Premios 20Blogs

jueves, 5 de junio de 2014

A DEMANDA ENTRE COMUNEIR@S

O pasado día 9 de maio uns/unhas comuneir@s recibiron una cédula de citación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Mondoñedo para un xuízo de faltas, onde o delito/falta son DESÓRDENES PÚBLICOS COACCIONES. O denunciante/querelante é a “COMUNIDAD MONTE VECINAL EN MANO COMÚN TRABADA” contra “José Neira Blanco, Rogelia Rocha Pividal, Mª Teresa Teijo Miranda, Héctor López Fernández, Jesús Aenlle Gómez, Paz Seivane Gutiérrez e Luis Chao López”.
Deste xeito resulta que uns 100 comuneir@s denuncian a outr@s 7 e como quen di, eles se denuncian a si mesmos, isto se tomamos os datos da última asemblea celebrada no 2011, na cal aparecen 107 persoas  pertencentes a esta comunidade de montes. Así é, que queridos veciñ@s comuneir@s, están vostedes denunciando aos seus iguais. Ben, e se empregásemos termos xurídicos, dicirlles que isto é unha querela criminal.
Nesta querela presentada a relación dos feitos é a seguinte:
-O 29 de xullo de 2012 ten lugar a asemblea xeral á que asisten 58 comuneir@s, o presidente da comunidade abre a sesión e presuntamente os querelados comezaron a “alborotar”…   Este “alboroto” xorde a consecuencia de que o sr. Presidente deixa entrar na asemblea a un técnico, o cal non pertence á comunidade e polo tanto, se só poden entrar @s que figuran na lista, como é que está el alí? Resulta que uns son máis guap@s ca outr@s e por iso se lles permite a entrada?
Aquí é o momento no que un alcalde lle di ao outro, que chame á Garda Civil, pero o que figura nos papeis como alcalde de Trabada di que haberá que cancelar a reunión e para a próxima asemblea ter en previo aviso á Garda Civil, e pide cordura (o que vén a ser: aceptar o que diga o sr. Daniel).
Ao final dita asemblea suspéndese a causa de “los gritos, alborotos, interrupciones en el uso de la palabra e insultos por parte de los querellados”.
-O 23 de setembro de 2012 lévase a cabo outra asemblea xeral á que asisten 68 comuneir@s, que comeza de novo co “alboroto” dos querelados.
 Unha parte dos comuneir@s asisten cun avogado á dita reunión, pois  se Daniel ten un técnico para asesorarse, por que @s demais non poden levar unha persoa experta con eles para que @s asesore? Entra o avogado e o presidente pídelle que abandone o local, cousa que el está disposto a facer, se non fora porque 26 comuneir@s lle impiden a saída e é neste intre  cando a Garda Civil, que xa estaba alí desde primeiriña hora da mañá, fai acto de presenza. Estes identifican tanto ao avogado coma ás persoas que lle impiden a saída e saen do salón de actos da aula de cultura. Porque segundo reflexa o atestado”por parte de la patrulla se le informa que es un asunto interno de la asamblea, que como máxime se identificaría a dicho asistente hará constancia en Acta y que no se iba a expulsar a nadie que no causase un desorden público u otro ilícito penal”.
Aquí se demostra que a Garda Civil non viu os desordes públicos dos que fala a denuncia.
Unha vez abandonan a sala o avogado e a garda civil continúase coa asemblea e procédense a votar a orde do día e a aprobación da acta anterior, pero de novo suspéndese a asemblea. Motivos para iso: o presidente non respecta os estatutos, aparte de que o técnico non abandona a sala, aparece unha nova secretaria nomeada a dedo pola Xunta Reitora, que debería ser quen redactase a acta, a cal aparece sen firma, pero posteriormente no Xulgado declara Alejandro Mañón que é el quen a redacta. Estes son os misterios da vida!
-O 1 de setembro de 2013 faise un novo intento de asemblea, a cal non se chega a celebrar porque o presidente non deixa acceder aos cinco comuneiros que por sentenza deberían ser partícipes desta. Ao final entran e o presidente decidiu non celebrala asemblea porque esas persoas non eran comuneiras e entraran en contra da súa vontade.
Así é como culpa aos querelados das non celebracións das asembleas. Se as cousas as levase segundo a lei, saiban vostedes que se houbesen celebrado todas e cada unha delas.
Pero a este presidente apóiano as súas testemuñas, que din o seguinte:
José Fernández Barcia  (Pepe de Rosende) di que había moito alboroto nas asembleas, que uns dicían dunha maneira e outros doutra e impediron que o presidente levara a cabo a asemblea. “Que los más alborotadores fueron los relacionados, que insultos oyó pero no sabe de quien, que amenazas no oyó ninguna, que básicamente impidieron la celebración porque no están de acuerdo como se lleva la asamblea ni con la gente de la asamblea, que fueron nombrados a dedo”.
Francisco Villarino Souto (Paco de Perico) di o seguinte: “Que el alboroto era hasta tal punto que al presidente no se le escuchaba, que había insultos no sabe de quien, le llamaban tonto, bobo, que no sabe quién dijo eso. Que todos alborotaban. Que no se pudo llegar a resolver ni siquiera el primer punto. Que el alboroto no sabe porque era, sería porque el presidente quería poner las cuentas y no hacían caso y no estaban de acuerdo, que siempre las reuniones fueron igual más o menos”.
Alejandro Maañón Álvarez di: “Que el motivo del follón de la de 29/7 es que no dejan seguir el orden del día al presidente, empiezan a interrumpir e incluso a insultar al presidente. Que básicamente fueron esas personas que se indican en la querella, que cree que en general fueron todos los que insultaron, que sabe que hay unas actas, que sabe que Héctor estuvo gritando y en una reunión mandó entrar a gente que no era comunero y el declarante le dijo que no gritara y Héctor se le encaró un poco.
Que el resto de la gente grita, algunos insultan, que cuando el presidente pretende hablar le rebaten con cosas que no se relacionan con los temas a tratar, que también había un abogado Tejeda Lorenzo en la de septiembre de 2012 y fue cuando se llamó a la Guardia Civil, que el abogado quería salir de la reunión y esa gente no le dejaba se le ponían delante”.
E engade “que las actas que se aportaron fue el redactor, el declarante”. É dicir, que as actas que se achegan coa denuncia foron redactadas por el  non polo secretario, a pregunta é: para que entón a xunta reitora nomea a dedo a unha secretaria?.

Tamén foi a Garda Civil a declarar, os cales din que non viron nada fóra do normal e “que estuvieron presentes desde el principio pero fuera. Que se escuchaba desde fuera voces y follón, lo típico de no estaban de acuerdo, y no sabe si se permitía celebrar la reunión. Esas personas no estaban alteradas y no se opusieron a ser identificadas”.
Así é que estas testemuñas oíron berros, insultos pero non saben de quen, pero o presidente si o sabe e con isto vai a Mondoñedo.... Unha denuncia que parece mais ben algo persoal que unha decisión dunha comunidade. 
E aquí lles deixamos esa información tan solicitada por algún de vostedes, para que poidan opinar e saiban de que vai o tema.

18 comentarios:

  1. Está visto que na viña do señor tén que haber de todo e que hai xente que se presta para calquera cousa.....
    A xente q loita a prol da legalidade para tod@s @s comuneir@s resulta ser denunciada.... Pois se conseguen algo coa súa loita vai a ser para beneficio de tod@s... Non queren un presidente que lles estea a comer os cartos, que faga e desfaga ao seu antollo.... simplemente queren a LEI.
    E @s comuneir@s no canto de apoialos aínda se prestan para iren de testemuñas...Se tivesen vostedes unha pouca de vergoña, quedarían caladiños.
    Non se o que non pase no concello de Trabada non pasa en ningures...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lucía... o que non pase en Trabada pasa no concello onde vives... onde por casualidade tamén están os de Trabada

      Eliminar
  2. joder e cascarravias o presidente ou chorra ou denuncia. Ten rabietas nas asambleas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Supoño que querías dicir chora... Pobriño!

      Eliminar
  3. ser un pouco mais refinado podiades lle decir pouco intelixente,lerdo,tarado. gili, animal, boludo, lelo, gafe...( segun a Real Academia) , pero tonto e bobo e un poco burdo...mais refinamiento para os que estudiamos a Cervantes, e entendo que e un grave insulto por si un tonto ou bobo fai tanto dano . que podia facer si fora intelixente...,perdonai tod@s por este sarcasmo , o asunto non ten unha gracia, solo da risa por non chorar, que pena, hasta donde se pode chegar...

    ResponderEliminar
  4. ¿donde esta a xente decente do PP?, ¿donde esta a oposicion,?, ¿donde esta o señor cura?¿donde estan os predilectos?¿done estan os exconcellais?. ¿donde esta a xente normal deste pobo?,¿donde esta a DIGNIDADE!!!!!!!!!!!!?, perdonen os eludidos non e miña intencion meterme con ninguen, eu tamen son culpable, pero non me queda outro que decer

    ResponderEliminar
  5. A xente decente do PP e a xente normal deste pobo está en Santiago,o que quedóu aquí sufreno os veciños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En Santiago!!! Non hai máis que ler a prensa estes días como para darse conta de que os que están en Santiago normais, o que se entende por normais, tampouco son.... Eu daríalles outro calificativo

      Eliminar
    2. Claro que teñen outro calificativo,pero eu dixeno con ironía.O calificativo vamos deixalo por ahora, xa lle lo poñera o xuez.

      Eliminar
    3. ¿Aquagest foi de Trabada para Santiago ou veu de Santiago para Trabada? vaia dilema!, foi primeiro o ovo ou a galiña?
      pero mentras os veciños camiño de Mondoñedo,e non precisamente para comer o polvo as San Lucas

      Eliminar
  6. asi me gusta que se utilice este blog para anunciar o empleo do concello , vale Pakito!¿ pero gustaralle o teu xefe? cuidadito ( un amigo)

    ResponderEliminar
  7. Vaia vergoña de veciños viven nese pobo. Envidiosos, falsos testigos e mentirosos. E senón enterádevos do que lle inventaron á profesora de Danza que está dando clases de baile a os nenos do colexio de Trabada. A ninguén lle colle na cabeza como, por culpa do sr. Daniel Villapol Valea ó frente, é coa axuda do Sr. alcalde se pode deixar dividir un pobo. Debera de caerlles a cara de vergoña a eses veciños que os apoian.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu non ando a diario por Trabada e non sei nada diso, que foi o que pasou?

      Eliminar
  8. e digo eu... quen coñece a vergoña en Trabada? moi pouca xente

    ResponderEliminar
  9. non se preocupe o presidente e sr. alcalde,¡alcalde!, dicese asi do noso representante,en trabada dentro de pouco non queda ninguen, ninguen que fale , que pregunte,ninguen que alborote,ninguen que viva, entonces xa taran contentos, conseguiran obxetivos ¡QUEDAR SOLOS!

    ResponderEliminar
  10. Xa veredes como vai vir de alcalde para Trabada Angel Curras. Seria xa o colmo dos colmos. Pero outro sitio onde o queiran non ten.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Era o que nos faltaba! pero non creo en Trabada quereríamolo porque nos vale calquera cousa pero a cúpula do PP, é dicir, os que mandan, non creo...A este vano sacar do medio rápido.

      Eliminar
    2. Xa se verá si o sacan do medio ou non,por esa regla de tres,non lles quedaría no partido, nin pra quen mirar.Este"señor"pensóu que estaba en Trabada,pero tamén che digo:tardaron en poñelo no seu sitio.

      Eliminar