Premios 20Blogs

sábado, 15 de agosto de 2015

E QUE PASA EN TRABADA POLO 15 DE AGOSTO?

Pois o que pasa tódolos anos: que son as festas.

Este ano celebráronse grazas ao esforzo de catro rapaces e rapazas nov@s que, á vista de que se anularon por motivos descoñecidos, non quixeron deixar ao seu pobo sen festas. E eses motivos descoñecidos, cremos que teñen unha presunta relación coa perda das eleccións do anterior alcalde, o cal nestes últimos anos se supoñía que era o encargado de organizalas, pero que se dedicaba a mandar a un par de bos rapaces (ben mandadiños tamén hai que dicilo) a pedir polas casas. 

Tamén sabemos que parece ser que estas festas "molestaron" á veciñanza e que hai certas persoas que intentaron e intentan boicotealas e poñer trabas por tódolos lados, uns/unhas dando a cara e outros/as por detrás. Parece ser que neste pobo retrocedemos e cada vez sabemos menos separar os problemas persoais e a política e cada vez nos volvemos peores persoas.

Xente que cando era o sr. Ginzo alcalde daba boa cota, agora misteriosamente debe estar en crise nos tempos en que tanto Rajoy como Feijoo presumen de que se está saíndo dela. Ou será que agora en Trabada cambiou a xente indignada? Todo pode ser...

Ata a igrexia se nos revela... e non sabemos o motivo de que o señor párroco se revele e non queira facer a misa á unha e media e tivo que ser á unha... bueno, ao final, final non foi nin un para ti nin para min, porque ou misaba só ou a xente non entrou á igrexa ata e quarto. E tamén esta tarde se molestou porque non podía acceder ao seu garaxe por culpa do palco da orquestra, que noutros anos anteriores se situou nese mesmo lugar. Cando esta mañá o aparcou na carretera xeral por se non podía saír... Resulta sospeitosa esta forma de actuar.

Parece que este ano estas festas non son ao gusto dunha parte da veciñanza porque xa non voan as gaivotas polo ceo de Trabada... Pois señores e señoras, as festas teñen que estar por riba da política, porque están pensadas en reunións familiares, en pasar un tempo agradable na compaña da xente querida, porque tan rápido estamos como non estamos... e se a alguén non lle gustan, pois non é obrigatorio celebralas, pero deixen gozar delas ás persoas que así o queiran facer. 

E só nos queda darvos as grazas a Antía, Nuria, Diego e Dani, por esforzarvos tanto e sacar adiante estes festexos: NORABOA.


14 comentarios:

  1. Pois pese a quen pese, o Quince tuvo mui ben. O grupo Montreal encantoume e a xente tuvo animada. E a queimada cada ano mellora, noraboa Julio. E noraboa tamen a comision e gracias. Foi mui interesante ver a reaccion dos distintos "personajes".
    Remato cunha pregunta, que non me enterei: quen sacou este ano os santos?

    ResponderEliminar
  2. Claro que cambiou a xente indignada, ou non vedes que ahora os consortes das indignadas dedícanse a xogar partidas con Daniel e a tomar cafés no Mesón... non sabemos canto de acuerdo tará esta nova muller, porque zúmballe o nabo, despois de tanto criticar a outra, cáelle o maridiño nas partidiñas... Ta visto que a todo se chega menos a rico...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿En serio? Eu alucino con algunha xente de Trabada... En fin.
      E por outro lado, ¿alguén me pode confirmar canto deu o ex-alcalde para as festas este ano? Din as malas linguas que antes aportaba 600 € e agora deu 100 €. Debe ser que o soldo de diputado da para pouco e que como antes tiña 2 soldos...

      Eliminar
    2. Que boo son os cambios poñen a cada un no seu sitio, e para @s que defendian o crego que tomen nota, que pena de personaxes coma este,sin comentarios,como di o evanxelio "polos feitos me xuzgareis"

      Eliminar
    3. Hubo fiestas y todos contentos, no pasaría nada si no las hubiera. En tiempos de cambios y viendo el panorama que la alcaldesa nos cuenta en la prensa y redes sociales creo que este ayuntamiento no está para fiestas. Y pienso que menos está para fiestas hasta las 8.30 de la mañana incumpliendo la normativa vigente y arriesgándose a recibir una sanción a la mínima denuncia de cualquier vecino. Bien es cierto que a mí no me interrumpieron el sueño y que den gracias porque no dudaría en hacer que la Guardia Civil mandara para casa a los 10-15 jovenzuelos que pensaban que la fiesta patronal era una fiesta privada en su casa. Pero Alcaldesa, el que con niños se acuesta. Ya sabe el final. Y parece que la Alcaldesa desconoce la normativa referente a las sanciones de la SGAE por reproducción ilegal de música en espacios públicos durante tres horas. Porque si la conociera le daría pánico saber a lo que se enfrentaría por ser cómplice, coordinadora en la sombra de la comisión de fiestas. Cree la comisión y la Alcaldesa que haciendo estos numeritos fortalece su posición sobre el anterior gobierno, se equivoca y le ocurre por inexperiencia o por mal asesoramiento. Me inclino mas por lo segundo viendo que el señor Neira intenta ser lo que Daniel era a Ginzo. Con una gran diferencia, Daniel es inteligente y fino como el solo y el señor Neira es el señor Neira y nada más. A este ritmo le van a salir caros a la Alcaldesa algunos votos derivados de desencuentros familiares del señor Ginzo. Tienen de socialistas lo mismo que yo, exactamente nada. La diferencia es que yo lo digo. Mire Alcaldesa como le están metiendo en problemas y lleva usted solo 3 meses. Sus asesores no iban con usted en la lista. Ellos no pierden nunca pero se apuntan el tanto de la victoria. Les sale gratis y mas esperando a dar la cara después de pasado el recuento de votos. Yo no la he votado y puede que no lo haga tampoco dentro de cuatro años pero me alegro por los cambios. Aires nuevos y juventud son un buen tesoro. No tire por la borda sus votos que a más de uno tiene disgustado por cómo y por quien se está rodeando y siéntase agradecida a sus contrarios que ninguno levanto el teléfono la madrugada de las fiestas pero no piense que es que son tontos, quizás le están dejando coger carrerilla y el frenazo puede ser mas violento.

      Eliminar
    4. Amigo anónimo, voy a romper una lanza en favor del señor Neira y del señor Daniel. En primer lugar creo que nombrar a alguien para criticarlo debes hacerlo defrente y con todas las consecuencias; quiero decir con esto que no es muy correcto que te escondas detrás de un vulgar seudónimo, dejando muy claro lo poco que eres. Y en segundo lugar, no sé si son mas listos o no; pero aveces las personas se juzgan mejor por los hechos que por las ideas. Del resto de la "parrafada" mejor no opino, solo decirte que, tanto con este gobierno como con el anterior siempre hubo música hasta altas horas y baños en la piscina (por si no estabas al tanto).
      Permíteme un consejo: Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces.

      Eliminar
    5. De anónimo a anónimo aquí se ha nombrado a Daniel muchas veces y con insultos directos sin que te sintieras tan ofendido. Del resto de la parrafada como tu dices cada palo que aguante su vela y el palo ahora mismo es la Alcaldesa. Tiempo al tiempo que alguno de los que la rodea le traerá problemas y ya de paso excluyo a Teresa que tendra sus defectos y virtudes pero lleva muchos años dando la cara sabiendo que apostaba a caballo perdedor.

      Eliminar
    6. Non estou dacordo con toda a parrafada anterior pero certo que hai moitas verdades escritas.

      Eliminar
  3. Eu, amigo anónimo, non "defendín"o crego. Deféndese sólo,pra eso é cura.Eu sóo dixen que non mezclaramos os problemas. E dixen o de :dar a Dios o que é de dios e a Cesar o que e de César. Baixo a miña opinión,deberíamos saber diferenciar a Iglesia do demais.Cada vez que se mezclan , hai problemas. E oxalá me xuzguen polos meus feitos,a pesares dos moitos errores que levo cometido.

    ResponderEliminar
  4. A iglesia,creo estará para unir,reconciliar,favorecer a armonía entre o fieles,e os seus representantes facer esa labor,si usted cree que a esta facendo ningun problema, solo falei de feitos,cada cual valore

    ResponderEliminar
  5. A procesión do 15 deixou unha imagen impagable:
    ¿Que diría a nosa SANTA PATRONA cando viu que a iban sacar de procesión dous cafres de tan baixa catadura moral como son Rocha, e sobre todo, Daniel Villapol (D. Dani)?
    Pois seguro que lle apetecía baixarse das andias, pegarlles un corte de manga e quedarse na iglesia.
    Pero como sabía a nosa santa que o cura andaba máis que rebotado, prefiriu seguir, por eso de ter a festa en paz, e tragar saliva por non cuspirlles na cara ós levadores.

    ResponderEliminar
  6. cando te diplomache en dereito anonimo das 17,53 por non chamarte por o propio nombre e seguirche a descortesia de nombrar persoas anonimamente ou e que eres socio de "ramoncin" e sabes como se rixe a sgae(coma el) ?????

    ResponderEliminar
  7. Aquí vai a resposta ó señor anónimo tan ben informado sobre a normativa nacional de festexos e música patrocinada pola SGAE. Persoas como vostede, con gran lírica e facilidade de palabrerío -porque verdade ningunha di- semellan ser os verdadeiros cómplices de situacións verdadeiramente incribles ante os olliños de calquera ser con dous dedos de fronte. ¿En que momento cre vostede que unha sociedade privada -como é a SGAE- ten unha potestade legal para aplicar multas ou sancións como se da Garda Civil se tratase? ¿Considera vostede razoábel todo canto despropósito están dispostos a facer?
    ¿Sabe que é o que creo eu, ou mellor dito, o que quero crer? Que é imposíbel que unha persoa -medianamente fundada e coñecedora da realidade que rodea a calquera asociación deste tipo- poida apoiala, defendela e moitísimo menos darlle o soporte e poder como vostede lle está dando con ese comentario. Faga un favor, infórmese, e dende que o faga estea calado, porque neste país -e pobo tamén- xa temos bastante como para que vostede e persoas do seu tipo dea soporte a este xénero de empresas privadas con aires de neoliberalismo (que ata curiosamente queren actuar como públicas). Resultaralle curioso saber que a SGAE ten a gana de cobrar por tocar títulos de artistas que non están inscritos na súa sociedade. Non me sorprendería que vostede incluso o xustificase ou o seguise usando de argumento igualmente aínda coñecendo isto, pero fágame un favor a min - e a sociedade en xeral-, e deixe de dar xustificacións a máis inxustizas que non hai poucas que se diga.
    Por outra parte, "quen con cativos se deita mollado se levanta", certo, si señor, pero volva a informarse que polo que eu sei, e coñezo, eses 10 jovenzuelos "aféitanse todos para arriba". E ademais voulle corrixir outra cousa, creo que debería de baixarse do seu púlpito e vir aquí, ó moro, porque a palabra "jovenzuelos" colócao a un chanzo por riba deles. Cousa da cal descoñezo completamente o motivo, debe ser vostede dunha casta superior só alcanzábel mediante milagre ou vontade divina.
    E por outra parte, creo que máis xentiña como o señor Neira debería haber neste e noutros pobos; porque ata onde eu o coñezo só tratou de facer o que lle era lexítimo á súa familia e a outros conveciños semellantes a el. Tamén dicirlle, a amizade polo momento non foi prohibida - nin pola SGAE mire vostede!-, faga o favor e non se monte verdadeiras películas na cabeciña, que nin o señor Neira ten ganas de gobernar - se non digo eu que se presentaría a alcaldía-, nin a señora alcaldesa está aí por parva; porque non sei se se dará de conta pero ó dicir tales afirmacións tacha de limitada á señorita Mayra e consecuentemente tacha de moi limitados a todos os veciños que nela confiaron. Sexa sincero consigo mesmo e non se crea que vive nun pobo de limitados, baixe ó moro de novo por favor llo pido.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Co teo permiso, síntome totalmente identificado contigo "amigo do palleiro" en todo o teu relato.
      Moitas grazas de verdade pola parte que me toca xa que de algunha maneira atópome no medio da merenda. Moitas grazas de novo, grazas.
      Moi agradecido. Un saúdo.

      Eliminar