Premios 20Blogs

jueves, 15 de enero de 2015

AS VISIÓNS DUNHA AVOGADA SOBRE AS TRES ÍES DOS MONTES DE MAN COMÚN

A semana pasada mostramos as cartas que D. Dani e irmáns están a repartir entre “posibles propietarios do monte de man común de Trabada”. De tod@s é sabido que tanto el como os irmáns son membros da comunidade, e tamén é sabido polos edictos que se expuxeron pola parroquia, que andan na procura de persoas que teñan escrituras antigas nas que aparezan como don@s deses montes, para faceren unha reclamación conxunta de devolución.

O que nos falta por saber é: toda esta xente que está disposta a ir aos xulgados para facerse con estes terreos, se un xuíz ou xuíza lles dá a razón, van seguir formando parte da comunidade? E se se crea xurisprudencia, seguramente que outras persoas fagan a mesma reclamación e deberían de conseguir os mesmos resultados… E claro, se desta volta só reclama un/unha herdeiro/a da casa e lle dan unha parte dos terreos, o resto de herdeir@s desa casa, deberían de ter o mesmo dereito, pois son terreos que non van aparecer en ningún testamento e poderían reclamalo a posteriori, se supón…
E si, dámoslles un consello a tod@s aqueles que vos deixedes levar por ese afán egoísta de querer todo para vós e nada en beneficio da parroquia: esperemos que dispoñan de cartos dabondo para esta loita, porque senón, xa saben que todo vai ser para aquelas persoas que vos financian, e de conseguir algo, quedariades con menos terreo na comunidade, co cal menos beneficios, e sen nada en propiedade.

Como estamos a falar de casos hipotéticos e non sabemos o que será de todo isto, temos que recordarlles as famosas tres íes dos montes veciñais de man común: INALIENABILIDADE, IMPRESCRIPTIBILIDADE  e INDIVISIBILIDADE. E para que non dubiden das nosas verbas e crean que lles imos enganar, aquí lles deixamos un par de enlaces a artigos da avogada Cristina Bugarín González que tratan das tres íes e desa característica de indivisibilidade deste tipo de montes.

E tan só un dato curioso sobre os artigos desta señora, fai referencia a explicacións/teorías, chámenlle como queiran, do pai do sr. Avogado que contrataron agora “hermanos Villapol” para presentar a demanda…  Só nos queda dicir, pasen, vexan e opinen




1 comentario:

  1. Escribiunos un experto en montes que di que nos falta unha "i", inembargable. Para que non se diga, aquí queda o comentario.

    ResponderEliminar