Premios 20Blogs

miércoles, 13 de junio de 2018

É UNHA PENA TER QUE VOLTAR POR AQUÍ

Pensábamos que este blog estaba cerrado pero hoxe erguémonos con unha nova na prensa que nos fai ter que voltar por aquí. Por alusións, porque parece que en Trabada non se pode vivir en paz e porque algúns se empeñan en ter veciñanza de primeira e veciñanza de segunda.

Parece ser que hai uns 60 comuneiros que din que hai leiras dentro da comunidade que son súas. Hai que ver onde están eses títulos de propiedade, o primeiro. Se hai eses títulos, tendo en conta o tempo que pasou, haberá leiros pequenos que non creo que contribúan á xerar moitos ingresos nos petos dos demandantes e entón enténdese que se van constituir en Comunidade para ter unha explotación máis productiva, o caso, que como despois de entrar nunha demanda xudicial, se deu a razón a todos aqueles solicitantes que tiñan casa aberta en Trabada, resulta que queremos volver a ter veciñanza de primeira e de segunda.

Dentro dos demandantes entendemos que está Daniel Villapol, e digo entendemos porque a demanda a día de hoxe, non foi recibida pola Presidenta da Comunidade. Isto é un pouco curioso porque ata o día de hoxe, Daniel Villapol é vocal da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Trabada e se non está de acordo coa xestión que se está a facer, ata certo punto, estase denunciando a si mesmo. Dos membros da Xunta Reitora, ¿só firma el a demanda ou hai máis membros?

Non imos entran en desprestixiar aos demandantes. Aquí estamos de novo para contestar a cantas preguntas teñades para nós. E por suposto, explicaremos que se fixo neste tempo e por que. Porque por suposto, colaborando todos e remando nunha mesma dirección, as cousas pódense facer, pero remar en contra ou non remar dificulta chegar aos obxectivos.

Andaremos por aquí. Graciñas por escoitar, seguimos dispostos a loitar por unha Trabada igual para todos e contamos con moitos de vós. Algúns, ¡sodes moi grandes!

3 comentarios:

  1. Non colle na cabeza de ninguén que poida estar ese señor como membro da Xunta Reitora. Supoño que os comuneiros na vindeira Asamblea Xeral serán capaces de deixalo fora de dito posto non apoiando as súas propostas. Si fai catro anos non contou co respaldo suficiente pa seguir de presidente, é de supoñer que agora tampouco o vaia ter.
    Sorte e moito ánimo que a loita preséntase dura e longa.

    ResponderEliminar
  2. Respuestas
    1. A veciñanza comportouse como era de esperar, agora tócalle a nova Xunta Reitora defender con uñas e dentes e con todos os medios dos que dispoña ó seu alcance para defender un Monte que é de toda a Parroquia de Trabada.
      Animo e moita sorte a todos nesta nova andaina, que non se presenta mui sinxela parece.

      Eliminar