Premios 20Blogs

lunes, 16 de agosto de 2021

A Asociación de Maderistas de Lugo non controla quen lle manda a información

 Hai institucións e institucións. Algunhas traballan para o ben da xente e outras non tanto. A semana pasada sorprendeunos a actitude desta Asociación co tema da subasta da madeira no monte de man común de Trabada. Imos contar os feitos según pasaron:

A Xunta Reitora informou á Asociación da subasta da madeira, e esta informou a tódolos membros. Días despois, a outra Xunta Reitora que non está legalizada, parece ser que se puxo en contato coa Asociación para anular a subasta. E aínda que quen os informou non fosen os mesmos ca quen puxo en marcha a subasta, procederon inmediatamente a enviar un correo electrónico a tódolos socios. Non podemos publicalo pero témolo no noso poder se alguén quere velo. 

Cando se reclamou por escrito (tamén podemos ensinar o documento enviado a quen o solicite de xeito privado) e sen recibir resposta pola súa parte, a Xunta Reitora oficial púxose en contato con eles para ver de que xeito ían proceder. A súa resposta foi que non ían facer nada, que a Xunta Reitora tiña os correos dos maderistas e que podían escribir diretamente. Cando se lles dixo que non se entendía como anularan unha subasta cando procedía de xente distinta á que a puxera en marcha, só dixeron que eles trasladaban a información de boa fe e non miraban a autoría. Está claro que moito non se esforzan pero... hai cousiñas que os delatan porque, ¿quen forma parte da xunta diretiva desta asociación? Non fai falta poñelo, é algo público:

https://www.lugomadera.es/organigrama/

E así, con manipulación e tráfico de influencias é como se fan as cousas. O grave é que algunhas institucións entren neste xogo e poñan enriba da mesa a súa imparcialidade, pero claro, denunciar estes atropelos non sempre é sinxelo porque fan por non escribir para que non quede constancia. ¡Que triste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario