Premios 20Blogs

viernes, 21 de agosto de 2015

"A COMISIÓN" agárdanos aos propietarios de fincas dentro do monte de man común o vindeiro sábado

Estes días, tódalas persoas que están por Trabada poden ler o seguinte anuncio:

"A LOS PROPIETARIOS DE FINCAS DENTRO DEL MONTE VECINAL EN MANO COMÚN DE TRABADA-MONTE PICATO, PERTENECIENTES A LAS PARTIJAS DE ESQUIEIRA, RAMUDA, MOZANDEO Y PENA DAS BOUZAS.

Invitamos a todos aquellos que son propietarios de fincas dentro de las partijas indicadas, clasificadas como vecinal en mano común, a asistir una reunión con el fin de proceder a informarse de la superficie que les corresponde y hacer los trámites pertinentes, si lo consideran de interés, para la reclamación perceptiva.

Sería muy importante que traigan los títulos que tengan en su poder y cualquier escritura de adquisición o trasmisión, cuanto más antiguas mejor, para consultar y valorar su interés.

NOTA: La reunión tendrá lugar el sábado 22 de agosto de 2015 a las 10:30 (de la mañana) en el local social de MADERAS VILLAPOL en la Rúa do Cementerio S/N.

                                                     La Comisión "

Nesta nota hai varias cousas para analizar, resulta que imos chamando á xente por zonas, cal é o motivo? Non valen tod@s para xuntar? Ai! Perdoen, que só invita a aqueles... a igualdade de xénero aínda non lles chegou!!!

Todo, sempre se se considera de interés... non hai nada de obriga, non se anda chamando á xente de idade nin nada para convencel@s de que vaian, se van é polo seu interés...

E sorprende tamén a sinatura, desta vez asina "La Comisión".... D. Dani vai cambiando de estratexia e agora xa non son Hermanos Villapol @s que lideran o cotarro, que hai unha comisión... A pregunta é: quen forma parte desta comisión? Non haberá nela membros da directiva dos montes veciñais en man común? Porque de ser así, que dimitan dun ou doutro cargo, que tanto ir o cántaro á fonte, non vaia ser que rompa... oxalá. E esta comisión, que funcións ten? Porque se é de investigación, case mellor que enviámola para o concello e que lle axuden a Mayra a poñer ao día as presuntas irregularidades do goberno anterior...

Pois nada, xa saben, vaian vostedes a esa reunión, que xa verán que sinxelo é todo, se non teñen cartos, ata llelos prestan, e van a gañar montes e moreas... Imos tentar de mercar algún xuíz/xuíza para que nos devolva os terreos e se non pagan, non sabemos se agora é a comisión, se D. Dani, se Hnos. Villapol, vanse encargar de quedarse co 30% dos seus terreos. Veña, que todo Trabada sexa deles...

P.D. Este artigo non vai con retranca, son imaxinacións súas...

8 comentarios:

  1. Pareceme moi ben,creo ca cada cual te dereito a reclamar o que es seu, ou o que pensa que e seu, nada que decir, faltaria mais.Pero o jodido e que ahora hay que pagar,pagar abogados, pleitos, recursos,etc. e ahora no estan os fondos do monte nin do concello, pero cada un pode divertirse como queira.
    Unha apreciacion ca ndo leven as hijuelas,que avisen seguro que a min ou a miña señora ou fillos que tiña a miña señora lle toca algo, e esto non vai con retranca

    ResponderEliminar
  2. ahí ahí que como bisneto que son de algún que ten partixas a tocarme algo e tamén os meus irmans, e tios, etc mamaiña o que hai que repartir e recoller.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme moi ben a iniciativa,esta si que vai ser a Comunidad de heredeiros en Man Comun,a falta de veciños,herdeiros,
    Haber si a alcaldesa toma nota destas iniciativas que miran polo future da xente que tamos fora para que cando nos dian un tego de monte volvamos

    ResponderEliminar
  4. O que é listo, é listo sempre e sabe o que fai. A ver se nos enteramos que en Trabada, certo señor, non da puntada sen fíu. E a ver se somos capaces de buscar a información e non crer nel como burriños…
    Hai sentenzas, algunha hai, nas que se devolven os montes a propietarios, pero parece que non sabemos como vai o tema das herencias (vou escribilo mal que así enténdeo máis xente).
    Da igual quen teña hijuelas e de cando as teña. Cando se fixeron as partixas non se contou con ese monte porque era de Man Común. Agora os heredeiros multiplícanse a través de xeracións e xeracións a fillos e descendentes lexítimos, que tuveron fillos, es estes outros fillos… e que calquera pode reclamar porque se nos remitimos a hijuelas… Vaia vostede a saber se eu teño un tatarabó en común o señor nomeado antes, sería toda unha sorpresa para el tamén ter que repartir parte do terreo conmigo!. Pero está claro, que pode pasar.
    Unha vez que chegamos a isto, ¿cal é a cantidade de terreo que me toca? Seguro que pouca. ¿Qué pasou con algunha senteza deste tipo? Pois que si, que se devolveu pero a día de hoxe non se fixo efectiva e estamos a falar de algunha de 1990. ¿Por qué? Pois porque unha vez que reclamaron todos os heredeiros a superficie media que había para cada un, non chegaba a unha hectárea, co cal, ¡calculen vostedes a rentabilidade que imos opter cada un dos heredeiros! E como non compensa, nin os heredeiros se fixeron cargo de tamaño parcelas despois de reclamar.
    Para iso o que se está a tratar é da cesión dun 30% do terreo que a min me toca, así, para amortizar a demanda da devolución. Se teño menos dunha hectaria e cedo o 30% o que fago e quedarme con unha m… (non imos poñer palabrotas que non quero que me borren o comentario). Así, para o caso, podo vender o que me quede a prezo de saldo que é o que lle interesa a quen xa me levou un 30%. E así, a pouquiños e un tras de outro, acaba todo o monte da man común de Trabada nas mesmas mans… Si, as do señor que nomeamos ao empezar este comentario.
    Pois non señor, non, teño hijuelas pero non vou entrar nunha demanda de apropiamento indebido de un terreo que os meus antergos tiveron que traballar se quixeron comer. E a vostede, señor, penso que non lle fai falta xa tanto… ¿non reventará de cheo?

    ResponderEliminar
  5. E que me din das ex-novias do señor Daniel que se equivocan de día de reunión e claro, teñen que volver cunha carpetiña chea de documentos para a oficina? Non lle debeu chegar coa compra-venta que lle fixo dunha finca e non abre os ollos? Definitivamente, debe ter un sexappeal oculto, para que non escarmente....

    ResponderEliminar
  6. Non se equivocou de dia, e sei de quen falas; simple e llanamente,quer tar con él a soas, por siacaso ó señor ten a xenial idea de votarlle un salto, que xa fai tempo que non llo vota e éla, necesitoo xa.

    ResponderEliminar
  7. Parece que a xente de Trabada vai dándose conta da realidade, senón que me expliquen por que asistiu tan pouca xente á xuntanza do sábado. Dez persoas? Penso que non máis. E por suposto ninguén firmou. Bueno... en vista do éxito deulles uns días para pensalo.

    ResponderEliminar