do blog. Non sera que so se debe escribir o que vos queirades que se escriba. Nos somos os molestos en contraposicion os indignados. Somos mafiosos, titeres do poder establecidoe non sei cantas cousas mais. Eu coido que so somos molestos, que non aceptamos a dictadura dunha minoria de indignados que se autoproclaman salvadores da patria e que tentan tratar como ignorantes os que non pensan coma eles. Somos molestos , xa o sei, cansinos, en ocasions aburridos, mais decimos o que queremos decir e non somos rebaño. Pensamis doutro xeito e ninguen nos podera coartar a libertade. Nin os administradores do blog nin Maria Santisima.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perdoa... a quen mandei á escola foi a ti... Eu dixen que aquí teñen cabida todo tipo de opinións sempre e cando se fagan con respecto e educación...
      Falas dunha dictadura da minoría d@s indignad@s... dáme a risa contigo oh! xa me dirás a quen sometemos ao noso poder... porque eu sonche indignada e a moita honra, e desque por desgraza me tiven que ver metida nesta historia, sempre vin que todos os temas se tratan con democracia, que cada un fai o que quere e que non se obriga a ninguén... e se respectan as maiorías...
      Ti non es molesto para nada, resultas curioso... ata gracioso... porque véseche que non tés nin idea, nin es quen de dar a cara co teu nome, nin aportas nada constructivo... Non vin un argumento en todo o que escribiches ata o dagora no que me defendas a túa postura pro-Daniel...
      Fala, di: este señor fixo isto, o outro, creo nel por tal e por cual... Aclárame as contas, as decisións tomadas, por que se nos oculta información... xustifica todo isto e déixate de dar á lingua por dar... e aí falaremos.
      Un saúdo e que teñas moi bo día

      Eliminar
    2. Sr. Anónimo, non nos queda claro que defende vostede. Nós contestamos ao tema dos insultos, iso é o que non queremos que se publique. Pero tal é como escribe vostede, parece que quere fomentalos... Aquí ninguén se queixou de opinións contrarias ás nosas, é máis, ogallá as houbera, e non falando por falar, senón documentando as cousas. Pero lemos todo o que se publica e poucas veces se defendeu o poder establecido, e menos aínda con datos obxetivos.

      Non sabemos por que falas tamén da dictadura dos indignados, as dictaduras implican poder e polo de agora, non o temos. O blog fíxose para compartir información e denunciar unha situación, nin unha soa vez se borrou ningún comentario a favor da outra parte, ¿a que lle chamas dictadura? Porque tampouco parece que o teñas moi claro.

      ¿Molestos? Non sodes molestos, ninguén molesta, toda a xente está para aportar algo, a favor ou en contra, pero non está para desprestixiar, insultar ou defenestrar sin argumentos. Pero iso, nin debe ser aquí, neste blog, nin en ningures. ¿Ignorantes? Posiblemente tampouco, pero nós pensamos que hai que abrir os ollos e non crer só o que che contan desde unha parte, cada un ten dereito a ver, mirar e comparar para tomar as súas decisións. E ten dereito a facelo con libertade, sen medo, ¿consideras que a túa opinión non está manipulada? Pois adiante, loita polo teu e xustifica con feitos concretos, non só con palabras.

      E por suposto, grazas por participar neste blog. Cos nosos comentarios nunca pensamos en cortar a túa libertade.

      Eliminar
  12. A verdade e que e unha honra que me resposte directamente Lucia e incluso pasandoentrabada. E non e unha ironia e unha verdadeira honra. Primeiro, claro que me chamas ignorante a min, pero tamen a outros/as que escribiron e teñen outra opinion distinta da oficial. Lucia tamen dis que no blog caben todo tipo de opinions, pero sempre que sexan realizadas con respecto e educacion. Isto tamen e mentira, xa que o propio blog non e en absoluto respetuoso. Lembrovos os enxendros da lotaria, rim rim, pero mira como se erguen e outros enxendros semellantes. Si iso e respeto e educacion, eu son Rouco Varela. Tamen fala Lucia de pro-danielismo cando eu non nomeei o presidente nin unha soa vez, nin defendin nin dixen nada da sua xestion. Para rematar, acusadesme de non aportar argumentos construtivos, cando o 90 pir cento dos comentarios do blog son autenticas caralladas, cando non insultos. Perdoade por non dar a cara pero coido que en Trabada ainda non se pide dar, e por outra banda, cando a dean os outros comentaristas, tamen a darei eu. Moitas grazas para os que teñan a paciencia de lerme e moi boas tardes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver, está visto que les as miñas verbas como che dá a gana...
      1. As panxoliñas teñen a gran retranca galega. Igual non gastas de sentido de humor.
      2. Cada artigo que vin ata o de agora publicado está documentado, ningunha mentira, as contas á vista están, as leis son as leis, ao igual que os estatutos, o xuízo se ves o dvd..... e así podería seguir. E eu falei dos artigos, non dos comentarios, que se estamos nun país libre, digo eu que toda opinión ten cabida...
      3. Invítote a que me deas a cara a min, que te poñas en contacto co blog e seguimos coa dialéctica nolos dous. Aínda que tamén o podes facer esta finde, que todo o mundo me coñece (supoño que ti tamén) e disme á cara as cousiñas que me teñas que dicir... porque igual isto vén porque tes algún problema comigo e eu sen enterarme.... Porque se fas tanta referencia á miña persoa, será por algo

      Eliminar
  13. Sr. Anónimo, humor, chámase sentido do humor. As panxoliñas tiñan esa intención, chamémoslle retranca ou o que ti queiras. Pensamos que é algo que se estila bastante na nosa terra. Entendemos que ao mellor non lle fagan gracia a todos, pero tamén pensamos que moita xente o tomou como eso, como unha broma.

    Da lotería... síntoo moito, pero non nos parece de recibo que se mande lotería a xente que tería que estar fóra da lista dos comuneiros xa fai tempo, por estar ausentes de Trabada, ou por non estar xa entre nós. Que se lle mande a viúvos/as, se resulta que non está actualizada a lista de comuneiros. Ou que non se lle mande aos admitidos por sentenza xudicial. ¿E se chega a tocar o gordo? Cando toca ser serios, sexamos serios, e cando toca retranca, soltemos polo menos un sorriso.

    Por outro lado, é certo, en Trabada non se pode dar a cara. Se os administradores do blog o fixéramos, estaríamos perdidos e non poderíamos nin ir aos bares. Por iso non o facemos. Xa non é fácil xestionar o blog pero isto, polo menos, danos certa libertade. Pero, ¿non pensas que se non se pode dar a cara é porque hai medo? Nós pensamos que é unha pena, e ogallá con isto cambiemos algo para que non pase nada por dar a cara.

    Si que nos gustaría saber que buscas atacando ao blog, ¿queres que Trabada siga igual?, ¿queres que dentro de 2 anos non teñamos nin o monte que nos corresponde por lei?, ¿queres que o poder establecido siga comendo o que é noso de xeito indiscriminado e aínda así calemos?, ¿paréceche ben que aos veciños non se lles pague o alumeado público desde fai anos?, ¿que no colexio haxa alcohol ao alcance dos cativos?... Hai tantas preguntas sin resposta e tanto que arranxar, que nos preocupa que se ataque ao blog, sinxelamente por facelo público, ¿ou non?

    ResponderEliminar
  14. Sinto moito se pensades que eu teño algo contra o blog. O fondo pareceme moi interesante, as formas non tanto. Pero bueno coido que teño a liberdade de expresarme nel. Eu non me meto con ninguen, non insulto nin insultarei e incluso coñezo o son moi amigo /a dalgunhos xestores do blog. A miña intencion non e desprestixiar este medio, so expresar o que non me gusta .Pido tanto?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo, para min a partir de agora, indeciso... ¿Sabes se vas ou vés? Porque primeiro parece que os insultos están ben, despois están mal, despois os comentarios están mal, pero despois o que está mal son os artigos do blog, despois son as formas... Non sei como se pode vivir así, todo o tempo, ¿como ou non como?, ¿durmo ou non durmo? A min solo me queda claro que non se sabe se estás dacordo con Daniel, se estás dacordo co blog... O que si me queda claro é que tés algo en contra de Lucía, que ata o de agora é a única que da a cara neste bendito foro.

      Eliminar
  15. EU QUERO SABER QUEN COJONES ESTÁ DETRAS DO BLOG!!!!! NON COMO, NON DURMO, NON BEBO, NON DESCANSO E NON ME CONCENTRO CANDO FODO...PENSANDO QUEN ESTARÁ DETRAS DE ESTE LINCHAMENTO O NOSO GRAN LIDER!!! NON ATURO MAIS!!! MANIFESTAOS!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vou investigar a fondo quen ta detrás do blog. Vale que non comas, que non durmas etc. etc. pero que non te concentres......, eso non se pode consentir. Tan pronto me entere ,DIGOCHO.

      Eliminar
  16. Me parece Filomena que te enteras da misa a medias, ou mellor dito, non te enteras de nada. Eu sempre critiquei as formas, non o blog, nunca falei de Daniel, e non teño nada en absoluto contra Lucia. Le ben as cousas, reflexiona, estudia, emprega o razonamento e non digas cousas que eu non dixen. Unha aperta

    ResponderEliminar
  17. Perdoe Señor anónimo creo que eres ti quen non se entera da misa a medias ou ben non se quer enterar ou non quer manifestar de que lado se encontra aunque despois das parrafadas que mangou neste artigo teño as cousiñas cada vez mais claras.
    Usted, xa sabemos que critica as formas pero tamén o blog, si si directa ou indirectamente ou o que é o mesmo por diante ou por detrás.
    Dice no Blog que nunca falou de Daniel, seguramente que non, pero con él deste tema si, e del, con outros tamén , ou vasme decir que non?
    Mira ti, queres quedar ben con todos e con Lucía, pero a rapaciña esta que a verdade non a coñezo moito é a única que pon o seo nome por diante e que che dí as cousiñas como son, co cal ben se ve quen ta a unha altura e a outra, ou non "señor anónimo".
    saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Señor anónimo : unha cousa é o control de calidade e outra o control de cantidade. Vostede enténdeme?

      Eliminar
  18. Quero clarexar algunhas cousas xa que vexo que as miñas opinions son obxecto de replicas e contrareplicas. 1 Non teño absolutamente nada contra Lucia. Se me refiro a ti e porque eres a persoa que contestas as miñas opinions. 2 Non son Danielista nin antidanielista, para min e un veciño mais do pobo. 3 Como xa dixen en reiteradas ocasions non critico o blog, senon algunhos comentarios que saen no blog que insultan a certas persoas do noso pobo. 4 para rematar dicirlle o enxeñeiro que pode serque eu non teña altura, pero ainda asi seguirei defendendo as miñas ideas ainda que a el non lle gosten. Polo que afirmas sobor de wue eu falei con Daniel sobre o tema, dicirche que o presidente ten obrigas mais importantes que parlamentar comigo. Un saudo enxeñeiro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Contesto abertamente porque non teño medo a opinar coma ti... Estarei errada ou non.., estarás dacordo comigo ou non... Errar é humano, e eu cometo erros, e non pretendo que a xente me diga amén ao que digo...
      Ata onde cheguei sempre o loitei e non lle debo nada a ninguén... Pero o que si boto en falta é xente que diga o que pensa de frente... De feito non teño claro a túa opinión.... críticas aos comentarios do blog, responsabilizando aos xestores destes... cando eles se os manteñen é pola liberdade de expresión... non aportaches NADA CONSTRUCTIVO, nin a favor nin en contra dos asuntos a tratar... así que cando lle botes peito e me digas creo nisto por esta e por esta razón, voltarei a contestarche... do contrario, paso xa de desgastar os meus dedos por xente que pretende dicir e non di nada... Iso si, segue en pé a oferta do face to face

      Eliminar
    2. Pois home, un veciño é porque vive ó pé das nosas casas, pro ¿un veciño máis? Un veciño é alguen que che axuda se ve que che fai falta, que é discreto cando ten que selo,... agora, un veciño que abusa da confianza e que cando te queres dar conta, non tés nada, para min, moi veciño non é. E desde logo, mellor se non me cruzo con el, e menos lle vou falar ou bailar ó seu son aínda que se achegue.

      Eliminar
    3. Señor anónimo ten vostede nun punto toda a razón, claro que o señor Daniel ten mais que facer que poñerse a falar con vostede, pero hai que decir que os contiños sabenlle tanto como deixar de lado toda a comunidade de montes, enfrentar os veciños, malgastar os cartos da comunidad, contar milongas nas reunions, non deixar entrar a xente comuneira dentro, influir nas votacións, chamar a Garda civil , facer comilonas en cada reunión sin o consentimiento dos comuneiros ..etc etc
      tes toda a razón ter ten moito que facer o problema e que non fai nada , e cando se descuiden os indignados e os comuneiros vai ter moito menos que facer...todo a ser del.

      Eliminar
  19. A verdade no ten mais que un camiño, pero si nos fixamos ben en este tema, despois de mais de cuarenta (40) comentarios e casi trescentas(300) lineas de escritura empleadas non se foi capaz de encarar ningunha das irregularidades que temos no pobo; que por certo, son unhas cuantas. Enzarzámonos en rifirafes de nenos e mentras tanto o sr. Daniel e a súa cuadrilla estarán partíndose de risa. Seamos serios e constantes nesta loita, que seguro que o final mais xente confiará en nós. Solo é un razonamento a modo personal nadamais. Gracias a Lucia por votarme de menos, aqui seguiremos mentras o corpo aguante, non o dudes. Un saúdo a todos e moito ánimo pa seguir adiante.....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que se che bota en falta, porque hai pouca xente que faga referencia aos temas e non se vaia polas ramas, como dis ti (e perdón por tutear) parece que estamos no patio do CEIP Celso Currás, que nós pasamos pola vida pero a vida non pasa por nós.
      Pero vamos, irregularidades na xestión da xunta reitora desta comunidade de montes vense ás leguas.... As contas, os postos a dedillo, as conveniencias... iso é algo que salta á vista dos que queren ver, porque non hai mellor cego que o que non quere ver...

      Eliminar
  20. Xa voltou trakatra' tan botado de menos no blog. Tamen di que a maioria dos comentarios son meras perdas de tempo. Polo menos non son eu so o que non ten as cousas claras. Benvido outra vez amigo, a verdade e que te botei en falla, xa que a dialectica do blog e mais ben mala e a xente daselle por insultar e non debater e os que nos saimos da liña oficial somos tratados coma apestados. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿E por que pensas que Trakatrá se sae da liña oficial? Eu penso que está bastante máis dacordo ca ti co tema do blog. É unha lástima que non escriba máis, a verdade.

      Eliminar
  21. Perdoa Filomena polo da misa do outro dia, a verdade e que estaba algo enfadado pero sintoo moito. Eu coido que o blog e un instrumento de debate moi util, e precisamente por iso debe haber confrontacion de ideas. Falo aqui de trakatraka porque volta a escribir no blog e porque esta de acordo comigo en que un tanto por cento alto dos comentarios clarexan mais ben pouco a cuestion, incluidos os meus. Volto a pedirche pola miña metedura de pata e a verdade fixome sentir mal. O da misa a medias non se repetira. Un saudo Filomena.

    ResponderEliminar
  22. Dende logo que este pobo de Trabada non debeu de ter un pasado muy democrático que digamos, porque non se entende como os veciños non son mais "veciños" e siguen na senda da desconfianza e do medo a expresarse libremente ....... Neste pobo algún mandamais debeu de ter o pobo muy "sumiso" e "retraído" a suas ideas dictatoriales impostas a base de, non se sabe muy ben que. Si se opina sobre o Monte, a xente tenlle medo a Daniel Villapol e a súa cuadrilla; si se opina sobre o Velatorio, a xente ten pánico o alcalde; e falando do Velatorio, vaia dende aquí a miña solidaridade cos veciños que a modo de "pancartas" expresaron e expresan a súa disconformidade con dita instalación; o resto de propietarios do edificio non creo que lles quedase a conciencia muy tranquila por non apoialos. O sr alcalde metéuselle entre cexa e cexa impoñer a modo de favor a un lambecús a instalación do velorio; pero polo de agora parece que non ten moita aceptación que se diga.
    Dito de paso, xa me tardaba tamén a min volver a ver algún comentario do amigo "trakatrá"; e por que non decilo tamén, gustariame coñecelo en persoa xa que seguro que sabe moitas cousas mais sobre todo isto. Un saúdo pa todos.

    ResponderEliminar
  23. Visto o éxito do sr./sra. Trakatrá como comentarista, convidámoste a colaborar dun xeito máis oficial connosco. Estamos dacordo con que sabes moito e tes moito que aportar e precisamos de xente ti, que se nota que é dos que le cada un dos artigos e non se queda só cos comentarios, aporte sabiduría e sabe ben do que fala. Un saúdo

    ResponderEliminar
  24. Quero respostarlle a este ultimo anonimo que se colou por ai tratando o pobo de Trabada de sumiso, de pasado pouco democratico e dr non expresarse libremente. Pero e curioso que o personaxe en cuestion polo que di e como o di parece non ser de Trabada. Se es tan valente porque non pos o teu nome. Eu non o poño porque segundo ti son sumiso, pero unha persoa coma ti insumisa, dando leccions de democracia a xente de Trabada, deberia dala cara e amosarse con gallardia e incluso con altaneria, e mostrarse tal e como eres sen a careta do anonimato. Os pobres sumisos non podemos, faltanos cultura democratica e somos pouco botados para diante. Pero ti apoloxista da democracia, da liberdade, da insumision, manifestate xa e danos leccions de etica, moral e dunha morea de cousas mais. E se non fas o que recomendas deixate xa de caralladas, que os veciños de Trabada, grazas a Deus, sabemos defendernos por nos mesmos. Son o primeiro anonimo, o que cae mal.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nunca fago un comentario coa intención de ofender a ninguen. Si son do pobo ou non eso é indiferente; tamen pode ser que non sea do pobo e polos lazos que me unen a él tampouco eu me poida expresar tan libremente como quixera , daste de conta ?? Amigo anónimo, non quero que vostede nin ningún veciño deste pobo pense que o estou a tratar de tonto nin nada que se lle pareza. Aclarado queda pola miña parte este pequeno incidente, espero que pola súa e a de calquera veciño tamén. Nadamais, sigamos a diante coa loita, que sin ningunha dúbida será larga e sinuosa. Bo dia a todos.

      Eliminar
  25. Podeis atacarme a min todo o que queirades, pero meterse co meu querido pobo, Trabada, e coas suas xentes, eso si que non llo paso a ninguen e atacarei dialeticaticamente a todo aquel que se meta con este pobo e as suas xentes.

    ResponderEliminar
  26. Grazas anonimo polas desculpas. Unha aperta. Para min queda aclarado todo.

    ResponderEliminar