Premios 20Blogs

jueves, 25 de diciembre de 2014

Bo Nadal

Os blogueiros de "estapasandoentrabada" queremos desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

Collemos nós tamén uns días de vacacións para disfrutar cos nosos destas datas e prometemos comezar o ano con artigos interesantes para todos.

PARA TODOS ¡FELIZ 2015!

jueves, 11 de diciembre de 2014

CONTINUACIÓN DA ASEMBLEA DO 22 DE NOVEMBRO DE 2014

Continuando co artigo da semana pasada, non podemos pasar por alto o momento no que a Xunta Reitora trata o caso de María Gloria Bermúdez Riopedre, porque enseguida salta Daniel de que esa familia “non ten independencia”. Pero se vostedes buscan na referencia catastral aparecen como vivendas independentes, con IBI independente, facturas de luz independentes…. Daniel insiste en que “non hai separación horizontal”, pero é que se imos a buscar as cóxegas, igual hai algunha familia de nai con dúas fillas vivindo no mesmo edificio que non se sabe se hai esa separación horizontal, nin hai constancia de que a presentaran… todo sexa dito! Igual o gran problema de D. Dani era que o precursor da entrada de nov@s comuneir@s, ao final o conseguise. E que claro, como ben di, el coñece moi ben ese caso, outros non, pero ese coñéceo ao dedillo… debe ser polas veces que Marcelino o invitou a tomar cafés na súa casa. O mellor de todo é que o concello cobra por dúas vivendas e no seu momento só recoñeceu unha!

Así é que a xunta reitora chega ao seguinte acordo para facer a proposta á asamblea: a Daniel Arias Romeu, María Rogelia Beatriz Otero Lombardero, Rosa Gómez Fernández, Luis Fernández González, Emilia Sal Álvarez, Ángel González Corral, Ángel Alvite Fernández e María Gloria Bermúdez Riopedre déuselles o visto bo pero están todos en sentenza. Danlle o visto bo sen ningún tipo de problema a Mª de los Ángeles Rey Barrera. E váiselles demandar máis documentación a Luz Valiña González e a Juan Antonio García Álvarez.

Enléase un pouco o sistema de votación antes de chegar a un acordo de como facela, que vai a ser por voto segredo, marcando cruces en papeis entregados.

Remátase o tempo da asemblea previa para dar paso aos comuneir@s que van ser partícipes dela, unha vez acomodados toma o poder da palabra Manuel para explicar o tema da expropiación dos montes das Louseiras. Hai unha compañía eléctrica que está interesada no aproveitamento deses montes para unha liña. Nos montes onde non houbo acordo fíxose unha expropiación, que é o caso no que estamos. Nunca os propietarios dos montes abertais de Lourenzá fixeron caso destes terreos ata que apareceu “Red Eléctrica” e houbo carto polo medio. Como non houbo acordo de quen eran eses terreos, abriuse unha conta na que a compañía eléctrica ingresa a nome de ambos propietarios, Lourenzá e Trabada, e para iso precísase a ratificación da asemblea xeral. ¿Como se vai resolver isto? Pois non sabemos se administrativa ou xudicialmente, pero polo menos que non desvaloricen o terreo. Todo mundo está de acordo coa postura tomada por parte da Xunta Reitora.

Despois pásase ao segundo punto da orde do día, onde se informa que cinco persoas por sentenza firme son nov@s comuneir@s, que non é preciso que se sometan a votación. Seguen informando de que houbo once solicitudes de entrada e que as separaron en tres grupos, o primeiro no que se di que estas persoas teñen completo dereito a ser comuneir@s pero que hai unha sentenza que di que non. O segundo é María de los Ángeles Rey Barrera que viron que non había ningún tipo de oposicón a que entrase. E o terceiro grupo é o de xente á que se lle vai a pedir documentación, Luz e Juan Antonio. A continuación procédese á votación das persoas pendentes de entrar, as da sentenza en contra e a de Ángeles, porque todos estiveron de acordo en solicitar máis documentación ás dúas persoas que a xunta reitora tiña dúbida. E sorprende que haxa votos en contra da veciñanza, quedando así os números de votos:

Chorra: 46 votos a favor e 5 en contra 
Rosa: 43 a favor, 7 en contra e 1 abstención
Beatriz: 46 a favor e 5 en contra
Cebolo: 46 a favor e 5 en contra
Emilia: 46 a favor e 5 en contra
Ángel González: 46 a favor e 5 en contra
Ángel Alvite: 46 a favor e 5 en contra
Gloria: 42 a favor e 9 en contra
Ángeles: 48 a favor e 3 en contra

E podemos chegar a entender que certa xente non queira que entren os que foron a xuízo porque teñen resentimento, que non é que o entendamos, porque ante todo debería de primar o sentido común, cousa da que vemos que en Trabada non se fai uso. Pero que haxa xente que a Ángeles, a filla de Josefiña, que leva toda a súa vida no concello, lle dea votos en contra, ten tela mariñeira, porque trabadenses, tod@s sabemos da situación desta rapaza.

A continuación dáse a palabra á veciñanza comuneira para rogos e preguntas, infórmase do cambio de xestoría e dos proxectos en mente e que son máis urxentes, como o proxecto de  ordenación do monte.


E así  dáse fin a esta asemblea, con boas formas, novos proxectos e con ganas de traballar para TOD@S, non para os catro amig@s que nos dan os votos cando os precisamos.

jueves, 4 de diciembre de 2014

A PRE-ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO 22 DE NOVEMBRO

O pasado 22 de novembro  levouse a cabo unha xunta extraordinaria da Comunidade Veciñal de Montes de Man Común de Trabada, que se celebrou sen problema algún e sen que a Garda Civil tivese que facer acto de presenza.

A orde do día establecida era, primeiro ratificar os acordos tomados coa comunidade de montes abertales  de Louseiras do concello de Lourenzá; segundo, a inclusión de nov@s comuneir@s e terceiro, establecer rogos e preguntas.

Antes de que dese comezo esta asemblea fíxose unha reunión da xunta reitora para tratar diversos temas.

 Por unha banda, Manuel fala de que hai certas persoas maiores que preguntaron se podían ir acompañad@s  ás asembleas doutra persoa máis nova e pide opinión sobre o tema, por unha banda sae a relucir que a votación sería un problema, no caso de facela a man alzada. Nese intre Daniel fala que no seu momento (antes de haber “líos”, buscados por el) se deixaba pasar a membros de fóra e que se sentaban a parte… Témoslle que dar a razón, porque sabemos de persoas que no seu momento entraron ás reunións sen ter ningún lazo de consanguinidade coa persoa comuneira. Outro dos problemas que ven é o espazo,  pero ese problema se van tódolos socios, tamén o van a ter.

Por outra banda, Manuel fai referencia a que non sabe se realmente meteu a pata á hora de poñer como punto desta asemblea extraordinaria a alta de nov@s soci@s, xa que os estatutos son algo ambiguos e non queda claro se ten que ser en reunión ordinaria ou se pode facer en extraordinaria. De feito, cando a xunta reitora se reuniu previamente para falar da necesidade de convocar a xunta extraordinaria polo tema do monte das Louseiras, trataron este punto e ningún membro se opuxo a isto, nin a que se fixese público, que aquelas persoas que se consideraran con dereito a formar parte da comunidade o solicitasen e se sometese a votación nesta asemblea extraordinaria. 

Continúa o presidente facendo lectura das persoas que presentaron esta solicitude, a primeira de todas é Daniel Arias Romeu (coñecido por Chorra), á cal Daniel se opón, xa que como saíu unha sentenza que di que non é comuneiro; porque un xuíz que non o coñece de nada, di que non acredita ante ese tribunal suficientemente que vive en Trabada, pois non ten dereito. Pero realmente os membros da xunta reitora saben de toda a vida, que Chorra leva alí desde que naceu, así é que Manuel defende a súa entrada. Tanta presión fai unha parte dos membros da xunta reitora, que Daniel acaba por dicir que non nega que ese home ten dereito pero que é unha ilegalidade que entre por culpa da sentenza… Vamos, que se por el é seguimos no tempo da “dedocracia”. Un dos argumentos empregados para defender esa entrada son os estatutos da comunidade, que están obsoletos e son contrarios á lei. De repente fala Anabel, que propón dúas questións, por unha banda ¿cal é a urxencia de que esas persoas entren ? Que ela non ve esa necesidade, pero o día que se propuxo na xuntanza da xunta reitora non dixo nin pío, co cal a que ven facer esa pregunta agora. E por outra parte se non é mellor reformar os estatutos e cando estean as cousas ben feitas, dar paso a máis xente.
Hai que dicir que ante estas preguntas de Anabel, hai quen ten moita máis elegancia, educación e saber estar… Se ela calou o día que se fixo esta proposta cando se reuniu a xunta reitora, a que ven agora a primeira pregunta? E despois, a comunidade é de tódol@s membros, non dun presidente nin dunha xunta reitora, así é que haberá que facer uns novos estatutos coa participación de toda a veciñanza que se considere en dereito de estar aí. Iso si, que casualidade, Daniel e Anabel teñen a mesma opinión sobre o tema (perdoen, que nos esquecía que tamén teñen a mesma opinión para devolver os montes a propios… gustaríanos saber en que máis puntos da vida están de acordo).  E aí xa volve a saltar Daniel dicindo que el pode impugnar esta asemblea se se lle da entrada a xente coma Chorra, pero que non o vai facer.  Ábrese un debate longo e chegamos a un punto no que Manuel pregúntalle a Anabel se logo Chorra despois de vivir toda a súa vida alí, non ten dereito a formar parte da comunidade; sorprende a resposta: “por Lei entendo que si, pero a miña opinión persoal é que non”. Así vai o país! Pero claro, non se sorprendan vostedes, que Daniel sae á defensa destas verbas.  Tras un longo cruce de opinións, que, por unha banda ser son dignas de sacar á luz, pero que por outra, vindo de quen veñen, é perder o tempo, proceden a votar sobre os que teñen dereito a entrar e non, para propoñelo na asemblea. Daniel segue a dicir que vota en contra de todos aqueles que fixeron a solicitude e que se lles denegou por sentenza e Anabel, acaba por absterse.
Unha vez estudados os casos, por votación, acordan que teñen dereito tod@s menos Luz Valiña González, a viúva de Miche de Vidal, (que traballa para a empresa de Daniel pero este descoñece que viva en Trabada, é que esta pedazo de capital, estas dúbidas xorden tódolos días) e Juan do Espín, por duplicidade. Entón, que a estes dous casos se lles debe pedir máis documentación e que o resto de casos se van propoñer á asemblea para que se ratifique a súa entrada.
E ata aquí por hoxe… Opinen vostedes!!