Premios 20Blogs

domingo, 23 de abril de 2017

FAI TEMPO QUE NON APARECEMOS POR AQUÍ

É verdade que hai tempo que non publicamos nada, pero tamén é verdade que para escribir temos que ter algo que contar e aínda non é o caso.

Polo que nos contan, había tanto que facer porque non se fixera antes, que papel tras papel vai pasando o tempo. Pero é verdade que se queremos ter unha comunidade ben montada e ben xestionada, hai que poñer ben os cementos para que iso, unha vez arrincado, sexa unha garantía de éxito para todos, e que os que veñan despois, o teñan moito máis fácil ca os de agora. Que os que están, non teñen outro obxectivo que facer as cousas ben, empezou o tempo de pensar en tod@s, máis que nun mesmo.

Todo isto tamén serve para que, sabendo que aínda hai inimigos moi cerca, teñan menos posibilidades para meter a man no caixón e o que se gañe, sexa para beneficio de todos, que é o que debe ser.

Así que, aí seguimos, e calquera dúbida pode ser consultada por aquí porque seguimos a disposición de tódos comuneir@s de Trabada.

Graciñas por esperar :-)

1 comentario:

  1. Tades moi calados nesta pagina, ahora que xa conseguistes o que quixesteis, noto algo de falta de informacion ou???

    ResponderEliminar