Premios 20Blogs

jueves, 19 de junio de 2014

Poden devolverse os montes de man común aos propietarios?

Esta semana pasada sorprendeunos ver un edicto nos bares do pobo onde se podía ler o seguinte:
"A LOS PROPIETARIOS DE FINCAS DENTRO DEL MONTE VECINAL EN MANO COMÚN DE TRABADA-MONTE PICATO
Invitamos a todos aquellos que son propietarios de fincas dentro de la superficie del monte de Trabada-Monte Picato, clasificado como vecinal en mano común, a compartir la información que un letrado nos expondrá sobre las distintas opciones para reclamar nuestros legítimos derechos de propiedad.
Sería muy importante que se traigan los títulos que se tengan en su poder y cualquier escritura de adquisición o transmisión, cuanto más antiguas mejor, para consultar y valorar su interés.
A partir de esa reunión se tomará la decisión o no de efectuar la reclamación de todos aquellos que lo consideren oportuno.
NOTA: La reunión tendrá lugar el viernes 13 de junio de 2014 a las 18.00 horas en el local social de Maderas Villapol en la Rúa Cementerio s/n.
Hnos. Villapol Valea"

E ben, agora de repente os Lagaróns están interesados en que o monte volte a man de propietari@s, e nós, cos debidos respetos imos refrescar a memoria de tod@s @s que nos seguides cun artigo que responde a estes irmáns:

Imos comentar a resolución do 22 de setembro de 1986 do Xurado Provincial de montes veciñais en man común, denominado "Picato", e demais exposicións e leis específicas para os mesmos, sobre aproveitamento e titularidade deles.
A primeira das resolucións adoptada por dito xurado provincial tramitouse observando tódolos requisitos legais, entre eles, a aportación da certificación da Administración Forestal, sinalando que no monte referido figura incluído no catálogo dos de utilidade pública desta provincia, e que outra do concello de Trabada, na que se fai constar que o monte mencionado, figura consorciado coa Administración forestal, e informando igualmente que o edicto, estivo exposto ao público no taboleiro de anuncios do concello por espazo de 15 días; que no referido expediente se presentaron escritos formulados por María Santos Maseda, Josefa Maseda Fernández, Carmen Rocha; José Valle Rey, Delfina Estua Martínez, Amadeo Fernández Novo, Eladio Barrera Fernández (hijo de Ramón Barrera Villarino), rectificándose nos escritos de reclamación e documentais aportados; Daniel Villapol Valea, José Otero Debén, Jesús Amor Ponlla, Ramón López Amor y otros, Ramón Rodríguez Amor, Segismundo Loureiro Fernández e tres máis, que o fan en tempo e forma, nos que a súa síntese se opoñen á clasificación de veciñal en man común e se lles recoñece a título particular as fincas das que din ser os seus lexítimos propietarios.
Segundo a certificación da xefatura da producción forestal, os aproveitamentos realizados no monte de Trabada a partires do Consorcio subscrito co concello a través da Deputación Provincial baixo a denominación de "Monte Picato", no expediente de Trabada, ata os nosos días, ven sendo de leña, esquilmos e pastos de forma indivisa e mancomunada polos veciños da parroquia de Trabada, e que os aproveitamentos madeirables procedentes de cortas realizadas no citado monte, foron entregadas ao concello, de conformidade co establecido nas bases do consorcio.
A lei do 10 de outubro de 1989, de montes veciñais en man común establece que os montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, son de natureza privada e colectiva, correspondendo a súa titularidade e aproveitamento ao conxunto dos veciños que a integran en cada momento, e que a comunidade veciñal propietaria dun monte veciñal en man común terá plena capacidade xurídica para o cumprimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos sobre o monte e os seus aproveitamentos . Pese a isto, o concello seguiu a facerse cargo dos ingresos por cortas ata o ano 2000, que o tomou a comunidade.
A resolución citada do xurado provincial, no expoñente referido, clasificou como veciñal en man común o monte referido, cunha superficie de 446 hectáreas, e pertencente aos veciños da parroquia de Trabada, ordenando emítese certificación da resolución firme deste xurado ao Rexistro da Propiedade, para a inscrición do monte a nome da comunidade propietaria do mesmo.
A resolución non foi impugnada, declarándose firme; é dicir, a personación non recurriron a mesma.
Os veciños dos lugares de Mozandeo, Cima de Vila, Villapercide e Cabana. Tamén se personaron en el expediente referido, manifestando que son propietarios de un monte incluído dentro do perímetro do consorcio denominado "Picato", e que desexan que dito monte sexa clasificado como en man común da propiedade dos mesmos. Non aportaron títulos, e quedou como monte veciñal de man común tampouco recorreron o acordo do xurado.
A actual lei de montes do 23 de xullo de 2012, no seu artigo 89 di que os montes de titularidade dunha entidade local, rexeranse pola súa lexislación específica, neste caso é a Lei de montes veciñais do 10 de outubro de 1989; e a primeira citada do 2012 na súa disposición cuarta, modifica o artigo 25, da do 1989, e tamén o artigo 125 da de 2012, en parte modifica o artigo 23 da de 1989, ao establecer que o 40% de todos os ingresos dos montes veciñais en man común, son para mellorar a protección forestal do monte. En todo caso os estatutos da comunidade veciñal, poderán fixar unha cota de revestimentos superior. Os ingresos sobrantes, apartado d) de dito artigo en repartición total ou parcial en partes iguais entre todos os comuneiros.
A resolución do xurado de montes veciñais en man común, produciuse fai 26 anos, sen ser recorrida, pese a estar personado en dito expediente o experto Daniel Villapol.
E na década dos anos 40 o monte mencionado xa figuraba incluído no catálogo de utilidade pública pola Administración forestal da nosa provincia.

7 comentarios:

  1. pois segundo teño entendido houbo xente que firmou e todo... sabemos quen son?

    ResponderEliminar
  2. A xente mandanlle firmar e fano sin saber o q firman, pero asi e todo foron as menos. Porque lles entraria ahora a prisa por reclamar? Ainda que eu entendo que tan no seu dereito.

    ResponderEliminar
  3. ¿Como que tan no seu dereito? ¿Non nos enteramos ou non nos queremos enterar? Por un lado no propio artigo xa vai a senteza en contra desta devolución, e por outra, xa explicamos neste blog a orixe destes montes, sempre comunitaria e que algúns foron repartindo para explotar os terreos, pero a orixe é de man común. Esta é outra estratexia deste señor para seguir dividindo á xente, manterse no poder e seguir chupando do bote, parece mentira que aínda non o vexamos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aqui cada un enterase do que quere e como quere. ¿ entoces porque hai titulos de propiedad desos montes? Unha cousa son os montes de man comun e outro os abertales. Eu o que digo, e seguirei decindo e que si consideran que son deles pois que fagan o que consideren oportuno, e o feito que exista unha resolucion administrativa non lles quita de acudir a via civil. Distinto é que lles vaian a dar a razon. E se non lle la dan, xa pagaran as costas. Pero no seu dereito están, igual que o estan os comuneros en defender o caracter comunal do monte. Pero non seamos autoritarios que aqui cada un pode pensar o que lle pete.

      Eliminar
  4. totalmente dacordo co ultimo anonimo,que reclamen si pensan que teñen dereito, que impugnen os acordos, que vaiaan a xustiza pero cos seus cartos, non vaia ser que o presidente dos" montes en man comun", tamen pague os propietarios que queren ir en contra,, de pelicula, en Trabada, coma decia o Quixote "cosas vereis Sancho...",fai falta ter gonadas coma decia outro anonimo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi correcto este anónimo, que vaian se pensan que tenen dereito cos seus cartos, non cos de todos, que é o que parece que está a intentar o presidente... ¡que parviños somos! O primeiro que habería que preguntarlle é, ¿que gana el con que os montes volvan a propietarios?????

      Eliminar
    2. Pois por eso queria que firmasen o outro dia,;sin nin siquiera saber cantos cartos lles pide supoñer. Este non da puntada sen fiu, e hai xente ainda asi que di amen a todo. Pois que teñan sorte e sino a apoquinar. Non se dan de conta que se teñen que demandar a eles mesmos como comuneron. Asi que, se ganan, pagan como comuneros e se perden pagan como propietarios. Alá eles.

      Eliminar