Premios 20Blogs

domingo, 30 de octubre de 2016

FALEMOS ALTO E CLARO


Fai tempo que non escribimos nestes medios e ímolo a facer a petición da nova xunta reitora da comunidade.

Sabemos que hai moita polémica coa limpeza do cemiterio, unha limpeza que se se leva a cabo foi porque a maioría da veciñanza presente nas asembleas aprobou que así se fixese.

Gustaríanos saber cal é a súa opinión e que lles leva a tanta protesta e a tanto run run... Poden vostedes expresarse por aquí para ir recabando información e tentar mellorar.

Se o problema é o prezo e saben vostedes de quen o pode facer "bueno, bonito y barato", póñanse en contacto con esta xunta reitora que está disposta a escoitar a todo mundo.

Se o problema é que o barato sae caro e o caro non o queremos, déannos as solucións...

Tamén hai que dicir que moito se preocupan agora vostedes en protestar e antes, cando tiñan unha ditadura e ninguén lles explicaba contas, nin nada, non se oía nin un chío.

De tódolos xeitos, o lugar onde deben falar e nas asembleas, ás que se debe asistir e se non se vai, o que hai que facer cando menos é calar. Todo mundo ten dereito a opinar e votar democraticamente e a palabra tena dita asemblea. Tamén hai que saber acatar o que a maioría decide, e se unha maioría quere esa limpeza, gústenos ou non, temos que respetala.

Pero bueno, se teñen ganas e tempo e lles dá medo dar a cara e dicilas cousas onde se teñen que dicir, escriban aquí. A intención da nova xunta reitora é mellorar todo o posible, e dar resposta ás necesidades da veciñanza, así que, deixamos o debate aberto porque pensamos que vai ser útil para tirar para diante da mellor maneira para tod@s.