Premios 20Blogs

viernes, 28 de agosto de 2015

Cousas que non conta "A Comisión"

Non sabemos o que se falou na reunión pasada, só sabemos que foron poucos os asistentes e que "teñen que pensalo".

Sirva este artigo por se non lles contaron todo o que hai que contar, e que vén dunha avogada e experta no tema das Comunidades de Montes. Só daremos o nome por privado, non vaia a ser que lle deamos pistas a quen non as merece...

Os Montes de Man Común só poden devolverse a propietarios nun caso:

- Hai montes de varas ou de fabeo (montes privados pertencentes en comunidade romana a varios propietarios con cotas diferentes de copropiedade), que foron clasificados erroneamente polo Xurado de montes como veciñais en man común. Hai casos nos que os copropietarios presentaron unha demanda declarativa de dominio contra a Comunidade de montes e a demanda foi desestimada. Iso si, son os demandantes os que deben acreditar que se está ante un monte de varas e non ante un monte veciñal en man común.

Según temos entendido, non é o caso do monte en man común de Trabada...

O que pasou nalgún sitio tamén, foi que os veciños dun determinado lugar ou parroquia partiron o monte entre eles, basicamente para evitar as repoboacións masivas da Administración. Despois, eses montes foron clasificados como montes veciñais en man común, pero os herdeiros dos antigos veciños que partiron o monte resístense a devolver ao común as partes que lles deron no seu día e xorde o conflicto entre a Comunidade propietaria e os "donos" (que non os son realmente), destas partes, porque consideran que as heredaron de seus pais, seus avós,...

Hai que ter en conta, neste segundo caso, que o monte veciñal é indivisible, inalienable e imprescriptible. Significa que se se demostra que o terreo en litixio era un monte veciñal no tempo da partición, esta será declarada nula radical e os posuidores resultantes de tal partición nunca poderán comprar o dominio dos terreos, sexa cal sexa o tramo de tempo que leven na súa posesión efectiva, porque o monte veciñal é imprescriptible.

¿A que isto xa nos sona un pouco máis? Entón, ¿que clase de broma é esta?, ¿que se está a intentar en Trabada?, ¿para que?

Fagan as súas apostas señores...

Por certo, quen está na directiva da Comunidade de Montes coñece esta información, que ninguén se engañe...


viernes, 21 de agosto de 2015

"A COMISIÓN" agárdanos aos propietarios de fincas dentro do monte de man común o vindeiro sábado

Estes días, tódalas persoas que están por Trabada poden ler o seguinte anuncio:

"A LOS PROPIETARIOS DE FINCAS DENTRO DEL MONTE VECINAL EN MANO COMÚN DE TRABADA-MONTE PICATO, PERTENECIENTES A LAS PARTIJAS DE ESQUIEIRA, RAMUDA, MOZANDEO Y PENA DAS BOUZAS.

Invitamos a todos aquellos que son propietarios de fincas dentro de las partijas indicadas, clasificadas como vecinal en mano común, a asistir una reunión con el fin de proceder a informarse de la superficie que les corresponde y hacer los trámites pertinentes, si lo consideran de interés, para la reclamación perceptiva.

Sería muy importante que traigan los títulos que tengan en su poder y cualquier escritura de adquisición o trasmisión, cuanto más antiguas mejor, para consultar y valorar su interés.

NOTA: La reunión tendrá lugar el sábado 22 de agosto de 2015 a las 10:30 (de la mañana) en el local social de MADERAS VILLAPOL en la Rúa do Cementerio S/N.

                                                     La Comisión "

Nesta nota hai varias cousas para analizar, resulta que imos chamando á xente por zonas, cal é o motivo? Non valen tod@s para xuntar? Ai! Perdoen, que só invita a aqueles... a igualdade de xénero aínda non lles chegou!!!

Todo, sempre se se considera de interés... non hai nada de obriga, non se anda chamando á xente de idade nin nada para convencel@s de que vaian, se van é polo seu interés...

E sorprende tamén a sinatura, desta vez asina "La Comisión".... D. Dani vai cambiando de estratexia e agora xa non son Hermanos Villapol @s que lideran o cotarro, que hai unha comisión... A pregunta é: quen forma parte desta comisión? Non haberá nela membros da directiva dos montes veciñais en man común? Porque de ser así, que dimitan dun ou doutro cargo, que tanto ir o cántaro á fonte, non vaia ser que rompa... oxalá. E esta comisión, que funcións ten? Porque se é de investigación, case mellor que enviámola para o concello e que lle axuden a Mayra a poñer ao día as presuntas irregularidades do goberno anterior...

Pois nada, xa saben, vaian vostedes a esa reunión, que xa verán que sinxelo é todo, se non teñen cartos, ata llelos prestan, e van a gañar montes e moreas... Imos tentar de mercar algún xuíz/xuíza para que nos devolva os terreos e se non pagan, non sabemos se agora é a comisión, se D. Dani, se Hnos. Villapol, vanse encargar de quedarse co 30% dos seus terreos. Veña, que todo Trabada sexa deles...

P.D. Este artigo non vai con retranca, son imaxinacións súas...

sábado, 15 de agosto de 2015

E QUE PASA EN TRABADA POLO 15 DE AGOSTO?

Pois o que pasa tódolos anos: que son as festas.

Este ano celebráronse grazas ao esforzo de catro rapaces e rapazas nov@s que, á vista de que se anularon por motivos descoñecidos, non quixeron deixar ao seu pobo sen festas. E eses motivos descoñecidos, cremos que teñen unha presunta relación coa perda das eleccións do anterior alcalde, o cal nestes últimos anos se supoñía que era o encargado de organizalas, pero que se dedicaba a mandar a un par de bos rapaces (ben mandadiños tamén hai que dicilo) a pedir polas casas. 

Tamén sabemos que parece ser que estas festas "molestaron" á veciñanza e que hai certas persoas que intentaron e intentan boicotealas e poñer trabas por tódolos lados, uns/unhas dando a cara e outros/as por detrás. Parece ser que neste pobo retrocedemos e cada vez sabemos menos separar os problemas persoais e a política e cada vez nos volvemos peores persoas.

Xente que cando era o sr. Ginzo alcalde daba boa cota, agora misteriosamente debe estar en crise nos tempos en que tanto Rajoy como Feijoo presumen de que se está saíndo dela. Ou será que agora en Trabada cambiou a xente indignada? Todo pode ser...

Ata a igrexia se nos revela... e non sabemos o motivo de que o señor párroco se revele e non queira facer a misa á unha e media e tivo que ser á unha... bueno, ao final, final non foi nin un para ti nin para min, porque ou misaba só ou a xente non entrou á igrexa ata e quarto. E tamén esta tarde se molestou porque non podía acceder ao seu garaxe por culpa do palco da orquestra, que noutros anos anteriores se situou nese mesmo lugar. Cando esta mañá o aparcou na carretera xeral por se non podía saír... Resulta sospeitosa esta forma de actuar.

Parece que este ano estas festas non son ao gusto dunha parte da veciñanza porque xa non voan as gaivotas polo ceo de Trabada... Pois señores e señoras, as festas teñen que estar por riba da política, porque están pensadas en reunións familiares, en pasar un tempo agradable na compaña da xente querida, porque tan rápido estamos como non estamos... e se a alguén non lle gustan, pois non é obrigatorio celebralas, pero deixen gozar delas ás persoas que así o queiran facer. 

E só nos queda darvos as grazas a Antía, Nuria, Diego e Dani, por esforzarvos tanto e sacar adiante estes festexos: NORABOA.


jueves, 6 de agosto de 2015

E tamén será culpa de Mayra...

                  Fai uns días aparecía en a Voz de Galicia esta nova:


                     Hacienda obliga a 23 concellos a asumir un plan de austeridad por incurrir en déficit

                     A Coruña es la provincia que cuenta con mayor número de municipios incumplidores, con un total de 15

El Ministerio de Hacienda obligará a 23 ayuntamientos de la comunidad gallega a presentar un plan económico-financiero alternativo por haber incurrido en déficit a lo largo del pasado año 2014. La nueva estrategia de austeridad para garantizar el equilibrio será tutelada y supervisada por la Consellería de Facenda, que luego se encargará de elevarla al departamento que dirige el ministro Montoro.
Según los datos facilitados por Hacienda, A Coruña es la provincia que cuenta con mayor número de municipios incumplidores, con un total de 15. Se trata de Muxía, Dumbría, Vilasantar, Valdoviño, Porto do Son, Ortigueira, Mugardos, Coirós, Cerdido, Abegondo, Boiro, Pontedeume, Boimorto, Arteixo y Coristanco.
En Lugo, la lista de ayuntamientos que han incurrido en déficit se reduce a solo tres casos: Sarria, Trabada y Palas de Rei. Ourense, por su parte, suma otros tres, con A Rúa, O Bolo y A Porqueira. Y por último, cierra Pontevedra con dos municipios: Vilanova de Arousa y Tomiño.
En el listado facilitado por el Ministerio de Hacienda sobre entidades locales incumplidoras con los criterios de déficit hay que añadir cuatro mancomunidades de municipios: O Morrazo, Ría de Arousa-Norte; Mariña lucense y Val Miñor.
Todas las entidades que deberán presentar un plan económico y financiero ante la Administración autonómica gallega suman un déficit que supera los siete millones de euros.
Según el último balance facilitado por Hacienda, un total de 973 entidades locales estarán obligadas en España a presentar un plan económico y financiero alternativo por incumplimiento de los objetivos de estabilidad presupuestaria con los datos relativos a la liquidación del año 2014. De ellas, 717 deberán hacerlo ante la comunidad autónoma, que luego informará al Gobierno central.
El departamento que dirige el ministro Montoro ha precisado que si incumplió el objetivo en el 2014 y tenía ya en marcha un plan de austeridad por incurrir en déficit en el 2013, la entidad local deberá adoptar un acuerdo de no disponibilidad de créditos que garantice el cumplimiento del objetivo, así como aprobar un nuevo plan e incluir medidas adicionales para cumplir.

Más ajuste en el 2015 y en el 2016

Los municipios españoles se han comprometido a mantener el equilibrio presupuestario entre el 2015 y el 2017, lo que equivale a respetar el déficit cero, y a reducir su nivel de deuda pública hasta el 3,6 % del PIB al final de ese trienio. El límite estaba fijado ahora en el 4 %. Esto significa que acometerán en el futuro un esfuerzo mayor para adelgazar su pasivo. Un objetivo que, según los cálculos de Hacienda, es perfectamente posible. El adelgazamiento del endeudamiento a nivel local explica parte de la reducción del déficit en el conjunto del sector público español.

Da provincia de Lugo só temos 3 concellos, e que cousa tan rara, Trabada é un deles. Será que o anterior rexedor deixou os caixóns baleiros e por riba, unha morea de facturas sen pagar. Pero como agora está de moda botarlle a culpa a Mayra, será que desto tamén a ten... Miña pobre! Bastante ten que aturar coa que ten encima, non poder facer nada porque non ten con que. Pero mentras tanto só importa se ten dedicación parcial e o que cobra. Non importa que os funcionarios do concello traballasen unha hora menos do que deberían e que a cobrasen de tódolos xeitos (ou máis que non tod@s deixan o lombo no cargo)... Non, iso non importa. Tampouco importa que o anterior rexedor tivese 2 soldos... non lle chegaba o do Concello que tiña que cobrar tamén da Deputación.

Pero agora é todo culpa de Mayra... Se non hai festas, se non se ve a tele, se os camiños están sen arranxar...

Pois señores, polo que se ve, deixaron as arcas baleiras...

E contaban gañar, ¿a alguén lle importa a suba de impostos que nos tiñan preparada para asumir esta situación? Non... a ninguén lle importa.

Tamén é culpa de Mayra que non recorra a esa subida e que intente facer as cousas sin que nos vaia ao peto. Pero disto, mellor non falemos, ¿non?