Premios 20Blogs

jueves, 2 de abril de 2015

Últimas novas do sector

INCENDIOS. Algunhas comunidades de montes afectadas xa nestas datas polos incendios forestais, critican o abandono e despreocupación da Xunta de Galicia en relación aos montes e ao sector forestal en xeral e piden políticas de prevención.
Moitas xuntas de montes están a dicir que invirten máis diñeiro nas súas propiedades por este tema, que o que sacan da madeira.
Consideran que non se trata de gastar cartos cando empezan os lumes, senón de invertir en plans de prevención. Son as comunidades as que invirten nesta prevención nas súas propiedades, pero están a gastar máis do que producen sen que a Xunta o compense de ningunha maneira aínda que sabe que é un beneficio para o conxunto da sociedade que o monte estea coidado.

BIOMASA. Hunosa, empresa do grupo SEPI e Urbaser, división medioambiental do Grupo ACS acadaron un acordo para impulsar de forma conxunta unha nova liña de negocio de servizos enerxéticos adicada á instalación de caldeiras de biomasa, á xestión e ao mantemento deste servizo, e ao suministro da materia. Así aproveitaranse as 3.800 Has. do patrimonio forestal de Hunosa do centro de Asturias para combustible de caldeiras.


CONSUMO. O consumo de tableiros medrou en España un 10% en 2014, e estímase que vai medrar outro 8% no 2015. A madeira técnica fabricada na Península está na vanguardia mundial. A competencia agora está máis ligada ao sector da producción, porque moita da materia prima se trasforma en biomasa polas primas que existen a favor de xerar enerxía eléctrica, por iso se está a pedir a colaboración dos industriais e almacenistas da madeira.

2 comentarios:

  1. Todo o sector da madeira está cabreada coa Xunta. Todos no. Don Dani sigue de palaganero do seu amigo Fernandez Couto http://www.europapress.es/galicia/noticia-patronal-madera-deja-grupos-xunta-desatencion-20150410174126.html

    ResponderEliminar
  2. Cousas veredes, amigo Sancho. Don Dani sae agora a defender ao seu amigo (mais ben ao seu socio da Xunta) e apela a Ence, despois de promover unha folga patronal contra a empresa de celulosa de Pontevedra. Ence pasou de ser o mesmo demonio a ser un aliado estratéxico para lavarlle a caro ao amigo...
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/04/12/madereros-lugo-desmarcan-patronal-romper-xunta/0003_201504G12P38991.htm

    ResponderEliminar