Premios 20Blogs

viernes, 24 de abril de 2015

E SE PRESUNTAMENTE FOSE VERDADE...???

E se fose presuntamente fose verdade que laminados Villapol (D. Dani) paga parte da nómina mensual aos obreiros da fábrica en B (ou sexa, o que se di en negro)?

E se presuntamente fose verdade que case toda a madeira laminada que se vende ao detalle tanto na zona como por Galicia adiante se cobra en negro (ou sexa, sen IVE)?

Se isto fora presuntamente verdade D. Dani ten o seu mérito, por un lado libando todas as subvencións habidas e por haber, de feito podemos dicir que D. Dani é un home subvención, e por outro lado estalle trabando a Montoro. Todo un  figura D. Dani. É elemental que manexar diñeiro negro é un delito, tanto para persoas como para empresas. E se iso é presuntamente verdade, a exemplaridade de laminados Villapol deixa bastante que desexar (non é xogar limpo).

E se laminados Villapol é presuntamente unha empresa pouco exemplar, que coño pinta a delegada da Xunta (do PP) de romaría a laminados Villapol? Se fora presuntamente verdade, que pintan os conselleiros de h e b de romaría por unha empresa que emprega métodos tan pouco edificantes ? Conselleiros que tamén son do PP. Tamén vai o noso alcalde, e logo? Se chifra o xefe, que remedio, hai que ir…. O noso alcalde, que tamén é do PP.

Non pasará nada faga o que faga D. Dani, laminados Villapol seguirá libando subvencións.
D. Dani é un trobador de oficios, “encantador de serpes”, e por iso dálle exactamente igual quen goberne (que ao bipartito tamén o sangrou). Debaixo da pel de carneiro de año, ten outra como se fose un depredador, segue a presa ata que a consegue, iso si, os medios da igual.

Todo isto é especular a costa do aire, non estamos afirmando. Hoxe hai auditorías que pasar, supoñemos que as pasan, ¿ou non? Coma sempre, aquí estamos para publicar a resposta en caso de que a teñan cos datos que queiran facilitarnos.

Este D. Dani, que home, non se cansa de carretar para a súa conta e para o seu bolso. O de encantador… cada vez encanta menos, a xente vaise dando conta da xoia que é, vaise dando conta tamén que non repara en medios para satisfacer o seu ego, utilizando a xente de boa fe, o seu orgullo e a súa soberbia. E ditan sentencias sempre favorables ao seu peto.

Moitos veciños xa lle perderon o respecto, e non é que se volveran mal educados, é que se deron conta de que é un tramposo (D. Dani).
Ademais, D. Dani é un home moi voraz, “come a Deus” ( e non pensedes que é de comulgar todos os días).

Sobre o goberno municipal, o PP ten maioría absoluta, pois non, a sensación é que hai un goberno de coalición PP-Villapol, e claro, Daniel (D. Dani) ten a chave.
Don Dani está sempre, é a chave, senón non lle interesa, de balde non está en ningún sitio.

Un dato que non deixa de ter a súa importancia, Daniel Villapol (D. Dani) é amigo de referencia dos irmáns Currás en Trabada, e incluso a un deles, “manda huevos”, utilizouno como secretario.

Por certo, sr. Currás (ex-secretario de D. Dani), sabía vostede das posibles e presuntas rapiñadas de D. Dani á costa da SAT? Estaba informada das posibles chanchulladas? Estaba vostede informado do que D. Dani se negaba a aclarar nas asembleas? Sabe vostede por que saíu chorando dunha asemblea cando os propietarios o apertaron, dimitindo de todos o seus cargos na SAT? Sabe vostede por que ás poucas horas convocou unha asemblea para volverse atrás e seguir mangoneando? É fácil, D. Dani ten pánico a que ninguén lle revise os papeis? Ben, ensina os papeis que a el lle interesa, papeis que podiamos chamarlles papeis e enganabobos.

E sabíao vostede Sr. Currás (ex-secretario de D. Dani)?

Foi vostede o secretario dun presidente sectario, xitano, tal vez o tipo máis tramposo, tal vez o máis mentireiro, e tal vez o fulano máis impresentable que vostede coñece, sr. Currás. Certamente non é para sentirse moi orgulloso da súa etapa como secretario de D. Dani.

Sabía vostede sr. Currás dos posibles e presuntos chanchullos, trampas, marullerías e outras obras que se traía o seu inclito presidente coas empresas encargadas de facer as pistas empresas subministradoras e man de obra contratada para facer os traballos de concentración de montes? Controlou algo diso? Diga algo…

Atención Sr. Presidente da comunidade de montes en man común, non saque a vista do prato, ten a D. Dani ao redor, xa cerca e vostede de sobra sabe que D. Dani é un felino moi astuto (e está convencido diso) e ao menor descoido vaille limpar o prato coa chuleta incluída, e vostede a dúas velas, tempo ao tempo.

D. Dani vai por libre, fai o que lle dá a gana co monte, ignorando a todos vostedes. Tamén ten a súa importancia a posible colaboración entre o administrador do catering do pobo e D. Dani, cando pagaba as comidas cos cartos de todos os comuneiros e comuneiras. Exemplo, os Irmandiños encárgalle unha comida e cóbranlles vinte e pico euros por cabeza, encárgalle Don Dani unha igual ou moi parecida para a comida dos comuneiros, e a factura é de cincuenta e pico… Menuda parella!!



P.D. Sobre as observacións que facedes algúns sobre a firma dos artigos, tendes que comprender que en Trabada coñecémonos ata na forma de pisar, entón, incluso parece lóxico que a xente tome as súas precaucións. Tendes que pensar que a sombra de D. Dani, de momento, aínda é ben larga e tratándose dun fulano que ten o cinismo e rencor por bandeira, que é danoso e non moi boa persoa, por todo isto, a xente toma as súas precaucións.

jueves, 16 de abril de 2015

Isto tamén podería pasar en Trabada

Tal e como están as cousas, o que pasou en Sanxenxo, pode pasar en Trabada. Compartimos o manifesto que se leu ao respecto:

MANIFESTO EN DEFENSA DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

Manifesto da CCMM Noalla, Sanxenxo, lido na Asemblea da ORGACCMM o sábado 21 e apoiado pola mesma.

Nestes momentos complexos en que vemos con preocupación como se está modificando a Lei de Montes, tamén xorden feitos que acentúan máis aínda a incerteza sobre o futuro dos montes veciñais. Temos que amosar o noso pesar pola anulación da clasificación do monte de “A Lanzada” da parroquia de Noalla, vinte e cinco anos despois de producirse, o que xera unha inseguridade xurídica e en tódolos ordes. ¿Que garantías existen de que as clasificacións dos montes veciñais doutras parroquias, non poden ser revisados tamén, 25 ou 30 anos despois?

Pero con todo o máis grave da revisión da clasificación dos montes da Parroquia de Noalla, é que esta se produce a instancia dun Condello, cando por orixe, estes artificiais entes administrativos, de apenas uns centos de anos, xamais puideron ser donos dos montes veciñais das parroquias (con miles de anos de existencia), pois todos os bens de “mans mortas” foron subsanados na etapa da desamortizadora.

Esiximos ás autoridades de tódalas administracións implicadas, que arbitren as medidas necesarias para a defensa das parroquias e os seus montes, pois non han de esquecer que esta ancestral “Comunidade Xermánica”, comprende case que a terceira parte de todo o territorio de Galicia.

CCMM Noalla, Sanxenxo, momentos complexos en que vemos con preocupación como se está modificando a Lei de Montes, tamén xorden feitos que acentúan aínda máis a incerteza sobre o futuro dos montes veciñais. Temos que amosar o noso pesar pola anulación da clasificación do monte de “A Lanzada” da parroquia de Noalla, vinte cinco anos despois de producirse, o que xera unha inseguridade xurídica e en tódolas ordes. 

jueves, 9 de abril de 2015

PRÓXIMOS ACTOS

O sábado 18 de abril no Centro Neural de Gondomar terán lugar as VII Xornadas de Montes. Organiza a Mancomunidade de Montes do Val Miñor, colabora a ORGACCMM.

VII XORNADAS MANCO-v4

PROGRAMA

16:30 h - Presentación a cargo de Latino Rodriguez Presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor.

16:45 h- "A produción de resina": Venancio Miniño Enxeñeiro forestal e presidente da comunidade de montes de Mougás.

17:30 h – “Uso social dos montes veciñais”: Claudio Quintillán. Presidente da mancomunidade de montes do Castrove.

18:15 h – Descanso

18:45 h – “A vespa velutina: ameaza para a producción de mel e da biodiversidade”: José Fernández. Asociación Galega de Apicultura.

19:30 h – Mesa redonda coa participación dos poñentes.


20:30 h – Peche Xornadas a cargo de Xosé Alfredo Pereira Presidente da Orgaccmm.

jueves, 2 de abril de 2015

Últimas novas do sector

INCENDIOS. Algunhas comunidades de montes afectadas xa nestas datas polos incendios forestais, critican o abandono e despreocupación da Xunta de Galicia en relación aos montes e ao sector forestal en xeral e piden políticas de prevención.
Moitas xuntas de montes están a dicir que invirten máis diñeiro nas súas propiedades por este tema, que o que sacan da madeira.
Consideran que non se trata de gastar cartos cando empezan os lumes, senón de invertir en plans de prevención. Son as comunidades as que invirten nesta prevención nas súas propiedades, pero están a gastar máis do que producen sen que a Xunta o compense de ningunha maneira aínda que sabe que é un beneficio para o conxunto da sociedade que o monte estea coidado.

BIOMASA. Hunosa, empresa do grupo SEPI e Urbaser, división medioambiental do Grupo ACS acadaron un acordo para impulsar de forma conxunta unha nova liña de negocio de servizos enerxéticos adicada á instalación de caldeiras de biomasa, á xestión e ao mantemento deste servizo, e ao suministro da materia. Así aproveitaranse as 3.800 Has. do patrimonio forestal de Hunosa do centro de Asturias para combustible de caldeiras.


CONSUMO. O consumo de tableiros medrou en España un 10% en 2014, e estímase que vai medrar outro 8% no 2015. A madeira técnica fabricada na Península está na vanguardia mundial. A competencia agora está máis ligada ao sector da producción, porque moita da materia prima se trasforma en biomasa polas primas que existen a favor de xerar enerxía eléctrica, por iso se está a pedir a colaboración dos industriais e almacenistas da madeira.