Premios 20Blogs

sábado, 20 de junio de 2015

UNHA SEMANA SOCIALISTA

E si, xa fai unha semana que nos cambiou oficialmente o goberno a tódol@s trabadenses e canto que contar desde ese día.
Non saberemos o que pasou pola cabeza do antigo alcalde ao ver un salón de plenos que se quedou anano para dar cabida a tanta xente que quixo acompañar a Mayra nese día. Nunca unha toma de posesión xuntou a tanta veciñanza no noso concello. Alí estaban os cinco concelleiros do PSOE e tres dos catro electos do PP. O acto levouse a cabo sen problema algún, moi correcto e formal. Curiosa a votación a man alzada da elección da alcaldesa, pois os tres concelleiros do PP abstivéronse cunhas mans que non se sabía moi ben se tiraban cara arriba ou cara a onde….
E tomou a palabra a alcaldesa cun discurso moi ben redactado, defendido con gran firmeza e tesón, un exemplo de saber estar e facer. Onde nos falou dos seus proxectos, as súas ideas, o que lle gustaría facer deste concello e onde lle tendeu a man á oposición para traballaren por e para Trabada.
Tralo acto solemne fomos tod@s xunt@s a festexar ao Mesón Camiño Norte tal acontecemento, unha gran familia nese día unida por unha causa. Non puideron facer o mesmo os tres edís da oposición, que non estiveron acompañados en ningún momento e saíron rapidamente, como se lles dese un apretón.
E foi todo un acontecemento que nos días posteriores apareceu nos medios de comunicación mariñáns, que non sabemos se agora se dignarán a contar as verdades de Trabada ou seguirán sendo monicreques dos de sempre. Alí estaba a nosa amiga Celtia, que nun momento foi quen de poñer no Metropolitano que este blog estaba vinculado ao BNG, supoñemos que non é unha fiel seguidora nosa e por iso meteu a pata ata o fondo, pero tampouco se molestou en contrastar as verbas da boca do sr. Daniel. Pois ese mesmo día escribía cousas como:

“Hoxe vin xente chorar de alegría. Non estiven nas investiduras de Santiago, Coruña, Ferrol... senón nun concello de montaña, de pouco máis de 1.000 habitantes. Berraban "chegou a democracia", "xustiza, educación", "morreu o caciquismo", "o pobo volve ser da xente". Non era unha "marea", pero si o era. Din que levan mandando os mesmos en Trabada non xa dende a guerra, senón dende a Idade Media. O cambio conseguiuno unha rapaza de 26 anos, con amabilidade e traballo. Unha boa rapaza. Escoitando á xente, demostrando seriedade e capacidade profesional na cooperativa na que está empregada. Así conseguiu Mayra covencer a xente á que o PSOE non lograra convencer en tres décadas. Poden estar ben orgullosos dela. E oxalá reflexionen e lle estean á altura das ilusións despertadas. A historia xa nunca volverá ser o que era. Nin sequera en Trabada.”

E disto se fixo eco A voz de Galicia: La juventud al poder. Sin duda es lo que ha ocurrido en Trabada, con el vuelco en las elecciones y con el PSOE, liderado por la joven Mayra García Bermúdez, de 26 años, ganando la alcaldía a todo un veterano, José Manuel Yanes Ginzo. Otro de sus compañeros, ayer nombrado edil, Rubén García, tiene 25. Se abre una nueva etapa en Trabada y muchos vecinos acudieron ayer al salón de plenos a celebrar el relevo.
Mayra García se ha convertido, también, en la primera alcaldesa de Trabada. Ayer, en su discurso de investidura, prometió llevar a cabo una gestión «cercana e a pé de rúa», con una vocación de servicio y ya desde el primer día ofreció diálogo al PP para llegar a acuerdos, si bien el PSOE gobernará con mayoría absoluta.
La ya alcaldesa se presentó a los vecinos que abarrotaban el salón de plenos «co máis profundo agradecemento, humildade, responsabilidade e moita ilusión». Añadió que su gestión tendrá como pilares básicos «a transparencia, a eficacia e a participación veciñal».
«Quero que todos os veciños sintan que o seu Concello se preocupa por eles e que saiban que o noso único empeño é facilitarlles a vida e a axudar a facer realidade os seus proxectos e expectativas», manifestó.”
E despois vimos titulares como que “La joven alcaldesa de Trabada entra pisando fuerte”, e ese pisando forte foi por poñer a andar aos funcionari@s do concello aos que o anterior alcalde lles permitía non cumprir os seus horarios laborales. Igual se tod@s cumpriran co seu horario non serían precisas tantas persoas… En fin…
O que si que xa non ten desperdicio é a carta de despedida do sr. Ginzo na Voz de Galicia, sabemos que o papel aguanta con todo Grazas aos veciños e veciñas de Trabada. Coa súa colaboración fixeron sempre máis sinxelo o desempeño do cargo e a consecución das iniciativas e fins propostos. Intentei gobernar para todos e sempre atopei comprensión e a mellor disposición. Pido perdón ás persoas que, no lexítimo exercicio das funcións propias do cargo e sempre na procura do ben común, puideron sentir lesionados os seus lexítimos intereses. Hai que resaltar esas verbas, porque este blog de feito naceu para defender os intereses da veciñanza da parroquia de Trabada e que el se negou en todo momento a defender, ¿ou que pasa? ¿o ben común era só Daniel? Hai que rir por non chorar, e si, rir estamos a rir un pouco ao velo do outro lado da barreira. Esperemos que lle vaia moi ben alá por onde pase e que deixe respirar a Trabada e á súa veciñanza, esperemos que deixe traballar e teña a cura de humildade que tanta falta lle facía a vostede e a todos eses aos que lles dá as grazas, familia, traballadores ao seu cargo…
Para rematar, só nos queda dicir que Trabada confía en ti Mayra e alí estaremos para axudarche e facer deste noso concello un lugar mellor!