Premios 20Blogs

martes, 7 de agosto de 2018

ESTA XUNTA REITORA

O outro día, despois da última e tensa asemblea, atopeime por casualidade falando do tema e houbo quen me preguntou, que fixera esta nova Xunta Reitora pola Comunidade; porque é verdade que con toda a débeda pendente, non se pode facer moito. E eu dixen que polo menos, esta Xunta non facía o que dicía aquel cura de "Kyrie eleison, Christe eleison, os cartiños para o meu caixón".

Aínda que nos pareza que isto non é importante dicilo, por casualidade atopei coas contas aprobadas nalgún momento pasado con este desglose de gastos:

- Xestión do presidente: 1.200 €/ano. Desde que houbo cambio de presidencia, non falo só de agora isto pasou a 0 €.
- Chamadas telefónicas: 90 €/ano a razón de 7,5 €/mes. Outra cousa que pasou a 0 €.
- Kilometraxe. Non me lembro da cantidade pero se máis ou menos está establecido que son 21 cts/Km. pois serían os que tocasen, e agora estamos a 0.
- Papelería e outros. Hai anos de 4.000 €. Se agora mesmo hai ofertas de 2.500 folios por 18 €, non quero pensar para cantos folios dan 4.000 €, que nos sobra de empapelar Trabada e ao mellor nos da para Ribadeo.

E suma e segue... que se esta Xunta Reitora non quixo revolver, pode facelo que atopa munición. As contas están aí e seguro que tedes as cartas pola casa, mirádeas con atención.

Pero por se me parecera pouco aínda, atopei coa conta dunha comida que me chama moito a atención e que a publico aquí para que vexades que non invento nadiña. Parece que eran 16 polas racións de pan e postres que se serviron, pero a min que me expliquen canto comía e bebía esa xente se resulta que tocaron a máis de 2 racións de polbo cada un, cos seus cachelos máis media ración de carne ao caldeiro e aínda lles quedou sitio para o postre. E de beber case tocaron a litro de viño por cabeza e aínda pediron auga. Mamaíña... supoño que a esa paparola foi á que levaron a Morán para transportalos, que tamén está a factura, porque conducir seguro que non podían, e xa me estraña que puidesen subir o bandullo ao autobús.

Para aqueles que dubiden desta Xunta Reitora que polo menos mira polo cartiño, aquí vos deixo a foto do tícket:


6 comentarios:

  1. Se tal e como di esta páxina hai DÉBEDA, non sei de onde viría, porque se agora a actual Xunta Reitora non gasta nada, tal e como se insinúa aquí, non sei como é posible que aumente a débeda, xa que ata que cambiou a Xunta antes non a había.

    De feito, cortouse madeira e nin así se invertiu nada na parroquia nin se fixo o novo convenio, NIN SEQUERA SE VOLVERON A PLANTAR OS MONTES (+ de tres ou catro anos desde a corta), e alí están para velos quen queira.(tamén se pon aquí a localización se fai falta).

    Se non hai cartos, ou hai débeda como din, os Comuneiros agora terán que poñer DO SEU PETO para os dous procesos xudiciais que ten pendentes a Comunidade desde que cambiou a Xunta Reitora, porque como leva varios anos paralizado todo non hai maneira de xerar ingresos.

    Sabendo que hai débeda, non sei logo porque a Xunta Reitora solicitou o voto para ir a outro proceso xudicial sendo parte implicada, entendo que se lles explicou aos Comuneiros todas as consecuencias.

    No caso de que se perdan os pleitos, os que non votaron (por non asistir), ou votaron en contra o domingo 5 de agosto, terán que facerse cargo dos posibles custos, gasto de peritaxe e avogados, das indemnizacións e da débeda da Comunidade, xa que os lexítimos propietarios xa non pertencerán (lóxicamente) á Comunidade nin tampouco o fará seu monte.

    E por enriba, como é lóxico, os antigos propietarios que votaron en contra de recuperar os montes que FRANCO collera, daríanse conta que ao votar dese xeito non poderán recuperalos nun futuro, vendo como os seus veciños os recuperan e eles non e, ademais, terán que pagar!

    E diríanlles tamén que, en procesos xudiciais de reclamación deste tipo, os lexítimos propietarios gañáronos todos por toda Galicia ata o día de hoxe.

    A verdade é que esta Xunta Reitora vai ser recordada por moitos motivos, pero sobre todo por fomentar que a xente persista na política comenzada polo ditador Franco coa usurpación ilegal deses montes, que paradoxalmente ao haber adoptado esa posición por parte da Xunta Reitora levará á restitución dos terrenos aos lexítimos propietarios, iso si, quedando claro e negro sobre branco quen votou coa política da ditadura.

    Queda un panorama ben bonito!

    ResponderEliminar
  2. Por alusións teño que contestar no que se pode, a este comentario.

    Para empezar, esta Xunta Reitora herdou unha débeda de 42.000€, non é nova, vén de antes e reduciuse xa a 18.000€ por condonación da Xunta e todo grazas á loita das diferentes comunidades de montes de Galicia.

    Se non se prantou é porque non hai cartos, e evidentemente os procesos xudiciais non contribúen a aumentar os fondos.

    En canto á demanda non imos aclarar nada porque sería dar pistas da estratexia de defensa pero quen escribiu que deixe de meter medo cos gastos que de momento nada se lle vai pedir a ningún comuneiro.

    Se os demandantes teñen tan seguro que van gañar, espero recibir nos próximos días a sua renuncia como comuneiros, cousa que xa deberan facer antes de presentar a demanda para non denunciarse a si mesmos.

    Sacar o franquismo como argumento a estas alturas coñecendo aos membros da Xunta Reitora paréceme fóra de sitio porque desde que está, tódalas decisións se toman en democracia en base á maioría, e non en dedocracia. Outra cousa é que algún non tela de acordo.

    Por último, calquera que teña dúbida, pódese poner en contacto comigo por privado e dareille as explicacións que poida, tenso en conta o que nos deixe dicir o noso avogado. Graciñas!

    ResponderEliminar
  3. Está ben que se recoñeza que non se plantaron os montes.

    Cortar a madeira e que non de para plantar como sinala a presidenta... O negocio parece que non foi moi bon, sequera tería que dar para repoboar algo, ainda que non fose todo, pero non plantar nin un metro cadrado...
    Esa estratexia a futuro igual non vai ser moi axeitada...

    "Se os procesos xudiciais non contribúen a aumentar os fondos" tal e como di a presidenta... Pois non meterse a eles, polo menos ao último, xa que a Comunidade podía non estar inmersa en ningún; foi unha decisión fomentada pola misma Xunta Reitora que non planta os montes.

    Está ben a frase: "De momento nada se lle vai pedir a ningún comuneiro". O "DE MOMENTO" que di a Presidenta da Comunidade non fai falta comentalo, é suficientemente explícito.

    Habendo débeda e non podendo cortarse madeira o único sitio de onde poden sair os fondos para pagar os gastos está claro. (comuneiros...)

    Normalmente cando alguén persiste na política exercida neste caso por un ditador, o adxetivo que se lle da é o apelido ou apelativo do ca exerceu, é decir, franquista. Xa que a Xunta Reitora quere que os montes que Franco usurpou ilegalmente non se devolvan aos seus lexítimos donos, persiste na política franquista. Non é un insulto, é que a realidade é esa.

    Outra cousa: ¿Cómo se pode explicar que existan fincas privadas dentro dos límites do monte da comunidade? Se fose un monte comunal lexítimo, e non usurpado por Franco, é imposible que puidera haber fincas privadas dentro dos límites do monte que chaman comunal. Iso é un sinsentido xurídico. E neste caso sucede. De feito, algún dos que votou para que o monte non se devolva aos seus lexítimos propietarios posúe fincas privadas dentro del. Incluso familiares de compoñentes da Xunta Reitora.
    Entendo que a Xunta Reitora terá coñecemento deste feito. Se non o ten é que non coñece o monte que xestiona, e se o ten supoño que explicaría aos comuneiros antes de votar ese detalle, xa que ese tipo de incongruencias xurídicas poden facer perder procesos legáis, e por conseguinte, sumas de diñeiro considerables aos litigantes.
    Tamén se pode poñer a localización aquí se fai falta e alguén ten dúbidas.
    Tamén se reitera a posibilidade de poñer a localización das fincas sin prantar.

    Segue a mellorar o panorama.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Temos pouca memoria me parece, que o primeiro xuízo que lle custou cartos á comunidade foi o da petición de entrada de xente de pleno dereito, e así se viu, que xa sabemos todos o resultado do xuízo.

      Das dúas demandas en marcha está por ver se se gaña ou se perde, o que está claro é que decisión foi tomada por maioría nunha votación democrática, nada que ver co franquismo.

      Do tema de "de momento", para nada está relacionado con que @s comuneir@s teñan que poñer cartos, ía relacionado con que me contaron e non sei se é verdade, que do outro lado xa houbo que aportar uns cartiños. Se alguén o sabe, pode contalo aquí.

      E pouco máis que contar porque estes comentarios penso que teñen un único obxectivo, desvelar a estratexia de defensa e non imos caer niso... Pero grazas por algún dato que nos vén ben a nós :-).

      Moita sorte!

      Eliminar
  4. Home, se os datos que aquí se dan a presidencia da comunidade non os sabía apaga e vámonos, porque é sabido por todos dende sempre. Se a presidenta que xestiona o monte non sabe ata onde chega o terreno mal vamos. Isto é inaudito.

    ResponderEliminar
  5. Cada un entende o que quer...

    ResponderEliminar