Premios 20Blogs

jueves, 21 de julio de 2016

A FISCALÍA INVESTIGARÁ OS MONTES VECIÑAIS DE TRABADA? ESPEREMOS QUE SI...

A 30 de novembro de 2015, Lucía Belver Quiroga, secretaria do Xurado Provincial de Montes veciñais en Man Común certifica, de oficio, que o monte veciñal de Trabada ten unha superficie de 383,35 hectáreas, “devolvéndolle” así uns terreos (a Velosiña) que segundo Don Dani, son del e doutr@s propietari@s... Ata que punto podemos crer as verbas do todopoderoso D. Dani?


Moi interesante é o artigo que se publicou o domingo 10 de xullo de 2016 no xornal”El Progreso de Lugo”, co titular “LA FISCALÍA INVESTIGA LAS IRREGULARIDADES EN LA GESTIÓN DEL MONTE EN MANO COMÚN”.


Comezaba o artigo con que o monte en Lugo está que arde e non precisamente polos incendios, senón pola polémica xerada en torno á situación dos montes en man común que provocou que a Fiscalía tome cartas no asunto e abrise dilixencias previas.  Entre as ilegalidades están: “el incumplimiento sistemático del régimen sobre la ciesión de los aprovechamientos forestales, que supone un reparto fáctico del monte, la apropiación por particulares de los terrenos y la declaración ilegal por particulares de terrenos en montes vecinales para el cobro de ayudas agrarias”… En Trabada seica pasou algo desto último…

E dirán vostedes, a que vén todo isto? Por que se inicia o artigo falando dunha señora que "regala" terreo a unha comunidade e despois se fai referencia a un artigo da prensa?

Pois a que Lucía Belver ,que é a que certifica esa devolución de monte, algo debe saber, pois é unha das que aporta información para este artigo…. Así que algo debeu de atopar de anormal, para que de oficio, lle dean máis terreo a unha comunidade sen que esta o solicitara.

Continúa o artigo falando dos conflitos que xerou todo este destape de malos usos e abusos, pois negáronse permisos de tala, etc. e a xente está rebotada.

Continúa dicindo que a clave do asunto está en comprender a natureza mesma dos montes en man común, que é INDIVISIBLE, INALIENABLE E IMPRESCRIPTIBLE., o que significa que A DIVISIÓN NON É LEGAL NUNCA , AÍNDA QUE FOSE ACORDADA DE FAI DÉCADAS OU INCLUSO ARRASTRE TÍTULOS DE PROPIEDADE OU SE TRANSMITISE POR HERDANZA. Deixa claro que é comuneir@ @ que ten casa aberta e con fume nese lugar (e Don Dani non coñeceu no seu momento aos que tiñan casa aberta). Di tamén que son comuneir@s as persoas que residen como mínimo dez meses ao ano, que se marcha do lugar deixa de ter dereito, pero toda persoa que chegue a vivir alí, adquire o dereito.

Detectouse tamén que pola desprotección e falta de atención d@s encargad@s de mantelo monte en man común, se perderan moitas hectáreas, e dos 2 millóns que había clasificadas no século XIX, apenas haxa 600.000….Frase de Lucía Belver: “ Comenzaron los acotamientos y la mayor parte pasó a propietarios particulares. Estos intentaron posteriormente generar escrituras, como eran los propios comuneros los más interesados en ese reparto, no se denunciaba o no se acudían a los procedimientos judiciales “.
E preguntámonos nós: estará neste caso Don Dani?


As solucións que se barallan son : que as asembleas das comunidades recoñezan que esas persoas son plantadoras de boa fe, e estes acepten indemnizar a comunidade, asumindo todos que esa indemnización debe ser para toda a comunidade e que o 40% sexa revertido no propio monte.

O que queda claro é que está en xogo a subsistencia do mundo rural.

Tamén di Lucía que os xulgados son fábricas de escrituras públicas e que se inician procedementos para pedir a desclasificación das fincas, nos que non se personan nin os comuneir@s nin a Fiscalía, co cal, ao non haber oposición o xulgado falla a favor da parte actora. O problema chega cando si se recorren esas sentenzas e chegan ao TSXG ou ao Tribunal Supremo, que EN TÓDOLOS CASOS DÁ A RAZÓN ÁS COMUNIDADES DE MONTES E ANULAN OS TÍTULOS DE PROPIEDADE.

Como sempre, poden buscar o artigo e lelo e como non, dar a súa opinión.

O caso é, que se alguén revisa datos e de oficio devolve terreos, por algo será… e aínda que haxa convenios, poderes e demais polo medio, igual non son de todo legais… e sempre hai quen revolva na merda ata que encontren o foco de onde saíu tanta merda.


Esperemos que a comunidade de Trabada sexa unha das investigadas, porque durante moitos anos houbo unha gran ditadura!!!

1 comentario:

  1. Non ven o caso, pero non parece algo sospeitoso que nas subvencións que da a Xunta de Galicia aos particulares para prantar castiñeiros, a zona da Mariña Lucense quede excluída desas axudas.....

    ResponderEliminar