Premios 20Blogs

jueves, 7 de mayo de 2015

VAI DE PRESENTACIÓNS... E, QUEN SE PRESENTOU? ANTE QUEN?

En Trabada, xa se presentaron as tres candidaturas ás eleccións municipais do 24 de maio. 

Unhas son abertas... E outras son pechadas... aínda que podemos singularizar e dicir que unha é pechada
Unhas con apoios... E outras, non tanto… e volvemos a poder singularizar e dicir que unha non ten tantos.

Sabemos que as comparacións son odiosas, pero para elixir a mellor, é necesario comparar.

A primeira presentación, foi o 19 de abril: a da candidata socialista. Unha presentación moi avalada, posto que acudiu o secretario xeral do PSdG: José Ramón Gómez Besteiro, a vicepresidenta da Deputación: Lara Méndez, e o secretario provincial: Juan Carlos González Santin, así como a deputada no Congreso: Margarita Pérez-Herráiz, o deputado autonómico: José Ramón Val Alonso e outros deputados provinciais.
Dita candidata socialista é Mayra, diplomada en Ciencias Empresariais, a cal presentou unha candidatura de cinco homes e cinco mulleres, dos cales cinco teñen titulación universitaria. Tamén presentou o seu programa, que se centrará en tres piares fundamentais: combater o despoboamento, a desigualdade e a falta de emprego.
Ao acto acudiron máis de duascentas persoas. Foi un acto totalmente aberto e transparente.
Mayra, ademais de ser concelleira nos últimos catro anos é a secretaria xeral da agrupación socialista de Trabada e forma parte da executiva provincial do PSOE, sendo a coordinadora comarcal do partido na Mariña.

A segunda presentación, foi a dos populares, o 1 de maio. Desta presentación pouco podemos dicir, porque non estivemos invitad@s. Segundo os medios, estivo Balseiro.
Foi unha presentación realizada ao seu estilo, con gran secretismo e palpable ocultación, reuníronse o actual alcalde e a súa candidatura, acompañados duns cantos seguidores para presentar a candidatura,  ou mellor dito, presentarse entre eles, porque os cidadáns de Trabada non puideron nin tiveron ocasión de asistir a tal evento.
Tal cal, como en épocas pasadas; cando para gobernar nos pobos reuníanse uns poucos en secreto e en silencio. ¡Canto bota en falta esa época esta “tropa”,e canto darían porque volvera!, impedindo así que outra forma  de gobernar fora exposta aos cidadáns.
Segundo os medios de comunicación, non faltaron críticas á Deputación, queixándose ata de que non prestou apoio en servizos sociais, cando aporta un millón dous centos mil euros para a construción da residencia e centro de día en Trabada. A desfachatez de Ginzo chega a límites insospeitados. Minte máis que fala.
Esta candidatura está formado por nove homes e tres mulleres, dos cales dous teñen titulación universitaria, porque a pesar de non facer descrición dos candidatos, neste pobo coñecémonos todos, e dende o un de maio, tamén se coñecen entre eles, motivo polo que están encantadísimos! Outra mostra máis de que a política de Ginzo é a de ocultar.
Chámanos a atención que non se acorde da Xunta e do Goberno Central, gobernados polo PP. ¿Que invirtiron en Trabada?

A terceira e última presentación foi a nacionalista, o 3 de maio.
Repite a candidata de fai catro anos, María José, licenciada en dereito. Estivo avalada polo alcalde de Ribadeo: Fernando Suárez, o vicepresidente da Deputación: Antonio Veiga e a portavoz comarcal: Ana Hermida.
A súa candidatura está formada por sete homes e catro mulleres, dos cales catro teñen titulación universitaria.
Ao acto acudiron unhas sesenta persoas. Tamén foi un acto aberto e transparente.
O programa de María José centrarase en garantir os servizos públicos, apostar polos sectores económicos do noso concello, especialmente o primario e o turismo, e tamén por achegar a cultura desde o concello á nosa veciñanza.

Dende cando se viu que un partido faga unha presentación de candidatura a portas cerradas? Por que non fai público o seu programa electoral e o achega á veciñanza? Que nos queren ocultar?  Que pasa, que a veciñanza trabadense non somos toda igual? Para min, isto de que á presentación da candidatura dun partido só poidan ir uns 50 elixidos é DISCRIMINACIÓN, e con letras  ben maiúsculas. 

Non sei se vostedes queren ser discriminados no seu concello natal, eu non, así que:

Comparade e reflexionade, estades a tempo, se se quere cambio: VOTEMOS CON RESPONSABILIDADE. O FUTURO DE TRABADA ESTÁ NAS NOSAS MANS!

21 comentarios:

  1. cual es el partido que propone el no robo de montes

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O que propoñan os partidos na maioría dos casos quédase en proposicións... non creo que exista partido en España que cumpra ao 100 % o seu programa! Pero no caso que nos atañe, para min non é preciso que me fagan proposicións, porque sen gobernar, OS PARTIDOS DA OPOSICIÓN XA AXUDARON e o que nos goberna non mediou para lograr a igualdade entre a veciñanza. Ou quen levou a Pepe Pereira dar charlas sobre os montes en man común? Quen lle pediou ao alcalde nos plenos que se pronunciase sobre os montes de man común?... parece que nos esqueceu enseguida...
      E eu confío plenamente nas dúas candidatas da oposición e que se a comunidade precisa axuda tentarán prestárllela por tódolos medios, outra cousa ben distinta é que o consigan... pero ganas teño por seguro que van poñer

      Eliminar
  2. E logo ¿quen lles ensinou aos do PP a facer presentacións de programa "privadas"? Isto non o fan nin en Madrid, e non se estila nada, se se presenta un programa faise de xeito público porque se o que queren é gañar votos, terán que contarlle ao pobo a cambio de que. Pero claro, tan mal acostumbrados que en Trabada gañan sempre facendo o que lles vén ben a eles. Porque claro, eso, ¿quen o pagou? Eles non creo, ¿os fondos do Partido? Se foron eses, saen dos nosos impostos (no meu caso non que non vivo aí) pero si de todos os veciños de Trabada. Así que todos terían dereito a ir e a coñecer o programa electoral. E se hai enchedola... máis aínda.

    ¡Canto nos queda por aprender! ¿Ata onde vamos seguir estirando a corda ao favor dos de sempre? Penso que non o merecen tal e como se portan, e para mostra, isto.

    ResponderEliminar
  3. E se só fose paparola.... debeu haber bebercio tamén, q algúns volveron ás 5 da mañá para a casa... pena non avisar á garda civil, como ten costume de facer o sr. Alcalde

    ResponderEliminar
  4. ¿que paparola? se todos os que taban chégalles con unhos callos. E tamén ta a "parella de moda" que por suposto van os dous na candidatura. Era o que nos faltaba!. Lástima non iren os papás dos dous e cómo non "O ex-teniente".Manda Killóns, coa candidatura. Se Trabada non sabe ver "la que se avecina", non hai nada que facer.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si que é progre o PP de Trabada porque mira que repaso a foto buscando a parella e polo método tradicional non me sae... E din por aí que hai de todo na candidatura. Ole!

      Eliminar
  5. O mellor se "liaron" os dous primeiros. Deixate do demo!. Que Trabada en algunha cousa "progresa adecuadamente".

    ResponderEliminar
  6. E que Juán ta.... pa comelo!. E o primeiro non é de pedra.

    ResponderEliminar
  7. Temos que pagarlles coa mesma moneda !!!!!!
    O dia que monten un "mitin",( si o fan, que o mellor van de SOBRAOS) temos que ir é non facerlles ningún caso as "patrañas"que nos queiran contar, e poñer esa cara de "guasa" que pon o sr. alcalde.
    Xa veremos cantos estamos dispostos a facer algo........

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cara de "guasa" e ollos "saltós". O muro é tan alto que xa non pode saltalo, e pola porta "seria moi gorda". Xa vai "entrando en anos".

      Eliminar
  8. Benvido trakatrá!. Canto tempo!. Farán o mitin tamén pa eles solos. E aplaudiranse a rabiar.

    ResponderEliminar
  9. Foi unha pena que para que ningúns/ningunhas se sentiran discriminad@s, Mayra na súa lista non encontrara un hueco para colocar ás "AVELAÍÑAS" e María José a PERTEGACÍN, se así fora, estaban tod@s representad@s

    ResponderEliminar
  10. Aclárate ratina... quenes son eses personaxes?

    ResponderEliminar
  11. Agora e o momento de facer todo o posible para que unha candidatura de progreso goberne Trabada. Agora e o momento de votar e de vencer democraticamente a unha cadidatura trasnoitada e reaccionaria. Agora e o momento de gañar. Todos a votar o 24 de maio.

    ResponderEliminar
  12. O mitin estará previsto pa toda esa xente que ten guasa.

    po verdadeiro Alcalde e a sua Family,
    o jubilado solteirón,
    o carretacontos,
    o guardaspaldas ou mellor dito po celoso,
    o dixome dixome,
    o trompetas,
    o do vitamínico,
    pa Maestriña que o parecer nunca ta, e pouco mais,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver arde!! fáltame de saber quen é o quinto (dixome dixome). Polo menos da unha pista. Gracias

      Eliminar
  13. Mamaiña! O que hai que pensar e discurrir pa saber de quen falais.jajaja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. rapasiña acordaste de min???

      Eliminar
    2. Acordo.Eres moi observador eh?. Pois vai decindo, ou insinuando, ou avisando. Ainda que non digas todo,o mellor con que digas parte xa é moito.

      Eliminar
    3. Hai rapasiña/as , claro que son observador, como que cando tais donde vos dixen ben que se arrima pa poder oir e ver xa que si lle deixaran tocar , hai mamaiñas si lle deixaran tocar, pero moitiñas veses a miradiña serve pa desnudare.

      Eliminar
  14. hai ameguiño ARDE faltouche mensionare
    al buo del terzero,
    al santiagues,
    al pescadore,
    e a la que se cree JEFA de llamiñaos

    ResponderEliminar