Premios 20Blogs

lunes, 16 de agosto de 2021

A Asociación de Maderistas de Lugo non controla quen lle manda a información

 Hai institucións e institucións. Algunhas traballan para o ben da xente e outras non tanto. A semana pasada sorprendeunos a actitude desta Asociación co tema da subasta da madeira no monte de man común de Trabada. Imos contar os feitos según pasaron:

A Xunta Reitora informou á Asociación da subasta da madeira, e esta informou a tódolos membros. Días despois, a outra Xunta Reitora que non está legalizada, parece ser que se puxo en contato coa Asociación para anular a subasta. E aínda que quen os informou non fosen os mesmos ca quen puxo en marcha a subasta, procederon inmediatamente a enviar un correo electrónico a tódolos socios. Non podemos publicalo pero témolo no noso poder se alguén quere velo. 

Cando se reclamou por escrito (tamén podemos ensinar o documento enviado a quen o solicite de xeito privado) e sen recibir resposta pola súa parte, a Xunta Reitora oficial púxose en contato con eles para ver de que xeito ían proceder. A súa resposta foi que non ían facer nada, que a Xunta Reitora tiña os correos dos maderistas e que podían escribir diretamente. Cando se lles dixo que non se entendía como anularan unha subasta cando procedía de xente distinta á que a puxera en marcha, só dixeron que eles trasladaban a información de boa fe e non miraban a autoría. Está claro que moito non se esforzan pero... hai cousiñas que os delatan porque, ¿quen forma parte da xunta diretiva desta asociación? Non fai falta poñelo, é algo público:

https://www.lugomadera.es/organigrama/

E así, con manipulación e tráfico de influencias é como se fan as cousas. O grave é que algunhas institucións entren neste xogo e poñan enriba da mesa a súa imparcialidade, pero claro, denunciar estes atropelos non sempre é sinxelo porque fan por non escribir para que non quede constancia. ¡Que triste!

miércoles, 11 de agosto de 2021

Comunicado da Xunta Reitora

 Chegounos un comunidado da Xunta Reitora para informarnos de que aínda que teñan aparecido carteis nas zonas de subasta de monte que poñen que a subasta foi anulada, o certo é que non é verdade. Negan a autoría destes carteis que non están firmados por ningún logotipo da Comunidade de Montes nin nada que se asemelle.

Os carteis son estes:


Insistimos, ninguén da Xunta Reitora anulou esta subasta. E aínda máis, a partir de agora, calquera comunicación pola súa parte irá asinada polo logotipo. Sabemos que houbo un uso fraudulento do mesmo noutro momento, así que para que quede claro sempre, calquera comunicación irá tamén asinada pola presidenta ou no seu defecto por outro membro da Xunta Reitora.

Por outra parte, calquera que teña información sobre a autoría destes carteis, por favor, que non dubide en poñerse en contacto con nós porque a anulación desta subasta só perxudica a tódolos membros da Comunidade e ao pobo en xeral. 

Graciñas pola atención :-).


jueves, 5 de agosto de 2021

Trabada, pobo sen lei

 As cousas en Trabada non son coma noutros sitios. Normalmente hai leis e normas que vixían os intereses dos particulares pero aquí parece que iso non vai coa xente, e para mostra, varios botóns:

- LGPD. Sei que non oíron falar dela pero a Lei de Protección de Datos Persoais está en vigor desde 2018. Esta lei o que protexe son os nosos datos persoais dun xeito moi ríxido. Non permite que calquera se poida dirixir a nós sen que cada un dese o seu consentimento para facelo. Ademais, calquera que traballe con datos de persoas, ten que protexer estes datos para que ninguén poida collelos de ningunha maneira e no caso de que deixe de ser responsábel deses datos porque se transfiran de institución, está na obriga de destruír a información que teña, é dicir, non pode quedar con ela porque rematou a relación entre as partes. As multas son importantes no caso de saltar esta lei.

- Suplantación de identidade. Está considerada coma delito no Código Penal. O tema vai de facerse pasar por outra persoa ou institución para realizar accións fraudulentas que teñan consecuencias perxudiciais sobre a mesma. Isto vai tamén de usar identidades coma logotipos de empresa (poden ser copias aínda que non sexan exactas) para comunicarse en nome dunha institución cando non se está autorizado para iso.

- Cambiar o titular dunha conta no banco. Un cambio de titularidade só se pode facer co consentimento dos titulares actuais dunha conta, todos teñen que autorizalo e baixo ningún concepto se pode facer sen a súa firma.

Pois ben, todo isto que está fóra da lei e que está tipificado, pasou en Trabada. E non mo contan, que o vin. Imos por partes:

1. Mandáronse cartas ós membros da Comunidades de Montes desde persoas que non podían ter os datos persoais de ninguén. É verdade que en Trabada coñecémonos todos pero aínda así, non se pode facer porque ningún dos receptores autorizara pola súa parte o uso dos seus datos. Cada persoa que asinou esa carta é co-responsábel dunha falta grave con multas importantes ao facelo suplantando a identidade dunha institución e non a título persoal.

2. Usouse o logotipo dunha institución nos sobres e nos papeis sen que a Comunidade fose a emisaria das cartas. Por un lado non podían ter ese material e por outro, aínda que o tiveran non podían usalo. Aquí pasa o mesmo, os asinantes son todos co-responsábels de delito. 

3. Foron cambiar a titularidade da conta da Comunidade sen presentar ningunha firma dos titulares que había ata o momento. E aí non só é cousa dos que foron, o feito é motivo de despido procedente para o empregado do banco. Meu pobre, ¡que lle dirían!

Pois ben, Trabada é un pobo sen lei, ninguén denunciou e nada pasou. Hai cousas que non se poden crer.