Premios 20Blogs

lunes, 23 de junio de 2014

A KALE BORROKA DE TRABADA

Debe ser que en Trabada somos tod@s unha panda de delincuentes para que se faga unha asemblea  dos montes veciñais de man común e os primeiros en aparecer sexan os que vendes nesta foto:


Pero vai ser que non somos tan mal@s e que a Garda Civil podía estar prestando servizos onde realmente fixera falta e non nunha asemblea que pretendeu ser dictatorial, pero vai sendo que pouco a pouco a democracia vai chegando a un pobo que parece estar na época franquista.
A asemblea comeza ás 10.30 da mañá no salón de actos do centro sociocultural de Trabada, xa que aínda que houbese quórum suficiente para levala a cabo en primeira convocatoria, tería que facerse na rúa, pois ás 8.30 da mañá estaba o local pechado e non había ninguén da xunta rectora alí.
Preside Daniel Villapol Valea dita asemblea e xa comezamos a impoñer os criterios do presidente, non deixando entrar a cinco persoas que teñen unha sentencia firme nas súas mans, que lles da a condición de comuneir@s. Así mesmo, tamén se impide a entrada a acompañantes de comuneir@s, cousa que se permite nas asembleas dos montes veciñais de man común de toda Galicia. Porque as asembleas son públicas, iso si, cada casa só ten unha voz e un voto. O que si, a Garda Civil estivo presente toda a asemblea.
Temos que dicir que a asemblea se alargou durante un pouco máis de catro horas, nos que houbo momentos de tensión verbal, como cabía esperar ante as ilegalidades do presidente e tamén como cabía de esperar, a Garda Civil non tivo que intervir para nada.
Conseguiu ir aprobando puntos da orde do día cunha diferenza de 3 ou 4 votos ao seu favor e quedou completamente demostrado que as delegacións que aportou el, son bastante dubidosas, todo fai pensar que foron conseguidas de forma “rara”. Proba diso é que nada máis comezar a asemblea e se entregan as delegacións, chama a súa cuñada Sinda para que lle firme a delegación da súa filla Begoña Villapol, e eu pregúntome: tía e sobriña non se falan?
Un dos puntos máis importantes foron as altas e baixas de comuneir@s, no que se acordou a baixa dalgún dos presentes e dos non presentes pero que deran a delegación a outras persoas presentes, e a estas persoas que causaron baixa permitíuselles continuar votando nos seguintes puntos, un deles a renovación da xunta rectora. E preguntámonos, se son baixa, como poden seguir votando? Ao cal el explica que son comuneir@s ata a finalización da asemblea. Pero no punto seguinte, que era a renovación da xunta rectora, intenta meter a unha nova alta (Marisa de Amor), sen conseguilo, porque se uns/unhas son baixa á finalización da asemblea, @s outr@s non son alta ata esa finalización.
Despois de moito debate, chegouse a consenso: no que se elixiron sete persoas para formar a xunta rectora e…. OOOOHHHHH SORPRESA!!!! Daniel non saíu presidente e o novo presidente é Manuel do Pacio.
Así deixamos por hoxe  este artigo, informándolles que iremos desglosando aquelas puntos que se trataron na asemblea e que consideramos que son moi importantes para dar a coñecer.



31 comentarios:

  1. A nova xunta rectora quédalle agora a difícil tarea de eliminar as barreiras impostas pola anterior xunta rectora e devoverlle a parroquia de Trabada a paz e a armonía entre todos os veciños. Non será fácil, pero tou seguro que van intentalo por todolos medios posibles. Desexarlles moita sorte, moito ánimo e sobre todo que marchen moi unidos entre eles. Noraboa a tod@s. Grazas!!

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena a todos os indignados. Desteis un golpe de autoridade e demostrasteis que erais muito mais q unhos cuantos sinvergüenzas q insultaban o presidente nesa cousa tan rara chamada internet.
    Esta claro que tuvesteis q traballar muito e ben. Espero que ahora, a pesar de que seguides en minoria e co expresidente ainda polo medio, podais demostrar o que sempre defendisteis e as cousas se normalicen un pouco, que falta fai.
    Respecto as trapalladas do expresidente non vou comentar nada porque é o conto de sempre.Pretende impoñer as suas reglas, arbitrariamente, y que os demais digan AMEN. Animo e a chegar hasta o final, caiga quen caiga.

    ResponderEliminar
  3. Os meus parabens!!! Agora pedir paciencia os veciños pa que poidades facer as cousas ben e cumprir co que loitástedes.Deséxovos toda a surte do mundo...xa que non tedes unha tarea fácil despoís da erdanza que nos deixou o noso (extímado) expresidente.

    ResponderEliminar
  4. Non vai ser tan facil. Isto vai traer "rabo", tiempo al tiempo. Non comentais nada do sr. alcalde; non foi a Asamblea ou ?? Ou é que xa está pensando nas eleccions municipais do vindeiro ano ?? O mellor foi é non dixo nada por quedar ben diante da garda civil. Xa non sei que opinar porque non estou muito ó tanto. Xa informareis se non causa moita molestia. Tampouco sei quenes son a nova XUNTA REITORA. Noraboa a todos, e agardo que alguén nos informe. Saudos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que taba o señor alcalde ¡ só faltaría! e ademais con delegación. Pero case non se soupo que taba. Non abriu a boca en toda a asamblea, din os que taban cerca que meneaba moito a cabeza ,pero seguramente que era porque lle doia a orella de tanto chamar por teléfono a noite antes. !Que cousas tan raras pasaron o domingo en Trabada!.

      Eliminar
  5. Parabéns e ánimo á nova xunta reitora.... tendes un longo camiño por diante no que teredes todo o meu apoio...
    E ben, dicir que para min é case unha vergoña dicir que son dun pobo onde se trae á garda civil a unha asemblea de montes por medo a desordes públicos... Desde cando houbo hostias, se rompeu algo ou houbo algunha acción que se puidese considerar desorde público?
    Non estar dacordo co que dice un cacique dos grandes é desorde público?
    E vamos, que o sr. alcalde permita isto xa é para apaga e vámonos....
    Están a considerar a TODA Á VECIÑANZA case como terroristas... pois se veu é por medo a que todo mundo saltase, porque dous non riñen se un non quere... Así que ese medo é porque non confiaba en ningunha das partes... nin nos seus nin nos indigad@s....
    E nada, publicamente repito as verbas que xa empreguei onte... sr. expresidente, Deus lle dea tanta saúde como se merece... E aqueles que vivides as augas por el, reflexionade un par de minutos sobre todo o que pasou, se tendes algo de tempo libre...

    ResponderEliminar
  6. Muy bien chicos!!!!! el trabajo está empezando , no penseis que por ganar una presidencia ya está todo listo, claro que costó y mucho, el primer paso está dado ahora queda realizar un trabajo muy complejo.
    Lo que es increible es que el resto de la asamblea no diga nada de las delegaciones que vienen en blanco y se cubren en la mesa de la presidencia, que no digan nada de que con sentencia firme no dejen entrar a sus vecinos y para el colmo que con un tipes que se tapa un pequeño error emitido por la propia firmante se le anule los votos a la parte contraria y.......¿¿¿¿todo esto ????? sería que el presidente estaba tan nervioso que no sabía de donde sacar los votos , AAAHHHH y no vamos hacer incapié en firmas sospechosas en las delegaciones de voto.
    Señor presidente el plumero se te vió pero bueno se te vió como siempre,esto es una dictadura y manipulación a alta escala.

    ResponderEliminar
  7. Claro que é manipulación e algo mais. Alí os comuneiros ( os seus,claro) non entregaron as delegacios. Levavas Daniel e algunhas cubriunas alí. Cando conto isto a abogados,presidentes de outras comunidades etc. dinme que non pode ser certo.Pois é verdade por moi incrible que pareza.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Debéraselles contar os médicos,que seguramente soupesen valorar o problema.Quizás se trate de un virus,de unha infección ou simplemente unha ceguera,no peor dos casos algún non ten cura,pero o resto con tratamiento adecuado seguro que sale do bache.

      Eliminar
    2. por favor informade dos detalles da reunion, das ocurrencias do presi,do metodo electoral organico, e de outros detalles, poque o alcalde chamou as forzas do orde, pero non encontrei nada no diario el RETOROCESO DE LUGO, nin tampouco en LA COZ DE GALICIA...

      Eliminar
  8. E voulle pedir un favor ao sr. ou á sra. Trakatrá, se continúa a ler neste blog e está ao tanto deste artigo, a min personalmente, gustaríame pedirlle que compartise a súa opinión, pois sempre foi unha persoa que dixo moito en poucas palabras e que falou con coñecemento de causa. Un saúdo

    ResponderEliminar
  9. enhoraboa Trabada, mellor dito veciños de Trabada, o domingo tiña que ser un dia para recordar, non polo feito dos montes, non polas falcatruas do presidente e aduladores,senon porque unha xunta veciñal de honrados veciños teña que ser vixilada pola garda civil,e o grave o alcalde asistente e causante de que as forzas do orde teñan alí,que vergoña,se a ten,coma se pode presentar a representar os veciños?,que autoridad lle resta?,lamentable, penoso, xa non quedan calificativos.
    De todas maneiras felecidades o pobo de Trabada, e non olvideis os elexidos de devolver a esta parroquia, sen vinganza, sen odio, sen facer o que eles fixeron, a union, a concordia e a ledicia a xente, eso si ca lei, repasando hasta ultimo euro das contas, con "puño de ferro en guante de seda", pra demostrar que non sois iguais
    deste anonimo, e de moitos mais SORTE , MOITA SORTE

    ResponderEliminar
  10. Demostraremos que vamos cumplir con todo polo que loitamos. Procuraremos facelo sen venganza. Como dixo Neira , non vos imaxinades canto loitamos, cantos cartos gastamos, nin cantos disgustos pasamos. De todas maneiras, tampouco temos a maioria, e o ex-presi segue dentro da xunta rectora. Eu son vocal e ireivos contando como nos vai. Hoxe acordamos retirar a denuncia que a comunidade nos fixo e cuio xuizo seria o dia 2.Daniel tamén firmou a renuncia a esta accion penal.Ainda que sexa en anónimo podeis preguntar calquera cousa que queirais saber. Sempre tarei disposta a informarvos en todo o que eu sepa.Gracias a todos os que colaborasteis neste blog,foi sen dúbida de moita axuda.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pois que magua, que divertido seria ir vervos e apoiarvos a Mondoñedo,que divertido seria ver as tonterias do presi,pero tede coidado, non da puntada sen fio

      Eliminar
  11. Pois empeza contando o que pasou con a señorita secretaria. Non contaba ben ¡ou?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Será que ten reló pro calculadora non sabemos :-)

      Eliminar
    2. A secretaria era Anabel. Foi legal contando nos votos e tuvo unha inmensa paciencia.Digo isto porque eu fun con ela os recontos e foi honesta .Tiña un problema , a xente que contaba as mans levantadas desde atrás non via algunha como por exemplo a de Olimpia do Corbelle que soo levantaba o dedo a nivel do pescozo;Anabel contaba como voto faborable, e claro, os de atras pensaban que aumentaba un voto de mais . A excepción de esta señora e de outra mais , Gloria, que non se sabía moi ben que votaba, ainda que a súa intención era votar a favor de todo o que Daniel decía non houbo grandes problemas. A xente levantou a man ,tanto dun lado como de outro e algunhos non tocaban o teito porque non chegaban. Pero que quede claro, que os problemas no conto e reconto de votos, non foron provocados por Anabel.

      Eliminar
  12. Estou alucinando! Fíxose unha votación e non saiu Dani de presi? Gustaríame saber como os veciños de Trabada "deixaron que pasase isto". Moita sorte nesta nova andaina e que os que tanto ansiaban chegar non defrauden...Trabada está empezando a "despertar do seu sono" (fogar de Breogán). SORTE

    ResponderEliminar
  13. oxala amigo anónimo pro penso que algúns tan dormidos de por vida oxala sexa un precedente pra acabar co caciquismo deste pobo parabens para a toda a xente que loitou e moito animo a nova xunta rectora tedes unha tarea complicada pero xuntos podemos

    ResponderEliminar
  14. Polo de agora non me fun, nin penso marchar único que me leven. Lucía, aqui seguimos unhas veces de anónimo e outras de mero lector; aquí estaremos mentras o corpo aguante dando guerra por donde considero que teño que dala. Nin te imaxinas o que se alegrarian tanto, Rocha do Bargo como Lino de Roque e moita mais xente do que eses mal chamados "indignados" conseguiron o pasado dia 22. Ojallá sexa o comenzo dunha nova época pa un pobo dividido, marxinado e sumiso. Non teño a mais pequena dúbida de q a nova Xunta Reitora non lle foi doado chegar ahí. Non sei quen foi, ou quenes foron os que lograron chegar ahi xuntos pero, alégrome moitísimo por iles e todos os que lles deron apoio. Noraboa a todos de verdade !!!. Moito ánimo e moita sorte a todos os veciños de Trabada; e cando digo a todos, é a todos sin excepción e moi especialmente a nova Xunta Reitora. Quedounos moi claro que, si se quere pódese. Gracias a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois no que toca a Lino de Roque vouche a contestar que si, que alá onde estea o celebrou e lles botou un cable a tod@s @s que levan loitando tanto por conseguir unha Trabada igualitaria... E xusto que agora fai un ano da súa marcha inesperada, creo que foi o mellor regalo que lle/nos puido chegar.
      Rocha do Bargo non o sei porque ao fin e o cabo non creo que lle afectase moito, por non ser membro da parroquia (se estou errada, por favor corríxeme, que tampouco estou tanto ao corrente do que pasa neste pobo).
      Graciñas por contestar, que a verdade, bótaseche moito en falta... Un saúdo

      Eliminar
    2. Coido que dos que xa non están con nós faltouvos de poñer a Nelo de Sequeiro; e dos que traballaron e traballan po expresidente, tamén son unhos cuantos. Pero, non esteñais tan seguros da vosa "PROEZA" non vaia ser que faiga a mesma xogada que fixo na SAT. Polo que se comenta no pobo, a nova Xunta Reitora (si se dá constituido) ten membros con muy pouca personalidade. Coméntase que poden ser catro ou cinco os que poden estar achegados ó expresi. Non sei quenes poden ser os dous que quedan (non coñezo a nova Xunta Reitora), pero dende logo que si é así van telo moi crudo pa facer algo de proveito. Van ter que agarrarse ó dito," se non podes co teu enemigo arrímate a él". Moita sorte a todos e saúdos.

      Eliminar
  15. Contáronme que na Asamblea houbo votos ´¨de cine¨". Toñita (a novia de Daniel) votou a favor de que Fina (a ex de Daniel) entrara de comuneira.¿ Non vos enganaríais en elexir a nova xunta rectora?. Eu que o vexo desde fora penso que Daniel tiña que ser presidente; de secretaria Charito e de vocales Sinda, Fina e Toñita.¿Algunha mais se apunta?Non olvidedes que é moi importante que a xunta rectora se leve ben e que compartan..... que compartan opinions.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Entonces amigo anónimo, en vez de malchamarse" xunta rectora do monte en man común da parroquia de Trabada", pasaría a chamarse " HARÉN do monte en man común da citada parroquia". Si mal non recordo xa foi bautizado asi nun comentario feito con anterioridade neste blog; non recordo si era referíndose a Comunidade de Montes ou solo a Daniel Villapol. Tu dirás amigo anónimo. Grazas.

      Eliminar
    2. Ohhh! en Trabada o que pasa é de película e de Toñita non me extraña nada...Gustaríame saber como foi o proceso de renovación da xunta rectora porque escoitei comentarios diferentes. O último: que Daniel "medio dimitiu" por falta de acordo dos indignados nas votacións e que despois "a dedo" foi nomeada a nova "comisión". Quenes son os membros da directiva, os "achegados" ao ex e "os separados do ex"?

      Eliminar
    3. Ahora que xa sabes os nombres dos novos membros seguramente que ti mesmo te respondes. De todas maneiras e "sen perder nunca a memoria"iremos vendo.

      Eliminar
  16. A nova xunta son: Manuel do Pacio como presidente, de secretaria sigue Anabel, e despois están tamén, Teresa, Neira, José Ramón do Bizarro, Daniel e Nuria. Sobre quen ten e quen non personalidade, supoño que cada un fala según lle vai na feira con eles. Polo menos penso que é importante que firmases todos para retirar a demanda que había por inxurias e calumnias e que ían pagar todos os comuneiros. Parece mentira que se chegue a demandar porque me parece a mín que caladiños non estiveron ningunha das dúas partes...

    ResponderEliminar
  17. nonnnn O secretario quedou José Ramón

    ResponderEliminar
  18. Efectivamante. Anabel fixo de secretaria na asamblea. O secretario na xunta rectora e novo secretario da comunidade é J.Ramón .Saiu elexido por número de votos entre os propostos pa formar a directiva. Manuel sacou 5 votos e J. Ramón 4. Non tamos constituidos ainda por motivos laborales de 3 membros.

    ResponderEliminar
  19. OEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE

    ResponderEliminar