tag:blogger.com,1999:blog-2881154946616905612024-03-13T01:30:47.668+01:00Está pasando en TrabadaTemas relacionados coa Comunidade de Montes de Trabadaestapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-19714513264777931092022-10-08T21:12:00.003+02:002022-10-08T21:15:36.541+02:00FILLOS DOS PARVOS
Os parvos non poideron ir á escola, moitos non remataron o graduado. Pero os fillos dos parvos foron. Houbo de todo, uns con boas notas, outros que ían indo e outros que, boeno, foron rematando o graduado e deixaron de estudar para dedicarse a traballar.

Os fillos dos parvos traballan. Todos. Os que remataron unha carreira, fóra da aldea, e os que non, pouco a pouco foron marchando porque as oportunidades na aldea son cada vez menos. Porque a maioría de seus pais traballaran para o rico, daquela tiña unha empresa que daba traballo á metade da aldea. Pero, os tempos cambiaron, a empresa pechou e aínda que se abriu outra, coa maquinaria moderna fan falla menos empregados, e xa non hai sitio para case ninguén.

O rico sempre foi rico. Primeiro porque facía diñeiro á esgalla e non sempre pagaba ben ou a tempo. Sempre roubou algo. Os ricos fanse máis ricos á costa dos pobres. E os pobres, meus parvos, pensaban que lle debían unha obriga moi grande. Se souperan. Pero moitos non saben. Non saben que despois de pechar a empresa lles seguiu rascando dun xeito ou doutro, primeiro unha sociedade, despois outra,... a excusa era facer o ben, pero o rico sempre quedaba con algo.

Ata que houbo parvos que espertaron e viron o que estaba a acontecer. Xa non eran tan parvos. E o rico empezou a ter problemas. ¡Ai, xa! Pero o rico ten amigos nas altas esferas, xente que lle axuda porque claro, está ben relacionado. E tampouco lle da vergoña usar malas artes porque ten unha cousa clara, quer seguir tendo coma antes, coma cando facían cartos a moreas. E si, parece que o tempo non cambiou e que todo é coma antes. Os parvos cada vez máis pobres, o rico, cada vez máis rico.

O que non sabe o rico é que á xata xa non lle queda moito leite porque levou todo canto podía levar. Os parvos que espertaron non llo van poñer tan fácil, pero malo será que non lle chegue mentras viva. O que non sabe é que mañá, cando o seu fillo pense en facer o mesmo e non teña de onde, ¿que fará? Os fillos dos parvos non son parvos. Todos tiveron que loitar e non lle deben ningunha obriga, queira Deus que o fillo do rico non teña falta porque se a ten, ¡meu pobre!, non terá portas onde chamar.

O que pensa que hoxe o ten feito, non pensa que mañá as débedas voltan e quen as paga é o que vén. Chámase karma. Chegará tarde ou cedo, pero chegará. Os fillos dos parvos e non tan parvos, só temos que esperar un pouquiño máis, e cando chegue, por fin, saberemos que os nosos, os que loitaron, descansan en paz.
estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-87952342879901889972021-08-16T14:03:00.000+02:002021-08-16T14:03:34.425+02:00A Asociación de Maderistas de Lugo non controla quen lle manda a información
Hai institucións e institucións. Algunhas traballan para o ben da xente e outras non tanto. A semana pasada sorprendeunos a actitude desta Asociación co tema da subasta da madeira no monte de man común de Trabada. Imos contar os feitos según pasaron:

A Xunta Reitora informou á Asociación da subasta da madeira, e esta informou a tódolos membros. Días despois, a outra Xunta Reitora que non está legalizada, parece ser que se puxo en contato coa Asociación para anular a subasta. E aínda que quen os informou non fosen os mesmos ca quen puxo en marcha a subasta, procederon inmediatamente a enviar un correo electrónico a tódolos socios. Non podemos publicalo pero témolo no noso poder se alguén quere velo.

Cando se reclamou por escrito (tamén podemos ensinar o documento enviado a quen o solicite de xeito privado) e sen recibir resposta pola súa parte, a Xunta Reitora oficial púxose en contato con eles para ver de que xeito ían proceder. A súa resposta foi que non ían facer nada, que a Xunta Reitora tiña os correos dos maderistas e que podían escribir diretamente. Cando se lles dixo que non se entendía como anularan unha subasta cando procedía de xente distinta á que a puxera en marcha, só dixeron que eles trasladaban a información de boa fe e non miraban a autoría. Está claro que moito non se esforzan pero... hai cousiñas que os delatan porque, ¿quen forma parte da xunta diretiva desta asociación? Non fai falta poñelo, é algo público:

https://www.lugomadera.es/organigrama/

E así, con manipulación e tráfico de influencias é como se fan as cousas. O grave é que algunhas institucións entren neste xogo e poñan enriba da mesa a súa imparcialidade, pero claro, denunciar estes atropelos non sempre é sinxelo porque fan por non escribir para que non quede constancia. ¡Que triste!
estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-48680286918310414822021-08-11T09:03:00.003+02:002021-08-11T09:03:50.355+02:00Comunicado da Xunta Reitora
Chegounos un comunidado da Xunta Reitora para informarnos de que aínda que teñan aparecido carteis nas zonas de subasta de monte que poñen que a subasta foi anulada, o certo é que non é verdade. Negan a autoría destes carteis que non están firmados por ningún logotipo da Comunidade de Montes nin nada que se asemelle.

Os carteis son estes:

Insistimos, ninguén da Xunta Reitora anulou esta subasta. E aínda máis, a partir de agora, calquera comunicación pola súa parte irá asinada polo logotipo. Sabemos que houbo un uso fraudulento do mesmo noutro momento, así que para que quede claro sempre, calquera comunicación irá tamén asinada pola presidenta ou no seu defecto por outro membro da Xunta Reitora.

Por outra parte, calquera que teña información sobre a autoría destes carteis, por favor, que non dubide en poñerse en contacto con nós porque a anulación desta subasta só perxudica a tódolos membros da Comunidade e ao pobo en xeral.

Graciñas pola atención :-).

estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-80857048187711554102021-08-05T09:40:00.000+02:002021-08-05T18:12:07.545+02:00Trabada, pobo sen lei
As cousas en Trabada non son coma noutros sitios. Normalmente hai leis e normas que vixían os intereses dos particulares pero aquí parece que iso non vai coa xente, e para mostra, varios botóns:

- LGPD. Sei que non oíron falar dela pero a Lei de Protección de Datos Persoais está en vigor desde 2018. Esta lei o que protexe son os nosos datos persoais dun xeito moi ríxido. Non permite que calquera se poida dirixir a nós sen que cada un dese o seu consentimento para facelo. Ademais, calquera que traballe con datos de persoas, ten que protexer estes datos para que ninguén poida collelos de ningunha maneira e no caso de que deixe de ser responsábel deses datos porque se transfiran de institución, está na obriga de destruír a información que teña, é dicir, non pode quedar con ela porque rematou a relación entre as partes. As multas son importantes no caso de saltar esta lei.

- Suplantación de identidade. Está considerada coma delito no Código Penal. O tema vai de facerse pasar por outra persoa ou institución para realizar accións fraudulentas que teñan consecuencias perxudiciais sobre a mesma. Isto vai tamén de usar identidades coma logotipos de empresa (poden ser copias aínda que non sexan exactas) para comunicarse en nome dunha institución cando non se está autorizado para iso.

- Cambiar o titular dunha conta no banco. Un cambio de titularidade só se pode facer co consentimento dos titulares actuais dunha conta, todos teñen que autorizalo e baixo ningún concepto se pode facer sen a súa firma.

Pois ben, todo isto que está fóra da lei e que está tipificado, pasou en Trabada. E non mo contan, que o vin. Imos por partes:

1. Mandáronse cartas ós membros da Comunidades de Montes desde persoas que non podían ter os datos persoais de ninguén. É verdade que en Trabada coñecémonos todos pero aínda así, non se pode facer porque ningún dos receptores autorizara pola súa parte o uso dos seus datos. Cada persoa que asinou esa carta é co-responsábel dunha falta grave con multas importantes ao facelo suplantando a identidade dunha institución e non a título persoal.

2. Usouse o logotipo dunha institución nos sobres e nos papeis sen que a Comunidade fose a emisaria das cartas. Por un lado non podían ter ese material e por outro, aínda que o tiveran non podían usalo. Aquí pasa o mesmo, os asinantes son todos co-responsábels de delito.

3. Foron cambiar a titularidade da conta da Comunidade sen presentar ningunha firma dos titulares que había ata o momento. E aí non só é cousa dos que foron, o feito é motivo de despido procedente para o empregado do banco. Meu pobre, ¡que lle dirían!

Pois ben, Trabada é un pobo sen lei, ninguén denunciou e nada pasou. Hai cousas que non se poden crer.

estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-41326411999672592012018-08-07T19:42:00.001+02:002018-08-07T19:42:27.062+02:00ESTA XUNTA REITORAO outro día, despois da última e tensa asemblea, atopeime por casualidade falando do tema e houbo quen me preguntou, que fixera esta nova Xunta Reitora pola Comunidade; porque é verdade que con toda a débeda pendente, non se pode facer moito. E eu dixen que polo menos, esta Xunta non facía o que dicía aquel cura de "Kyrie eleison, Christe eleison, os cartiños para o meu caixón".

Aínda que nos pareza que isto non é importante dicilo, por casualidade atopei coas contas aprobadas nalgún momento pasado con este desglose de gastos:

- Xestión do presidente: 1.200 €/ano. Desde que houbo cambio de presidencia, non falo só de agora isto pasou a 0 €.

- Chamadas telefónicas: 90 €/ano a razón de 7,5 €/mes. Outra cousa que pasou a 0 €.

- Kilometraxe. Non me lembro da cantidade pero se máis ou menos está establecido que son 21 cts/Km. pois serían os que tocasen, e agora estamos a 0.

- Papelería e outros. Hai anos de 4.000 €. Se agora mesmo hai ofertas de 2.500 folios por 18 €, non quero pensar para cantos folios dan 4.000 €, que nos sobra de empapelar Trabada e ao mellor nos da para Ribadeo.

E suma e segue... que se esta Xunta Reitora non quixo revolver, pode facelo que atopa munición. As contas están aí e seguro que tedes as cartas pola casa, mirádeas con atención.

Pero por se me parecera pouco aínda, atopei coa conta dunha comida que me chama moito a atención e que a publico aquí para que vexades que non invento nadiña. Parece que eran 16 polas racións de pan e postres que se serviron, pero a min que me expliquen canto comía e bebía esa xente se resulta que tocaron a máis de 2 racións de polbo cada un, cos seus cachelos máis media ración de carne ao caldeiro e aínda lles quedou sitio para o postre. E de beber case tocaron a litro de viño por cabeza e aínda pediron auga. Mamaíña... supoño que a esa paparola foi á que levaron a Morán para transportalos, que tamén está a factura, porque conducir seguro que non podían, e xa me estraña que puidesen subir o bandullo ao autobús.

Para aqueles que dubiden desta Xunta Reitora que polo menos mira polo cartiño, aquí vos deixo a foto do tícket:

estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com6tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-30889064960722663092018-06-27T13:00:00.000+02:002018-06-27T13:00:08.281+02:00TOCA TRABALLARDespois da última Asemblea, hai nova Xunta Reitora, con parte dos membros que xa había e con outros novos. Toca seguir a traballar, e si, como alguén comenta neste blog, non se presenta moi sinxelo o panorama.

Toca defender unha propiedade que é de todos, que pode chegar a funcionar pero que se non se puido ata o de agora foi por todo o que quedou sen facer antes e por riba de todo, pola falta de cartos. Non dubido que se vai traballar, e moito, porque sabemos xa o que se traballou, as horas que adicaron e as viaxes que fixeron. Pero como hai moitas pedras no camiño, toca coller forza e tirar para adiante.

Tamén parece que este blog está a molestar. Canto o sentimos. Por riba de todo queremos transparencia, que as cousas se saiban, saber con quen se trata e deixar de inventar e de falsear para que uns poucos teñan o que non é deles e tamén porque parece que repartir como é debido, está mal visto por aí.

Este blog sempre foi aberto, sempre dixemos que se alguén quería falar con nós e contala súa versión, non había problema. Ninguén o fixo. O que publicamos é información contrastada sempre e sobre todo, que se pode facer pública.estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-71060421160617992482018-06-22T13:52:00.002+02:002018-06-22T13:52:21.956+02:00AÍNDA NOS QUEDA QUE FACERE como aínda nos queda moito que facer, e queremos seguir traballando aínda que iso supoña esforzo, viaxes, gastos e algún que outro disgusto, contamos con vós e co voso voto na Asemblea.

É moi importante votar e tamén é importante saber que seguimos loitando por uns montes de todos e para todos, por unha Comunidade aberta, responsable, rexenerada e con futuro. Haberá e hai pedras no camiño pero sempre se consegue máis se tiramos xuntos para diante todos, axudando, sumando e non restando.

Esperámosvos!estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-64684456126854459212018-06-20T09:51:00.000+02:002018-06-20T09:51:58.889+02:00PLAN DE ORDENACIÓN CADUCADOMoitos/as de vós non saberedes o que é un plan de ordenación nin para que serve. Pois imos explicalo de forma sinxela e que sexa entendible:

Os nosos montes precisan estar ordenados dalgunha forma, é dicir, elixir cales son as mellores plantas para cada terreo e que actuacións se teñen que facer nesas zonas. Un plan de ordenación, a groso modo, recolle iso, divide o terreo por zonas, as plantacións que se van facer nelas, as diferentes actuacións silvícolas e tamén nel se regulan as cortas.

O noso plan de ordenación ten o seu plan especial caducado desde o 2011, unha herencia que colleu a xunta reitora que entrou no 2014... Iso si, non sabemos cal foi o motivo polo que se deixou caducar, aínda que o intuímos.

É moi importante ter ordenados os montes xa que a partir de xuño do 2020 só se poderán facer talas en montes que conten cun instrumento de ordenación ou se adherisen a un modelo silvícola.

No caso da comunidade de montes de Trabada niso se anda a traballar, está solicitada unha subvención para ordenalos. Porque claro está que esto custa moitos cartiños que a día de hoxe, non temos. Así que, aínda nos queda que facer. Contamos co voso voto para seguir traballando por uns montes DE TODOS e PARA TODOS en Trabada.

estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-14140981184585768452018-06-18T13:21:00.001+02:002018-06-18T13:21:55.423+02:00TOCOU FACER PAPEISUnha Xunta Reitora ten moitas obrigas. No caso de Trabada había moitas cousas por facer e tendo en conta como estaba a cambiar a lei de montes, tocou facer papeis.

Unha das primeiras cousas que había que tratar eran os Estatutos. Non estaban ben, ningunha Comunidade ten uns Estatutos que lle dan tanto poder a un Presidente, había que actualizalos para axustalos ao tempo no que estamos. Non só é que fosen obsoletos, tamén eran moi escasos e precarios.

Para facer os estatutos houbo que estudar diferentes casos ata dar con aqueles mellores, que repartisen o poder dentro dunha Xunta Reitora pero por riba de todo, que lle desen o poder a quen o ten que ter, o pobo a través das Asembleas.

Cando dicimos que era unha das primeiras cousas a facer é porque tamén estaba pendente e parado o plan de ordenación para o cal, tendo en conta os fondos da Comunidade, se precisa unha subvención que pon como requisito a presentación dos Estatutos.

Si, esta foi unha Xunta Reitora de papeis, pero os papeis a día de hoxe son todo e nada se move sin ter os temas "legalizados". Non sirve de nada poñer o carro diante dos bois, antes cando o tema estaba menos regulado, non había problema, pero agora todo ten que ir baixo a lei.

E non foi este o único caso...estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-7246634846865346892018-06-14T18:13:00.001+02:002018-06-14T18:13:44.897+02:00REFLEXIÓN EN VOZ ALTAVou facer unha pregunta aberta a ver se alguén me pode dicir. Se resulta que hai xente disposta a reclamar os terreos da comunidade porque se supón que tén documentación que di que son seus, e tendo en conta que non se repartiron no seu tempo, calquera herdeiro podería reclamalos hoxe. Quero dicir, hoxe, os que viven en Trabada teñen dereito a aproveitar o monte entre todos. Mañá poderá disfrutar dese monte calquera, así sexa que viva en Cuba, Arxentina ou Barcelona.

E digo eu, Lucía seguro que ten na súa casa hijuelas da casa da Aldea, do Roxo ou de Xulián. E ten moita familia polo mundo, pode chamalos e que reclamen tamén... Eu non sei como segue a loitar para que os montes sexan de todos, se poden ser dela e dos seus :-). E coma ela hai máis en Trabada que seguro que lles pasa o mesmo. Chegou o tempo de achegarse ás familias que están lonxe rapaces. Aínda que só sexa por levantar dores de cabeza por aí.

Manda carallo que pensemos que é mellor trabadenses polo mundo que trabadenses en Trabada.estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-288115494661690561.post-74034569424707769062018-06-13T11:44:00.000+02:002018-06-13T11:44:22.987+02:00É UNHA PENA TER QUE VOLTAR POR AQUÍPensábamos que este blog estaba cerrado pero hoxe erguémonos con unha nova na prensa que nos fai ter que voltar por aquí. Por alusións, porque parece que en Trabada non se pode vivir en paz e porque algúns se empeñan en ter veciñanza de primeira e veciñanza de segunda.

Parece ser que hai uns 60 comuneiros que din que hai leiras dentro da comunidade que son súas. Hai que ver onde están eses títulos de propiedade, o primeiro. Se hai eses títulos, tendo en conta o tempo que pasou, haberá leiros pequenos que non creo que contribúan á xerar moitos ingresos nos petos dos demandantes e entón enténdese que se van constituir en Comunidade para ter unha explotación máis productiva, o caso, que como despois de entrar nunha demanda xudicial, se deu a razón a todos aqueles solicitantes que tiñan casa aberta en Trabada, resulta que queremos volver a ter veciñanza de primeira e de segunda.

Dentro dos demandantes entendemos que está Daniel Villapol, e digo entendemos porque a demanda a día de hoxe, non foi recibida pola Presidenta da Comunidade. Isto é un pouco curioso porque ata o día de hoxe, Daniel Villapol é vocal da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Trabada e se non está de acordo coa xestión que se está a facer, ata certo punto, estase denunciando a si mesmo. Dos membros da Xunta Reitora, ¿só firma el a demanda ou hai máis membros?

Non imos entran en desprestixiar aos demandantes. Aquí estamos de novo para contestar a cantas preguntas teñades para nós. E por suposto, explicaremos que se fixo neste tempo e por que. Porque por suposto, colaborando todos e remando nunha mesma dirección, as cousas pódense facer, pero remar en contra ou non remar dificulta chegar aos obxectivos.

Andaremos por aquí. Graciñas por escoitar, seguimos dispostos a loitar por unha Trabada igual para todos e contamos con moitos de vós. Algúns, ¡sodes moi grandes!estapasandoentrabadahttp://www.blogger.com/profile/01044075600930930374noreply@blogger.com3