Premios 20Blogs

jueves, 10 de abril de 2014

¿O monte galego está tan mal ou é que a algúns lles interesa que non seipamos quen está a facer negocio?

A semana pasada lemos no xornal, en verbas do presidente da comunidade de montes que o grave problema do sector forestal galego está na alta presenza de minifundios:
Aínda así, prevén un ano bo en canto a ingresos, así que tampouco haberá tanta queixa. Quizáis debido tamén a que como di, en Trabada xa se concentrou o monte e non hai minifundios (e menos que vai haber se finalmente consegue a xestión como empresa privada dos terreos de monte de man común que é un dos obxectivos que nos propuxemos frear os indignad@s, a ver se nos deixan antes de levar as mans á cabeza cando non teña remedio).

De tódolos xeitos, como non nos gusta crer todo o que nos contan non medios, andamos a investigar a ver qué din outros expertos. E vemos que na “Voz de Galicia” do 14 de xaneiro fálase do minifundismo como un problema máis, pero ademáis hai outros moitos:

-        - A inversión do presuposto autonómico ía ser do 3% para este sector. Case non chega ao 1.5%.
-        - Gran parte desa inversión foi para apagar lumes, non para cambiar a estructura da propiedade e así acabar co minifundismo.
-       -  Un 33% da superficie do monte é improductivo e está abandoado (anda que non hai terreo aquí para invertir, está claro que hai que saír de Trabada…).
-       -  Dos 700.000 propietarios de monte galego, só 100.000 cortan madeira con regularidade (menos en Trabada, que a xente grazas ao monte, ten dous soldos, tamén en verbas do noso presidente).
-       -  As iniciativas impulsadas nos últimos anos para agrupar parcelas e facelas rentables non tenen resultados alentadores. Nin as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor) do bipartito, nin as Sociedades de Fomento Forestas (Sofor) da Xunta de Feijóo (experimentado tamén en Trabada e que polo que sabemos non saíu moi ben, aínda que se alguén ten algo que compartir ao respecto, agradecémosllo). Este último modelo estaba pensado para atraer inversións privadas ao monte.

      Aínda así o sector forestal cunhas 3.000 empresas en Galicia move unha facturación superior aos 1.700 millóns de euros anuais, que non está mal. No 2012 as ventas de madeira efectuadas por 54.200 propietarios moveron 250 millóns de euros.

      Como non nos gusta quedar cunha soa opinión, lemos en “Economía Digital” do 16 de setembro do 2013 o seguinte:Galicia é unha potencia forestal e madereira. Produce o 50% da madeira en rollo do Estado, o 43% da madeira aserrada, o 35% da pasta de papel e o 33% do tableiro. Pero en canto a impacto económico, invírtense as cifras: Galicia representa soamente o 13% da facturación total do Estado, concentra o 13% do emprego e conta un 10% das empresas según un estudio da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a consultora Boston Consulting Group. Se producimos tanto e isto non se traduce en ingresos, ou estamos vendendo a madeira moi barata, ou a pagan mal as empresas con excusas “baratas”, ¿non vos parece? Hai cousas que non cadran e que ninguén explica de forma aberta.

      Apúntanse 3 razóns de novo: o desaproveitamento, os minifundios e o texido industrial en recesión.

      E apúntanse tamén medidas para solucionalo: asociacións para a explotación, a certificación da madeira e I+D+I forestal. 

      O noso presidente apela á administración pública a tomar cartas no asunto, pero temos exemplos anteriores que vemos que non funcionan. E a nova lei o único que pretende é quitarlles a xestión aos propietarios privados para enriquecer aínda máis á industria da madeira facilitándolles o acceso á xestión dos terreos e da súa producción. Quizáis unha asociación de propietarios independente, non suxeita a empresas de explotación madeireira, que mire polo seu, que investigue, que mire o que pasa noutros países con este tipo de producción, tería mellores resultados. Xa hai asociacións deste tipo que funcionan, non fai falla seguir sempre ao rabo de supostos expertos que miren máis por eles que polo ben de todos os socios.

4 comentarios:

  1. Ca nova lei o que imos ter en Trabada é que o sr. presidente sexa o dono de todo, e estanos ben, somos a xente ideal para ir na procesión dos caladiños!

    ResponderEliminar
  2. na procesión dos caladiños ou na dos calaiños?

    ResponderEliminar
  3. A procesión dos calaiños xa ta o completo. Encabezada por Daniel Villapol, síguenno: Emilio, José Antonio , un pelín desplazado , e cerra a procesión Anabel.Non hai mais. je je je.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Podes engadirlle tamén a da Barreira (á do eléctrico). Como están todos tan pretos, vai moi ben nesa cuadrilla.

      Eliminar