Premios 20Blogs

viernes, 19 de agosto de 2016

As cousas cambiaron

E como as cousas cambiaron, tamén cambiamos nós.

Xa fai case tres anos que comezamos con este blog. Neste tempo pasaron moitas cousas. Empezamos sendo un blog crítico coa Xunta Reitora que había naqueles intres polas súas prácticas desiguais en función das persoas que lles conviñan e as que non, e foi un blog moi útil para sacar á luz e dar información sobre algunhas cousas que se estaban a manipular de xeito indecente. Queremos crer que axudou a abrir os ollos a algúns en Trabada e tamén a cambiar o sentido do voto para facer as cousas dun xeito máis obxectivo.

Así, tempo despois puido cambiar a Xunta Reitora e parece que como xa non había tanta polémica, este blog quedou con pouco contido.

Agora, temos outra nova Xunta Reitora e cremos que o mellor que podemos facer é poñernos ao seu servizo para que este blog se convirta nunha ferramenta para achegar información importante aos comuneiros de Trabada, e para recoller as vosas dúbidas ou comentarios que teñades sobre calquera tema relacionado cos montes.

En poucos días empezaremos a contarvos temas importantes. Contamos con vós!

Coma sempre, GRAZAS.

1 comentario: