Premios 20Blogs

lunes, 23 de noviembre de 2015

Este blog non é o folletín de Trabada

Onte facía moi mal tempo e parece que se estaba mellor a carón do lume, botando leña no blog, que dando unha volta polos bares de Trabada para dar negocio no pobo.

Pois ben, parece que nos esqueceu por que e para que naceu este blog. Imos recordar que naceu para darlle voz a medio pobo insatisfeito coa xestión que se estaba a facer da Comunidade de Montes que ademáis non facía máis ca boicotear calquer intento de facer públicas estas denuncias. E todo isto apoiado pola persoa que había no poder no Concello neses intres.

Xa sabemos que levamos tempo sen escribir. Unha vez que cambiou a Presidencia da Comunidade e cambiou o poder establecido, a necesidade de expresar demandas neste blog, case desapareceu. Polo tanto, publicamos menos. Isto non quere dicir que estea todo arranxado, estamos moi lonxe desa realidade, porque está claro que a Comunidade quedou practicamente na ruína, xestionouse moito tempo de maneira neglixente, e uns e outros, cunha comilona e uns regaliños, parece que estaban máis contentos ca agora mesmo. Pero é verdade que o verdadeiro obxectivo das Comunidades de Montes é facer o posible por mellorar as cousas do pobo, de todos, non duns poucos que era o que pasaba.

Dito isto, tamén é verdade que o Concello tamén quedou con moitas débedas. Onte houbo comentarios para dar e tomar, e tamén se cuestionou a xestión da nova alcaldesa. Señores, a nova alcaldesa ten moito que arranxar antes de poñerse a facer outras cousas que se están a demandar. De tódolos xeitos, hoxe hai pleno, vaian e pregunten o que queiran que alí estará a alcaldesa para responder, moito mellor ca cotillear nun blog que non está para isto.

Por certo, se alguén busca os comentarios de onte pola tarde, foron eliminados. Tan só queda o de Gonzalo por tres motivos: por alusións, porque estamos moi de acordo co que di e porque deu a cara e puxo o nome.

Dito isto, só queremos compartir un comentario que fixo Miguel en Facebook e que espero que non lle importe que poñamos aquí, só para zanxar o tema e deixar ben claro que non imos permitir especulacións deste tipo que poden facer moito dano a unha parella que nos deixou ben claro desde o primeiro momento que querían apostar por Trabada. Son un exemplo a seguir, se algúns de Trabada o entendesen, canto mellor nos iría: "Feliz é aquel que aprendeu a admirar e non a envexar":

Miguel Fernández Freire Pola miña parte en primeiro lugar decir que eses comentarios son totalmente falsos. Nunca tiven ningún interés na persona da que se fala nin en ningunha outra. Sabemos que son só uns poucos e que a maioría da xente de Trabada non se comporta así! Tamén me gustaría que si alguén ten algo que decir que o diga á cara e que non se esconda baixo o anonimato do foro! E sobre todo que esas personas seipan que por moito que digan Graciela e eu sempre imos a seguir xuntos e non facemos caso de estas mentiras!