Premios 20Blogs

miércoles, 27 de junio de 2018

TOCA TRABALLAR

Despois da última Asemblea, hai nova Xunta Reitora, con parte dos membros que xa había e con outros novos. Toca seguir a traballar, e si, como alguén comenta neste blog, non se presenta moi sinxelo o panorama.

Toca defender unha propiedade que é de todos, que pode chegar a funcionar pero que se non se puido ata o de agora foi por todo o que quedou sen facer antes e por riba de todo, pola falta de cartos. Non dubido que se vai traballar, e moito, porque sabemos xa o que se traballou, as horas que adicaron e as viaxes que fixeron. Pero como hai moitas pedras no camiño, toca coller forza e tirar para adiante.

Tamén parece que este blog está a molestar. Canto o sentimos. Por riba de todo queremos transparencia, que as cousas se saiban, saber con quen se trata e deixar de inventar e de falsear para que uns poucos teñan o que non é deles e tamén porque parece que repartir como é debido, está mal visto por aí.

Este blog sempre foi aberto, sempre dixemos que se alguén quería falar con nós e contala súa versión, non había problema. Ninguén o fixo. O que publicamos é información contrastada sempre e sobre todo, que se pode facer pública.

2 comentarios:

  1. Parece ser, que con esta nova Xunta Reitora, algún non debe estar moito dacordo porque xa presentou a súa Baixa a Comunidade de Montes; pois pode ser que fixera ben, e se marchara antes de que o botaran, porque vamos ter que acompañalo algún mais( tempo al tempo .....)
    Por outro lado, según os comentarios de taberna de algúns comuneiros que asistiron a última Asamblea que se celebrou o pasado 24 de Xuño, a Xunta Reitora cometeu erros de principiantes ( e xa levan 4 anos no cargo)na forma de plantexar a Orde do Día, e mais no desenrrolo da mesma.
    De pouco nos sirve estar apoiando e mandando tempo, si quen nos goberna non dá pra mais. Asique, prégolles a todolos membros da Nova Xunta Reitora que se poñan a facer cousas e se deixen de "lérias" que deso está o pobo moi cheo.
    Moito ánimo, moita sorte e bo dia a todos.

    ResponderEliminar
  2. Estivemos un pouco liados e non poidemos contestar antes.
    A ver, cada un é dono dos seus actos e se alguén solicita a baixa, está no seu dereito. Igual ca están no dereito de entrar aqueles que cumplan cos requisitos que marca a Lei de Montes, cousa que, vou a recordar, non hai tanto tempo, non era así e ao xuízo que houbo nos remitimos.
    A Xunta Reitora comete erros igual ca calquera, aprendido ninguén nace e moito menos se pode ter na man resposta a todo tendo en conta que non só afectan os estatutos, senón que tamén está a Lei de Montes en caso de dúbida. Aínda así, non son tantos erros como se comentan nas tabernas, pero é verdade que a algún lle interesa que pareza que o fan mal. Pouquiña memoria temos, ¿eh? De tódolos xeitos os comuneiros saben que poder entrar na Xunta, pero creo que non houbo pelexas por iso. É doado criticar, non é tan sinxelo poñerse a traballar, e hai unha cousa que hai que agradecerlle a esta Xunta Reitora e que vai a favor do peto de todos, non pasou nin un só gasto de representación, aínda que teñen kilómetros, gasolina e chamadas ás costas... As veces parece que algún en Trabada é máis feliz se o intentan roubar e xa non digo nada se o conseguen...
    En canto as lerias... hai unha lei, hai que cumplir uns trámites, e sen iso, por moito que se queira facer, non se pode. Os papeis o que teñen e que son lentos, a administración ten uns prazos, e se encima algúns poñen pedras e tiran en contra, máis difícil é.
    Esta Xunta Reitora ten gañas, parece que todos arriman para axudar así que confiemos neles un pouquiño e axudémoslles tamén para tirar para diante e por riba de todo, para que os que non o merecen non se queden cun anaco de Trabada que é de todos.

    ResponderEliminar