Premios 20Blogs

miércoles, 11 de agosto de 2021

Comunicado da Xunta Reitora

 Chegounos un comunidado da Xunta Reitora para informarnos de que aínda que teñan aparecido carteis nas zonas de subasta de monte que poñen que a subasta foi anulada, o certo é que non é verdade. Negan a autoría destes carteis que non están firmados por ningún logotipo da Comunidade de Montes nin nada que se asemelle.

Os carteis son estes:


Insistimos, ninguén da Xunta Reitora anulou esta subasta. E aínda máis, a partir de agora, calquera comunicación pola súa parte irá asinada polo logotipo. Sabemos que houbo un uso fraudulento do mesmo noutro momento, así que para que quede claro sempre, calquera comunicación irá tamén asinada pola presidenta ou no seu defecto por outro membro da Xunta Reitora.

Por outra parte, calquera que teña información sobre a autoría destes carteis, por favor, que non dubide en poñerse en contacto con nós porque a anulación desta subasta só perxudica a tódolos membros da Comunidade e ao pobo en xeral. 

Graciñas pola atención :-).


4 comentarios:

  1. tanse cubrindo de gloria esa suposta xunta rectora... pena non foran arrolo monte abaixo... e con bridas verdes e todo, para non desentonar no entorno, ou?
    Hai que chamar á TVG, que vaian facer uns directos e xa non tiñan que contratar actores para Serramoura, xa lles chegaría con ir aí...
    Cal é o seguinte episodio? que esto estavos mui interesante

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As bridas verdes, deberan poñerllas donde todos sabemos á suposta xunta reitora en pleno.
      Como tí dis, esta suposta xunta rectora merece cubrirse pero, non de gloria precisamente sinón de outra sustancia mais viscosa (vistosa quería decir ..)
      Non se sabe o resultado da "dichosa SUBASTA", ou non se celebrou ainda ??? Prego que alguén pase información detallada xa que, esta publicación xa pasou das 170.000 VISITAS, e supoño que a maioría dos ca visitaron estarán desexando ter noticias frescas pero, sobre todo VERACES.
      Que de MENTIRAS, SUPLANCIONS, FALSOS COMUNICADOS, E FALSEDADES, xa estamos todos fartos.
      Vou empregar un dito, que creo que se adapta perfectamente a esta Trabada dos meus amores:
      "POBO PEQUENO, INFERNO GRANDE"
      Eu animo á que se comente sobre estas cousas porque, sempre podemos aprender algo mais sobre este querido pobo e ás súas xentes
      Moitas grazas e moita saúde pa todos.....

      Eliminar
    2. Pois non, non houbo subasta porque había moita intención de boicoteala pero é sospeitoso que a empresa do señor que todos coñecemos que anda detrás do boicot, presentase sobre para a mesma... Sobran as palabras, ¿quizáis buscaba ser a única empresa que se presentase e tiña intención de puxar moi por debaixo? Quizáis... Saberase cando se volva a por en marcha e cando se abran os sobres, que polo de agora, están cerrados. E hai que dar grazas que algúns, a pesar das ameazas, presentaran oferta igualmente. Graciñas por preguntar.

      Eliminar
  2. Está claro, a banca gaña sempre dun xeito ou doutro. Non ter escrúpulos da ventaxa.

    ResponderEliminar