Premios 20Blogs

miércoles, 27 de agosto de 2014

O QUE A PRENSA CHAMA "ENCONTROS COTIZADOS" CANDO DEBERÍAN DE SER "ENCONTROS INTERESADOS"

O pasado sábado 22 de agosto saíu publicado o seguinte artigo no xornal El Progreso



Sorprenden frases como que o obxectivo último destes encontros reside en dar un empurrón ao municipio para que sexa máis coñecido. A nosa pregunta é “que sacou Trabada desta comida nunha propiedade privada dunha serie de personaxes que nada teñen que ver con esta terra? Que só visitan o concello para esa comida?” Se o obxectivo é dar a coñecer o noso pobo, faga señor Elías algo por el, axude a que á veciñanza se lle recoñezan os seus dereitos; xa que ten uns estudios de grabación faga un anuncio para difundir nos medios cos encantos da súa terra natal; veña vostede a pasar as vacacións de verán aquí e traiga aos seus cotizados amig@s a pasar uns días acó; axude ás asosacións do concello a traballar para achegar a cultura á veciñanza; faga unha comida de confraternidade aberta a toda a veciñanza…
O que si nos queda claro é que o Sr. Elías mantén unha parte da súa vena poética de cando viña nos veráns e cantaba na orquestra Siboney e facía dedicatorias a unha señora, como unha que dicía “si te quise fue antojo, si te amé fue fantasía, si fuiste tonta quién te ha mandado, yo logré lo que quería”. Desta vez os poemas non foron dedicados a ningunha dona, pero foron dedicados a un fillo predilecto de Trabada.
E total, a nova desta comida tan só se fai a coñecer nun xornal a nivel provincial, se queremos darlle sona ao noso municipio, que veñan medios a nivel autonómico polo menos. Aínda que se lemos o artigo, estando o director do xornal que fixo eco da nova, quen senón tería dereito a dita exclusiva!
Hai cento e unha mil cousas que pode facer polo seu concello natal máis que unha comida para 33 personalidades… Porque vaia personalidades levou vostede! Se partimos xa da base de que levou de invitado ao personaxe que ten dividida ás xentes da parroquia dende fai anos, o sr. Daniel Villapol. O que lles nega a condición de veciñ@s á metade da parroquia, o que anda a aproveitarse da falta de coñecementos da veciñanza e tenta enganala… Por favor!!
E por non dicir, que outros dos convidados foi o exdirector do colexio público de Trabada, que non acabou con el de casualidade. Home recoñecido no pobo pola súa falta de educación, cando o que debería de transmitir aos alumn@s era o contrario.
Non sexamos hipócritas e digamos que vostedes fan unha comida para pasalo ben, conversar, intercambiar impresións dos seus negocios, etc. Que están en todo o seu dereito, pero non vendan o que non é. 


martes, 19 de agosto de 2014

AS PUBLICACIÓNS DA PRENSA SOBRE O MONTE DE MAN COMÚN DE TRABADA

O venres 4 de xullo, 12 días despois de ter lugar a asemblea ordinaria dos Montes de Man Común apareceu esta nova no xornal El Progreso:
Sorprende bastante como os medios de comunicación dan parte das novas cando lles dá a gana, porque despois de tanto tempo, quen lles deu conta da nova? Por que esperaron doce días a publicar?
E tamén sorprende o último parágrafo, onde fala de que a anterior xunta directiva puxo unha demanda contra varios veciños por alteración da orde e non deixar que se celebraran as asembleas, e dá a entender que se retirou a demanda porque acudiron as forzas da orde á última asemblea e se celebrou sen incidencias; cando houbo os mesmos máis e menos que nas outras, se increparon cousas por ambas partes, etc. Está visto que o papel aguanta co que lle poñen enriba e neste pobo interesa moito a desinformación.
Pero aquí estamos nós para informarlles e dicirlles que @S INDIGNAD@S SEMPRE QUIXERON CELEBRAR AS ASEMBLEAS, pero a prepotencia do Sr. Daniel Villapol, as súas mentiras, as súas ilegalidades  foron as que provocaron que non se levasen a cabo. Que xa NOUTRA ASEMBLEA SE PRESENTOU A GARDA CIVIL chamada polo sr. alcalde e non porque eles estivesen ou deixasen de estar, se celebrou a asemblea.
Chegados a este punto, non sabemos quen é o peor, se o señor expresidente pola súa xestión, se o sr. alcalde por apoialo e non axudar á veciñanza por igual, se os medios de comunicación por non facer un xornalismo obxectivo.

jueves, 7 de agosto de 2014

DERRADEIRO ROUND DA ASEMBLEA DO 22 DE XUÑO DE 2014

E aprobados os orzamentos do 2014, continúa a asemblea coa presentación da oportunidade de que se instale unha torre de control de incendios en terreos da comunidade e con custe cero para isto, xa que os cartos veñen dunha subvención de industria e da comunidade europea. Ninguén se opón a dita obra despois da insistencia de saber que vai a ser gratuíta, suponse que son catro empresas e que o fan por investigación. Teresa nese intre dille a Daniel: “home, algunha trampa por detrás tarás amañando”, e sorprende a súa resposta (a de Daniel)  con risas: “home claro”.
Seguinte paso importante aprobar o proxecto de ordenación, pero vamos, señor Daniel, que haberá que actualizalo para aprobalo. Hai feita unha planificación que está caducada e que habería que revisar e planificar de novo. Pero isto é algo que lle debe corresponder á nova xunta rectora e non sabemos por que se salta a orde do día para falar deste tema, el saberá.
Pasamos ao informe do presidente, aquí fálanos de que hai 3 cortas que é urxente facer e que xa quedaron desertas e lle parece que van volver a quedar desertas, segundo a información que lle deron en Lugo. Engade que é importante o proxecto de ordenación para facer algunha pista porque estes lotes quedan desertos precisamente por non haber saída… E dicimos nós, ¿quen foi ata o de agora responsable dese tema? ¿Por que non se abriron pistas se saben cal é a causa de que queden lotes desertos? ¿Que intereses hai por medio?
Seguinte problema do informe do presidente, unha liña eléctrica que pasa por Alvarón e que nunca houbo nada, pero que agora non se sabe por que, os de Vilanova queren apropiarse dalgo que levamos máis de 40 anos desfrutando… O problema está no deslinde que hai feito ou non hai feito, vamos. “Levamos muitos anos en posesión del”, os da liña seica “pagan fuerte”, pero nós estamos en  números vermellos. Hai que darlle potestade á xunta rectora para que negocie e seica non vai ser tarefa fácil.
O próximo punto a tratar é a certificación FSC, que é moi importante. Que como lle di Rogelia, é algo que de momento é gratuíto e que quere colar como con custe… Deixémolo aí.
E por fin chegamos á renovación da xunta directiva, pide que haxa quen presente unha candidatura, que está a tempo agora. Teresa dille que iso tería que aparecer na carta que se enviou aos fogares para ir preparad@s, que as cousas non se fan así, ao que el alega que iso se podía consultar na documentación que estaba preparada…. ¿Que documentación? ¿A que ten el na súa oficina privada?
Leva tempo a decisión de quen se presenta ou se deixa de presentar á xunta rectora, se dando nomes, non dando, que se hai voluntarios, que se hai bandos ou non hai….  Que se lista aberta, que se lista cerrada, que se facemos tipo votación do Senado… en definitiva, todo son pegas ao sistema de votación. Ao final di de “chegar a unha lista consensuada”, porque é “bo a renovación, que entre unha persoa nova…” Tírase flores de que é unha comunidade que traballou moi ben, que ten todo deslindado (ups, estamos tendo perdas de memoria, que fai un anaco había problema con Vilanova polo deslinde), case todo plantado, etc, etc
Empezan a saír nomes, como Manuel do Pacio, José Ramón do Bizarro… Daniel non quere facer unha votación e quere ir sacando nomes a dedo e que entre eles se nomeen os cargos. E ao final acábase por facer nomeamento por bandos, un dun lado, un do outro. Daniel propón a José Ramón de novo, o bando dos indignados a Manuel e na seguinte amáñase, Daniel propón a Marisiña, que acababa de entrar como alta, pero que se nun punto anterior el mesmo di que as baixas non son baixa ata que remate a asemblea, pola mesma regra de tres, as altas tampouco o son ata o final da asemblea, ou non? Vamos, que o coador que levaba consigo era ben gordo, menos mal que as cousas moi gordas non deron pasado por aí. Despois Daniel nomea a Nuria. Dos nosos a Teresa. Daniel di que outra persoa gran profesional é Juan Carlos, pero non o aceptan por parte dos indignados, xa que como ben di Neira “é comuneiro grazas a nós e agora deu a espalda”. Entón volta Daniel en “por que non aceptades a Marisa que é unha persoa moi interesante?”, e como ben lle din, se os que se deron de baixa seguen votando e participando da asemblea, as altas non o van a ser ata a próxima. E axusta e compón, alá van os nomes, definitivos José Ramón, Daniel, Anabel, Nuria, Teresa, Neira e Manuel. Hai que dicir que este último non está de acordo con este sistema, porque di que é un apaño, cousa que é verdade, pero chegados a este punto, non imos volver atrás.  E aquí volve a xurdir outra polémica, a de como elixir o presidente e secretario, que ao final se decide que se escriban dous nomes nun papel e voto segredo, o de maior número de votos presidente e o seguinte secretario. E por fin sae de presidente Manuel con 5 votos e secretario José Ramón con 3 votos. Quedando o resto da seguinte forma Neira con 2 votos e o resto empate con 1 voto.  E segundo se acaba de votar, quere dar por rematada a asemblea sen rogos e preguntas. Neira pregunta como é posible que nas actas non apareza o seu nome para nada e se vaia a Mondoñedo a demandalo e que Alejandro diga que o insultou, e Alejandro sae con que recibiu ameazas por teléfono, cando iso non vai nin ven. Neira pide que conste en acta a súa pregunta e maila resposta e Daniel di que iso “é un tema ajeno á asamblea e non se pon”. E coa mesma, da por rematada a asemblea, porque non hai rogos nin preguntas, mais ben, non da oportunidade a facelos. A pregunta é, a xunta rectora denuncia a unhas persoas en nome da comunidade e iso non é asunto da asemblea?

E así nos despedimos desta asemblea, esperemos que agora a secretaria deste día poida, por fin, rematar de redactar esta acta, que agora si que o ten fácil.