Premios 20Blogs

martes, 7 de julio de 2015

O Camiño Norte, patrimonio da Humanidade pola Unesco

Aínda que nos parece que isto non vai con nós, porque desde o Concello ata o de agora nada se loitou por promocionar o Camiño Norte por Trabada, o pasado domingo, a Unesco declarou patrimonio da Humanidade esta ruta. E non só a que vai por Ribadeo, que a historia está aí nos libros, senón a variante que pasa polo noso Concello. É bastante triste que lle chamemos variante á que foi ruta orixinal na idade media. Máis que nada porque os peregríns non traían moitos cartos, e cruzar a ría supoñía un custe da barca que ía de Castropol a Ribadeo que non podían costear. Así que se naqueles tempos nos que para comer moitas veces tiraban da caridade, non lles quedaba outra que camiñar para cruzar o Eo pola ponte que dá entrada por Abres a Trabada.
E non remata aquí a importancia do Camiño polo noso Concello porque hai documentos que certifican a existencia dun hospital de peregríns no alto da Cadeira, por onde está a capela vella.

Esta declaración ten moita máis trascendencia do que pensamos porque supón un ingreso adicional para as arcas do noso Concello, porque o obxectivo do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural á humanidade. Además, baixo certas condicións, estes sitios poden obter financiación para a súa conservación do Fondo para a conservación do Patrimonio da Humanidade. E todo isto, caeunos así, porque houbo moitos alcaldes de moitos pobos polos que percorre a ruta, que impulsaron este nomeamento pensando en impulsar o turismo e así mesmo, os ingresos. E no noso caso... ¿fixo algo o anterior alcalde? No programa ía sempre a creación dun albergue pero polo de agora non o vimos. Aínda que din as malas linguas que houbo quen cobrou esa subvención e unha vez xustificado o baixo uso desta ruta, destinou a obra realizada a fins privados. Como digo, esto é cousa das malas linguas e nada sabemos oficialmente ao respecto... Se alguén ten datos e quere compartilos, xa sabe que este blog está tamén para iso, sobre todo se son datos documentados, que especular, sabémolo facer todos como é o caso deste comentario.

Agora temos nova alcaldesa e esperemos que impulse en certa maneira este percorrido promovendo tamén a creación dun albergue en condicións que dea cabida aos camiñantes, porque se a nosa ruta non é moi escollida é polo feito de que non queda outra que tirar ata Lourenzá e que polo medio hai que subir a Cadeira. Quen fixo esta ruta ben sabe que se fai duro e que un albergue en Trabada sería o idóneo para levar folgos para subir a Cadeira. E así, podemos escoller quedar en Lourenzá despois dunha etapa dura aínda que non moi longa, ou seguir ata Mondoñedo se imos con forza.

Tamén se xustifica, non por quitarlle ingresos a Ribadeo, que os ten a costa do Camiño, senón porque o seu albergue está saturado e máis aínda, nestas datas. Estes días saía na Voz de Galicia que non podían dar cabida a tódolos peregríns que por alí pasaban e que tiñan que durmir no pavillón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/07/04/ribadeo-habilita-pabellon-acoger-dia-peregrinos/0003_201507X4C8995.htm.
Por experiencia tamén dicimos que onde estea un albergue, que se quite todo pavillón, e que moitas veces non importa cambiar a ruta, polo simple feito de ter unha cama e máis agora que se pode reservar nos albergues. Que, por certo, non son gratuitos, nin os da Xunta, que teñen un prezo de 6 euros, nin por suposto os privados, que sempre aproveitan para cobrar un pouco máis xustificando que dan mellores servizos.
Iso si como hai moitos que empezan o Camiño en Ribadeo porque asegura os kilómetros para obter a Compostela, sería tamén o momento de propoñer unha liña de bus, aínda que sexa unha vez ao día que poida pasar por Trabada para deixar aos peregríns que chegan á estación de autobuses de Ribadeo, que claro, está mellor comunicado ca nós.

Así que aquí deixamos este comentario para reflexión da nova corporativa municipal e dalgún que outro que pense que pode montar algún negocio ao redor deste nomeamento que podemos dicir que nos caeu do ceo pero que vai situar a Trabada no mapa do Camiño, esperemos que para ben do pobo.

4 comentarios:

  1. Me estoy enamorando!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Levalos nos genes, jajaja.

      Eliminar
    2. De quen te tas enamorando cupido? do Camiño Norte? ou de Juan de Vitoria que acaba de descubrir que o Camiño pasa por Trabada.

      Eliminar
  2. ahora el único tema que le interesa a la oposición es lo que cobra o va cobrar la Señorita Alcaldesa, pero? por qué no hablan de como realizaban las fiestas y con que dinero? de como dejaron las arcas municipales? dónde va la subvención de los Jóvenes Populares? de como fueron dadas las casas y a quien? de porqué se abren calles sin salida? de como se hacen campos de fútbol que no dan las medidas? de gimnasios llenos de bacterias ? dónde fueron invertidos las subvenciones de los albergues? de lo que le prometieron al Señor Juan? de los proveedores que no dan cobrado las facturas? en fin y de miles de cosas mas.

    ResponderEliminar