Premios 20Blogs

martes, 14 de julio de 2015

Cruces de acusacións PSOE - PP

Despois do primeiro pleno celebrado en Trabada, hai un cruce de acusacións entre o partido gobernante e o da oposición, supoño que o vistes nos medios pero sirva isto como resume:

Según Crónica, o novo goberno de Trabada reduce á metade o soldo da alcaldesa e ademáis fíxanse os plenos para o terceiro xoves de cada dous meses ás 8 da tarde: http://www.cronica3.com/2015/07/o-novo-goberno-municipal-de-trabada-reduce-a-metade-o-salario-da-alcaldesa/

Según Crónica tamén, a nova alcaldesa de Trabada, minte con respecto ao seu soldo, aumenta as dietas e ademáis fixa os plenos en xoves cando eles preferían en venres para que fose canta máis xente, mellor: http://www.cronica3.com/2015/07/o-pp-de-trabada-acusa-a-rexedora-de-mentir-con-respecto-o-seu-salario/

Contestaremos por partes porque nin todo é branco, nin todo é negro. E claro, se falamos sin argumentar o por que das cousas por ámbalas partes, quizáis ao pobo nos falte información.

No BOE do 30 de decembro de 2013 reformáronse as administracións públicas por lei. Isto, nun concello coma o de Trabada, con pouco máis de 1.000 habitantes, afecta e bastante ao soldo do alcalde, xa que non pode cobrar o que quere. E por outro lado, nese mismo BOE establécese que só un membro da corporación como máximo, pode ter adicación exclusiva:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-13756

Para aqueles que non vos ides conectar, poñemos aquí certos detalles:

Habitantes
Referencia
Más de 500.000
Secretario de Estado.
300.001 a 500.000
Secretario de Estado -10%.
150.001 a 300.000
Secretario de Estado -20%.
75.001 a 150.000
Secretario de Estado -25%.
50.001 a 75.000
Secretario de Estado -35%.
20.001 a 50.000
Secretario de Estado -45%.
10.001 a 20.000
Secretario de Estado -50%.
5.001 a 10.000
Secretario de Estado -55%.
1.000 a 5.000
Secretario de Estado -60%.
Según esta tabla, o soldo da nosa alcaldesa podería ser como máximo de 40.000 €. O actual, sexa ou non como di o PP, está bastante por debaixo desta cantidade.

b) En los Ayuntamientos de Municipios con población comprendida entre 1.001 y 2.000 habitantes, solo un miembro podrá prestar sus servicios en régimen de dedicación exclusiva.

Tendo en conta que según a mesma lei:
«1. Los Municipios deberán prestar, en todo caso, los servicios siguientes:
a) En todos los Municipios: alumbrado público, cementerio, recogida de residuos, limpieza viaria, abastecimiento domiciliario de agua potable, alcantarillado, acceso a los núcleos de población y pavimentación de las vías públicas.
Haberá que contar logo con que se hai que dar todos estes servizos, ata onde chegan os cartos…

E tamén é verdade que polo que se está a ver, a dedicación parcial debe aparecer só nos papeis, que polo que sabemos, Mayra está moitas veces a facer xornadas de traballo maratonianas, e non por iso se acolle á dedicación exclusiva. En palabras dela... "un alcade é alcalde 24 horas ao día".

En canto ao kilometraxe pasouse de 0.19 a 0.26. Hai que dicir que é algo habitual en calquera empresa e por iso está recollido nos convenios colectivos. O concello de Trabada agora non está no mínimo, pero está bastante lonxe do máximo: o mínimo está en 0.06 € e o máximo cerca dos 0.70€. É verdade que isto vai depender de cantos viaxes se fagan con cargo ao concello para ver se agora se aforra ou se gasta máis. E unha pregunta para os do PP, ¿a canto lle pagan o kilometraxe ao delegado de deportes de Diputación?

As dietas tamén subiron parece ser, no canto de a 40 € vanse a pagar a 50 €. Haberá que ver se coa diferencia de soldo de alcalde da para isto, repártense máis os cartos, e sombran ou faltan cartos respecto ao lexislador anterior. Deixaremos que Mayra presente contas unha vez que se empece a actuar así antes de botar o carro antes dos bois e ver se é unha despilfarradora, ou como boa economista, fixo un estudo de que supón máis e menos gastos nun concello coma o de Trabada no que polo que sabemos, deixaron as huchas baleiras...

E por outro lado, en canto aos horarios dos plenos... A ver, ¿que ten que dicir o PP que os facía entre semana e polas mañás para que non puidera ir ninguén e así non sabíamos o que se cocía?, ¿que pasa?, que agora que gobernan outr@s, si que interesa que se vaia... ¿Por que? ¿Ides cambiar a maneira de facer política agora e ser máis abertos cara o pobo?

Quizáis nos quedou un artigo un pouquiño partidista, si, non o imos negar, pero me parece que este cruce de acusacións debería estar un pouco máis asentado no que di a lei e non contado como se fosen decisións unilaterais que o único que van facer é fundir o pobo de Trabada, ¿nos vos parece que xa está bastante afundido? Quizáis chegou o momento de deixar facer e ver se tiramos un pouco cara arriba...

Por suposto, coma sempre, calquera que se sinta afectado, ten a oportunidade de contestar vía o blog, vía o noso perfil de Facebook ou vía correo electrónico. 

martes, 7 de julio de 2015

O Camiño Norte, patrimonio da Humanidade pola Unesco

Aínda que nos parece que isto non vai con nós, porque desde o Concello ata o de agora nada se loitou por promocionar o Camiño Norte por Trabada, o pasado domingo, a Unesco declarou patrimonio da Humanidade esta ruta. E non só a que vai por Ribadeo, que a historia está aí nos libros, senón a variante que pasa polo noso Concello. É bastante triste que lle chamemos variante á que foi ruta orixinal na idade media. Máis que nada porque os peregríns non traían moitos cartos, e cruzar a ría supoñía un custe da barca que ía de Castropol a Ribadeo que non podían costear. Así que se naqueles tempos nos que para comer moitas veces tiraban da caridade, non lles quedaba outra que camiñar para cruzar o Eo pola ponte que dá entrada por Abres a Trabada.
E non remata aquí a importancia do Camiño polo noso Concello porque hai documentos que certifican a existencia dun hospital de peregríns no alto da Cadeira, por onde está a capela vella.

Esta declaración ten moita máis trascendencia do que pensamos porque supón un ingreso adicional para as arcas do noso Concello, porque o obxectivo do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural á humanidade. Además, baixo certas condicións, estes sitios poden obter financiación para a súa conservación do Fondo para a conservación do Patrimonio da Humanidade. E todo isto, caeunos así, porque houbo moitos alcaldes de moitos pobos polos que percorre a ruta, que impulsaron este nomeamento pensando en impulsar o turismo e así mesmo, os ingresos. E no noso caso... ¿fixo algo o anterior alcalde? No programa ía sempre a creación dun albergue pero polo de agora non o vimos. Aínda que din as malas linguas que houbo quen cobrou esa subvención e unha vez xustificado o baixo uso desta ruta, destinou a obra realizada a fins privados. Como digo, esto é cousa das malas linguas e nada sabemos oficialmente ao respecto... Se alguén ten datos e quere compartilos, xa sabe que este blog está tamén para iso, sobre todo se son datos documentados, que especular, sabémolo facer todos como é o caso deste comentario.

Agora temos nova alcaldesa e esperemos que impulse en certa maneira este percorrido promovendo tamén a creación dun albergue en condicións que dea cabida aos camiñantes, porque se a nosa ruta non é moi escollida é polo feito de que non queda outra que tirar ata Lourenzá e que polo medio hai que subir a Cadeira. Quen fixo esta ruta ben sabe que se fai duro e que un albergue en Trabada sería o idóneo para levar folgos para subir a Cadeira. E así, podemos escoller quedar en Lourenzá despois dunha etapa dura aínda que non moi longa, ou seguir ata Mondoñedo se imos con forza.

Tamén se xustifica, non por quitarlle ingresos a Ribadeo, que os ten a costa do Camiño, senón porque o seu albergue está saturado e máis aínda, nestas datas. Estes días saía na Voz de Galicia que non podían dar cabida a tódolos peregríns que por alí pasaban e que tiñan que durmir no pavillón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/07/04/ribadeo-habilita-pabellon-acoger-dia-peregrinos/0003_201507X4C8995.htm.
Por experiencia tamén dicimos que onde estea un albergue, que se quite todo pavillón, e que moitas veces non importa cambiar a ruta, polo simple feito de ter unha cama e máis agora que se pode reservar nos albergues. Que, por certo, non son gratuitos, nin os da Xunta, que teñen un prezo de 6 euros, nin por suposto os privados, que sempre aproveitan para cobrar un pouco máis xustificando que dan mellores servizos.
Iso si como hai moitos que empezan o Camiño en Ribadeo porque asegura os kilómetros para obter a Compostela, sería tamén o momento de propoñer unha liña de bus, aínda que sexa unha vez ao día que poida pasar por Trabada para deixar aos peregríns que chegan á estación de autobuses de Ribadeo, que claro, está mellor comunicado ca nós.

Así que aquí deixamos este comentario para reflexión da nova corporativa municipal e dalgún que outro que pense que pode montar algún negocio ao redor deste nomeamento que podemos dicir que nos caeu do ceo pero que vai situar a Trabada no mapa do Camiño, esperemos que para ben do pobo.