Premios 20Blogs

miércoles, 9 de diciembre de 2015

MESA SECTORIAL FORESTAL DO PASADO SÁBADO DÍA 5

O pasado sábado tivo lugar en Trabada unha mesa  sectorial do PSOE coa seguinte temática “A importancia social e económica do sector forestal”, na que interviñan segundo o cartaz, Mayra García Bermúdez, actual alcaldesa de Trabada, José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PsdG-PSOE e Darío Campos Conde, presidente da deputación provincial de Lugo. Nesta mesa tamén participaron os 4 presidentes das 4 comunidades de montes veciñais en man común do concello de Trabada.

Todo hai que dicilo, foi un acto bastante electoralista, pois aínda que si se apreciaron intereses por parte dos participantes na problemática dos montes veciñais de man común, se escoitaron as demandas do pobo, etc. Viuse que os participantes estaban parcos en lexislación e xestión de montes comunais. Pero por primeira vez na historia de Trabada, vimos o achegamento de políticos importantes ao noso concello para algo máis que un xantar privado no comedor da familia Villapol. E tamén vimos unha boa vontade dos políticos para o cambio, como o ofrecemento por parte do presidente da Deputación , a cal non ten moita competencia no tema, de si tratar de facer por colaborar polo menos na limpeza de pistas.

O que non nos sorprende é a retórica dun dos asistentes a  dita reunión, un señor que primeiro encheu de halagos e agradecementos aos políticos asistentes, porque alguén se achegou e molestou en tocar este tema de montes nunha campaña electoral e que fixo as seguintes preguntas:

“Como xa ben dixo a alcaldesa, temos un monte que está ordenado, no monte de Trabada afortunadamente temos unhas infraestructuras pero eso conlleva de que temos moitas infraestructuras e temos muitas pistas, entonces un dos problemas máis graves que temos ahora é conservar esas infraestructuras e nos gustaría ter algunha política do concello, ou ben dun ente supramunicipal que realmente teña continuidad no tratamiento desas infraestructuras, como son pistas, cortafuegos e despois xa, a Xunta ten o tema dos tratamientos para o lume como son os depósitos… Eso é unha prioridad fundamental.
Outra prioridad fundamental que temos ahora mismo é o tratamiento do gonípteros, desde  o punto de vista forestal, o gonípteros que é unha enfermedad do eucalipto fundamental e que é unha prioridad que nos interesa e que haxa algunha política sobre eso
E outro tema, que aproveitamos dado que temos ao presidente da Diputación aquí, é como el ben sabe, é que temos realmente, que o sector forestal consideramos que estamos discriminados un pouco desde o punto de vista do tratamiento da diputación a efectos das vías, porque é o único sector que necesita unha autorización pa circular realmente polas vías da diputación, e entendemos que eso non debe ser e que debemos cambiar dalguna forma a licitación, independientemente de que un mal uso desas vías pola nosa parte, lógicamente teñamos a responsabilidad consiguiente, pero un bon uso entendemos que debe ser igual que outro sector e a legislación non o contempla así. Por tanto, solicitamos realmente si sobre ese tema van a tratar algo deso.”

A esas preocupacións de D. Dani, en primeiro lugar, respondeulle a alcaldesa, pois como ben dixo, nestes seis meses xa se limpou algunha pista, pero ela a diferencia de Rajoy, si pode dicir que está ante unha herdanza de 24 anos onde nada se fixo sobre este tema, así que dean tempo e pouco a pouco iranse facendo limpezas, etc. Unha resposta que arrancou os aplausos dos asistentes a dita xuntanza.

Por outra banda, e como ben dixo o presidente da Deputación, “Daniel, todos sabemos o uso que facedes os maderistas das pistas e como quedan tras unha corta, porque teño para un álbum de fotos de tódalas que levo feito”. Ante isto, hai que dicir, que se houbera un uso responsable, non faría falta pagar… e recordarlle ao señor Daniel que se as medidas se toman, por algo será.

Os representantes  dos montes veciñais en man común transmitíronlle aos políticos do PSOE demandas  como,  a chamada “deuda histórica das comunidades”,  o trato discriminatorio que sofren pola dobre imposición tributaria no IRPF e no imposto de sociedades  cando teñen una clara finalidade social e moitas mais restricións que una sociedade mercantil ou a falta de inversión da administración forestal nos montes consorciados. A ver se cando cheguen ao poder se lembran destas preocupacións.


A charla tamén serviu para coñecer os distintos proxectos das comunidades de montes de Trabada, as súas formas de traballo e para favorecer a relación entre elas. 

Tan só esperamos que se continúe nesta liña de traballo e que esta sexa a primeira de moitas charlas deste tipo.

1 comentario:

  1. Eu estiven na reunión convocada polo PSOE co tema dos montes. Primeiro asistín por apoiar á Alcaldesa que se merece iso e máis. Segundo agradecer ao Sr. Besteiro o que axudou para a Residencia de Trabada. E terceiro coñecer ao novo Presidente da Deputación e veciño de Puentenuevo Darío Campos. Creo que foi unha clarla moi produtiva, mesmo para os que asistiron e que non votan ao PSOE. Parece que Maduro soubo perder, pero en Trabada a algúns lles custa ....será cuestión de tempo....

    ResponderEliminar