Premios 20Blogs

jueves, 7 de julio de 2016

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO 3 DE XULLO

O pasado domingo 3 de xullo tivo lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria coa seguinte orde do día:
1. Lectura das contas e aprobación se procede
2. Previsións de traballos a realizar para o próximo ano
3. Autorización para poder solicitar axudas ou subvencións para realizalos traballos
4. Discusión e ratificación de altas e baixas de comuneir@s
5. Elixir un novo membro para a Xunta Reitora. Elección de cargos.
6. Monte da Velosiña
7. Rogos e preguntas

Non sabemos moi ben por onde comezar, porque realmente aquí hai unha morea de cuestións no aire e que non se clarificaron á hora de convocar esta extraordinaria.

O verdadeiro motivo desta reunión, e que debería de ser o primeiro punto na orde do día, foi a dimisión do anterior presidente a día 15 de maio e a necesidade de que unha persoa se puxese á fronte dese cargo. Algo que nas cartas que se enviaron non se fixo constar.

Non se fixo lectura da acta da asemblea ordinaria para a súa aprobación, así que é un tema pendente. Fíxose unha previsión de traballos para o próximo ano, pero non se tocou nada da previsión dos acordados na asemblea anterior, de se se realizou algún ou están todos no aire.... porque de pouco serve aprobar se despois non se levan a cabo ou non se dá conta deles.

Sobre o punto tres, mellor nin falar, non cremos que ninguén se opoña a que se soliciten axudas e subvencións se realmente desexamos obter un beneficio dese monte... sona a facer un recheo nunha orde do día un pouco "precaria".

As altas e baixas, eran evidentes... Algo que xa debería estar regulado doutra forma...

E como non, saltouse a orde do día, iso si, con toda a asemblea dacordo... e procedeuse a falar do Monte da Velosiña... que aí lles doe a algúns... e son vogais da comunidade e presentan escritos "en contra da comunidade". Imos explicar a situación para que todos vostedes a entendan, resulta que a comunidade tiña unha extensión no ano 86 e que se modificou non sabemos moi ben por que, aínda que supoñemos que por enredos de D. Dani, e se reduciu. Pois nada, agora o Xurado Provincial revisando de oficio as extensións da comunidade, resulta que lle devolve ese terreo que non seu momento se lle quitou e claro, @s supost@s propietari@s non están de acordo. Resulta paradóxico que o sr. Dani sexa o primeiro que asina un documento dirixido a un presidente dunha comunidade que sabe de sobra que non hai, e no que veñen a pedir en resume que a comunidade se achande e roa co que el di. Pero para máis inri, resulta que agora ao excelentísimo ex-presidente primeiro da comunidade lle doe gastar os cartos en avogados e foi un dos argumentos que empregou para que baixase os pantalóns a comunidade e dixeran amén ao que el di. Se a Xunta lle dá un terreo sen pedilo a unha comunidade, será porque hai algo que non está ben feito, así que, que se entenda D. Dani co Xurado Provincial e senón que vaia a onde considere oportuno.

Continuouse coa orde do día para esa elección dun novo membro para a Xunta Reotora... Sabemos de certo que Manuel xa puxera varias veces sobreaviso ao exsecretario coa súa marcha pero que non se lle tomou en serio ata que a presentou por escrito... co cal de sorpresa sorpresa, á xunta reitora non a colleu.
Viuse perfectamente que non hai persoal voluntario para traballar e meterse nunha directiva dunha comunidade... É moi fácil que @s demáis traballen e obter beneficios cruzados de brazos. A única voluntaria foi Lucía e un pouco por non deixar o posto vacante... Houbo debate de como se facía a votación, se só para o cargo de presidente/a, se se renovaban tódolos cargos... E chegouse a un acordo, que era votación para tódolos cargos e as votacións quedaron así:

Presidenta: Lucía con 43 votos
Secretaria: Teresa con 39 votos
Tesoureiro: José Ramón con 12 votos
Vogais: Neira con 10 votos, Anabel e Daniel con 5 votos cada un e Nuria con 4.

Así é que agora contamos cunha nova xunta que esperemos levante esta comunidade e faga por ela con honradez... Sabemos que ten un traballo inmenso, pois despois dos anos de chanchullos chegaron dous anos de calma pero que finalizaron dunha forma pouco axeitada e decepcionou a moita xente. Moito ánimo e moita axuda ides a precisar, pero sabemos que ganas tendes de sobra.
E bueno, esperemos que lles pasara a dor de barriga coa que remataron o domingo algunhas!!

3 comentarios:

  1. vuelve manolo sin ti bi somos monos

    ResponderEliminar
  2. Moito ánimo chicas... a veciñanza está convosco!! Sabemos que vos toca unha dura labor, pero con ganas todo se supera!!!

    ResponderEliminar
  3. Sinto que haxa xente decepcionada, pero en xaneiro xa comuniquei, a xunta rectora, a miña imposibilidade de continuar por cuestions laborais.
    Teño a conciencia tranquila pois dediquei moito tempo e esforzo a comunidade.
    Ademais sempre é bon que se implique nova xente no monte, e coa nova presidenta que se elexiu a comunidade está de noraboa, pois podo dar fe de que é unha persoa moi competente

    ResponderEliminar