Premios 20Blogs

sábado, 26 de diciembre de 2015

RESUME DA ASEMBLEA DO 19 DE DECEMBRO DE 2015

O pasado día 19 tivemos a asemblea da comunidade de montes, a primeira baixo a dirección da nova xunta rectora. É de xustiza resaltar que temos un novo presidente preparado, legal e honrado, cualidades das que carece o seu antecesor no cargo, o sr. Daniel Villapol (D. Dani). Temos que dicir tamén que xa non volveu a Garda Civil (que vergoña Sr. Ginzo!!! aínda que igual non a coñece) a controlar as asembleas d@s comuneir@s de Trabada, acabáronse os chanchullos. Tamén se acabaron esas contas que nin o que as presentaba (D. Dani) as entendía, porque o de D. Dani é envolver e liar, para que ninguén se enterase de nada e facíao á hora de comer, porque era moi tarde e así aprobábase todo porque a xente quería marchar. Iso acabouse.

A asemblea desenvolveuse de forma normal, ata que se informou que desde que existía a comunidade de montes, vendéronse 600.000 € de madeira, hai 30.000 en caixa e débeselle á xunta unha cantidade importante. Entón moitos dos que estabamos alí, vimos que vari@s comuneir@s reaccionaron cun cabreo de “tres pares de cojones” (perdoen pola expresión).
Segundo os datos que aparecen do pasado, concretamente hai o seguinte:

Vendeuse madeira desde o 2001 o 2009 por valor de 663.092€ e repartíronse beneficios no 2001 (601€/comuneir@), no 2003 (600€/comuneir@), no 2006 (60.000€) e no 2007 (100.000€)

A cuestión é que d@s comuneir@s de antes, ninguén recorda recibir cartos máis que por dúas veces, o cal resulta sospeitoso, non?

Preguntóuselle entón ao Sr. Daniel (D. Dani) onde estaban eses cartos e intentou explicalo, pero o persoal está canso e aburrido das paranoias de D. Dani  e entón chamóuselle desde “sinvergüenza a tragador, cínico, mentiroso, caradura, comediante, falso… A xentes así e todo foi comedida, ninguén lle chamou ladrón de momento, e cabe dicir, que todo o que se lle chamou ao sr. Daniel, a el dálle exactamente igual.

Pero ao sr. Daniel saíulle a cousa ben, aprobáronselle os orzamentos do seu último ano de mandato. O actual sr. Presidente di que hai que esquecerse do pasado, ben, moitos dos que estábamos alí queremos saber onde está ata o último céntimo, hai moitísimo diñeiro que só o sr. Daniel sabe onde está, que o diga aínda que sexa diante dun xuíz.

Tamén se lles preguntou a Anabel de Loureiro (irmá de Emilio do bar Villapol) e a Nuria (filla de Eladio de Ponlla D.E.P.) como era posible estar na xunta reitora e por detrás, recoller firmas da xente para desfacer a comunidade de montes. Segundo se lles dixo, poden facer o que queiran, pero é pouco ético e moral estar representado a comunidade e por detrás desfacela. O que contestou Anabel non viña ao caso, todos os que estábamos alí, xa sabemos a voz de quen é, e que a esta rapaza fáltalle algo máis ca unha fervedura. Moito que se é por dimitir, dimito, total para o que pinto na xunta reitora, pero ningún de nós lle vimos presentar a dimisión. E Nuria contestou atacando á xunta reitora que toma decisións e non se lle comunican... señora, responda ao que se lle pregunte e déixese de papemadas.

E desta vez non nos acompañou o Sr. Ginzo, notámolo de falta. Xa pasaron os tempos de cando exercía de lacaio de D. Dani, levándolle votos, outra vez: Que vergoña Sr. Ginzo!!! Vostede como alcalde, ¿como se prestou a iso? ¿Como non se deu conta que estaba auxiliando a un cabestro que o levou á ruína política.

E o noso gran recordo a Suso de Manuela (D.E.P.), xa que foi un máis rebelándose en contra das inxustizas e cacicadas que perpetrou o sr. Daniel Villapol cos bens e intereses d@s comuneir@s de Trabada, e que este personaxe quixo levar a tribunais a un xuízo de faltas por desorde…  se coñecera vostede a vergoña D. Dani, tíñalle que dar moita por esa maldade, denunciar a unha persoa como Suso aos seus anos…  Moito lle queda que penar D. Dani nesta vida, moito…


lunes, 14 de diciembre de 2015

CAMBIOS DE RÉXIMES

En Trabada todo mundo sabe das artes (das malas artes) que ten Daniel Villapol, D. Dani, el follonero.

El (D. Dani) sabía que o monte en man común pertencía a tódol@s veciñ@s da parroquia, pero polos seus caprichos elixiu @s veciñ@s que a el lle pareceu (os que nas xuntas dicían que si a todo e non preguntaban nada). El dicía quen era de Trabada e quen non.

Mire Sr. Ginzo, a vostede botárono da alcaldía 40 familias que lle solicitaron ao sr. Daniel (D. Dani) a entrada como comuneiro e o sr. Daniel (D. Dani) púxolles toda clase de obstáculos e zancadillas para non metelos (o sr. Dani vía que se os metía perdía a maioría na asemblea). Pero en todas estas trapalladas ten mesma culpa vostede Sr. Ginzo.

Mire Sr. Ginzo, ¿quen é o sr. Daniel para pedir certificados de empadroamento de xente que vostede sabe Sr. Ginzo que viviu toda a vida en Trabada? ¿Quen é o sr. Daniel para esixir recibos municipais da auga e outros e levarllos á súa oficina particular? ¿Que fixo vostede sr. Ginzo cando Daniel (D. Dani) di diante dunha xuíz cun cinismo e caradura que ninguén se atrevería, que Xicón era de Sante; que non sabía onde vivía Pintada (seu cuñado) e asistiu á inauguración da súa casa; que non sabía onde vivía Celina cando o seu marido foi empregado seu e tivo na súa casa infinidade de veces…? E así a 40 familias e a maioría votantes seus, sr. Ginzo. ¿Que fixo vostede? Pois chamar ao subdelegado do goberno para que mande a Garda Civil a unha asemblea do monte.

Mire sr. Ginzo, o compadreo que se trouxeron vostede e o sr. Dani mesturando o público co privado xa cheiraba. Había xente que dubidaba se ir á oficina de D. Daniel ou á oficina do concello, todo repugnante para moitísima xente. En conclusión, a vostede Sr. Ginzo botouno do concello a sinvergonzonería do sr. Daniel (D. Dani), a súa soberbia e a súa burramia. E non ande botando a culpa a Xan e Pericán, e se non se deu conta, váiase dando. Algo bo fixo, o PP de Trabada está desaparecido, algo que nos alegra, non están nin preparados para facer oposición.

Pero por que o sr. Daniel (D. Dani) fai todo isto?

-A xente deste pobo coñece de sobra a esta personaxe (D. Dani) e sabe que este fulano non sabe perder, el sabe que despois de comer el (D. Dani), sabe o que é mellor para os demais, aínda que non estean de acordo, e como o largaron de mala maneira da presidencia da comunidade de montes, pois pretendía poñer unha xunta reitora que el mangoneara, pero isto vooulle. Unha derrota que el non admite, e que lle sentou como se tragara un corozo, que ten no estómago e que non é capaz de remoer. Por iso anda agora recollendo firmas e prometendo aos antigos propietarios, recuperar a propiedade.  

O sr. Dani sabe que é practicamente imposible, porque sabe de sobra como está legalmente constituída a comunidade de montes, pero el segue enganando e pintando a mona. Incluso facendo (presuntamente) por libre medicións do monte de man común e co permiso de que sr. Presidente? Porque sabe vostede sr. Presidente dos montes de man común, que presuntamente estivo un equipo facendo medicións , levantamentos topográficos e peritaxes ás costas da xunta reitora. E que presuntamente ese equipo estaba traballando para D. Dani. (Poñemos presuntamente, porque aínda que houbo ollos que viron isto, non temos unha reportaxe fotográfica para demostralo).

¿Por que D. Dani non se interesou por esta devolución de monte a propietarios durante a súa longuísima etapa de mangoneo na presidencia? ¿Como é posible que ningún dos pretendentes a recuperar agora o monte non llo pregunte?


-Tamén é posible, que o mareo que ten o sr. Daniel (D. Dani) na cabeza sexa porque moit@s comuneir@s, sospeitando, e outr@s o teñen moi claro, que o sr. Daniel meteu as mans na ola do pingo, e claro, quedoulle o pingo nas mans, co cal @s comuneir@s quedaron sen pingo. E claro, o sr. Daniel precisa un éxito de campeonato, para tapar toda a merda que ten encima.

Sería conveniente que a nova xunta rectora (se non quere ser cómplice do Sr. Daniel), teña as agallas suficientes para poñer todo o tendal ao aire.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

MESA SECTORIAL FORESTAL DO PASADO SÁBADO DÍA 5

O pasado sábado tivo lugar en Trabada unha mesa  sectorial do PSOE coa seguinte temática “A importancia social e económica do sector forestal”, na que interviñan segundo o cartaz, Mayra García Bermúdez, actual alcaldesa de Trabada, José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PsdG-PSOE e Darío Campos Conde, presidente da deputación provincial de Lugo. Nesta mesa tamén participaron os 4 presidentes das 4 comunidades de montes veciñais en man común do concello de Trabada.

Todo hai que dicilo, foi un acto bastante electoralista, pois aínda que si se apreciaron intereses por parte dos participantes na problemática dos montes veciñais de man común, se escoitaron as demandas do pobo, etc. Viuse que os participantes estaban parcos en lexislación e xestión de montes comunais. Pero por primeira vez na historia de Trabada, vimos o achegamento de políticos importantes ao noso concello para algo máis que un xantar privado no comedor da familia Villapol. E tamén vimos unha boa vontade dos políticos para o cambio, como o ofrecemento por parte do presidente da Deputación , a cal non ten moita competencia no tema, de si tratar de facer por colaborar polo menos na limpeza de pistas.

O que non nos sorprende é a retórica dun dos asistentes a  dita reunión, un señor que primeiro encheu de halagos e agradecementos aos políticos asistentes, porque alguén se achegou e molestou en tocar este tema de montes nunha campaña electoral e que fixo as seguintes preguntas:

“Como xa ben dixo a alcaldesa, temos un monte que está ordenado, no monte de Trabada afortunadamente temos unhas infraestructuras pero eso conlleva de que temos moitas infraestructuras e temos muitas pistas, entonces un dos problemas máis graves que temos ahora é conservar esas infraestructuras e nos gustaría ter algunha política do concello, ou ben dun ente supramunicipal que realmente teña continuidad no tratamiento desas infraestructuras, como son pistas, cortafuegos e despois xa, a Xunta ten o tema dos tratamientos para o lume como son os depósitos… Eso é unha prioridad fundamental.
Outra prioridad fundamental que temos ahora mismo é o tratamiento do gonípteros, desde  o punto de vista forestal, o gonípteros que é unha enfermedad do eucalipto fundamental e que é unha prioridad que nos interesa e que haxa algunha política sobre eso
E outro tema, que aproveitamos dado que temos ao presidente da Diputación aquí, é como el ben sabe, é que temos realmente, que o sector forestal consideramos que estamos discriminados un pouco desde o punto de vista do tratamiento da diputación a efectos das vías, porque é o único sector que necesita unha autorización pa circular realmente polas vías da diputación, e entendemos que eso non debe ser e que debemos cambiar dalguna forma a licitación, independientemente de que un mal uso desas vías pola nosa parte, lógicamente teñamos a responsabilidad consiguiente, pero un bon uso entendemos que debe ser igual que outro sector e a legislación non o contempla así. Por tanto, solicitamos realmente si sobre ese tema van a tratar algo deso.”

A esas preocupacións de D. Dani, en primeiro lugar, respondeulle a alcaldesa, pois como ben dixo, nestes seis meses xa se limpou algunha pista, pero ela a diferencia de Rajoy, si pode dicir que está ante unha herdanza de 24 anos onde nada se fixo sobre este tema, así que dean tempo e pouco a pouco iranse facendo limpezas, etc. Unha resposta que arrancou os aplausos dos asistentes a dita xuntanza.

Por outra banda, e como ben dixo o presidente da Deputación, “Daniel, todos sabemos o uso que facedes os maderistas das pistas e como quedan tras unha corta, porque teño para un álbum de fotos de tódalas que levo feito”. Ante isto, hai que dicir, que se houbera un uso responsable, non faría falta pagar… e recordarlle ao señor Daniel que se as medidas se toman, por algo será.

Os representantes  dos montes veciñais en man común transmitíronlle aos políticos do PSOE demandas  como,  a chamada “deuda histórica das comunidades”,  o trato discriminatorio que sofren pola dobre imposición tributaria no IRPF e no imposto de sociedades  cando teñen una clara finalidade social e moitas mais restricións que una sociedade mercantil ou a falta de inversión da administración forestal nos montes consorciados. A ver se cando cheguen ao poder se lembran destas preocupacións.


A charla tamén serviu para coñecer os distintos proxectos das comunidades de montes de Trabada, as súas formas de traballo e para favorecer a relación entre elas. 

Tan só esperamos que se continúe nesta liña de traballo e que esta sexa a primeira de moitas charlas deste tipo.