Premios 20Blogs

jueves, 31 de marzo de 2016

Regulamento da inversión das comunidades de montes

A partires do mes de maio as comunidades veciñais en man común que se explotan mediante convenio coa Xunta de Galicia poderán dispoñer como ata o de agora, dun 40% do rendemento económico que xeren as masas forestais para proxectos de mellora. Pero os cartos xa non poderán ir ao que elas decidan, a Consellería de Medio Rural marca os regulamentos, e os plans de ordenación dos montes son prioritarios. O deslinde dos montes a día de hoxe está a xerar numerosos conflitos entre os propietarios. 
«Mentres non se resolvan os problemas de lindes esa superficie non se pode incorporar aos plans de ordenación, e non estamos falando de dous ferrados de terra», explica por exemplo o presidente da comunidade de montes de A Ferreirúa, José Luis Parada. «Parece que os convenios coa Xunta van desaparecer. Se é así, as comunidades van ter que elixir entre xestionar directamente o monte co seu plan de ordenación ou arrendarllo a unha empresa privada», apunta Parada.
Como excepcións, o decreto sinala que no caso de ingresos derivados da saca de madeira por incendios, temporais ou plagas, a reinversión no monte deberá ser do 100%.
As actuacións ás que se terán que dirixir as cotas obligadas de reinversión son as seguintes:
- Redacción ou actualización do instrumento de ordenación e de xestión do monte.
- Execución dos traballos programados no instrumento de xestión ou de ordenación comunicado ou aprobado pola Administración para este monte. Poderá haber actuacións non previstas con carácter extraordinario que tamén deberán contar co visto bo da Xunta.
- Costes en materia de servizos para una xestión forestal sostible e a súa certificación forestal.
- Deslindes e marcaxe do monte veciñal.

Os ingresos sobrantes, unha vez que se aplique a cota mínima de reinversión poderán dirixirse en todo ou en parte á adquisición e consolidación de montes, a poñer en valor o monte veciñal desde o punto de vista social, patrimonial, cultural e ambiental; a obras ou servizos comunitarios con criterios de reparto proporcional entre os distintos lugares e ao reparto entre tódolos comuneiros a partes iguais.
As reinversións no monte poderán executarse no ano no que se tivo o ingreso ou dentro dun periodo de catro anos, contados a partir da finalización dese ano. Se non pode ser executado ese gasto no periodo de catro anos, a comunidade de montes deberá presentarlle á Xunta un plan de inversións plurianual. 
No primeiro semestre de cada ano natural, o monte veciñal comunicaralle á Consellería de Medio Rural os ingresos xerados e as inversións executadas no monte no anterior exercicio. 
Por se alguén o quere consultar, aquí está o link deste novo regulamento: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160309/AnuncioG0426-020316-0011_gl.html

E mentras vemos como vamos asimilando estes cambios, hai que di que D. Dani anda casa por casa pedindo 400 € por hectárea para o pleito de devolver o monte a propietarios, ¿quen nos pode contar algo?