Premios 20Blogs

jueves, 17 de julio de 2014

TERCEIRO ROUND DA ASEMBLEA DO 22 DE XUÑO DE 2014

E continuando onde o deixamos a semana pasada, volve a preguntar o sr. Presidente se alguén quere que conste algunha alegación na acta e José Neira di que si, pois non consta en acta que non se lles deixou entrar aos cinco da sentenza, alegando o presidente que estaba recorrida, ao cal se lle dixo que non, que estaba recorrida en parte. Neira pregunta o motivo polo cal se recolleron outras cousas en acta e iso non, e aí é cando di o presidente: “dixéronse moitas cousas que seguro non se recolleu, que todo non se da recollido, eh. Pero eso efectivamente non se recolleu. Ahora que efectivamente, a maiores,  houbo máis cousas que non se recolleron seguro”. Neira di: “pero  sabes que o que digo eu é verdade”. E contesta Daniel “si, eso que comentastes vosoutros é certo  pero poñémolo”.
Así neste momento toca facer reflexión, porque creo recordar que nalgún momento dixo que as actas recollían fielmente o que se dicía nas asembleas, pero agora xa cambiamos e di que hai moitas cousas que non se recolleron. Onde dixen digo digo Diego.
Volve a preguntarlle a Neira se quere logo que conste en acta o que dixo,  resposta afirmativa e Héctor pide que tamén se recolla a autoculpabilidade de Suso. E volta a burra ao trigo, porque salta con que a acta non se pode modificar… Se ninguén lle pedía modificala, senón incluír alegacións!!! Que parece que non o tiña claro.
Pacita pregunta por que a denunciaron pero non se lle resolve a cuestión. Nese intre Manuel do Pacio pregunta se se vai proceder á votación da acta ou non. Aí Daniel di: “que conste en acta de que si alguien non pon ningunha alegación e non aproba unha cousa que non pon ningunha alegación, terá que explicarse, terá que explicar o por que”. Manuel contesta: “pois por exemplo Neira quere facer unha gravación sonora para que non haxa ningunha discordancia co que se pon nas actas co que se di realmente e hai pegas por parte da presidencia. Pois discordancia en xeral, non temos a seguridade co que se recolle nas actas sexa o que se di realmente nas asembleas”. E responde Daniel “por esa regla de tres hai que dicir no sin dicir o por que”. 
Ao final procédese á votación, pero non sen discordancias. Suxíreselle que á xente que teña delegacións se lle dea un folio para acelerar o proceso de reconto e accede. E pregúntaselle tamén o número de votos en total. Sae un número de 81 votos. Entonces comezamos co reconto de votos en contra da acta e saen 36. Procedemos cos favorables a aprobar a acta e hai problemas, porque saían 36 e claro, non podía ser…. Houbo que contar varias veces para que Daniel levase 37 favorables a aprobar. Houbo 3 abstencións. Que mal saen as contas, porque así son 75 votantes… Moita dialéctica de por medio e fala Pepe do Xastre, para instar ao presidente a que el non debe facer o reconto de votos, pois chega xunto dalgunha xente, míraa e pregúntalle “levantas ou non levantas”, e xorden os seus poderes máxicos que fan que esa persoa levante a man. Así é que se decide que conte a secretaria. E solicítase que se volva a proceder á votación, porque non coinciden os votos cos votantes, ao cal o presidente alega que nunca van a coincidir porque hai xente entrando e saíndo continuamente. Discútese durante 20 minutos se se volve votar ou non e nada, vólvese a votar: saen 37 en contra, 40 a favor e 2 abstencións e faltan de novo 2 votos.
Pásase ao seguinte punto, aprobación das contas, que son tres anos os que hai que aprobar e segundo Daniel, todo mundo está informado das contas porque estas se envían ao detalle… Non o cre nin el, pero bueno.
Das contas do 2011 sae un balance negativo de máis de 39.000 euros… Mi madriña… Hai certos gastos que non se sabe moi ben se son certos, por exemplo inclúe no pago das festas a capela de S. Antonio e segundo Marisol, que todos sabemos que é unha das que leva a festa ano tras ano, só recibiu iso desde fai 2 anos, é dicir, 2012. Xicón pregunta por un dos gastos, o sulfato, que cantas hectáreas se trataron e é aí cando cos cartos dos montes de man común di que se sulfataron os montes da SAT de Trabada, de Teixido-Roxal, Costa-Granda e Trapa-Órrea. E digo eu, por que hai que sulfatar os montes privados cos cartos de man común?
Pero o mellor é cando se lle pregunta por que logo aparece tamén nas contas da SAT o sulfato, non hai resposta. E cando se lle di de por que hai que sulfatar cos cartos de man común os montes da SAT, di que por que se aprobou así e que son “servicios sociales”. Ímoslle recordar que para min servizos sociais son outras cousas, como por exemplo na comunidade de Cangas de Foz co tanatorio gratis para tod@ comuneir@, servizo de ambulancia para rehabilitación, etc.
E volvemos ao debate da aprobación das contas, porque pretende que se aproben cando non se entenden e deberían de ir especificadas como se fai noutros sitios, que se aclaren os conceptos. Resposta, “están a disposición na oficina”. Pero por que hai que ir alí, como dixo Xicón “quen me vai pagar o tempo de estar na túa oficina léndoas, eu se as teño na casa e quero poñerme a lelas ás noites quen me quita? Eu xa fixen catro fillos e estou máis entretenido léndoas” (menos mal que hai quen lle poña humor, que senón era para morrer).
Vótase: 37 en contra das contas, 2 abstencións e 41 a favor. E nada, agora non sabemos cantos votos tería que haber, porque saíu xente, entrou xente, merenda de negros…

E coas contas do 2011 despedímonos ata a próxima. 

7 comentarios:

  1. Segun explicais aqui en canto o sulfato dos montes da SAT, supoño q todos os veciños da parroquia seran propietarios de algun monte nalgunha das SAT. Porque si non é así terán que ser compensados económicamente de algun xeito pa ser todos iguales; ¿ ou tamen aqui hay categorias ?? Por outro lado, os productores de madeira de Trabada (PROMATRA), compraron unha máquina pa sulfatar os montes da sua propiedade; que montes foi os que sulfatou, os de quen e canto gastou logo ??? Os dél e os da sua cuadrilla seguro que sí. Vaia unha democracia de merda !!! Das cantidades polo q vexo non fai comentario; tampouco será tanto, único que tamen aqui queira meter o guante, quen o sabe !!!
    O que non me explico é como deixou grabar á Asamblea; colléstelo despistado que senónn non sei o levariais a cabo, é que coa Garda Civil e co alcade na Asamblea non sei como vos deu permiso. Está moi ben así, agora non pode poñer o que lle pete nas actas; ou non debera. Noraboa e moito ánimo pa seguir dando caña.

    ResponderEliminar
  2. Coméntase polas terrazas do pobo que tanto comentario deste blog, xá ralla. Non debe ser este o caso porque ....... A tracatra non lle quero nada do conto como lle faga unha visita ó "corrector ortográfico", poden saltar charamenas.
    Coa chegada do bo tempo, a xente adícase a ir a praia e esquécese de comentar no blog.
    Queitano, Marta, Lucia, Vilar FS,Teresa, etc, etc, deben estar de vacacions; sinon non se entende.

    ResponderEliminar
  3. Como se poden aprobar semellantes contas? Onde estan as facturas? - 39000 euros... de que? Incrible tanta boa fe !!!

    ResponderEliminar
  4. Pois Marta non está de vacacións, pero sobran comentarios me parece ante feitos evidentes. E como parece que é predicar en deserto porque non hai mellor xordo ca o que non quer oír, pois para que comentar, bastan os feitos se alguén se quer facer á idea de que está a pasar co tema do monte, ¿ou é que non está claro?, ¿onde están os cartos?... No peto dos veciños non, pero algúns deben ter demáis, que non lle dan ningunha importancia.
    Ademáis, agora hai nova xunta reitora, haberá que darlles a oportunidade de demostrar que se poden cambiar as cousas.

    ResponderEliminar
  5. Eu tampouco tou de vacacions. O que tou é moi cabreada por varias cousas que de momento non vos vou contar porque case sempre falo tanto que "me paso de lista".
    Tou moi atenta a todos os comentarios que no blog se fan e tamén os consellos pa nova xunta reitora,.

    ResponderEliminar
  6. Pois no que respecta a Lucía, creo que aínda comentou abertamente o artigo anterior e que son das poucas persoas que dou a cara, que digo as cousas sen medos... E de vacacións tampouco estou...
    E a anónimo das 10.30 dicirlle que as charamenas do corrector tamén lle van a saltar a vostede... que o seu galego tamén deixa que desexar (tanto ou máis coma o meu, que non vou eu a presumir tampouco do meu perfecto dominio do galego normativo na escrita).
    Pásame que o traballo me absorbe demasiado nestes días e non teño todo o tempo que quero...
    Pero si, hai demasiadas cousas coas que flipei e flipo... eu vivín a reunión en directo, non vía as caras pero oír, oíno case todo desta xuntanza e da anterior... e dá pena... Leo as contas e non sei en que se foron os cartos.... e moitas cousas máis que me vou a reservar, porque ás veces a información é poder e hai xente que non interesa que sepa tanto coma min de certas cousas...
    E mira, se a xente das terrazas comenta que o blog ralla, éche porque o le e non pasa del, así que, é que está vivo....
    Animo á xente a comentar e a expresarse libremente, animo á nova xunta rectora e animo a que se loite pola igualdade dun pobo que parece vivir na Idade Media... e tamén a Trakatrá a que nos siga dando leccións cos seus bos comentarios, que a min os erros ortográficos non me importan, o caso é a mensaxe que está por detrás

    ResponderEliminar
  7. Hay Lucía Lucía!!!!!!

    ResponderEliminar