Premios 20Blogs

lunes, 26 de enero de 2015

Don Dani

¿É de aplicación á que foi a nosa directiva do monte veciñal de man común, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 06/06/1995 que di "a  este tipo de comunidades non se lles pode esixir un escrupuloso formalismo de non actuar".

NOON!!!

O que foi ata hai uns días presidente da nosa comunidade durante 13 anos, Don  Dani, ten a titulación de profesor de educación primaria; foi o fundador da comunidade; foi o que confeccionou os estatutos tanto  da comunidade como os da SAT ; e para mais inri tiña de técnico a Don Alejandro Maañón, enxeñeiro de montes que traballaba tamén para  empresa madeireira Villapol S.A., tamén presidida por Don Dani.

Na  acta da asemblea xeral do 29/07/2012 ,o expresidente recoñece que a comunidade sempre tivo un técnico e que no actual momento é Don Alejandro e ademais dita asemblea  foi suspendida ao non asistir o técnico.     

As fortes discrepancias nas asembleas xerais entre varios comuneiros e o expresidente, que  foros motivadas por claras irregularidades na súa xestión, levaron ao expresidente xunto co señor Yanes Ginzo, actual alcalde, traer a garda civil a presenciar algunhas asembleas coa finalidade de tapar a boca aos discrepantes, pero non contaron coa imparcialidade deste corpo e saíulles o tiro pola culata.

Ademais de todo o exposto, tamén é presidente dos empresarios deste sector madeireiro da provincia de Lugo. Cando no mes de abril do 2014 se pararon as entregas de madeira as  papeleiras  ao baixar estas 3,5 euros por tonelada, convocáronse reunións e para que se levaran a cabo estas, Don Ignacio de Colmenares (Ence S.A) puxo como condición para reunirse a non asistencia de Don Dani.


A don Dani botámolo do cargo de presidente pero a malversación administrativa continuada está latente e en estudo. Non somos letrados pero sabemos que o dereito é a razón escrita. 

Continuará...

jueves, 22 de enero de 2015

Trabada sitio distinto

Xa sabemos que a canción de "Os Resentidos" non era así, pero se falamos de Trabada, está claro que o sitio é distinto por moitas cousas:

- É o primeiro sitio de Galicia onde aínda cumprindo tódolos requisitos que marca a lei de montes para ser comuneiro, hai que ir ao xulgado para poder entrar.

- É o primeiro sitio onde hai unha mancomunidade na que por moito que aos comuneiros lles mostren unhas contas que non hai por onde coller, non se pregunta, porque como non se sabe o que ten que haber... Claro, como non nos van ao peto, pois non pasa nada.

- É o primeiro sitio no que a mancomunidade de montes non invirte en mellorar certos temas no pobo e non pasa nada. Noutros sitios faise un tanatorio cos beneficios, ou fanse centros sociais... ou... miles de cousas. E o peor é que agora xa foi.

- É o primeiro sitio no que a liberdade para votar nunha asemblea é limitada, as delegacións, en fin... mellor non falemos.

- É o primeiro sitio no que unha comida ao ano, un paraugas ou un chandal vale máis ca venda duns pinos...

- É o primeiro sitio no que non se invirte en mellorar os accesos aos montes de man común para que a explotación dos mesmos sexa más rendible.

- É o primeiro sitio no que unha mesma persoa, primeiro limita a entrada de comuneiros porque son os que son, e despois quere empezar unha demanda para recuperar a privacidade deses montes aínda habendo unha sentenza firme do 1985 en contra.

- É o primeiro sitio no que se lle dá a posibilidade de financiación a esa mesma persoa (xunto cos irmáns) e no caso de sentenza favorable e non poder pagarlle, se lle cede o terreo correspondente.

E preguntámonos, ¿quen vai recuperar a propiedade?, se algún recupera algo, ¿mereceralle a pena o terreo que é e a explotación particular?, se ademáis ten que ceder parte da propiedade a esa persoa, ¿quen vai saír gañando?

Traballar en equipo mellora sempre os resultados, de maneira coordinada e empurrando todos para o mesmo lado... Xa sabemos que en Trabada é difícil porque cada un vai ao seu, pero poñemos un exemplo que o ilustra moi ben e demostra por que hai países que funcionan e outros que temos máis problemiñas:

LOS REMEROS JAPONESES Y LA ORGANIZACIÓN ESPAÑOLA

Cuentan los más veteranos que, hace pocos años, se celebró una competición de
remo entre dos equipos de empresas del mismo ramo, una japonesa y la otra
española. Tras dar la salida los remeros japoneses imprimieron un fuerte ritmo,
empezando a destacarse claramente de los remeros españoles. En la meta, la ventaja
del equipo oriental acabó siendo de una hora. La dirección de la empresa española se
reunió entonces para analizar las causas de tan bochornosa actuación, llegando a la
siguiente conclusión:

"Se ha podido observar que en el equipo japonés había un jefe de equipo y diez
remeros, mientras que en el nuestro había un remero y diez jefes de equipo, por lo que
el año próximo se adoptarán las medidas adecuadas."

Al año siguiente se repitió la competición y, nuevamente, el equipo japonés empezó a
destacarse desde la primera remada; esta vez la ventaja obtenida fue de dos horas y
media sobre los españoles.

La Dirección volvió a reunirse, tras la bronca de Gerencia, para estudiar lo sucedido y
vieron que ese año el equipo japonés de nuevo se compuso de un jefe de equipo y
diez remeros, mientras que en el suyo, tras las eficaces medidas adoptadas el año
anterior, se componía de un jefe de equipo, dos asesores de gerencia, siete jefes de
sección y un remero. Tras un minucioso análisis, se llegó a la siguiente conclusión:
"El remero es un inepto."

Un año más tarde, como no podía ser diferente, el equipo japonés escapó nada más
darse la salida. La embarcación española, que aquel año se había encargado al
Departamento de Nuevas Tecnologías, llegó con tres horas de retraso. Tras la regata,
y a fin de evaluar los resultados, se celebró una reunión al más alto nivel en la sexta
planta de la sede social, llegándose a la siguiente conclusión:

"Este año, el equipo nipón optó una vez más por su ya tradicional tripulación, formada
por un jefe de equipo y diez remeros. El nuestro, tras una auditoría externa y el
asesoramiento especial del Departamento de Organización optó por una formación
mucho más vanguardista, que se compuso por un jefe de equipo, tres jefes de sección
con plus de productividad, dos auditores externos y cuatro vigilantes de seguridad que
no quitaban el ojo al único remero, al que habían sancionado quitándole todos los
pluses e incentivos por el fracaso registrado el año anterior."

Tras varias reuniones, se acordó que, "para la próxima regata, el remero será de
contratación externa, toda vez que a partir de la decimoquinta milla marina se ha
venido observando cierta dejadez en el remero de plantilla escuchándole frases como
“ Que os vayan dando” y “ Va ha remar tu … madre” , actitud que rozó el pasotismo en
la línea de meta, llegando nuevamente a la conclusión el remero es un incompetente”.

jueves, 15 de enero de 2015

AS VISIÓNS DUNHA AVOGADA SOBRE AS TRES ÍES DOS MONTES DE MAN COMÚN

A semana pasada mostramos as cartas que D. Dani e irmáns están a repartir entre “posibles propietarios do monte de man común de Trabada”. De tod@s é sabido que tanto el como os irmáns son membros da comunidade, e tamén é sabido polos edictos que se expuxeron pola parroquia, que andan na procura de persoas que teñan escrituras antigas nas que aparezan como don@s deses montes, para faceren unha reclamación conxunta de devolución.

O que nos falta por saber é: toda esta xente que está disposta a ir aos xulgados para facerse con estes terreos, se un xuíz ou xuíza lles dá a razón, van seguir formando parte da comunidade? E se se crea xurisprudencia, seguramente que outras persoas fagan a mesma reclamación e deberían de conseguir os mesmos resultados… E claro, se desta volta só reclama un/unha herdeiro/a da casa e lle dan unha parte dos terreos, o resto de herdeir@s desa casa, deberían de ter o mesmo dereito, pois son terreos que non van aparecer en ningún testamento e poderían reclamalo a posteriori, se supón…
E si, dámoslles un consello a tod@s aqueles que vos deixedes levar por ese afán egoísta de querer todo para vós e nada en beneficio da parroquia: esperemos que dispoñan de cartos dabondo para esta loita, porque senón, xa saben que todo vai ser para aquelas persoas que vos financian, e de conseguir algo, quedariades con menos terreo na comunidade, co cal menos beneficios, e sen nada en propiedade.

Como estamos a falar de casos hipotéticos e non sabemos o que será de todo isto, temos que recordarlles as famosas tres íes dos montes veciñais de man común: INALIENABILIDADE, IMPRESCRIPTIBILIDADE  e INDIVISIBILIDADE. E para que non dubiden das nosas verbas e crean que lles imos enganar, aquí lles deixamos un par de enlaces a artigos da avogada Cristina Bugarín González que tratan das tres íes e desa característica de indivisibilidade deste tipo de montes.

E tan só un dato curioso sobre os artigos desta señora, fai referencia a explicacións/teorías, chámenlle como queiran, do pai do sr. Avogado que contrataron agora “hermanos Villapol” para presentar a demanda…  Só nos queda dicir, pasen, vexan e opinen




jueves, 8 de enero de 2015

D. DANI NA PROCURA DE ADEPTOS PARA A DEVOLUCIÓN DE PARTE DOS MONTES DE MAN COMÚN A PROPIETARIOS

Sabemos que “hermanos Villapol” iniciou unha labor de captación de clientela e recollida de sinaturas para a devolución dunha parte dos montes de man de común a propietarios. Así é que estiveron a circular as seguintes cartas:

“En Trabada, Lugo a 13 de junio de 2014

Los abajo firmantes, propietarios de parcelas del monte clasificado en Mano Común de “El Picato” en Trabada, son informados de los costes aproximados y las posibilidades por el letrado correspondiente y el técnico forestal, nos comprometemos a participar en la reclamación conjunta de la propiedad, aportar todos los documentos y datos que sobre dicha propiedad tengamos, las firmas, poderes y cualquier otra colaboración que será exigida a través de un expediente judicial, con el fin de desclasificar el monte y la plena propiedad de nuestras fincas y nos comprometemos a abonar los costes de los juicios correspondientes incrementados en un 30% en función de la superficie reclamada, en el supuesto de conseguir el objetivo de la desclasificación y la titularidad plena el propietario que en nuestro nombre abone dichos costes, arriesgando el resultado de la sentencia pertinente, en el supuesto de que no consigan sus objetivos y haya cumplido con mis obligaciones no tendré ninguna responsabilidad, ni obligación adquirida de pago ante el abogado, procurador ni técnico ni tribunal ni administración alguna.
Este pago  podrá realizarse a través de moneda de curso legal o entregando a quien haya respondido por mi cuenta ante los agentes reclamantes, el 30% de la superficie adquirida.
Me comprometo pues, inmediatamente de ser la sentencia firme a colaborar con el pago pertinente o escriturar la superficie comprometida a nombre de mi financiero.
En el supuesto de existir alguna discrepancia, nos sometemos al tribunal de arbitraje correspondiente a nuestro domicilio, y los costes del mismo serán pagados por mi parte.”

Xa sabemos que aquí algúns non dan puntada sen fío, e vamos, que se hai quen financia, estes non o ían facer a cambio de nada e sen atar cabos.


“En Trabada, a 25 de agosto de 2014, reunidos los abajo firmantes,

EXPONEN
1º.-Que los abajo firmantes, junto con otras personas, son propietarios de diversas parcelas resultantes de las divisiones de los montes abertales de Trabada (Órrea y Trapa, Esquieira y Louredo, Teixido y Roxal, Cepón, y Mozandeo y Ramuda), que radican en estos términos.
2º.-Que muchas de las parcelas en las que están divididos los aludidos montes y que son propiedad de los abajo firmantes han sido erróneamente incluidas en la clasificación como monte vecinal en mano común del llamado “monte de Trabada”, según consta en el expediente de clasificación nº 91/1978 tramitado por el Jurado Provincial de Montes Vecinales en Mano Común de Lugo.
Por ello, los abajo firmantes
ACUERDAN

A).-Formular conjuntamente ante el Juzgado de Primera Instancia de Mondoñedo una demanda para reclamar la propiedad de las parcelas propiedad de los abajo firmantes contra la Comunidad del monte de vecinal en mano común de Trabada, compareciendo como una única parte demandante y bajo una única representación procesal y dirección letrada, y comprometiéndose a otorgar poder en favor del procurador de los tribunales que designen.
B).-Contribuir todos los abajo firmantes al pago de todos cuantos gastos y costas se generen en el procedimiento judicial que se proponen iniciar, incluyendo honorarios de Abogado, cuentas de Procuradores y Peritos, y demás gastos de cualquier clase que se produzcan, y ello en proporción a la superficie de terreno que cada uno de ellos reclame como de su propiedad en la demanda a presentar.
A tal fin, se han pactado con el Abogado D. Juan Díaz Bernárdez los siguientes honorarios para el asunto en primera instancia:
-En caso de estimación de la demanda, 34.305 € más IVA.
-En caso de desestimación de la demanda, 18.000 € más IVA.
Conformes los abajo relacionados, firman el presente documento de prueba de conformidad.”

Xa sabemos que se vai a formular demanda no xulgado por parte dunhas persoas que, de ser coherentes coa súa reclamación, o primeiro que deberían de facer sería darse de baixa nesta comunidade de montes, sobre todo algunha persoa que está na directiva, como D. Dani, que sabemos de seguro que un dos que asinou.


Non se sabe en que acabará todo isto, pero esperemos que teña as súas consecuencias e que toda aquela persoa que vaia en contra da comunidade quede fóra dela, porque polo que sabemos ata o de agora, nunca houbo un xogador que pertencese a dous equipos distintos e xogase ao mesmo tempo.