Premios 20Blogs

lunes, 26 de enero de 2015

Don Dani

¿É de aplicación á que foi a nosa directiva do monte veciñal de man común, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 06/06/1995 que di "a  este tipo de comunidades non se lles pode esixir un escrupuloso formalismo de non actuar".

NOON!!!

O que foi ata hai uns días presidente da nosa comunidade durante 13 anos, Don  Dani, ten a titulación de profesor de educación primaria; foi o fundador da comunidade; foi o que confeccionou os estatutos tanto  da comunidade como os da SAT ; e para mais inri tiña de técnico a Don Alejandro Maañón, enxeñeiro de montes que traballaba tamén para  empresa madeireira Villapol S.A., tamén presidida por Don Dani.

Na  acta da asemblea xeral do 29/07/2012 ,o expresidente recoñece que a comunidade sempre tivo un técnico e que no actual momento é Don Alejandro e ademais dita asemblea  foi suspendida ao non asistir o técnico.     

As fortes discrepancias nas asembleas xerais entre varios comuneiros e o expresidente, que  foros motivadas por claras irregularidades na súa xestión, levaron ao expresidente xunto co señor Yanes Ginzo, actual alcalde, traer a garda civil a presenciar algunhas asembleas coa finalidade de tapar a boca aos discrepantes, pero non contaron coa imparcialidade deste corpo e saíulles o tiro pola culata.

Ademais de todo o exposto, tamén é presidente dos empresarios deste sector madeireiro da provincia de Lugo. Cando no mes de abril do 2014 se pararon as entregas de madeira as  papeleiras  ao baixar estas 3,5 euros por tonelada, convocáronse reunións e para que se levaran a cabo estas, Don Ignacio de Colmenares (Ence S.A) puxo como condición para reunirse a non asistencia de Don Dani.


A don Dani botámolo do cargo de presidente pero a malversación administrativa continuada está latente e en estudo. Non somos letrados pero sabemos que o dereito é a razón escrita. 

Continuará...

3 comentarios:

  1. Don Dani ten sempre a mesma estratexia, utilizar a todo o mundo para encher o seu peto. E cando non lle vai a auga polo seu rego, dinamita as organizacións. E mesmo se presenta de salvapatrias, a favor dos intereses de todos pero só defende gañar cartos el. E el non pode gañar cartos se os gañan os demais.
    Xa pasou coa folga do eucalipto na primaveira pasada, a primeira vez neste país na que os empresarios van a folga. Pero non foi tal. Foi un peche patronal de algúns, non de todos. Porque Don Dani seguiu a traballar e a facer negocios. El enchía barcos de pino, os eucaliptos medraban no monte, mentres lles pedía as pequenas empresas que aguantaran sen traballar. Mesmo lle ofreceu parte da súa cota para pasteiras de fora. E si facía falta, deixáballe cartos as empresas para que aguantaran o pulso con Ence. A prezo de usura, por certo. Como en Chicago.
    En paralelo, na comunidade de montes facía o propio montando un golpe de estado dende dentro para seguir tendo o control.
    Cando constatou que as asociacións do sector da madeira non lle deixaban manipular segundo os seus intereses, en conexión co seu home na Xunta, que para algo elebrar o fin de ano xuntos, organiza unha operación de “eu marcho e levo conmigo a miña provincia”. Como na época medieval, todos son vasalos e débenme preitesía. Con máis enganos, por suposto.
    As empresas de Lugo da madeira xa se deron conta de que perderon os servizos que lle daba a patronal e deixaron de ter un interlocutor para defender os seus intereses na Xunta. As empresas empezan agora a darse conta de que pagan máis para nada.
    Primeiro, porque o home de don Dani na Xunta, co que celebra a chegada do ano novo compartindo mesa e mantel, é home de don Dani pero non das outras empresas. E segundo, porque lle teñen que pagar un soldo a don Dani, cando os presidentes destas organización non cobra pola súa dedicación. Así, estanlle a pagar a don Dani que el defenda os seus intereses (os propios) pero non os do sector. Este home en Chicago nos anos 30 sería un triunfador...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Señor anónimo vexo que está vostede moi enterado e moi ben enterado do ejemplar que temos neste pobo, se fora posible ter unha conversa canto o agradecería parte do pobo de trabada. un saudin e gracias

      Eliminar
  2. Parece que fora xa empezan a coñecer a Don Dani. En Trabada e en varios concellos da arredonda, xa é un vello coñecido. Pero é lamentable que ese alto cargo da Xunta, de todos coñecido, comparta mesa e mantel con Dani na cea de fin de ano, cando é un empresario que recibe axudas públicas que el firma. Así vai este país.

    ResponderEliminar