Premios 20Blogs

domingo, 30 de octubre de 2016

FALEMOS ALTO E CLARO


Fai tempo que non escribimos nestes medios e ímolo a facer a petición da nova xunta reitora da comunidade.

Sabemos que hai moita polémica coa limpeza do cemiterio, unha limpeza que se se leva a cabo foi porque a maioría da veciñanza presente nas asembleas aprobou que así se fixese.

Gustaríanos saber cal é a súa opinión e que lles leva a tanta protesta e a tanto run run... Poden vostedes expresarse por aquí para ir recabando información e tentar mellorar.

Se o problema é o prezo e saben vostedes de quen o pode facer "bueno, bonito y barato", póñanse en contacto con esta xunta reitora que está disposta a escoitar a todo mundo.

Se o problema é que o barato sae caro e o caro non o queremos, déannos as solucións...

Tamén hai que dicir que moito se preocupan agora vostedes en protestar e antes, cando tiñan unha ditadura e ninguén lles explicaba contas, nin nada, non se oía nin un chío.

De tódolos xeitos, o lugar onde deben falar e nas asembleas, ás que se debe asistir e se non se vai, o que hai que facer cando menos é calar. Todo mundo ten dereito a opinar e votar democraticamente e a palabra tena dita asemblea. Tamén hai que saber acatar o que a maioría decide, e se unha maioría quere esa limpeza, gústenos ou non, temos que respetala.

Pero bueno, se teñen ganas e tempo e lles dá medo dar a cara e dicilas cousas onde se teñen que dicir, escriban aquí. A intención da nova xunta reitora é mellorar todo o posible, e dar resposta ás necesidades da veciñanza, así que, deixamos o debate aberto porque pensamos que vai ser útil para tirar para diante da mellor maneira para tod@s.

3 comentarios:

  1. O cementerio quedou mais ou menos como era de esperar, menos pa todos aqueles ou aquelas que nunca están conformes con nada; que a maioría deles, como non teñen moito que facer adícanse a poñer trabas e problemas a todo o que poden.
    E como ninguén opina,acabo de facelo eu dende a distancia, que non é pouca ........
    Donde están todos aqueles Anónimos,Cotilla,Falar por falar,Can de palleiro,Tracatra,Os que adoran Trabada(ou eso dicen),e tantos e tantos outros que agora mesmo no me lembro ??? De verdade que se botan moito de menos todos aqueles comentarios bos e malos, críticas "contructivas"; vaia por diante o meu ánimo pa seguir engordando "este Bendito Blog", e agora que se nos achega o inverno e o calorciño das estelas ou calefación, imos tentar de a animar esto coas verbas que vexamos de xeito, e tamén con algunha poesía, que todo é bon.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Din por aí que Don Dani vai impugnar a última Asemblea porque entraron 3 que non son do seu bando na Xunta Reitora e que só pode entrar un. ¿Que pasa Don Dani? ¿Que como xa non tén o negocio nas súas mans hai que impugnar? Os demáis se non están de acordo teñen que ir ao Xulgado pero Don Dani agora vai de legal e impugna.

    Lástima que aínda lle quede por aí algún que outro lambecú e que non se acabe de poñer no seu sitio, é dicir, fóra de todo.

    Por certo, os lambecús farían mellor investigando un pouco que crendo menos o que lles conta o señor porque o de volver o monte a propietarios non se deu en ningún sitio que se reclamou, pesa máis a historia e a lei de montes, pero claro, se se acabou o chollo da comunidade, hai que inventar outro que se non os números non saen e se é verdade como din que vai haber voda, hai que sacar para facer o evento en condicións...

    A ver que me contades, que quero saber.

    ResponderEliminar
  3. haberalle que ir tocar os latos?!?!?!

    ResponderEliminar