Premios 20Blogs

miércoles, 16 de septiembre de 2015

O CONCELLO DE TRABADA ARRUINADO E OS PETOS DO EX-ALCALDE A REBOSAR

Non nos sorprende para nada a nova do día 15 de setembro da Voz de Galicia que levaba de título

“El Ayuntamiento de Trabada venderá fincas para sanear su presupuesto”.

O texto continúa da seguinte forma:

“La alcaldesa de Trabada, Mayra García (PSOE), llevará mañana a pleno un plan económico financiero para cumplir la estabilidad presupuestaria,  al contrario que los últimos tres años.
Para lograrlo, espera incrementar los ingresos subastando fincas rústicas municipales, reduciendo gastos de personal  (rebajó su empleo y no se contará con el agente de empleo), con una regularización catastral y municipalizando determinados servicios, como la limpieza de inmuebles.”
Sabemos tamén que prescindiu dos servizos da enxeñeira agrónoma que cobraba máis de 1.000 euros por traballar un día á semana, catro días ao mes e que a todos se nos vendeu como a ”arquitecta do Concello”.
Ao igual que sabemos que a débeda viva do concello de Trabada a día 31-12-2014  era de 249.000 euros.

Pero señores e señoras, todo nesta vida ten unha explicación… porque a día 8 de setembro o señor José Manuel Yanes Ginzo autorizou a publicación dos seguintes datos:

“                                                          BENS E RENDAS
RENDAS PERCIBIDAS
Xuros ou rendementos de contas, depósitos e activos financieiros.
-Xuros: 0,53 €.
IRPF:
-Recadro 732 do modelo IRPF 100: Pagamento 391,82. Retencións 7.384,04.

BENS PATRIMONIAIS
Bens Inmobles de natureza urbana.

-Casa-vivenda, domicilio habitual, en Trabada. Data de adquisición: 20-10-2000. Porcentaxe de propiedade: 50% . Valor catastral solo: 16.424,21 €. Valor catastral vivenda: 102.271,26 €.

Bens Inmobles de natureza rústica.
-Finca en Veiga de Órrea, Trabada. Data de adquisición: 06-04-1999. Porcentaxe de propiedade: 100%. Valor catastral: 6.932,29  €.

-Finca en Esquieira, Trabada. Data de adquisición: 20-05-2009. Porcentaxe de propiedade: 100%. Valor catastral. 524,22 €.

DEPÓSITOS EN CONTAS CORRENTES OU DE AFORRO, CONTAS FINANCIEIRAS E OUTROS TIPOS DE IMPOSICIÓNS:

-Conta en Abanca. Saldo: 6.000 €.

-Conta en Abanca. Saldo: 35.000 €.

-Conta no Banco Santander. Saldo: 6.000 €.

-Conta en Caixa Rural. Saldo: 23.000 €.

VEHÍCULOS, EMBARCACIÓS E AERONAVES

-Mitsubishi “Montero”. Data de adquisición: 30-03-1994.

OUTROS BENS, RENDAS OU DEREITOS DE CONTIDO ECONÓMICO NON DECLARADOS EN APARTADOS ANTERIORES

-“Plan Futuro Garantizado” (Ing-National-Nederlander). Valor: 7.200 €

-Plan de Pensións (AVIVA). Valor: 25.000 €.

OBSERVACIÓNS. Neste apartado o declarante fai constar a seguinte información:

-Mobles ou enxoval doméstico: Salón-comedor (2), sala, habitacións (6), baños (5), despacho, cociña, estudio, ático. Maquinaria de xardín. Valor estimado: 200.000 €.

                                                                      ACTIVIDADES

ACTIVIDADES PÚBLICAS DESEMPEÑADAS
Cargos Públicos desempeñados:

-Alcalde-Presidente do concello de Trabada dende maio de 1991 ata 13 de xuño de 2015.

-Deputado Provincial desde setembro de 2013  xuño de 2015.

Exercicio da función pública ou de calquera posto ó servizo dunha Administración Pública

-Funcionario da Administración Local en situación de servizos especiais.”

Antes de nada, darlle as grazas á señora Elena Candia por obrigar aos seus/súas deputados/as a facer público o seu patrimonio.

Un patrimonio que a uns/unhas lles parecerá esaxerado e a outros/as xustiño, sabendo que nesa casa hai máis vehículos, que unha filla ten un piso en propiedade, etc.

Aquí lles deixamos uns datos aos que toda persoa que así o desexe pode acceder, porque son públicos e ninguén os inventou. 

E o que si que nos parece xa unha desfachatez e un insulto para todo o pobo trabadense, é ese apartado de observacións, que non é obrigatorio cumprimentar e que o sr. Yanes Ginzo fixo constar, ese mobiliario e maquinaria de xardín por valor de douscentos mil euros, que pasa, que entre tod@s a pouco tocamos?!?!?!?!?!

Gustaríanos que defensores/as e detractores/as nos fagades constar a vosa opinión, ao igual que o declarante de patrimonio pode escribir na súa defensa.


4 comentarios:

  1. Y quien es el agente de empleo? el que dice que su alcalde sigue siendo Ginzo? Y quien es la arquitecta? la ex-segunda dama?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Buen ejemplo para la juventud."Hijo/a mío/a si quieres labrarte un buen futuro estudia una carrera,sé honesto/a, buena persona,bla bla bla"...Y sino ya sabes...
      Con todas mis disculpas a los buenos/as y honrados/as alcaldes/esas que por supuesto sí los hay.

      Eliminar
  2. Buenas Noches
    Sera verdad que se separa la farmacéutica por tema de cuernos, eso se comenta

    ResponderEliminar