Premios 20Blogs

jueves, 25 de septiembre de 2014

As tramas de Don Dani

Dende fai un tempo estamos observando que, Daniel Villapol (Don Dani) anda tramando para disolver a comunidade de montes. Un señor que non fai máis que crear división e cizaña coa xente do pobo. 

Trabada é un lugar moi tranquilo, onde non hai ningún tipo de problema, salvo os que crea el. Se doutro pobo se tratara, a este señor quizáis xa lle houberan feito máis dun traxe. Iso si, as medidas tomaríanllas cun borto ou cunha aguillada. 

Cando este señor (Don Dani) que presidía a comunidade, atopou os montes cheos de madeira non lle interesou que recaeran nos seus propietarios, pois claro, sendo moitos, para el era moito máis fácil manexar ao seu antollo e aproveitarse da situación.
 Agora que os montes están repoboados daquela maneira, ata el se presta como institución bancaria e aportar o capital para que lles sexan devoltos a propietarios (os cales non existen, que os reais propietarios son @s comuneir@s), claro está, coa condición de que el e os irmáns se van quedar co 30% do que el cre que se pode recuperar, máis o que lles toque por propiedade, eu boto contas e máis da metade del: moitos minifundios lles van quedar aos que teñan algún tipo de dereito (haise que rir por non chorar, que aínda haxa xente que o apoie).
 Aínda que sendo sinceros, é bastante imposible que consigan chegar a bon porto con este tema. Esperamos tamén que a nova Xunta Reitora estea ao corrente desta maniobra e defenda a TOD@S das venganzas deste suxeito.

Como ben se dixo neste medio, vendéronse nestes montes case que 100 millóns das antigas pesetas de madeira, repartiuse pouco e a quen el  (Don Dani) quixo, e non a quen lle pertencía (deixando todo esquilmado), iso si, sempre cunha fin, a de amontoar vontades ao seu favor.

E agora, anda a arrastrarse outra vez este señor (Don Dani, un tipo da súa categoría e arrastrándose) polas casas da xente na busca de apoios, con chamadas e visitas. Dicimos o de arrastrarse outra vez como cando percorreu casas de noite, baixo a chuvia agachadiño debaixo dun paraugas, para repartir queixos de tetilla a tódolos comuneir@s para ganar adept@s. Xa que antes era obrigatorio ir ás rutas, ás reunións e ás comidas para obter o regaliño. Ai! Pero que non é algo que lles dese a vostedes comuneir@s do seu peto, que resulta que vostedes se fan autorregalos, que esas cousiñas proviñan das rendas dos seus montes. E para máis inri, tiña o permiso de cada un de vostedes para elixir que regalo se facía? Porque eu creo que seguramente, e nestes tempos de crise máis, sería mellor que lles dese 10 euros e vostedes empregalo no que lles fixera falta, ou non?

E si, anda molestando en persoa e por teléfono a xente que el (Don Dani) sabe que o desprezan, pero dálle igual. Houbo quen lle dixo á cara: “a ti aínda que che chamen …. (o máis forte que se poidan vostedes imaxinar), se gañas 5 pesos con esa persoa, a ti dáche igual, non?” e calou a boquiña. Na miña terra o que cala outorga. Quere devolver eses montes que están daquela maneira a non se sabe moi ben quen.

Porque unha pregunta que xorde é:

“Dende os anos 40 estes montes non entraron no reparto das herdanzas de ningunha familia, co cal: a que herdeiro lle corresponde? Por exemplo, “hermanos Villapol” son os que lideran esta reclamación, eles eran dez irmáns e seguro que estes montes non apareceron na herdanza dos pais, co cal: quen reclama eses montes? Os dez? Pero xa hai dous irmáns que morreron, co cal quen reclama o de Pepe? A viúva e os tres fillos? Quen reclama o de Eduardo? A viúva e a filla? Cantos miles de minifundios se van a repartir? Porque tamén digo eu, se realmente chega a porto esta reclamación, despois poida que outra xente reclame o seu dereito, e cando hai xurisprudencia sobre un tema, hai que seguir na mesma liña, e igual o conseguido se vai reducindo cada vez máis e somos máis para o reparto… Non sabemos se “Don Dani” pensou nesta posibilidade nin se ningún dos seus/súas defensores tampouco o pensaron”.

Apuntar tamén que moi normal non é defender a capa e espada a comunidade de montes, apelando á xustiza, non deixando entrar ás persoas que por dereito deberían de entrar desde un principio, e agora de repente, facer todo o contrario. E tampouco é xogar limpo (aínda que dubidamos que sepa), porque se un vai a reclamar que se lle devolva algo, non debería de estar formando parte da directiva dese algo. Así que élle mellor sr. Villapol (Don Dani), dimitir do seu cargo de vogal na xunta rectora da comunidade e dedicarse só a unha cousa.

Anda, e esquecíanos que hai un “RUN RUN” polo pobo que di que cando el (Don Dani) tiña vara alta na fábrica de Ence en Navia (a papeleira coñecida por tod@s) co señor Llorente, probablemente, este tivo un detalle cos propietarios da concentración dos montes de Trabada (arredor dun millón de plantas) e estes non se enteraron. Tamén hai que dicir, que agora el (Don Dani) é un señor ao que desprezan en Navia (en dita papeleira, que tampouco sabemos se no resto do pobo tamén, que todo cabe dentro do posible), vamos, que é persoa non grata.

Señor Alcalde, co debido respecto polo que vostede representa: como é posible mirarlle de frente a un tipo que di diante dunha xuíza que Xicón non é de Trabada? que non sabe onde vive Pintada e foi á inauguración da súa casa? que non coñece a Celina e foi á súa casa a visitar ao seu marido enfermo e obreiro seu?  e outras cousas máis sangrantes. 
Moitas destas familias votáronlle sempre a vostede (a de Don Dani non), pero a el deféndeo a capa e espada e á veciñanza non. Algúns non teñen reparo en dicir que lle queren ben, pero defraudounos, pois parece que lle dá máis creto a unha "milonga" (mentira) de Don Dani, que informarse dos verdadeiros problemas destas familias. 

E xa para rematar, a aqueles/as que ledes o blog, e non teñades ao día a día do que pasa neste pobo con este fulano (Don Dani), é vergonzoso, por non dicir de pena. Todo o que pasa neste pobo o manexa el (don Dani), todo o "examina", todo o "lía", todo o "manosea"; iso si, como dicían os nosos vellos, sempre cunha finalidade.
Venga a nos al tu reino D. Dani, é o que da entrevistas nos xornais, o que sae na tele, é o conferenciante, é o penoso. 
Pero tamén é o que ten os votos e gañan eleccións, apláudenlle, a pesares de que xa dicía Machín cando saía a conversa e que listo era Machín!: "coidado con este tipo que é moi dañino". E dicimos nós: ¿ninguén se da conta de que a intimidade política con empresarios sempre deu resultados nefastos para o político? 

PD. Sr. Alcalde, mire por favor, quite o emblema da Comunidade de Montes dos impresos oficiais do Concello, dicímosllo de verdade, porque viste feo e non representa a tódol@s trabadenses. E tamén aquí é Don Dani o artista de referencia (coma en todo o que pasa neste pobo), si hai por casualidade algo pendente de dereitos de autor (D. Dani), liquídeo. 
A pesar de que segue caciqueando (é o único cacique do pobo, ninguén lle pode facer sombra como cacique), xa manda menos na comunidade de montes.



jueves, 18 de septiembre de 2014

E xa pasou un ano

Pasou un ano desde que empezamos esta andaina, con moitas ganas e con pouca fe. E un ano despois, non podemos estar máis satisfeitos de todo o que conseguimos. A moitos pareceravos pouco, a nós que estamos aí tódalas semanas ao pé do cañón, parécenos moito e non podemos menos que darvos as grazas a vós e a moita xente que se foi enterando e que se foi sumando a esta iniciativa dun xeito ou doutro, que hai mil maneiras.

Grazas a...

- As cerca de 90.000 visitas que levamos neste blog. Nun ano nin vos podedes imaxinar o conseguido. Hai blogs de temas máis relevantes que non chegan a tanto en anos.

- Aos máis de 600 amig@s que temos en Facebook.

- A tod@s aqueles/as que nos escribistes mensaxes por privado en Facebook ou e-mails para compartir información importante non só para os montes, senón para Trabada en xeral. Moitos temas non puidemos compartilos porque esta iniciativa naceu por e para o monte, e aínda queda moito por facer. Seguramente coa vosa axuda, poderemos ir engadindo temas pouco a pouco. Pasou un ano pero esperamos seguir aí un pouquiño máis.

- A tod@s @s que comentades case cada artigo. Sabemos que houbo polémica con algún comentario, pero en xeral, e pouco a pouco, son cada vez mellores e cada vez aportan máis información. Hai algúns incondicionais que non podo deixar de mencionar: Trakatrá, Teresa, Lucía, Marta, ...

- A tod@s @s que vos achegastes a nós dun xeito ou doutro e colaborastes con artigos, con información conseguida de moitas maneiras distintas...

- A tod@s aqueles/as que sen coñecernos de nada e vernos nas redes sociais, nos chamástedes para axudar. ¡Que dicir da Organización de Montes de Man Común! que aí estivo para compartir e para achegarse ata Trabada e contarnos a todos como vai ser a nova lei a través de Pepe Pereira. E outros moitos de outras asociacións que nos mostraron como se poden facer as cousas doutro xeito máis xusto para tod@s, como por exemplo Milucho da Fruga.

Pero temos deberes para o ano que vén, non podemos parar porque a loita non rematou:

- Aínda hai solicitudes de entrada sen aprobar, faltan veciñ@s por admitir e hai que facelo porque teñen dereito, tanto coma algúns e algunhas d@s que xa están.

- O expresidente comezou a loita contraria á que tiña cando era presidente. Agora que xa non pode facer as cousas á súa maneira, mellor loita por devolver os montes a propietarios aínda que exista unha sentenza xudicial en firme que denegou o asunto. Algo sacará... xa o veremos co tempo.

- Hai que aclarar os lindes, aclarar as contas, facer auditoría...

Esta nova xunta reitora ten moito por facer. Pero ten algo bon, que sabe que as cousas claras e ben feitas ao final levan sempre a bo porto.

Así que esta semana que facemos un ano, só podemos pedirlles que sigan loitando coas mesmas ganas e que para o ano que vén, sigamos aquí contando só cousas boas, iniciativas que sexan boas para tod@s e que axuden a facer Trabada un sitio máis xusto, mellor, e libre de xente que só mira polo seu propio interese.

jueves, 11 de septiembre de 2014

O terreo real dos montes de man común

Sempre falamos de que nos gusta dar unha información verídica do que realmente está pasando en Trabada en relación cos montes de man común, e cando damos unha información errónea, gústanos rectificar.
Levamos xa falando en varios artigos da mensura dos montes da comunidade como que eran máis de 400 hectáreas, e así era ata que se delimitou cos montes da Vilapena. Non sabemos se a negociación foi a correcta nin como foi, segundo os da parroquia lindeira todo foi correcto e nós fiámonos da palabra do presidente (Don Dani) e dos conveciños. Aquí está a resolución que recolle o cambio e o número de hectáreas que realmente pertencen aos montes de man común de Trabada:

Xa ven vostedes que se reduciu bastante o terreo.
Agora tócalle á nova xunta rectora facer o deslinde co concello de Lourenzá, o cal o expresidente (Don Dani), sabía que era un gran problema e non sabemos por que motivo, non o solucionou. Algún interés debía de ter, porque senón xa se tería movido...
Desexarémoslles sorte e que o noso monte non siga a perder terreo. 

jueves, 4 de septiembre de 2014

O QUE SE FALA NOS PLENOS SOBRE OS MONTES DE MAN COMÚN

Non sei se vostedes saben que calquera persoa veciña dun municipio ten dereito a asistir aos plenos desenvoltos no mesmo e que, hai que dicir, se debería de ir. E dirán vostedes a que vén isto?  Pois a que o 16 de maio tivo lugar un pleno no que no derradeiro punto de rogos e preguntas se tratou o tema dos montes de man común.
Sorprende a reacción que tivo o alcalde cando se lle pregunta pola denuncia que puxo a comunidade de montes a sete veciñ@s do concello e da que el é partícipe, (se ti es membro dunha comunidade de montes e se fai unha denuncia en nome da comunidade, es un demandante máis no medio dos noventa que deberían de ser daquelas ). Emprega un símil e di que el como alcalde pode formular unha denuncia e o seu grupo non ter coñecemento nin parte no asunto, con independencia de que el llelo comente; pero como ben lle puntualiza a sra. García, non foi o presidente da comunidade o que puxo a denuncia, senón a comunidade e que o sr. Alcalde debería de estar sabelo ao igual que o resto dos comuneir@s. Ao cal o alcalde contesta que “para que eu o supera como comunero tería que haber unha acta da asamblea onde figure o acordo da mesma”….  Así que, queda ben claro de que a xunta rectora ou o presidente non deron conta a ninguén da denuncia formulada, que tomaron acordos deliberadamente sen contar cos membros da comunidade. Tamén afirma que el nin como alcalde nin como comuneiro denunciou a ninguén nos vinte tres anos… co cal non estamos de acordo, que ata @s comuneir@s se denuncian a si mesmos.
Cando se lle pregunta sobre a intervención da garda civil chamada por el a través do subdelegado do goberno explícao dicindo que houbo varios intentos de celebrar asembleas, que non se levaron a cabo por culpa duns comuneir@s que “van a reventar os actos, profiriendo incluso amenazas e que convirten aquilo en un espectáculo bochornoso, que fai imposible levar a buen término cualquier asamblea general, convocada de maneira correcta, e impiden a súa celebración porque montan uns pitostes increíbles”.  El simplemente antes de que houbese un problema gordo, deu parte ao subdelegado do Goberno e este tomou a decisión oportuna… Seguramente que o informe que enviou o sr. Alcalde non influenciou no subdelegado, vamos, que agora andamos todos con cueiros e temos que crer todo canto nos contan.
Intenta botarlle a culpa de que non se lles dea entrada á xente que quedou fora a dúas familias que, segundo el  non teñen dereito a pertencer e chega a dicir que para resolvelo “a señora de Asturias e a súa familia (a da sra. García) non pretendan ser comuneiros”. Cousa que non é certa, porque estas persoas non seguiron coa demanda adiante.
Neste punto a sra. Yanes  intenta intervir pero o alcalde dille que ”non está no uso da palabra, que non é a portavoz”. Esta insiste en intervir e di que “queda grabado”, ao que o alcalde contesta “que non se está grabando e que garde silencio”. Gustaríanos ter a versión do sr. Alcalde, pois por que non se estea a gravar,  vaise a poñer na acta o que a el lle dea a gana?
A sra. García di que como rexedor do pobo debe interceder polos veciños que intentan defender os seus dereitos, pero o alcalde di que se os 5 ou 10 que faltan por entrar retiran a demanda, que el se compromete a apoialos para que entren. En cambio, cando lle pregunta se vai a mediar para que a Comunidade de Montes retire a denuncia, di que non, que iso hai que dicirllo ao presidente ou á comunidade (a cal, se non fora porque somos poucos na parroquia, non saberían nada). Vamos , que ao alcalde só lle interesa que se retire a demanda por unha parte, a outra dálle igual.
Como o tema non gusta, quere cerralo e di “que si a Comunidade precisa dun acordo previo para formular a demanda, o presidente non podería presentala demanda en nombre da Comunidade porque non houbo ese acordo previo, e solicito que conste en acta que non houbo ningunha asamblea”. Ábrese un debate con conversas cruzadas para finalizar o alcalde dicindo “que este non é foro para debatir sobre o tema, e que estou disposto a mediar para ver si se cierra este tema por todos, que é realmente malo, aínda que non é competencia nosa, e que o tema é fácil, basta con solicitar un certificado do acordo da asamblea, a da súa convocatoria, celebración e termos da mesma. Que entendo que ante a imposibilidade de celebrar asambleas sí pode o Presidende intervenir, pero non facelo en nome de todos os comuneros que non temos nin idea”.
Esta derradeira frase sorprende bastante, porque está a recoñecer que o que fixo o sr. Villapol non está ben, pero non fai nada para mediar. Tenlle medo vostede sr. Alcalde ao sr. Villapol? Débelle moitos favores? Ou xa postos, quen é o alcalde real do concello?
E xa a pregunta do millón: por que seguimos a darlle o voto a este señor que se supón que debería de defender os intereses de toda a veciñanza e o único que fai é axudar a catro amiguetes e se pode prexudicar a todo aquel que non opine coma el?