Premios 20Blogs

miércoles, 25 de febrero de 2015

¡Vaia sorpresa! Agora que deixamos de escribir aos medios, saímos neles sin pedilo...


¡Incríble! Meses mandando cartas aos medios de comunicación galegos para denunciar o que pasaba en Trabada cos montes sin que ninguén faga caso, e resulta que agora que deixamos de insistir, publican sobre nós.

Iso si, está ben que se publique sobre nós sin que ninguén se poña en contacto nin pida explicacións para facer un artigo imparcial como debería ser se entendemos o xornalismo como un servizo de información de cara ao pobo. Desde o propio blog facilitouse unha dirección de correo electrónico para calquera tipo de suxerencia ou comentario que non se utilizou polo de agora e menos para contrastar dalgunha maneira que se está a dicir e por que.

Desde aquí só queremos desmentir que este blog teña ningunha vinculación con ningún partido político. Ningún de nós milita en ningún partido, iso si, nalgún momento puidemos contar con axuda dalgún partido da oposición, é certo. Pero isto non naceu do propio blog, naceu da situación inxusta que se estaba a producir en Trabada e foron eles os que se ofreceron a facilitarnos información ou contactos na nosa loita. Só podemos darlles as grazas polo apoio e pola axuda.

Non imos pedir o voto para uns ou para outros. Cada un ten dereito a votar desde a súa conciencia. O que si nos pareceu é que non debíamos quedar calados cando se presenta ao señor alcalde deste xeito: 

"José Manuel Barreiro, quen enxalzou a labor deste rexedor que ano tras ano e elección tras elección, os cidadáns valoran o seu traballo e proba diso vese reflectida nas urnas. Resaltou a súa traxectoria política e o seu bo facer.

Pola súa banda, o candidato e actual rexedor dixo que continuaría na súa liña de servir aos seus veciños, intentando facer posibles as súas peticións e demandas e renovar a maioría absoluta”.

Señores xornalistas, o papel aguanta todo, o noso tamén, é certo. Se dalgún comentario vertido no blog teñen algunha dúbida, insistimos que se poden poñer en contacto con nós en: estapasandoentrabada@gmail.com ou no noso perfil de Facebook: Pasandoen Trabada.

Grazas. 

jueves, 5 de febrero de 2015

A XESTIÓN, OU MÁIS BEN, NON XESTIÓN, DO ALCALDE RESPECTO DOS MONTES DE MAN COMÚN

Un dos artigos da constitución que nos está a rexer, concretamente o 20, fala da liberdade de expresión, e como tal, imos facer uso deste dereito ao igual que o fan os medios de comunicación.

A semana pasada, en Crónica 3 con A Mariña saíu publicado un artigo onde como titular destacaba “José Manuel Yanes Ginzo encabezará por sétima vez a candidatura do PP de Trabada”.

Vamos a centrarnos no segundo e terceiro parágrafo que dicían así:

“Anunciouno este xoves o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen enxalzou a labor deste rexedor que ano tras ano e elección tras elección, os cidadáns valoran o seu traballo e proba diso vese reflectida nas urnas. Resaltou a súa traxectoria política e o seu bo facer.

Pola súa banda, o candidato e actual rexedor dixo que continuaría na súa liña de servir aos seus veciños, intentando facer posibles as súas peticións e demandas e renovar a maioría absoluta”.

A verdade é que non sabemos se é que realmente o señor Barreiro descoñece da labor do rexedor trabadense ou fai uso da hipocrisía, tal e como fai o sr. Alcalde ao dicir que continuará na súa liña de servir á veciñanza, porque por sorte ou por desgraza, non a tódol@s veciñ@s nos serve de igual forma.

Se comezamos a falar da comunidade de montes, Yanes Ginzo perde a credibilidade á primeira de cambio. Debemos recordarlle que nun momento no que o sr. Oliveros pediu nun pleno da corporación municipal que esta apoiase e mediase para que un grupo de veciñ@s entrase a formar parte da comunidade de montes (os cales tiñan tódolos dereitos para pertencer a ela), dita corporación votou en contra. É dicir, que non fixo nada por tentar de mediar entre veciñ@s. E o que xa foi o colmo, foi ver un dos concelleiros votando en contra deste apoio da corporación e el mesmo ser un dos que nun primeiro momento pretendía entrar na comunidade.  Lembremos tamén que o actual alcalde foi quen de levarlles a garda civil por dúas veces ás asembleas xerais, porque debe considerar que vive “nunha cidade sen lei”. Non sabemos se todo isto se debe á íntima amizade con Don Dani, (o cal certo sector da veciñanza o considera o verdadeiro alcalde, e o que asina e ostenta o cargo é unha marioneta do anterior), ou a unha ansia lucrativa sen fin, pois como membro da comunidade igual non lle interesaba que houbese máis xente coa que ter que repartir o suposto botín que supoñen os montes de man común. Menos mal que os xuíces á hora de interpretar as leis son máis imparciais e tanto D. Dani como Yanes Ginzo tiveron que roer e tragar con que certa xente pasara a formar parte da comunidade.

A segunda vez que se falou dos montes de man común nun pleno municipal, foi a raíz da denuncia que a comunidade de montes lle puxo a sete dos membros da mesma, vaia, que ata eles se denunciaron a si mesmos. Prégaselle que medie porque como membro que é da comunidade, el tamén é un denunciante máis. E a única resposta é que non vai a mediar, que para que medie terían que retirar a demanda aquelas persoas que a interpuxeron para solicitar a entrada (que por pleno dereito deberían estar na comunidade), nese caso si mediaría para que Don Dani retirase a demanda contra esas sete persoas. ¿Pódese saber que asuntos se traen estes dous entre mans para defenderse como uña e carne?

Así é que o grupo d@s indigand@s, sen a axuda do noso alcalde, estamos dentro da comunidade, con moita honra, por dereito! Sufrindo moito, noites sen durmir para algúns, riñas innecesarias entre veciñ@s, escoitando comentarios ofensivos… E si, tivemos a axuda da oposición, que nos trouxo charlas interesantes, persoas que sabían do mundo dos montes, que nos orientaron e nos axudaron a chegar onde estamos; que se molestaron en tentar sacar nos plenos o tema da comunidade… si señores e señoras indignad@s, nós debémonos ao apoio do BNG e PSOE.

E ben, se quere o señor Barreiro, tamén lle podemos contar dos tratos de favores que soe facer neste pobo para gañar catro votos, como se dedica a ir buscar polas casas ou a poñerlles medio de transporte ás persoas maiores para comprarlles o voto; como lles arranxa a enorme  entrada da casa a familias numerosas para gañar votos; como hai casas con dúas luces públicas e outras se a teñen é porque a pagaron do seu peto;  como lle prorroga por quinta vez o contrato ao do técnico de emprego (aclaramos que non temos nada contra este, pero que é sospeitosa esta contratación si); como declaramos núcleo rural Fórnea para que uns amiguiños legalicen o estado das súas casas (tampouco temos nada en contra destas familias, pero se se fai para uns, faise para todos)… e así teríamos un sinfin de anecdotiñas para contarlles. Aínda que imos contar unha máis, esa votación en contra de que se contraten prazas públicas de usuarios das residencias de maiores; pois el é un deputado máis: Temos que dar grazas que o alcalde non vai ter nada que ver na contratación do persoal da residencia... Menos mal que sae na súa defensa o tenente de alcalde nesas redes sociais que tanto emprega o señor alcalde para intentar deixar quedar mal á oposición, pero vai ser que na casa do ferreiro coitelo de pau, e cando un cuspe tanto cáelle nos ollos. E moito tentar descalificar ás persoas con que se deixei de falar nas redes sociais, pois cale ao seus súbditos, que total para contestar a isto acaban falando de que a estrada de Vidal está sen arranxar…


E polo día de hoxe, quedamos aquí. Opinen vostedes...