Premios 20Blogs

jueves, 5 de agosto de 2021

Trabada, pobo sen lei

 As cousas en Trabada non son coma noutros sitios. Normalmente hai leis e normas que vixían os intereses dos particulares pero aquí parece que iso non vai coa xente, e para mostra, varios botóns:

- LGPD. Sei que non oíron falar dela pero a Lei de Protección de Datos Persoais está en vigor desde 2018. Esta lei o que protexe son os nosos datos persoais dun xeito moi ríxido. Non permite que calquera se poida dirixir a nós sen que cada un dese o seu consentimento para facelo. Ademais, calquera que traballe con datos de persoas, ten que protexer estes datos para que ninguén poida collelos de ningunha maneira e no caso de que deixe de ser responsábel deses datos porque se transfiran de institución, está na obriga de destruír a información que teña, é dicir, non pode quedar con ela porque rematou a relación entre as partes. As multas son importantes no caso de saltar esta lei.

- Suplantación de identidade. Está considerada coma delito no Código Penal. O tema vai de facerse pasar por outra persoa ou institución para realizar accións fraudulentas que teñan consecuencias perxudiciais sobre a mesma. Isto vai tamén de usar identidades coma logotipos de empresa (poden ser copias aínda que non sexan exactas) para comunicarse en nome dunha institución cando non se está autorizado para iso.

- Cambiar o titular dunha conta no banco. Un cambio de titularidade só se pode facer co consentimento dos titulares actuais dunha conta, todos teñen que autorizalo e baixo ningún concepto se pode facer sen a súa firma.

Pois ben, todo isto que está fóra da lei e que está tipificado, pasou en Trabada. E non mo contan, que o vin. Imos por partes:

1. Mandáronse cartas ós membros da Comunidades de Montes desde persoas que non podían ter os datos persoais de ninguén. É verdade que en Trabada coñecémonos todos pero aínda así, non se pode facer porque ningún dos receptores autorizara pola súa parte o uso dos seus datos. Cada persoa que asinou esa carta é co-responsábel dunha falta grave con multas importantes ao facelo suplantando a identidade dunha institución e non a título persoal.

2. Usouse o logotipo dunha institución nos sobres e nos papeis sen que a Comunidade fose a emisaria das cartas. Por un lado non podían ter ese material e por outro, aínda que o tiveran non podían usalo. Aquí pasa o mesmo, os asinantes son todos co-responsábels de delito. 

3. Foron cambiar a titularidade da conta da Comunidade sen presentar ningunha firma dos titulares que había ata o momento. E aí non só é cousa dos que foron, o feito é motivo de despido procedente para o empregado do banco. Meu pobre, ¡que lle dirían!

Pois ben, Trabada é un pobo sen lei, ninguén denunciou e nada pasou. Hai cousas que non se poden crer. 


3 comentarios:

  1. ¿Non vos parece raro que despois de casi 18.000 visitas que ten esta publicación, ninguén opine nada?
    ¡RÓNCALLE O PERTIGUEIRO CON ESTA LACRA QUE TEMOS NESTE POBO !!
    E como esto por disgracia vaise herdando, pois estamos sempre na mesma cantiga.
    Aparte de todo o aquí publicado, andan a poñer polo Monte unhos papeis nos que reza á seguinte nota:
    " SUBASTA ANULADA"
    DISCULPEN AS MOLESTIAS......
    E firman en nome da Comunidade de Montes, e con unha dirección de correo electrónico, TODO FALSO.
    E pensar que esta tropa gobernou neste pobo mais de 25 anos con un "PONGO" (pongo = obxeto de decoración), que agora o puxeron de Presidente de unha FALSA Xunta Reitora; como podemos darnos de conta, este personaxe debe moitos favores e ten que pagalos no que lle ordenen. ¡¡Pois ahí o teñen, leva así toda unha vida!! ¡ MAIS DE CORENTA ANOS Ó SEU SERVIZO!;e os que lle quedan ........
    Estamos a vivir unha Páxina Negra na historia de Trabada, da cal os nosos netos e bisnetos se sentirán orgullosos de non deixarnos atropallar por esta tropa que, á única ambición que teñen é quedarse pa eles (neste caso) co Monte que, a maior parte dél é de todos os veciños de Trabada.
    Temos que loitar todos unidos e sin desfalecer porque, esta guerra preséntase longa e dura.
    Moito ánimo a todos.

    ResponderEliminar
  2. agardemos que se faga moita xustiza e que paguen por todo o dano que están a facer ... iso si, tanto as persoas que encabezan os trámites que están facendo como aquelas que van do cabeceiro e que apoian coa súa firma... porque apoiar unha suplantación de identidade debe traer consecuencias para todas?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero, que me estás contando !!!!
      Por favor, corríxeme se non entendín ben o teu comentário.
      De verdade nos estás dando á entender que, o dos "ojos saltones" ou "ollos de toro" lle apodan outros, e mailo ex-conserxe, que tamén leva toda súa mollada vida polo cordón, foron suplantar á titularidade dunha conta bancaria que É propiedade de todos os veciños e veciñas da parroquia de Trabada ????
      ¡¡¡¡ SE É MAIS GORDA, NON COLLE POLA PORTA !!!!!!
      Claaaro, á prodixiosa mente pensante que discurriu todo isto, non foi firmar, ou non puido, ou non se atopaba no pobo; ou tamén pode ser que, como é bastante mais listo que os seus "esbirros", optou por agocharse e non dar á cara.
      Esto promete, cada día gusta mais .............

      Eliminar