Premios 20Blogs

jueves, 29 de mayo de 2014

O presidente en campaña

Levamos unhas semanas nas que o noso presidente non fai máis que aparecer nos medios de comunicación. Cando non é pola negociación da crise do eucalipto é porque falamos dos montes. Aquí vai un exemplo do último artigo publicado:
Sería interesante que os medios de comunicación en xeral, fosen un pouquiño máis imparciais e non só se centrasen en publicar as cousas que conta según que xente de forma parcial. Déixoo aí porque esa loita coa Voz de Galicia e co Progreso, sabemos que non merece moito a pena. Se quixemos facernos oír, tivemos que falar nas redes sociais, que non están, polo de agora mediatizadas.

Pero queremos facer unha análise deste artigo que se chama "O presidente en campaña". En campaña ¿de que? Lemos "reclama la necesidad de que exista una figura en la Xunta, cuya labor deber ser la de "asesorar a las comunidades y velar por el buen uso de los terrenos". Sabemos que o noso presidente está ben relacionado e seguramente aspira a ser ese asesor que lle fai falla á Xunta. ¡Que inocentes eramos! Nós que pensábamos que o único que quería era xestionar de forma privada os montes de man común de Trabada unha vez que a nova lei entre en curso... Non, imos máis aló, ¡quere xestionar desde a Xunta os montes de man común de toda Galicia!.

Aquí vai a nosa mesaxe para a Xunta. Hai xente moi preparada, con estudos relacionados coa xestión, con ganas de traballar, independente, que fai as cousas de maneira altruísta sin buscar beneficios persoais... hai moita xente ideal para ese posto, con sabia nova. Quizáis é o momento de cambiar as cousas. ¿Que pensades?

jueves, 22 de mayo de 2014

¿Estannos a contar a verdade sobre a crise do eucalipto?

Levamos días oíndo cousas relativas á crise do eucalipto e hai un montón de información publicada nos medios. Por exemplo esta fin de semana:
Ou mesmo hoxe, na Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/05/21/temos-madeira-tres-ou-catro-meses-despois-xa-vera/0003_201405X21C8992.htm

Pero ninguén da resposta aos propietarios, ¿como nos vai afectar este tema? Polo momento, hai unha realidade que é consecuencia desta crise:

- A non entrega de madeira ás pasteiras neste tempo provocou que a que estaba cortada no monte, perdera peso. O eucalipto é todo auga, cando seca perde moito peso. E todos sabemos que a venda se fai por tonelada. Cando leven esa madeira a pesar, ¿cantos miles de euros vai perder o propietario que seguramente contaba cuns ingresos correspondentes a unha madeira da que agora vai sacar a metade? Estamos falando de miles de familias que teñen que chegar a fin de mes e que seguramente dependen deses ingresos.

- As empresas madeireiras aseguraron cobrar 3.5 € por tonelada, tal e como estaban a cobrar. Suponse que eles gañan sobre o que pagan aos propietarios, algo tamén perderon da madeira que tiñan cortada, pero da que aínda está en pé, asegúranse uns ingresos que xa tiñan contemplados.

- Tamén é verdade que se teñen madeira para 3 ou 4 meses como di o artigo, para presionar aos propietarios poden non comprar madeira nese tempo e dicir que non hai saída para poder pagar despois o que queiran...

E agora, ¿que? ¿Quen está a negociar?, ¿quen ten o poder?, ¿os propietarios? Pois máis ben non, os que van facer forza na negociación van ser as empresas intermediarias, que van garantir os seus ingresos. ¿Quen coida dos intereses dos propietarios? Está claro que quen está a saír nos medios son as empresas intermediarias, 400 como di o periódico. O poder de milleiros de propietarios que non están unidos, é nulo. E non podemos esperar que as empresas se preocupen deles. Está claro que una empresa ten que ser rendible, gañar diñeiro, se non pode ser a costa do que cobra por un lado, ten que ser a costa do que paga aos demais.

¿Quen vai perder? O que non ten o poder, os de sempre. Felicitarse polo éxito da negociación é esaxerado no contexto actual. A unión fai a forza, as organizacións ou asociacións de propietarios están pensadas para que gañemos todos. A única maneira de garantir o futuro e a rendibilidade do monte é estar unidos, negarnos a vender a un prezo inadmisible e facer presión para que uns intermediarios con negocios altamente rendibles, negocien pensando que non vai pagar o prezo total deste abuso por parte das pasteiras, só unha parte, os propietarios do monte.

jueves, 15 de mayo de 2014

VÁIASE SR. PRESIDENTE, VÁIASE

De todos é ben sabido que o sr. Presidente da comunidade de montes de Trabada ten defensores e detractores no seu pobo debido á penosa xestión que leva dos montes, pero dende a semana pasada sabemos que hai outra xente que rexeita a súa compaña. E dirán vostedes: quen aparte da súa veciñanza non o  quere nin ver? Sigan lendo e terán a resposta.

Non sei se saben vostedes que a finais de abril deste ano se produciu unha parada nas entregas de madeira ás papeleiras, xa que estas baixaron o prezo da tonelada de eucalipto 3,5 euros. Esta baixada levouna a cabo ENCE pero tamén dúas compañías lusas que operan no noroeste da península, Portucel e Celbi. Algo que afecta moito á veciñanza galega, xa que a madeira é un dos recursos dos que dependen moitas familias.

Pois ben, a semana pasada a Secretaria Xeral da “Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia” enviou o seguinte correo aos membros da Xunta de Goberno de FEARMAGA e aos membros da Comisión de Negociación Provedores de madeira de eucalipto:




¿Por que o conselleiro delegado de ENCE, o sr. D. Ignacio de Colmenares non quere reunirse con D. Daniel Villapol Valea?

Sabemos que por parte de ENCE había predisposición de negociar e aplicar un recorte menor ao adoptado, aínda que sen chegar ás cotizacións previas, xa que o valor internacional da celulosa caeu un 8% dende o verán pasado.
Tamén sabemos que o sr. Daniel Villapol acabou asistindo a esa reunión e isto non é do noso agrado, porque este feito pode causarnos dano a moit@s galeg@s, que temos como fonte de ingresos os nosos montes.

Así que rematamos este artigo como o comezamos, pedindo o que sr. Aznar lle suplicou ao sr. González no seu tempo e que, dalgunha maneira, acabou conseguindo: VÁIASE SR. PRESIDENTE, VÁIASE

jueves, 8 de mayo de 2014

E a Federación de Comunidades de Montes chega ata Trabada

Así se titula este artigo que saíu este domingo no Progreso... Din que medio cento de persoas se interesaron nunha asemblea.... Terémoslles que indicar aos redactores desta nova que isto non era unha asemblea, senón unha charla informativa sobre a nova lei de montes veciñais e que máis de 50 persoas éramos.... Pero ben, todo hai que dicilo que é un logro que saia algo disto nun medio de prensa galego e máis aínda neste que estamos a mencionar.
De risa é que os únicos interesados por coñecer os pros e contras da nova lei que nos vai afectar a tódolos veciños, fósemos os INDIGNADOS, e si, tamén o presidente da comunidade, que casualmente, deulle un apretón famélico tan grande que tivo que marchar dez minutiños antes de pasar ao debate.
¿Que pasa con todos eses comuneiros que levan anos formando parte da comunidade? ¿Non queren saber que vai pasar cos seus terreos? ¿Non queren saber dos beneficios que van deixar de ter? Ou é que lles caería a cara de vergoña sabendo que hai zonas de Galicia onde a ningún veciño se lle nega a entrada na comunidade? Que se un fillo dunha familia se casa e vive noutro piso da mesma casa sen existir división nin horizontal nin vertical forma outra unidade familiar e é comuneiro como os proxenitores? Que ás reunións dunha asemblea xeral poden entrar tódolos membros da familia, iso si e é evidente, só hai un voto por unidade familiar? Que tódolos comuneiros teñen dereito a recibir copia das actas, contas, etc?....
E así un sinfín de irregularidades que me gustaría que os proDanielistas me explicasen, xa que tódalas comunidades de montes de Galicia funcionan dun xeito por igual salvo a de Trabada. Debe ser que Trabada tén unha cor especial e somos territorio sen lei...
Aínda cando parece que algúns comezamos a espertar e conseguimos o apoio e a defensa de xente que se adica a loitar polo ben común. Esperamos que despois deste sábado se produza un antes e un despois!
Non podemos desfallecer e hai que loitar, a unión fai a forza!

jueves, 1 de mayo de 2014

AS MANCOMUNIDADES DE MONTES

Aproveitando a ocasión de que este vindeiro sábado 3 de maio, ás 12.30 da mañá, no salón de actos da aula da cultura de Trabada vai a estar o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común dando unha charla sobre a nova lei de montes veciñais en man común, imos publicar un artigo que saíu nunha revista desta asociación, que está dirixida por Xosé Carlos Morgade Martínez e que nos fala das Mancomunidades de Montes.
Cremos que é moi importante que as comunidades tamén traballen conxuntamente para un mellor aproveitamento de recursos, pero no que a nós nos consta, á de Trabada non lle interesa traballar con ninguén, será polo "kyrie eleison, Christe eleison, os cartos para o meu caixón"...